1, Setembro 2014

O Festival de Teatro Galego  -do 2 ao 5 de Setembro-  contará este ano con funcións en horario de de mañá, tarde e noite. As representacións e actividades da mañá e tarde son gratuítas e dirixidas fundamentalmente ao público infantil, incluido teatro para bebés.

Diariamente celebraránse talleres de malabares e instrumentos raros na Praza Maior, de 11 a 13  e de 17 a 19 horas. A casa da cultura acollerá os espectáculos de maxia e para bebés ás 12,30 horas, e finalmente, tamén a diario, o anfiteatro da Veracruz acollerá representacións de teatro infantil.

Nas sesións nocturnas no auditorio do Carballiño as entradas terán un custe de 8 euros e os asistentes poderán gozar de montaxes de gran categoría como Bye, bye, honey, da compañía "Obras Públicas", galardoada con dous premios "María Casares".

Tamén actuará a compañía "Lagarta, lagarta" co seu espectáculo O país do Pato Donald, unha reflexión dirixida por Xulio Lago sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura (Ernesto Chao) que vive os seus últimos días entre a realidade e as lembranzas.

Finalmente, Misterio Cómico de "Teatro do Morcego", será outro dos espectáculos que integran a 25ª edición de Fetega, precisamente no ano no que esta compañía cumpre tamén as súas vodas de prata nos escenarios.

A organización corresponde a asociación FETEGA, que asumíu na útlima década esta responsabilidade que viñeron exercendo dende fai 25 anos a Agrupación Cultural Avantar, a Asociación Cultural Orballo e a propia comisión de festas do Setembro. Coa organización colaboran entidades privadas e públicas, entre éstas, están o Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e AGADIC-Xunta de Galicia.

31, Agosto 2014

Tarde de moita calor e inicio da tempada en preferente con severa derrota ante o Erizana , que seguramente non necesitaba dos favores arbitrais para levarse os tres puntos de Espiñedo, xa que os de Baiona foron mellor equipo e xusto vencedor.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocmapo, Victor Gallego, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Brais. Tamén xogaron Lois, Alex Santiago, M. Sotelo e Quiroga.

Goles

0-1.  Minuto 31.Gol de Besteiro, que descaradamente controla o balón coa man, nin o árbitro nin o linier queixeron velo.

0-2. Minuto 64. A saída dun corner, Manu Núñez, aproveita a floxeira defensiva do Arenteiro para marcar o segundo, eso sí, o árbritro tampouco ve que toca o balón coa man.

0-3. Minuto 78. A defensa verde volve outorgar todo tipo de facilidades para que Copa se vaia en solitario faga o terceiro da tarde.

O Partido: Aínda que acaso o marcador é algo esaxerado, o equipo de Baiona mereceu gañar o partido, porque estivo moito mellor posicionado no terreo de xogo e porque soubo definir as súas ocasións, independientemente da axuda arbitral. O Arenteiro estivo mal en todas a liñas, desubicado no campo, e con poucas opcións de meterse no partido, salvo un remate de cabeza de Ocampo ao longueiro, xa co 0-2 no marcador. 

28, Agosto 2014

O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño denunciará á empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar por coaccións a cargo público no exercicio das súas funcións. Ademais, esixen a Marnotes a anulación da concesión do servizo a esta empresa que non só incumpre as condicións acordadas coas traballadoras senón que tenta silenciar e amedrentar a quen protesta.

 Así o anunciaron hoxe a concelleira Iolanda Otero e o portavoz do PSdeG, Francisco Fumega, nunha rolda de prensa na que explicaron estes feitos.

 A denuncia ven motivada pola carta enviada dende a empresa ao Grupo Socialista na que se lles insta a non continuar coas reclamacións pola situación laboral na que se atopan as traballadoras dende que o servizo de axuda no fogar foi privatizado polo concello mediante concesión á empresa Galaurea.

 Nesta carta, a empresa ameaza con denunciar á concelleira por revelación de datos e violación da intimidade dos usuarios, facendo referencia ao debate sobre esta cuestión no pleno do pasado 17 de xullo.

 Os socialistas sinalan que esta acusación é totalmente falsa, que en ningún momento houbo revelación de datos dos usuarios do servizo de axuda no fogar, senón unha defensa da situación que levan meses sufrindo as traballadoras, con reiterados incumprimentos do seu convenio laboral, reducción de horas de traballo e empeoramento das súas condicións.

 A concelleira Iolanda Otero afirmou hoxe que “non imos deixar que unha empresa privada nos intimide, e moito menos imos deixar de exercer o noso traballo de fiscalización. Non nos van amedrentar nin a silenciar”.

 Na mesma liña, Francisco Fumega sinalou que “unha empresa privada non pode determinar como fai o seu traballo a oposición, que está precisamente para defender os intereses dos cidadáns”.

Fumega tamén criticou a postura mantida polo alcalde  xa que “o representante dos cidadáns non pode poñerse de lado dunha empresa. Ten que defender ás traballadoras e non o fai. E neste caso, ten que defender á concelleira socialista como membro da corporación municipal ante este tento de intimidación que está a sufrir”.

26, Agosto 2014

Os verdes apuran a preparación ante o inminente inicio da liga, este domingo 31 de Agosto no Estadio de Espiñedo ante outro dos recén ascendidos, o Erizana CF de Baiona.

O partido que alza o telón da competición da preferente autonómica xogaráse a partir das 6 da tarde.

CD Arenteiro 0 Barbadás B 2

Ante o finial do Barbadás os carballiñeses xogaron o peor partido da pretempada. O adestrador local dispuxo dous equipos, ún en cada parte, os dous foron superados polo equipo rival, que marcou un gol en cada periodo.

26, Agosto 2014

Un grupo de traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, que xestiona a empresa Galáurea, apoiadas pola CIG, concentraronse diante a casa do concello en demanda da convocatoria dunha mesa de negociación.

A concentración tamén estivo apoida polos grupos municipais de PSdG e BNG, e por AGE. Pretenden unha solución para as "disfuncións que está a sufrir o servizo dende que a empresa se fixo cargo do mesmo".

Instan ao alcalde do Carballiño para que faga as xestións necesarias para que se abra unha mesa de negociación na que estean representadas as traballadoras, a empresa e o propio concello.

22, Agosto 2014

A cita é o domingo 24 de Agosto na vila de Leiro, que acollerá a edición 25 deste acontecemento festivo e etnográfico.

A actividade estrela da programación é o gran desfile de carrozas e charangas, que decorrerá pola rúa principal de leiro a partir das 12,30 horas, antes, a conselleira do Medio Rural e o Mar, Rosa Quintana será a pregoneira da festa, na praza do Cruceiro.

Ademáis do concurso de carrozas, tamén están convocados os de acios, e adorno de balcóns e locais.

No parque do Salgueiral celebraráse un mercado artesanal, e tamén o xantar popular dende as 14,30 horas. Pola tarde, actividades infantís e baile cun grupo musical.

As oito da tarde, na igrexa de San Pedro, terá lugar o festival de corais da vendima, no que participarán este ano a Coral Santa Marta de Xinzo de Limia e os anfitrións da Coral Val do Avia de Leiro.

As 21 horas, completaráse a programación desta Festa da Vendima 2014 coa actuación do grupo de música tradicional galega " A Roda".

22, Agosto 2014

O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño denuncia "o abandono ao que o Concello ten sometido ao barrio de Flores".

Manifestan que a falla de limpeza e o mal estado das rúas é unha das queixas que os veciños desta zona teñen trasladado aos socialistas en diversas ocasións.

Salientan que o barrio de Flores é un dos  máis antigos do Carballiño e por tanto de gran interese turístico para os visitantes. Por elo, afirman "é aínda máis grave que o goberno do PP teña o barrio totalmente descoidado,  coas rúas cheas de baches e sen unha limpeza axeitada".

Recordan dende o PSdG que "a Festa do Pulpo foi un exemplo deste abandono, xa que a noite do sábado concentrou a maior parte da movida nocturna nas rúas de Flores, que ao día seguinte parecían unha zona de guerra, cheas de lixo e cristais. Tendo en conta que o día da Festa do Pulpo son moitos os visitantes que se moven polo casco urbano da vila, o lóxico sería ter limpado a zona a primeira hora da mañá e non deixala chea de lixo todo o día", remarcan.

 

18, Agosto 2014

A 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia "destacaron este ano polo significado incremento de participación e asistencia do público tanto nas sesións cinematográficas como nas actividades paralelas", apuntan dende a organización. 

O programa destas actividades tíñanse iniciado tempo antes coas proxeccións do rural, unha iniciativa apoiada e en colaboración coa Federación das Asociacións de Veciños do Carballiño, e que, dado o excelente resultado desta primeira tentativa, preténdese non só repetir a experiencia senón ampliala de cara as próximas edicións.

Alfonzo Zarauza presentou a súa película "Encallados" nas XOCIVIGA, no auditorio da Veracruz e o pasado sábado , realízabase no Carballiño a preestrea da súa outra película,  "Os fenómenos", que nos próximos días será presentada no  Montreal World Film Festival (Canadá) e será a partir de outubro cando se inicie a distribución comercial.

A presencia de LAURO ANTONIO

Un dos clásicos da cinematografía portuguesa, Lauro Antonio, estivo presentando o seu film "Manhá submersa" o primeiro film que se exhibira nas XOCIVIGA  na primeira edición no ano 1984 e que foi unha das producións de referencia para os cineastas galegos de aqueles mementos

ENCONTRO DE PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL DE GALICIA E PORTUGAL EN XOCIVIGA

Profesionais do sector do audiovisual de Galicia e Portugal mantiveron un encontro no marco das XOCIVIGA no que estableceron unhas líneas básicas de colaboración e participación en proxectos conxuntos que teñen que ver coa formación sobre a realización, montaxe e produción, dentro dos programas dos festivais de cine, e o intercambio de iniciativas que inclúan a promoción da distribución e exhibición das cinematografías galegas e portuguesa en ambos os dous países, comezadas este ano coa colaboración do Festival Internacional de Braga (BRAGACINE)  e o Festival Internacional de Curtametraxes de Évora (FIKE).

CONCURSOS

MARCOS NINE ganador do  Premio ao Mellor Curtametraxe "en 5 minutos" das XOCIVIGA_2014

O xurado calificador do concurso de curtametraxes XOCIVIGA 2014 formado por:
-Manolo González, investigador e experto do audiovisual galego
-Severiano Casalderrey, Director do Festival Didáctico de Cine de Animación (ANIRMAU)
-Artur Barros, Director do Festival Internacional de Cine Independiente de Braga (BRAGACINE)
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA

unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA, acordou conceder os seguintes premios:

-1º Premio ao mellor curtametraxe "en 5 minutos" XOCIVIGA_2014 a "O IMAXINARIO INFANTIL" de Marcos Nine
-Premio á mellor idea orixinal á curtametraxe "NOSTRUM"  de Iris Justo
-Premio ao mellor curtametraxe "2 minutos en móbil" á curtametraxe "MEU PAI"  de María Fondado

-Premio do Público "A NOITE DA VÉSPERA" de Jesús Soto Filloy

AIDA PAZ IGLESIAS GANADORA DO 1º PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XOCIVIGA 2014

O xurado calificador do concurso de fotografía XOCIVIGA 2014 integrado por:
-Manuel Blanco Guerra da Asociación Fotográfica Potiños
-José Luis  Fernández da Asociación PhosGalicia
-Carlos Vázquez, fotógrafo profesional
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA

Unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA e despois dunha selección previa, acordou conceder os premios seguintes:

-1º Premio á fotografía titulada "LIBERTAD" da autora Aida Paz Iglesias

-2º Premio á fotografía titulada "SEN TÍTULO" da autora Olalla Rodríguez Soutullo

-Mellor fotografía sacada con móbil á fotografía titulada "O MUNDO AO REVÉS"  do autor Jose Alfonso Rodríguez Romero

 

15, Agosto 2014

Foi no transcurso dunha reunión informativa organizada pola propia asociación veciñal, a totalidade dos asistentes mostraronse contrarios ao borrador da reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello carballiñés. máis concretamente, no que afecta á parroquia de Seoane.

Os veciños fixeron patente a súa disconformidade non so pola redución do solo urbanizable, que é común a todas as parroquias, senón que ademáis, no caso de Seoane, manifestaron o seu disgusto pola proxectada ampliación do Parque Empresarial atá practicamente os lindes de varias vivendas.

A veciñanza asistente a esta reunión solicitou que a asociación traslade  ás autoridades locais a inmediata anulación do proceso de aprobación do novo PXOM pola "restrición do desenvolvemento urbano dos núcleos da parroquia e a agresividade que suporía a integración da suposta actividade industrial á beira das vivendas de Seoane".

Finalmente, decidiron proceder a recollida de sinaturas que mostren "a oposición frontal e contundente de toda esta parroquia" ao novo proxecto de PXOM.

15, Agosto 2014

Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense.

Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao  descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.

SD Chantada 1 CD Arenteiro 1

Partido xogado no campo do Sangoñedo ante o equipo locatario, a SD Chantada da preferente norte. 

Curiosamente, foi o chantadino Brais quen inaugurou o marcador para o Arenteiro, ao aproveitar un centro de Sanginés dende a banda dereita.

Tralo descanso, o árbitro premiou aos locais cun inexistente penalti na área carballiñesa, transformado en gol polo equipo local. Ata o final o marcador xa non se moveu.

CD Arenteiro 2 Verín CF 2

Ante os verinenses empate a un gol ao descanso, e ao final de partido a dous tantos. Dani Vázquez e Oli, éste último de penalti, marcaron os goles carballiñeses nun partido no que Miki López utilizou a totalidade de xogadores dispoñibles.

Dani Arbo, Alex Santiago, Quiroga e Manu -lesionados- foron os ausentes neste encontro. Dafonte sigue con progresión na súa recuperación. Ante os verinenses, tamén resultou lesionado Bardelás.

CD Arenteiro 4  Maside F.C. 0

Ante os masidaos marcaron os goles Dani Vázquez, Sanginés, Brais e Pana.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS