14, Setembro 2014

Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.

CD. Arenteiro: Pachi, Lois (Cote, m.83), Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Gele (Sanginés, m. 68), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás ( Dafonte, m.73) e Marcos Sotelo ( Canexón, m. 81).

Goles:

1-0. Minuto 38. Á saída dun córner Dani Arbo, de cabeza, adianta ao Arenteiro.

1-1. Minuto 39. Espectácular gol de Xurxo para o Pontevedra B, no saque de centro tras o gol do Arenteiro, lanza un chupinazo dende o círculo central, o balón colle adiantado a Pachi e cólase por toda a escadra.

2-1. Minuto 78. Dafonte engancha un balón no balcón da área grande e magnífico de definición, cun tiro raso bate a portería pontevedra.

3-1.Minuto 89. A sentencia a cargo de Dani Vázquez tras un pase preciso de Canexón.

O Partido: O Arenteiro xogou os mellores minutos do partido cando xa estaba con 10 xogadores tras a expulsión de Arbo, sobre todo nos últimos 20 minutos cando a entrada no campo de Dafonte, Sanginés e Canexón deu frescura ao equipo, que incluso dispuxo de boas ocasións por medio tanto de Canexón como de Sanginés para ampliar o resultado . Certo é que antes, aínda co empate, o Pontevedra B malogrou a súa ocasión, na que pudo darlle a volta ao marcador ao seu favor.

 

 

12, Setembro 2014

Consulte aquí toda a programación festiva que se desenvolve no Carballiño, do 13 ao 19 de Setembro de 2014.

10, Setembro 2014

A conselleira de Benestar de la Xunta de Galicia, Beatriz Mato, confirmou  ao alcalde do Carballiño, no transcurso dunha entrevista celebrada na sede da Consellería, que en breve, e sempre antes de fin de ano, sacará a concurso a externalización da xestión desta residencia, a cal únicamene poderá ser utilizada por persoas procedentes do sistema público de reserva, deixando pechada a porta á posible utilización de forma privada das súas prazas.

En definitiva, a residencia será de uso público ainda a súa xestión se externalizará, asegurou o alcalde Argimiro Marnotes.

"En Xullo deste ano, aprobábase o último de varios acordos tomados neste sentido, a instancia de alcaldía, onde se lle esixía á Xuntaque de forma inmediata, se puxera en servizo a Residencia de Maiores do Cornuval, fose cual fose a súa forma de xestión, pública ou exernalizada, dando como límite para este aspecto o 31 de decembro", apuntan dende o concello do Carballiño.

A nova residencia de maiores do Cornuval tamén podería acoller nun futuro un centro de dia "tal como manifestou a conselleira ao alcalde".

Marnotes manifestou, ao termo da súa reunión coaconselleira, a súa "satisfacción por contar xa cunha data para a posta en marcha deste centro para a terceira idade, asegurando que en todo momento confiou en que dende a Xunta de Galicia se realizarían os esforzos necesarios para dotar a vila deste servizo".

10, Setembro 2014

O Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar "temas de gran importancia para a cidadanía e que o goberno do PP ten paralizados e sen darlles solución". Así o anunciou hoxe o portavoz do PSdeG, Paco Fumega, acompañado dos concelleiros Adolfo Nogueira e Manolo Dacal.

Unha das cuestións que require unha solución urxente "é a reapertura do matadoiro, xa que os traballadores levan dous anos agardando a que o alcalde cumpra o seu compromiso de poñer en funcionamento estas instalacións".

Os socialistas manifestan que "o concurso público para adxudicar a xestión foi a primeira proposta dos socialistas, rexeitada no seu día polo PP, que propuxo outras opcións que finalmente se descartaron e que retrasaron a reapertura. Finalmente volveuse ao punto de partida de convocar o concurso público, despois de dous anos de promesas incumpridas e dun alongamento innecesario no tempo que evidencia a ineptitude dun alcalde  que neste caso xoga co pan dos traballadores".

O PSdeG tamén propón debater no pleno unha solución para as traballadoras do servizo de axuda no fogar, servizo que foi privatizado polo Concello que deu á concesión a unha empresa, “polo que o grupo de goberno tiña a responsabilidade de mediar e de defender o cumprimento do convenio laboral”.

“O alcalde cometeu un erro ao manterse ao marxe cando comezaron as denuncias, e logo a súa cabezonería e o non ser capaz de rectificar levounos á situación actual, na que as traballadoras están dispostas incluso á chegar á folga para defender os seus dereitos”, explicou Fumega.

Os socialistas reclaman tamén a implicación do goberno do PP para buscar unha solución ao futuro do Conservatorio e das escolas deportivas, xa que a suba das taxas impide a moitos pais e nais poder manter aos seus fillos.

 Fumega lembrou que os socialistas propuxeron a rebaixa do IPREM, aceptada polo goberno do PP, pero “non é suficiente, porque a situación é moi complicada para moitas familias e faise necesario artellar outros mecanismos a través de axudas ou becas”.

O alcalde decidiu subir taxas e impostos para asumir a débeda, pero os cidadáns están a pagar cada vez máis e a recibir menos servizos, polo que o PSdeG considera necesario priorizar o gasto.

“En lugar de realizar gastos superfluos hai que investir no que é máis necesario, e nos cremos que apostar pola formación dos cativos o é”, afirmou Fumega, quen sinalou que “o futuro das escolas e o conservatorio depende da vontade política”.

 Por elo, o PSdeG propón a creación dunha mesa de negociación para buscar alternativas que fagan posible a continuidade destes servizos de xeito asequible para as familias.

Considerou que “se pensamos no futuro do Carballiño temos que prestar atención aos cativos, que teñan a posibilidade de formarse na nosa vila” e lembrou que o goberno de Marnotes “non ten isto como unha prioridade” como xa demostrou tamén co proxecto da segunda Galiña Azul, que segue pendente pola falla de previsión e acción do goberno municipal.

O PSdeG quere debater tamén en pleno o avance do PXOM, “que realmente preocupa moito aos cidadáns como estamos a comprobar na nosa campaña de información no rural”.

Fumega incidiu en que este PXOM debe ser retirado por que “é un desastre, como recoñece o propio goberno, xa que non ten unha lóxica nin ten criterios entendibles, e ademais condena ao rural á súa desaparición, algo co que non estamos dacordo”.

Defendeu a redacción dun proxecto urbanístico “máis xusto, onde se perdemos o 20 por cento de urbanismo o repartamos entre todos e non que só sexa no rural”. Criticou ademais a falla de claridade dos criterios técnicos, xa que o proxecto segue “criterios políticos que non están definidos e que leva á xente a cuestionar por qué unhas zonas quedan como edificables e outras non sen que ata o de agora teñamos explicación”.

 

9, Setembro 2014

A actividade máis tradicional das festas carballiñesas do Setembro está programada para o vindeiro lúns dia 15 e, ademáis, estrea escenario para a súa celebración.

No ano en que se cumpre a 70 edición do concurso comarcal de gando,  o concello do Carballiño "decidiu achegar este certame gandeiro ao propio pobo, xa que ata a pasada edición se celebraba no recinto municipal da Uceira, e situalo no Parque carballiñés".

Así, este ano a "70 edición do concurso comarcal de gando terá a súa sede no marco incomparable do parque municipal, en concreto na zona próxima á avenida do Arenteiro, baixo unha carballeira, que garante un lugar san e seguro para as reses, e ao mesmo tempo unha zona de máis cómodo acceso para todos os que queiran achegarse a ver os exemplares que este ano se presentan ao concurso", apuntan dende o concello.

Ademais das reses que participan nas distintas modalidades, poderanse contemplar os sementais que achega a A.C.R.U.G.A, que sempre espertan un grande interese, ao ser pouco habitual velos en vivo e en directo.

Por outro lado, e como en anos anteriores, se abrirán catro categorías, vacas reprodutoras, xuvencas, becerras, e vacas con cría.

Os responsables municipais afirmaron que se optara por este cambio de situación, "co principal obxectivo de dinamizar esta actividade tradicional das festas, xa que nos últimos anos eran moi poucas as persoas que se achegaban a ver estes exemplares ao recinto da Uceira. Ademais destacan a comodidade tanto para os gandeiros coma para as reses e os propios visitantes, á hora de acceder ao recinto provisional acomodado na zona do parque".

Como cada ano contarase cunha zona onde todos os que queiran poderán quedar a comer, ou aproveitar a visita para tomar o aperitivo, co protagonismo no menú do polbo a feira, como non podía ser doutra forma.

9, Setembro 2014

"A piques de iniciarse o novo curso escolar, moitas familias carballiñesas quedarán un ano máis sen praza na escola infantil debido á incapacidade do goberno municipal para levar adiante o proxecto da segunda Galiña Azul", remarcan dende o PSG.

Tamén consideran que a "inutilidade de Marnotes e o seu goberno provocou continuos retrasos neste proxecto, que foi anunciado hai máis dun ano e que a día de hoxe aínda non ten data de inicio. Así, mentres máis de 40 familias agardan por unha praza na rede de escolas infantís, Marnotes só lles ofrece cambios de ubicación e retrasos en lugar de solucións"

O grupo municipal socialista apunta a "enfrontamentos co Consello Escolar do Campo da Feira, e de manter a súa teima de ubicar a escola infantil nestas instalacións, o pasado mes de xuño Marnotes anunciou un cambio no proxecto, que pasaría a ubicarse na Uceira, seguramente por decisión da Xunta. Este cambio de situación provocou un novo retraso no proxecto, e supuxo unha mostra máis do caso omiso que lle fai a Xunta ao alcalde do Carballiño e da súa incapacidade e inutilidade para gobernar".

Finalmente, critican os socialistas que "o máis grave e que as familias do Carballiño afrontan un novo curso sen prazas nas escolas infantís públicas debido a que o goberno do PP está máis preocupado por resolver outros asuntos que por cubrir as necesidades dos cidadáns. Unha vila como O Carballiño debería ofrecer un nivel óptimo de calidade de vida aos seus cidadáns, e iso pasa por facilitar a conciliación da vida familiar e laboral".

 

 

 

 

 

 

6, Setembro 2014

Os verdes colleitaron no campo da Tella de Luintra os 3 primeiros puntos da tempada en preferente, facendo bo o inicio de partido, xa que aos 16 minutos o Arenteiro gañaba 0-2.

CD Arenteiro: Pachi, Lois, Diego López, Dani Arbo, Pana ( Cote, m. 70 ), Ocampo, Victor Gallego, Sanginés ( Gele, m. 68 ), Bardelás ( Dafonte, m. 76 ), Dani Vázquez e Marcos Sotelo ( Quiroga, m. 69 ).

Goles:

0-1: Minuto 4. Dani Vázquez aproveita unha indecisión da defensa local para mandar o balón de tiro raso e colocado ao fondo da portería.

0-2. Minuto 16. Falta por agarrón a Sanginés a altura do pico da área grande, o libre directo é executado por Dani Arbo que sorprende ao meta local cun forte chut.

1-2. Minuto 77. A saída dun córner, Omar recolle un balón que remata no medio dunha maraña de pernas e bate a Pachi.

O Partido: Moi pronto púxose de cara o marcador para o Arenteiro, que tras o segundo gol cedeu terreo ao Nogueira. Non obstante, o Nogueira apenas era capaz de crear algún tipo de perigo ata que aos 5 minutos da segunda parte o árbitro regala un penalti aos locais, o lanzamento é repelido polo longueiro,  os de Nogueira non se rinden e siguen buscando a portería de Pachi, aínda que con máis corazón que acerto. So despois do gol, conseguiron meterse no partido. O Arenteiro, co 0-2 e sobre todo despois de quedar o Nogueira cun xogador menos por expulsión de Carra debeu facer algo máis do que fixo para non pasar pola incertidume dos minutos finais.

6, Setembro 2014

O Carballiño contará, dende o próximo mes de outubro, con dúas novas pistas de pádel, que se están a construír nas inmediacións do pavillón Paco Chao.

Foron moitos os veciños e colectivos que demandaron este tipo de instalacións deportivas, polo que o concello decidiu solicitar unha subvención para construílas.

Nas pasadas semanas recibiron o visto e prace para esta subvención, que vén da Xunta de Galicia a través dos fondos europeos de desenvolvemento rexional, achegando esta o 75% do custo da obra, sendo a achega do concello de 12.500 euros.

As obras comezaron esta mesma semana, e estarán rematadas na primeira semana de outubro, e dende ese momento xa poderán ser utilizadas pola veciñanza do Carballiño.

5, Setembro 2014

A recollida de sinaturas ten por obxecto "esixir a Marnotes que retire o proxecto do PXOM tras constatar que prexudica á meirande parte dos cidadáns, especialmente aos veciños do rural". Esta iniciativa levaráse a cabo dende este primeiro sábado de Setembro nun stand que se instalará na Praza Maior.

Os socialistas puideron comprobar "o malestar existente entre a cidadanía con este proxecto nas reunións informativas" que están a desenvolver dende o mes de agosto en colaboración tamén coa Federación Veciñal.

Nestas xuntanzas evidenciouse -apuntan dende o PSdG-  a necesidade de información que teñen os cidadáns e o descontento existente cun plan de ordenación que será a morte do rural.

Por elo lamentan que o alcalde fixese ouvidos xordos durante tres meses ás peticións de máis información por parte dos veciños, e que decida agora organizar xuntanzas informativas "cando a xente xa leva meses queixándose do prexudicial que é esta nova ordenación".  

Os socialistas agardan que "nestas xuntanzas os técnicos sexan alomenos capaces de aclarar cales son os criterios que se seguiron para marcar os límites entre zona edificable e non edificable e atopar así algunha explicación a por qué a casa dun concelleiro se mantén en terreo urbanizable e todos os terreos anexos non".

En todo caso "o tempo de informar xa pasou e que agora é o tempo da acción e de recoñecer que este plan é un desastre, anulalo e de poñerse a traballar nun novo plan máis axeitado e menos prexudicial para a cidadanía" remarcan os socialistas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3, Setembro 2014

O matadoiro leva dous anos pechado despois de que abandonase as instalacións a antiga concesionaria, Carnes do Carballiño. Daquéla, a precariedade das instalacións e a caducidade da concesión adminstrativa deixaron sen traballo aos profesionais que, dende entón veñen demandando a reapertura do matadoiro, de titularidade municipal.

Os matachíns, que contaron co apoio dos grupos da oposición, concentraronse ante a casa do concello para facer visible ante a cidadanía a súa protesta por unha situación que se prolonga despóis do fallido intento do concello carballiñés de reabrir estas instalacións por medio dun convenio co Clúster da carne de Galicia.

O alcalde do Carballiño manifestou que xa comunicou aos traballadores "que a Xunta emitirá o vindeiro dia 8 un informe que determinará o futuro do matadoiro, xa que nos indicará se podemos ou non facer un concurso para adxudicar a concesión administrativa das instalacións".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS