
O Portonovo, oito victorias en oito partidos, é máis líder despois do seu paso por Espiñedo, que volveu presentar unha magnífica entrada nun partido de preferente, con máis de 600 afeccionados nas gradas. O Arenteiro foi desta vez víctima dos seus erros defensivos, dos que se aproveitou un Portonovo que encaixou en Espiñedo 2 goles, tantos como nos sete partidos anteriores. Pero marcou catro ao seu favor, os catro obra do seu goleador Hugo Soto, tres deles en fallos defensivos dos verdes.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo (Escudero, m.79), Lois ( Expulsado por doble amarela no m. 85), Pana, Dani Arbo, Dafonte, Sanginés, Victor Gallego, Dani Vázquez (Gele, m. 64), Manu (Alex Santiago, m. 71) e D. Quiroga (Bardelás, m. 64).
Goles:
0-1. Minuto 10. Perde o balón o Arenteiro no seu campo, Nacho habilita para Hugo Soto, e éste en perfecta vaselina adianta ao Portonovo.
0-2.Minuto 16. Novo despiste defensivo dos verdes, Gándara envia un balón sobre a portería carballiñesa e Hugo Soto so ten que empurrar.
1-2.Minuto 59. Córner que saca D. Quiroga e Ocampo de cabeza recurta distancias.
1-3. Minuto 62. Outro regalo para o Portonovo, desta vez o meta Marcos Nieto mide mal o bote do balón na súa saída e Hugo Soto marca a placer.
2-3.Minuto 69. Gele remata na área pequena un gran centro de Sanginés.
2-4.Minuto 88. Outra vez Hugo Soto, agora de falta directa, colando o balón por toda a escadra.
O Partido: O esforzo e actitude dos xogadores verdes non tiveron recompensa por culpa dos desacertos en defensa, que soubo aproveitar moi ben o Portonovo, un equipo con moito oficio, para levarse os tres puntos de Espiñedo. Aínda xogando co marcador en contra dende o minuto 10, en ningún momento o Arenteiro lle perdeu a cara o partido, e so os fallos en defensa condicionaron o resultado final.

O actúal portavoz socialista Paco Fumega confia "no bo facer dos compañeiros", en referencia aos excaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, e outros 3 exconcelleiros, investigados e querelados pola Fiscalía por presuntos delitos de prevaricación, que terían cometidos pola contratación irregular de ata 60 traballadores no concello carballiñés durante os 16 anos de gobernos socialistas no concello do Carballiño.
Fumega, e tamén o concelleiro Adolfo Nogueira, afirmaron que non teñen ningún tipo de documentación sobre a querela admitida a trámite polo TSXG, en todo caso parécelles ben "que se investigue todo o que hai que investigar", eso si, esperan "que a Fiscalia actúe coa mesma celeridade ante as continuas denuncias que vimos facendo dende o PSdG sobre os reparos nas contratacións destes últimos anos".
Os socialistas consideran ademáis que "é un chiste que o alcalde anuncie que o concello se vai personar na causa", dixo Adolfo Nogueira.
Finalmente, dende o grupo municipal socialista anunciase que van remitir á Fiscalia diversa documentación relativa ao actúal mandato do PP en materia de contratación de persoal, advertindo que "si o fiscal non interven, será o PSOE quen presente unha querela".
Contestación dende a alcaldía
Ante as declaracións realizadas polo grupo municipal do PsdeG-PSOE, sobre as contratacións realizadas polo actual grupo de goberno, o alcalde carballiñés afirma que "para o actual grupo de goberno municipal a publicidade, concorrencia e igualdade de oportunidades, sempre estiveron presentes e hai que deixar claro que este grupo de goberno sempre pediu informes para realizar as contratacións, nunca evitamos pedilos, cousa que outros gobernos anteriores non están en condicións de dicilo".
Marnotes reitera ao PsdeG-PSOE que "en ningún momento este alcalde nin ningún concelleiro foi a denunciar a situación xudicial que estes días saíu á luz de irregularidades en contratacións de persoal nos gobernos socialistas, nin a fiscalía nin a ningún xulgado. O propio fiscal fai mención á orixe das pescudas realizadas e que dan orixe á querela", recalca.
Sobre o informe solicitado polo actual grupo de goberno a un despacho de avogados Argimiro Marnotes recorda, outra vez, que se trataba dun informe entre os 15 encargados sobre situación dos traballadores afectados por un decreto de alcaldía do ano 2006 onde se pasaron a indefinidos a 22 traballadores.
Sobre comparecer no procedemento, recorda que "é un mecanismo necesario para facer efectivo o requirimento que nos fai a fiscalía que en ningún caso é presenza como acusación", pois reitera que "non é unha prioridade nin unha necesidade para este goberno judicializar a politica municipal".
Finalmente, por parte do alcalde, séguese facendo referencia á presunción de inocencia de todos e cada un dos implicados por este procedemento, aclarando que "non está na súa axenda seguir falando desta cuestión como claro exemplo do que se debe entender como presunción de inocencia", e invita ao PsdeG-PSOE a que faga o propio "que non fale diso, que deixe á xustiza facer o seu traballo e que se desvinculen dunha vez do pasado socialismo do Carballiño, pois é o que os veciños requiren". conclúe Marnotes.
Os concellos da provincia de Ourense, entre eles os do Carballiño e Avión e a Mancomunidade do Ribeiro, van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de 580.111 euros, para a posta en marcha de iniciativas en tres liñas de actuación: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres. Estas axudas foron presentadas esta mañá en Ourense pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo delegado territorial, Rogelio Martínez.
López Abella e Martínez destacaron que seguindo a senda establecida o pasado ano, a convocatoria deste ano reforza a prioridade dos proxectos de xestión compartida, o que significa incremento de puntuación e polo tanto, incremento de subvención para os concellos que presenten solicitudes conxuntas para a xestión desta orde de subvencións. A resolución destas axudas reflicte un importante avance no eido da cooperación e colaboración entre concellos e para a xestión compartida das actuacións e programas no eido da promoción da igualdade. Unha cooperación pola que a Xunta seguirá apostando, convencida de que “é o modelo a seguir para garantir unha atención eficaz e eficiente á cidadanía neste ámbito de actuación”.
Incremento de solicitudes conxuntas
Neste sentido, a secretaria xeral de Igualdade subliñou que na convocatoria deste ano en Ourense son máis as entidades locais que presentan unha solicitude conxunta. Este incremento reflíctese sobre todo no programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM). Así, este ano no ámbito dos 13 CIM en funcionamento na provincia ourensá participan un total de 42 concellos, dos que 37 teñen unha xestión compartida deste servizo fronte a 5 que a teñen individualizada.
López Abella referiuse a que cinco concellos con este tipo de centros presentaron unha solicitude conxunta coa agrupación dun total de 20 concellos. Así, o concello do Carballiño presentou a súa solicitude agrupando con el aos concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, San Cristovo de Cea, o Irixo, Maside, Piñor e Punxín. Pola súa banda o concello de Avión agrupouse co de Melón.
Precisamente, das tres liñas de actuación establecidas, a relativa ao apoio aos CIM é a de maior dotación, cunha contía que ascende na provincia a 440.761 euros, que se distribúen en 13 centros: Avión, O Barco, O Carballiño, Xinzo da Limia, Maceda, Muíños, Ourense, Pobra de Trives, Verín, Viana do Bolo, Mancomunidade Terra de Celanova, Mancomunidade do Ribeiro e Mancomunidade Santa Águeda, e beneficia a un total de 42 concellos. Estas subvencións destinaránse ao finaciamento dos custos de persoal, mantemento e dinamización destes centros.
A segunda liña, por volume orzamentario, é a de fomento da conciliación, con 90.927 euros, destinados ao financiamento de plans e actuacións de conciliación no ámbito local. Nesta liña son 12 os concellos que reciben subvención, pero exténdese a 20 concellos xa que 10 presentaron a solicitude individual, 2 concellos a presentaron conxunta e unha mancomunidade que engloba 8 concellos.
A liña de medidas de promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero conta cun orzamento de 48.423 e ten coma obxecto o financiamento da elaboración e avaliación de Plans de Igualdade e de actuacións realizadas no seu desenvolvemento. Nesta liña son 17 as entidades beneficiarias, pero que se extende a 35 concellos xa que 13 concellos presentaron a solicitude individual, 2 concellos a presentaron conxunta, e foron 3 as mancomunidades que engloban a 20 concellos.
Cómpre destacar que entre as entidades locais que reciben máis axudas está a Mancomunidade do Ribeiro -que agrupa os concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro-.

A viguesa Elena Casal condicionou o partido, e moi probablemente tamén o resultado, cunha arbitraxe que perxudicou gravemente ao Arenteiro. Cargou de tarxetas aos carballiñeses, deixou sen motivo ao Arenteiro con 10 xogadores no campo dende o minuto 53 por doble amarela a M. Sotelo , pitou a favor dos locais un inexistente penalti, e o máis grave, no minuto 93 non quixo sinalar un penalti de libro na área do Cétiga, tan clamoroso que nin os afeccionados locais daban crédito. Nefasta arbitraxe a que sufríu o Arenteiro na Illa de Arousa. Tamén foron expulsados o adestrador e delegado do Arenteiro.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Lois (Ocampo, m. 72), D. López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Sanginés ( Gele. m. 76), Dani Vázquez (Quiroga, m. 69), Manu (Bardelás, m.75) e Marcos Sotelo.
Goles:
1-0. Minuto 18. Penalti a fovor do Céltiga que tranforma Janeiro.
1-0. Minuto 26. Golazo de Marcos Sotelo cun zurdazo dende o borde da área que se cola por toda a escadra.
1-2. Minuto 29. Falta dende a banda dereita que lanza Sanginés e Dani Arbo toca o xusto para facer inútil a estirada do porteiro local.
2-2. Minuto 59. Janeiro aproveita un barullo na área do Arenteiro e fai o empate.
O Partido: Absolutamente condicionado pola actuación arbitral, asi e todo, o Arenteiro pudo sentenciar o partido ao seu favor por dúas veces, ambas por medio de Dani Arbo, con dous magníficos remates de cabeza que sairon fora por moi pouco. O Arenteiro foi mellor que o seu rival, sobre todo ata a expulsión de M. Sotelo, e fixo méritos suficientes para regresar a O Carballiño cun mellor resultado.
Clasificación Xornada 7ª
Portonovo | 21 | 7 | 7 | 0 | 0 | 17 | 2 | 4 | 4 | 0 | 0 | 10 | 1 | 3 | 3 | 0 | 0 | 7 | 1 |
Lalín | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 13 | 8 | 3 | 2 | 0 | 1 | 8 | 5 | 4 | 3 | 0 | 1 | 5 | 3 |
Valladares | 14 | 7 | 4 | 2 | 1 | 10 | 6 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 2 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 |
Gondomar | 13 | 7 | 4 | 1 | 2 | 16 | 11 | 4 | 2 | 1 | 1 | 8 | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 8 | 5 |
Celtiga | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 10 | 6 | 4 | 2 | 1 | 1 | 9 | 6 | 3 | 1 | 2 | 0 | 1 | 0 |
Verín | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 8 | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 3 |
Barco | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 10 | 11 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 8 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 3 |
Estradense | 10 | 7 | 2 | 4 | 1 | 9 | 7 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 7 | 3 |
Arenteiro | 10 | 7 | 3 | 1 | 3 | 12 | 12 | 3 | 2 | 0 | 1 | 6 | 5 | 4 | 1 | 1 | 2 | 6 | 7 |
Villalonga | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 10 | 10 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 5 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 |
Atios | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 8 | 8 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 | 3 | 1 | 2 | 0 | 3 | 2 |
Marcón Atlético | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 12 | 13 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 | 4 | 2 | 1 | 1 | 9 | 9 |
Pontellas | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 11 | 14 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 5 | 4 | 2 | 0 | 2 | 6 | 9 |
Porriño Industrial | 8 | 7 | 2 | 2 | 3 | 10 | 10 | 4 | 1 | 1 | 2 | 7 | 7 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 |
Mondariz | 6 | 7 | 1 | 3 | 3 | 7 | 9 | 4 | 0 | 1 | 3 | 2 | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 |
Alerta Traviesas | 6 | 7 | 1 | 3 | 3 | 11 | 17 | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 6 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 11 |
Nogueira Ramuin | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 6 | 13 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | 4 | 1 | 0 | 3 | 2 | 8 |
Rápido Bahía | 5 | 7 | 1 | 2 | 4 | 4 | 10 | 4 | 1 | 1 | 2 | 4 | 7 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 |
Erizana | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 12 | 17 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 8 | 4 | 1 | 0 | 3 | 8 | 9 |
Pontevedra B | 3 | 7 | 1 | 0 | 6 | 9 | 17 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | 4 | 0 | 0 | 4 | 5 | 12 |

O Centro Comarcal de O Ribeiro acolleu a presentación de candidatos do Partido Popular ás Eleccións Municipais de 2015 na comarca ribeirán.
Os candidatos presentados son os seguintes:
-A Arnoia: José Camilo Fariñas Viso (63 anos). De profesión empresario, é alcalde do municipio dende 2009 e concelleiro dende 1999.
-Avión: Antonio Montero Fernández (49 anos). Empregado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende o ano 2005.
-Beade: Senén Pousa Soto (75 anos). Xubilado, é alcalde deste municipio dende 1974.
-Carballeda de Avia: Lorenzo González Rodríguez (30 anos). Empresario de profesión, é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, diplomado en Empresariais, M.B.A. Dirección e Administración de Empresas. É concelleiro dende 2007.
-Castrelo de Miño: Avelino Pazos Pérez (43 anos). Funcionario de profesión, actualmente atópase cursando o Grao de Ciencias Políticas e da Administración. É concelleiro dende 2011.
-Cenlle: Gabriel Alén Castro (37 anos). Profesor, diplomado en Maxisterio de Educación Física. É concelleiro dende o ano 2007 e alcalde dende 2011.
-Leiro: Francisco José Fernández Pérez (55 anos). Titular de oficina de Farmacia, é licenciado en Farmacia. Concelleiro desde 1991, é alcalde dende 1995. Foi deputado provincial entre 1999-2003 e entre 2009-2011. Foi elixido senador por Ourense na X Lexislatura (dende novembro de 2011). É presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro dende 2009 e presidente tamén do GDR-9 da Zona Carballiño-Ribeiro dende 2009.
-Entidade Menor de Berán: José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos). Policía portuario de profesión, é a súa primeira incursión en política.
-Melón: María Cristina Francisco Vílchez (48 anos). Empregada de profesión, é alcaldesa do Concello de Melón dende o ano 2011.
-Ribadavia: César Manuel Fernández Gil (34 anos). Licenciado en Filosofía, Diploma de Estudos Avanzados en Filosofía e Grao en Dereito. Actualmente é asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, concelleiro e voceiro en Ribadavia dende 2011 e presidente local do PP dende 2012.
Nota informativa do Concello
Tal e como anunciara o alcalde do Carballiño, tras a publicación na web municipal do avance do PXOM , ao pasar a tempada estival, o concello organiza charlas informativas sobre este avance en todas as parroquias do municipio, así como nas asociacións veciñais do municipio.
Esta primeira charla tivo lugar no centro social de Cabanelas, e a ela asistiron o alcalde do Carballiño, o edil de Obras, e o arquitecto municipal. O obxectivo desta charla, e das posteriores, é a de dar a coñecer a todos os veciños os termos do avance, explicado por técnicos competentes nesta materia, para poder obter o maior número de suxestións por parte dos veciños e propietarios de terreos e edificacións en cada zona.
Con este achegamento directo aos veciños o alcalde pretende achegar a este avance, que non terá que presentarse na Xunta de Galicia ata finais de 2015, o maior número de ideas e, sobre todo, a opinión que cada veciño e propietario poida ofrecer da súa zona xa que, ao ser os que mellor a coñecen, poder realizar un traballo participativo e o máis próximo ao usuario.
Estas charlas sucederanse todos os martes e xoves. Para este 9 de Outubro ás 20:00 horas no local social de Banga. A semana que ven, o martes 14 terá lugar en Baron e o xoves 16 en Sagra, para finalizar este primeiro período de charlas o martes 21 en Mesego e o xoves 23 en Partovia. Todas as charlas terán lugar no local social de cada parroquia, ás 20:00 horas.
Dende o concello solicítase a presenza do maior número de veciños, para poder achegar o maior número de opinións a este. Non obstante os veciños que non poidan acudir a estas charlas, poderán informarse directamente no departamento de Obras do concello carballiñés.
Comunicado dos Socialistas
O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño cuestiona as xuntanzas veciñais que iniciou esta semana o goberno local para explicar nas parroquias o PXOM, ao considerar que non son máis que un “paripé” que Marnotes decidiu facer despois de meses escondéndose para non enfrontarse aos veciños e tras negarse a anular o proxecto.
Marnotes demostra que os intereses da cidadanía non son a súa prioridade, xa que mentres o PSdeG leva meses reuníndose cos veciños para informalos sobre o plan, o alcalde vaino facer cinco meses despois do anunciado.
Ademais da súa falla de palabra, Marnotes amosa unha falla de respecto absoluta polos veciños, xa que vailles a informar sobre un proxecto que tanto el como outros membros do seu goberno recoñeceron que é un desastre, pero que se negan a retirar.
Así, no pasado pleno extraordinario o PP perdeu a oportunidade de recoñecer o seu erro e empezar de novo, como propoñía o PSdeG, evitando os graves prexuízos que este ordenamento urbanístico causa a moitos veciños.
De feito, soamente na parroquia de Seoane presentáronse xa mais de 600 suxestións a este proxecto, que se converterán despois en alegacións, o que demostra o descontento existente con e da unha idea do volume de alegacións que se van recoller. A isto hai que engadir os miles de sinaturas recollidas no Carballiño e parroquias do rural pedindo a retirada do proxecto do PXOM.
Por elo, non se entende a arrogancia deste grupo de goberno, ao que non lle importan os problemas que o PXOM lle causa aos cidadáns. Por unha banda, recoñece que o plan é desastroso pero non é capaz de tomar a decisión de paralizalo e volver a comezar de cero, cuns criterios claros e cun reparto máis xusto das zonas urbanizables, como propuxo o PSdeG.
Tampouco se entende que un alcalde que é arquitecto técnico e un concelleiro de obras que ten dedicación parcial no Concello e por tanto un soldo todos os meses, non fosen capaces de facer un seguimento do desenvolvemento do plan nestes tres anos e dos prexuízos que ía causar á maior parte da cidadanía.
.

As contratacións irregulares, ao menos 60, según recolle a querela da Fiscalia Superior de Galicia, levaronse a cabo no concello do Carballiño dende o ano 1999 en adiante e durante os mandatos nos que Pachi Vázquez exerceu como alcalde do Carballiño "sobre todo nos anos 2003, 2004 e 2005, nos que se viñan realizando un gran número de contratacións de persoal laboral no concello para labores de competencia municipal".
Según considera a Fiscalía os feitos "son constitutivos de cinco delitos de prevaricación continuada" e engade que "esta forma de realizar constratacións laborais supoñía unha forma de actuar sistemática no concello do Carballiño entre alcalde e concelleiro de persoal, con coñecemento mútuo, de maneira absolutamente arbitraria atendendo exclusivamente a afinidades de tipo político, persoal ou de outro tipo non recollido no ordenamento".
O documento xudicial explica que as contratacións realizaronse "con absoluta e consciente omisión dos máis elementais principios que rexen a contratación pública".
O TSXG admitíu a trámite a querela da Fiscalía, soliitando a declaración do excalde do Carballiño, e na actualidade deputado autonómico, en calidade de "imputado".
Ademáis, a Fiscalía solicita ao Parlamento de Galicia a acreditación de Pachi Vázquez como deputado, a declaración testifical da Secrataría do concello do Carballiño, asi como de algúns dos traballadores que foron contratados durante esa etapa.
A investigación da Fiscalía iniciouse en xuño de 2013, despois dunha denuncia presentada no Xulgado do Social de Ourense por unha traballadora municipal, á que o concello carballiñés rescindira o contrato de traballo.
Pachi Vázquez proclama a súa inocencia a través dun comunicado
O exalcalde remitíu aos medios de comunicación un escrito no que afirma mostrarse sorprendido "porque a punto de cumplirse dez anos de ter sido alcalde do Carballiño se estea investigando agora a miña xestión naquel periodo" e engade que "sorprende, sobre todo, que esto se produza dias despois de anunciar a miña candidatura ás primarias do PSdG-PSOE para optar á alcaldia de Ourense".
Tamén afirma Vázquez que "esta denuncia non ten base legal, e que todo quedará totalmente aclarado porque, insisto, a miña xestión no concello do Carballiño foi impecable dende o punto de vista normativo tanto no que atinxe aos contratos como no resto da xestión municipal".
Marnotes outorgalle a "presunción de inocencia"
No transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio e preguntado sobre este asunto, o actuál alcalde do Carballiño subliñou que "nin o grupo de goberno nin o Partido Popular teñen que ver con esta decisión xudicial, que foi iniciativa a Fiscalía". Marnotes dixo que "neste como noutros casos, e neste tamén o primeiro é creer na presunción de inocencia e deixar que a xustiza actúe".
O rexedor non ten aínda claro as posibles consecuencias que esta decisión xudicial pode ocasionar tanto ao Concello do Carballiño como aos traballadores afectados "algúns deles seguramente xa xubililados pero outros moitos aínda en activo", manifestou.

Noutro partido máis demostrase que ata o rabo todo é touro. Do 2-0 do Arenteiro sobre o Pontellas no minuto 90, pasamos ao 3-1 final no marcador, con dous goles no tempo de desconto, un para cada equipo. Segunda victoria consecutiva dos verdes en Espiñedo na preferente autonómica.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Carlos Escudero (Gele, m. 57), Diego López, Lois, Pana, Dafonte, Sanginés (Cote, m. 73), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás (Manu, m. 70) e Marcos Sotelo (Alex Santiago, m.81).
Goles:
1-0. Minuto 29. Dani Vázquez, libre de marca, cabecea a placer tras recibir o balón rexeitado dun defensa do Pontellas.
2-0. Minuto 45. Sanginés envia un centro ao que non acerta a rematar Dani Vázquez, pero sí Marcos Sotelo que chega coa caña preparada para marcar o segundo da tarde para o Arenteiro.
2-1. Minuto 91. José reduce distancias aproveitando a confianza da retagarda local.
3-1. Minuto 93. Gran xogada personal de Pana que pon un balón de ouro a Victor Gallego, que finiquita o encontro.
O Partido: Comezou mellor para o Pontellas que aos 6 minutos pudo adiantarse no marcador ao cometer a defensa verde un absurdo penalti, pero a pena máxima era neutralizada nunha magnífica intervención polo meta local Marcos Nieto enviando o balón a córner. Non se desconpuxo o cadro visitante, mentres o Arenteiro xogaba bastante precipitado. Asi ata o primeiro gol local, que cambeou o ritmo do partido ata o intermedio. Trala reanudación, o Pontellas tratou de achegarse á área local, aínda que sen lograr levar perigo real. Xa na recta final do partido, o Arenteiro pudo sentenciar en dúas accións de Dani Vázquez e Manu, encontrandose con sendas boas intervenciós do porteiro do Pontellas, Israel. Cando o tempo estaba cumplido chegarían os outros dous goles, un para cada equipo, e tres puntos que suman os verdes no seu casilleiro.

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación dos candidatos do Partido Popular para os comicios municipais do mes de maio de 2015.
Os actuais alcaldes de Beariz -Manuel Prado-, Boborás -Cipriano Caamaño-, O Carballiño -Argimiro Marnotes-, San Cristovo de Cea -José Luis Valladares-, Punxín -Manuel Vázquez-, O Irixo -Manuel Penedo-, e San Amaro -Ernesto Pérez- optarán a reelección nos seus respectivos concellos.
Tamén repite como candidato dos populares en Piñor, Luis González, que xa foi cabeza de cartel neste municipio en 2011.
A cara nova dos populares nestas vindeiras eleccións municipais é a de Alejandro González como candidato á alcaldia de Maside, tralo falecemento durante o actúal mandato municipal do que fora cabeza de lista do PP no concello de Maside en 2011, Casimiro Campo.

A oficina municipal de turismo situada na praza da Alameda pechou esta semana, unha vez que finalizou o período subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia, contabilizando durante estes meses máis de 2.000 visitas solicitando información turística da vila, a comarca e Galicia en xeral.
No informe realizado polas dúas técnicas de turismo que estiveron á fronte da oficina, destaca que a procedencia dos visitantes ao Carballiño durante os meses de verán eran, maioritariamente, de Galicia, aínda que se observou un aumento de visitantes procedentes doutras comunidades como Madrid ou Cataluña. Este número non é o total dos visitantes que tivo O Carballiño durante estes meses, xa que doadamente puideron ser máis do dobre, son soamente os que pasaron pola oficina municipal a solicitar información.
Neste sentido, a procedencia dos visitantes nacionais foi, en primeiro lugar Galicia, en segundo lugar Madrid e en terceiro lugar Cataluña. Logo, outras comunidades das que viñeron visitantes foron País Vasco, Andalucía, Valencia, Castela e León, Asturias, Castela a Mancha, Navarra, Murcia, La Rioja, Extremadura, Cantabria, Canarias, Baleares, e Aragón.
Sobre os visitantes procedentes de fóra do territorio nacional, Francia segue sendo o de maior número de visitantes, xunto con Portugal, seguidos de Alemaña e Arxentina. No que se refire á idade media dos visitantes, os maiores de 50 anos foron os que máis acudiron á vila, seguido da franxa de idade entre 40 e 50 anos, do que se detecta que é o turismo familiar o que máis atrae O Carballiño.
A maioría destes turistas chegaron ao carballiño en coches particulares, aloxándose principalmente na Residencia de Tempo Libre, nos hoteis e hostais da vila, e no cámping municipal.
No que se refire á información solicitada por estes turistas, a Veracruz segue sendo un dos puntos de atracción máis importante, e polo que máis preguntan todas as persoas que visitan O Carballiño, seguido moi de preto da solicitude de información sobre a Festa doPulpo, o Parque Municipal, e o museo etnográfico. Cabe destacar tamén o interese mostrado pola maioría dos visitantes, na tradición gastronómica da zona (con especial referencia ao polbo á feira).
Por último, do informe presentado, recóllese tamén que o número de visitantes que descubriron O Carballiño grazas ás novas tecnoloxías, internet principalmente, aumenta considerablemente, sendo as páxinas da Festa do Pulpo e do propio concello, as que máis turistas atraeron durante este verán.
Con todos estes datos, os responsables de turismo do concello doCarballiño, comproban que a expansión deste sector na vila pasa por manter as accións cara a aumentar e fixar o turismo familiar, acudindo ás feiras e certames onde este sector sexa o principal destinatario. Así mesmo acrecentar a información e difusión dos monumentos carballiñeses, principalmente o templo da Veracruz, para o que se está a estudar a posibilidade de colocar carteis informativos sobre esta obra de Pazos e, polo seu posto, seguir impulsando a Festa do Pulpo e o polbo a feira, como principal atractivo para os visitantes, e perfecto embaixador do Carballiño dentro e fóra do territorio español.
Así mesmo, e á vista deste informe, continuar a campaña de difusión da Residencia de Tempo Libre, sen abandonar o apoio aos hoteis e hostais da vila en cantas accións desenvolvan como colectivo ou a título particular.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 621
- 622
- 623
- 624
- 625
- 626
- 627
- 628
- 629
- …
- seguinte ›
- última »