22, Setembro 2014

A Comisión de Festas sae ao paso de algunhas queixas veciñais,  o PSdG-PSOE critica "a improvisación e escasa planificación do goberno de Marnotes", mentres dende o concello agradecen e valoran o traballo desenvolvido pola comisión organizadora.

Comunicado da Comisión de Festas

La comisión de Festas de San Cibrao 2014 quiere señalar, ante las críticas aparecidas en algunos sectores de la villa, que todos los integrantes de esta comisión trabajamos 24 horas al día para ofrecer unas fiestas como esta villa se merece, y no solo durante las mismas, sino meses antes.

En cuanto a criticas puntuales como la suspensión de los fuegos artificiales de la noche del 16 de septiembre queremos decir que hubiera sido imposible suspenderlos, o mejor dicho, pasarlos a otro día, ya que para realizar una tirada de fuegos como la que tuvimos es necesario un trámite burocrático que no se podría haber realizado de un día para otro, ya que los permisos deben solicitarse en la subdelegación de gobierno, acompañado de un intenso informe del lugar y las medidas de seguridad para dicha actividad.

Sobre las quejas de algunos comerciantes de la calle Curros Enríquez, decir que estamos con ellos, como saben perfectamente, ya que todos los días pasamos por esa calle tanto los integrantes de la comisión como la Policía Local, para evitar que les perjudicar esa actividad en su calle, pero a día de hoy fue imposible que todo se desarrollara como pedíamos cada día, atendiendo precisamente a esos comerciantes.

Por último, y sobre el supuesto caos circulatorio durante las fiestas, decir que sí, si existió algún problema con el tráfico, pero queremos formular una  pregunta. ¿en qué pueblo, ciudad o aldea, no se produce algún problema con el tráfico con la celebración de sus fiestas?, lo que está claro es que la inmensa mayoría de los vecinos de O Carballiño con los que hablamos, y fueron miles, estaban encantados de la ubicación de este año de las atracciones y los puestos de venta. Ubicación que también aplaudió el 90% de la hostelería.

Aprovechamos este escrito para agradecer especialmente a la hostelería por su apoyo, pese a que la climatología impidió que muchos de ellos pudieran desarrollar sus actividades tal y como todos hubiéramos querido.

Para terminar solo agradecer a todos los vecinos, comerciantes y hosteleros que, con sus aportaciones económicas y críticas constructivas, nos ayudaron a celebrar unaño más las fiestas de septiembre.

Comunicado do grupo municipal do PSdG

O Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño criticou hoxe a improvisación e escasa planificación do goberno de Marnotes nas festas do setembro, que provocou queixas polos problemas de acceso a establecementos comerciais, circulación e aparcamento, entre outros.

Pese ao esforzo e capacidade de traballo amosado pola Comisión de Festas para ofrecer unha boa programación, o goberno municipal non estivo á altura, amosando unha vez máis o seu nulo compromiso cunhas festas que sempre foron un referente na vila e que dende a chegada de Marnotes ao goberno van esmorecendo cada ano.

Así, os comerciantes da rúa Curros Enríquez sufriron durante toda a semana as molestias causadas pola ubicación dos postos ambulantes que cubrían practicamente a entrada de todos os establecementos, e que causaron tamén problemas de paso para os viandantes, xa que a rúa quedaba moi estreita.

Tamén os pais e nais de alumnos do Sagrado Corazón amosaron o seu malestar porque a porta do colexio quedou case bloqueada polas atraccións situadas na praza, cando xa esta semana comezaron as clases.

Os veciños sufriron tamén o caos circulatorio provocado por unha mala planificación dos espazos para situar as atraccións. Así, aos problemas habituais de aparcamento sumouse o peche ao tráfico de rúas de acceso ao párking e de outras como a Julio Rodríguez Soto, na que se suprimiron varios aparcamentos para poñer tan só un par de atraccións.

Esta falla de organización puido ser aínda máis grave no caso de producirse algunha emerxencia, xa que a meirande parte das rúas que conectan co centro da vila estaban ocupadas e con moi pouco espazo de paso para vehículos en caso de producirse algunha continxencia.

Así, a responsabilidade na organización e planificación que compete ao Concello foi nula, xa que tampouco foron quen de, ante a previsión de choiva, colocar unha carpa para as actuacións das orquestras, como si se fixo en eventos moito máis pequenos en outras ocasións.

O mesmo aconteceu coa tirada do fogo, que quedou reducida a un único día e que puido cambiarse de data ante as fortes choivas dese día. Botouse tamén de menos a animación na rúa, actuacións de gaiteiros ou bandas de música, que foron moi reducidas.

Dado que o tempo non acompañou, houbese sido positivo aceptar a proposta dos feirantes de contratar unha orquestra para o sábado 20, xa que coincidiu en fin de semana e foi un día con bastante xente nas rúas ao non chover.

Por todo elo, queda claro que a Marnotes e o seu goberno ou non lles interesa a Festa do San Cibrao, ou non están á altura e non teñen capacidade, porque senón non se entende esta falla de previsión e planificación.

Xa demostraron este desinterese coa Festa do Maior, e neste caso están a deixar que unha celebración que convertía ao Carballiño en referente festivo do mes de setembro perda forza cada ano.

Comunicado do concello do Carballiño

O concello do Carballiño felicita á comisión das festas patronais pola organización e o éxito destas, malia as inclemencias meteorolóxicas. Para os responsables municipais o traballo desenvolvido pola comisión de festas foi encomiable, buscando sempre a satisfacción do maior número de veciños e visitantes, e mesmo preocupándose de cada circunstancia particular que se puideron producir.

Sobre as actuacións o concello do Carballiño considera que a elección da comisión 2014 foi acertada, conseguindo que as mellores orquestras de Galicia actuasen no Carballiño, intercalando tamén grandes actuacións de rúa que animaron, sempre que o tempo o permitía, as xornadas festivas da vila.

Por todo iso os responsables municipais felicitan aos integrantes da comisión de festas 2014, así como a todos os veciños, comerciantes e hostaleiros, que dunha forma un doutra apoiaron esta celebración, permitindo que, un ano máis, O Carballiño fose un referente no calendario festivo da provincia.

 Comunicado do BNG

Para o BNG foron unhas festas que a pesares da climatoloxía que foi totalmente adversa, a cal, lle xogou unha mala pasada os hosteleiros e a tódolos veciñ@s en xeral, temos que lamentar a pouca sensibilidade do Concello coa cultura galega xa que o único salientable do programa ao respecto foi a Festa da Pepa Loba, actividade esta non organizada pola Asociación de Amigos de Flores, ademáis non pensamos que a contratación de orquestras sexa o futuro da propia Festa e por último, dende o BNG pensamos que sería interesante, tendo en conta o actual contexto de crise económica, de abrilo debate ante a cidadanía da posibilidade de  reducción dos días de Festa.

21, Setembro 2014

Un gol no tempo de desconto derrotou ao Arenteiro inmerecidamente, xa que os carballiñeses  -antes o meta local rexeitara un penalti lanzado por Ocampo-xogaron acaso o partido máis serio do que vai de campionato no campo da Gándara de Valadares, que rexistrou unha boa entrada con seguidores verdes na grada. Tamén presenciou o partido o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo (Cote, m.68), Diego López, Lois, pana, Dafonte, Victor Gallego, Gele (Sanginés, m.68), Dani Vázquez, Bardelás ( Alex Santiago, m.80) e Marcos Sotelo  (Canexón, m.80).

Goles: 

1-0. Minuto 37. O goleador local Oscar Pérez controlaba na área e con gran calidade envia o balón ao fondo da portería carballiñesa. Golazo.

1-1. Minuto 89. Zurdazo de Pana que se cola por toda a escadra. Golazo.

2-1. Minuto 94. Libre directo maxistralmente executado por Cacho. Golazo.

O Partido: Comezou moi ben asentado no terreo de xogo o Arenteiro que no primeiro cuarto, por medio de Dani Vázquez e Marcos Sotelo, avisaba que viña a dar a cara ante un dos equipos potentes da categoria. Os locais, que foron nivelando o partido, tan so creaban perigo a balón parado, atá que no tramo final da primeira parte remataron acosando a portería carballiñesa, pero encontraronse coas boas intervecións de Marcos Nieto. Na reanudación, aos 58 minutos, o colexiado trágase un penalti de libro sobre Marcos Sotelo, despois pitaba outro -tamén claro- por mans dun defensor local, pero o meta local adivina a traxectoria e rexeita o balón lanzado por Ocampo. O gol de Pana parecía que ía facer xustiza, pero non foi asi e os verdes caían cun gol no tempo de desconto. Sen dúbida, o mellor partido do Arenteiro no que vai de liga.

19, Setembro 2014

Unha selección das orquestras galegas de moda volven este ano as festas da Saleta de Cea.

Entre o 19 e o 22 de Setembro animarán as verbenas destas festas da Saleta 2014 as orquestas Paronoma (dia 19), Fin de Siglo e Claxxón (dia20), Paris de Noia e Los Player,s (dia 21) e Gran Parada (dia22).

Ademáis ofrecerán animación de rúa e concertos as bandas de música de Ramirás (dia 21) e Muimenta (dia 22 ).

Na capela da saleta serán as celebracións relixiosas, de moita tradición no concello de Cea, con misas sábado e domingo ás 9,10, 11 e 12 da mañá, ésta última solemne con procesión os dous dias.

18, Setembro 2014

Representantes do Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar concentraronse ante a casa do concello do Carballiño para rexeitar o modelo de xestión anunciado pola Xunta para a nova Residencia de Maiores do Cornuval.

Membros da CIG, UGT, CC.OO e C.S.I.F lamentaron que as únicas informacións das que dispoñen son a que facilitaron os medios de comunicación, trala entrevista do alcalde do Carballiño coa conselleira de Traballo e Benestar e posterior anuncio da Xunta dando conta que antes de rematar o ano 2014 procederá a convocatoria dun concurso público para adxudicar a xestión do servizo.

O Comité de Empresa esixe que a xestión da futura residencia sexa pública a todos os efectos.

16, Setembro 2014

O consello local do Bloque Nacionalista Galego deu luz verde á proposta, que xa aceptou o propio Chema Ferreiro. Desta maneira, o veterano militante nacionalista será o candidato do BNG  á alcaldia do Carballiño nas eleccións municipais de 2015.

Xosé Francisco Ferreiro Abelleira "Chema" xa formou parte da corporación municipal carballiñesa en varias etapas, obstentando a 1ª tenencia de alcaldia no bipartito cos socialistas, entre 1995 e 1999. Tamén foi deputado no parlamento de Galicia e delegado provincial da Vicrepresidencia da Xunta durante catro anos.

Exercendo na actualidade como enfermeiro no centro de saúdo do Irixo, Ferreiro regresa agora á vida política municipal no concello carballiñés nun momento no que o BNG vive horas baixas en canto apoio electoral, perdendo votos eleccións tras eleccións.

14, Setembro 2014

Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.

CD. Arenteiro: Pachi, Lois (Cote, m.83), Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Gele (Sanginés, m. 68), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás ( Dafonte, m.73) e Marcos Sotelo ( Canexón, m. 81).

Goles:

1-0. Minuto 38. Á saída dun córner Dani Arbo, de cabeza, adianta ao Arenteiro.

1-1. Minuto 39. Espectácular gol de Xurxo para o Pontevedra B, no saque de centro tras o gol do Arenteiro, lanza un chupinazo dende o círculo central, o balón colle adiantado a Pachi e cólase por toda a escadra.

2-1. Minuto 78. Dafonte engancha un balón no balcón da área grande e magnífico de definición, cun tiro raso bate a portería pontevedra.

3-1.Minuto 89. A sentencia a cargo de Dani Vázquez tras un pase preciso de Canexón.

O Partido: O Arenteiro xogou os mellores minutos do partido cando xa estaba con 10 xogadores tras a expulsión de Arbo, sobre todo nos últimos 20 minutos cando a entrada no campo de Dafonte, Sanginés e Canexón deu frescura ao equipo, que incluso dispuxo de boas ocasións por medio tanto de Canexón como de Sanginés para ampliar o resultado . Certo é que antes, aínda co empate, o Pontevedra B malogrou a súa ocasión, na que pudo darlle a volta ao marcador ao seu favor.

 

 

12, Setembro 2014

Consulte aquí toda a programación festiva que se desenvolve no Carballiño, do 13 ao 19 de Setembro de 2014.

10, Setembro 2014

A conselleira de Benestar de la Xunta de Galicia, Beatriz Mato, confirmou  ao alcalde do Carballiño, no transcurso dunha entrevista celebrada na sede da Consellería, que en breve, e sempre antes de fin de ano, sacará a concurso a externalización da xestión desta residencia, a cal únicamene poderá ser utilizada por persoas procedentes do sistema público de reserva, deixando pechada a porta á posible utilización de forma privada das súas prazas.

En definitiva, a residencia será de uso público ainda a súa xestión se externalizará, asegurou o alcalde Argimiro Marnotes.

"En Xullo deste ano, aprobábase o último de varios acordos tomados neste sentido, a instancia de alcaldía, onde se lle esixía á Xuntaque de forma inmediata, se puxera en servizo a Residencia de Maiores do Cornuval, fose cual fose a súa forma de xestión, pública ou exernalizada, dando como límite para este aspecto o 31 de decembro", apuntan dende o concello do Carballiño.

A nova residencia de maiores do Cornuval tamén podería acoller nun futuro un centro de dia "tal como manifestou a conselleira ao alcalde".

Marnotes manifestou, ao termo da súa reunión coaconselleira, a súa "satisfacción por contar xa cunha data para a posta en marcha deste centro para a terceira idade, asegurando que en todo momento confiou en que dende a Xunta de Galicia se realizarían os esforzos necesarios para dotar a vila deste servizo".

10, Setembro 2014

O Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar "temas de gran importancia para a cidadanía e que o goberno do PP ten paralizados e sen darlles solución". Así o anunciou hoxe o portavoz do PSdeG, Paco Fumega, acompañado dos concelleiros Adolfo Nogueira e Manolo Dacal.

Unha das cuestións que require unha solución urxente "é a reapertura do matadoiro, xa que os traballadores levan dous anos agardando a que o alcalde cumpra o seu compromiso de poñer en funcionamento estas instalacións".

Os socialistas manifestan que "o concurso público para adxudicar a xestión foi a primeira proposta dos socialistas, rexeitada no seu día polo PP, que propuxo outras opcións que finalmente se descartaron e que retrasaron a reapertura. Finalmente volveuse ao punto de partida de convocar o concurso público, despois de dous anos de promesas incumpridas e dun alongamento innecesario no tempo que evidencia a ineptitude dun alcalde  que neste caso xoga co pan dos traballadores".

O PSdeG tamén propón debater no pleno unha solución para as traballadoras do servizo de axuda no fogar, servizo que foi privatizado polo Concello que deu á concesión a unha empresa, “polo que o grupo de goberno tiña a responsabilidade de mediar e de defender o cumprimento do convenio laboral”.

“O alcalde cometeu un erro ao manterse ao marxe cando comezaron as denuncias, e logo a súa cabezonería e o non ser capaz de rectificar levounos á situación actual, na que as traballadoras están dispostas incluso á chegar á folga para defender os seus dereitos”, explicou Fumega.

Os socialistas reclaman tamén a implicación do goberno do PP para buscar unha solución ao futuro do Conservatorio e das escolas deportivas, xa que a suba das taxas impide a moitos pais e nais poder manter aos seus fillos.

 Fumega lembrou que os socialistas propuxeron a rebaixa do IPREM, aceptada polo goberno do PP, pero “non é suficiente, porque a situación é moi complicada para moitas familias e faise necesario artellar outros mecanismos a través de axudas ou becas”.

O alcalde decidiu subir taxas e impostos para asumir a débeda, pero os cidadáns están a pagar cada vez máis e a recibir menos servizos, polo que o PSdeG considera necesario priorizar o gasto.

“En lugar de realizar gastos superfluos hai que investir no que é máis necesario, e nos cremos que apostar pola formación dos cativos o é”, afirmou Fumega, quen sinalou que “o futuro das escolas e o conservatorio depende da vontade política”.

 Por elo, o PSdeG propón a creación dunha mesa de negociación para buscar alternativas que fagan posible a continuidade destes servizos de xeito asequible para as familias.

Considerou que “se pensamos no futuro do Carballiño temos que prestar atención aos cativos, que teñan a posibilidade de formarse na nosa vila” e lembrou que o goberno de Marnotes “non ten isto como unha prioridade” como xa demostrou tamén co proxecto da segunda Galiña Azul, que segue pendente pola falla de previsión e acción do goberno municipal.

O PSdeG quere debater tamén en pleno o avance do PXOM, “que realmente preocupa moito aos cidadáns como estamos a comprobar na nosa campaña de información no rural”.

Fumega incidiu en que este PXOM debe ser retirado por que “é un desastre, como recoñece o propio goberno, xa que non ten unha lóxica nin ten criterios entendibles, e ademais condena ao rural á súa desaparición, algo co que non estamos dacordo”.

Defendeu a redacción dun proxecto urbanístico “máis xusto, onde se perdemos o 20 por cento de urbanismo o repartamos entre todos e non que só sexa no rural”. Criticou ademais a falla de claridade dos criterios técnicos, xa que o proxecto segue “criterios políticos que non están definidos e que leva á xente a cuestionar por qué unhas zonas quedan como edificables e outras non sen que ata o de agora teñamos explicación”.

 

9, Setembro 2014

A actividade máis tradicional das festas carballiñesas do Setembro está programada para o vindeiro lúns dia 15 e, ademáis, estrea escenario para a súa celebración.

No ano en que se cumpre a 70 edición do concurso comarcal de gando,  o concello do Carballiño "decidiu achegar este certame gandeiro ao propio pobo, xa que ata a pasada edición se celebraba no recinto municipal da Uceira, e situalo no Parque carballiñés".

Así, este ano a "70 edición do concurso comarcal de gando terá a súa sede no marco incomparable do parque municipal, en concreto na zona próxima á avenida do Arenteiro, baixo unha carballeira, que garante un lugar san e seguro para as reses, e ao mesmo tempo unha zona de máis cómodo acceso para todos os que queiran achegarse a ver os exemplares que este ano se presentan ao concurso", apuntan dende o concello.

Ademais das reses que participan nas distintas modalidades, poderanse contemplar os sementais que achega a A.C.R.U.G.A, que sempre espertan un grande interese, ao ser pouco habitual velos en vivo e en directo.

Por outro lado, e como en anos anteriores, se abrirán catro categorías, vacas reprodutoras, xuvencas, becerras, e vacas con cría.

Os responsables municipais afirmaron que se optara por este cambio de situación, "co principal obxectivo de dinamizar esta actividade tradicional das festas, xa que nos últimos anos eran moi poucas as persoas que se achegaban a ver estes exemplares ao recinto da Uceira. Ademais destacan a comodidade tanto para os gandeiros coma para as reses e os propios visitantes, á hora de acceder ao recinto provisional acomodado na zona do parque".

Como cada ano contarase cunha zona onde todos os que queiran poderán quedar a comer, ou aproveitar a visita para tomar o aperitivo, co protagonismo no menú do polbo a feira, como non podía ser doutra forma.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS