
Esta é a carreira de obstáculos (e cheiros) para entrar ou saír no portal nº 43 da avenida do Balneario. 6 deposicións (MERDAS) caninas e as marcas dos recorrentes ouriños ( MEXOS) caninos (e seguro que algún "in-humano"). É incrible cómo alguén pode andar tan tranquilo polo mundo e parecerlle normal levar o seu pobre can a cagar ó portal duns pobres veciños, que coman e cheiren a merda de cans alleos. Curiosamente, neste edificio só vive un can, e xamais o verán cagar na porta, pero para o resto de donos de cans de Carballiño debe estar de moda vir a esta rúa cagar na porta dos veciños.
A culpa non é do concello, nin dos moitos ou poucos barrendeiros, nin de quen mande nin deixe de mandar. É obriga legal e moral (aquela da que carecen) recoller as cagadas do teu can e non deixarllas na porta ó veciño. Non pode haber un barrendeiro detrás de cada persoa, antes de que alguén conteste que poñan barrendeiros para barrer esto. É abrumador pensar que existe xente que considera deixar ahí as cagadas é normal. Algúns, estando eu no portal, poñen a cagar o can diante das miñas narices e siguen o seu paso como se nada, e ainda que lles chames a atención, nin te miran.
Daríame vergonza ser coma vos. Indixencia mental na súa máxima expresión. Pobres de nos, e pobres dos vosos cans.
O Municipal Socialista de Leiro quere salir o paso de unha información que saíu nos medios de comunicación referida a concesion do Mosteiro de San Clodio, porque parece que so ai un culpable neste caso como e a Xunta, pero ai outro autor neste caso o Concello xa que e parte do Convenio, polo que e o mellor posicionado para fiscalizar a xestión de Hotusa nestos 24 anos mirou para outro lado, xa que se dedicou a pastorear a voluntade dos veciños e defender os intereses do seu partido.
✔️O PSOE de Leiro acusa á Xunta de Galicia e ao Concello de ocultar a realidade do investimento e da xestión do Hotel Mosteiro e o Spa de viñoterapia de San Clodio, pois despois de seis solicitudes de información ao respecto entre o ano 2017 e 2023 realizadas polos seus representantes na Cámara Autonómica, non obtiveron resposta.
✔️Os socialistas de Leiro queren saber porque, un investimento inicial no Mosteiro de San Clodio entre 1.999/2.000 de 2.650.602,00 €, financiada inicialmente por dúas Consellerias de Agricultura, Familia y Cultura, ademais da Secretaria Xeral de Turismo da Xunta, converteuse ao final do proxecto nun investimento de máis de 11.200.000,00 €.
✔️Un investimento nun hotel e un spa cuxa explotación foi outorgada mediante convenio pola Xunta de Galicia, a orde relixiosa de Samos e o Concello de Leiro, ao Grupo Hotusa para a súa explotación por un decreto de 25 anos.
✔️Un convenio do que deriva desde 1.999 unha carga para o Concello de Leiro, en concepto de aluguer, de 7.000,00€ mas I.P.C. e máis o mantemento e conservación das fincas aledañas ao mosteiro, que supuxeron un desembolso para as arcas do Concello, a decembro do 2022 de máis de 210.000,00 € e aos socialistas de Leiro lles gustaría saber polo señor Alcalde que contrapartidas e que beneficio reverte dese aluguer de fincas aos veciños de Leiro.
✔️Os socialistas consideran imprescindible acceder ás clausulas que regulan a concesión da xestión do hotel e spa, de obrigado cumprimento para a empresa hotusa e que todo indica que nin a Xunta nin o Concello teñen intención de facer cumprir, antepoñendo os intereses da empresa por riba dos dereitos, os intereses e o benestar dos veciños de Leiro.
Boas tardes, alguén me pode decir a quen corresponde a limpeza dos nosos rios, regatos, riachuelos?, por que os rios que eu sepa non teñen heredeiros. e os camiños, beirraruas, zonas comunais, etc tampouco teñen heredeiros, quen son os responsables da sua limpeza e a quen se lle manda unha carta por ter todo cheo de maleza.
Estou moi indignada polo que están facendo coa xentiña maior das nosas aldeas, estan totolmente preocupados, desorientados, nerviosos, non durmen, e esto é moi inxusto e todo por culpa dunhas cartas que lles mandaron pa limpar os seus montes, fincas, propiedades , por que se non o fan, serán multasdos.
A pouca xente que queda nas aldeas é maior, o que non ten unha enfermidade ten duas, as pagas que cobran son rediculas, custalles chegar a fin de mes e non poden pagar pa que lle limpen os montes, pero e que tampouco hai a quen chamar, por que a xente nova escapa pas cidades, e non se interesan polo rural, e a xente que está cobrando pagas por non traballar, non se vai poñer a traballar ( sería de parbos facelo) e os nosos maiores non poden facelo, cando podian xa o facian.
Á xente sana en idade de traballar independientemente de que sean españoles, ou non, danselle cartos a cambio dun traballo, e non o revés, hai moito que facer tanto no Carballiño como nas nósas Aldeas. O Rural ten moito traballo qe ofrecer.
Fai algunhas semanas saiu unha noticia, que informaba sobre a condena a un ano de prisión o alcalde de Cea, por un delito medioambiental, o mais soreprendente, aparte de non haber sido inahbilitado de xeito completo, e a falta de accions por parte da oposición en Cea, neste caso do BNG, porque o PSOE por alí nin esta nin se lle espera, nin tampouco da cidadanía, nada que ver co que acontece no Carballiño, onde se insulta, difama e descalifica o alcalde por cousas ben mais pequenas, o igual que os tertulianos, os cales so alcanzan o casco urbano do Carballiño, o resto dos concellos nada, como se non houbese problemas neles.

O actúal presidente non tivo rival e foi o único canditato para optar a un novo mandato da asamblea do club, neste caso será polo tanto para o periodo 2024-2028, e asi foi proclamado como presidente de Club Deportivo Arenteiro ante 134 socios que acudiron a esta convocatoria.
Agora, Marnotes deberá formar a súa directiva, o novo equipo que o acompañará na dirección do club para esta nova etapa, que comezará co Arenteiro competindo por segundo ano consecutivo na categoria de bronce do fútbol español, na comptitiva 1º RFEF.
Antes da celebración da asemblea extraordinaria, tivo lugar outra de carácter ordinaria, na que se repasou o mandato que agora remata e na que se remarcou os grandes éxitos deportivos colleitados nestes últimos catro anos, con dous ascensos de categoria -de Terceira a Primeira RFEF- e catro títulos logrados neste mesmo periodo, proclamandose campión de terceira división, campión de segunda RFEF, e as Copas Federación, tanto a galega como a nacional.
No balance deportivo da tempada aínda en curso, e polo tanto sen pechar, o club calcula que rematará a tempada co presuposto máis alto da súa historia, 1,9 millóns de euros, e un pequeno deficit de apenas 6.000 euros. Ademáis, o club ten vixente unha poliza de crédito nunha entidade bancaria por importe de 150.000 euros, que terá que renovar ou cancelar no mes de novembro deste ano.
A ÚLTIMA DAS ALCALDESAS DO IRIXO
Cando pensamos que as actuáis alcaldesas non poden sorprendernos máis, elas sempre son capaces de superarse a si mismas.
Resulta que nos pasados días se produciu a selección de persoal para un posto de péon forestal no Concello do Irixo.
Como sempre sucedeu por un lado había unha proba teórica e outra práctica, pois ahí foi onde elas son capaces de superarse a si mesmas.
A PROBA PRÁCTICA PARA USAR UNHA DESBROZADORA PARA A LIMPEZA DOS NOSOS POBOS FAISE EN PAPEL E BOLIGRAFO……………
Da igual que sepas enceder e usar a máquina, o importante e que sepas a teoría…….
Logo supoño que poñeranlle un microchip e usarase cunha aplicación do móvil.
O que tamén me sorprende e que o outro grupo político, o PSOE do Irixo, que é quen ten competencias en Medio Rural, lles pasase por esto.
AH, POR CERTO A PERSOA QUE ACADOU A PRAZA E PRIMO DA ALCALDESA.
Pero bueno eso xa daría para ir máis alo, no acordó de gobernó entre PSOE e Xuntos deciase que non ían contratar familiares, pois a primeira “Zasca”

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañado da concelleira de deportes, Silvia Baranda, presentou esta mañá na casa do concello o proxecto para a construcción dun ambicioso complexo deportivo na Uceira, que inclúe a construcción dun novo estadio de fútbol, asi como a reforma integral do campo de fútbol base xa existente na actualidade e un novo campo de fútbol-8. O alcalde tamén contempla unha pista de atletismo nesta mesma zona.
Agora, o reto do concello carballiñés é chamar ás portas das distintas administracións para lograr a financiación necesaria para a execución deste proxecto, que según a memoria presentada hoxe estaría entre os 10 e os 12 millóns de euros.
Abrindo o arquivo adxunto podes ver a memoria detallada deste proxecto:

A posibilidade deslizada por Pachi Vázquez en COPE O Carballiño sobre unha moción de censura no concello do Carballiño, a a construcción dun complexo deportivo na Uceira segundo o proxecto presentado esta mañá polo alcalde do Carballiño, foron os asuntos destacados desta nova edición da tertulia semanal.
Na mesma, participaron Manuel Nogueira, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Fátima Gómez, con Xan Pinal como moderador.

O líder de Espazo Común non eludíu as preguntas formuladas por varios oíntes sobre a posiblidade dunha moción de censura ao alcalde Fumega e recoñeceu contactos nos útlimos dias co Partido Popular porque "o alcalde nin goberna nin ten trazas de gobernar, o cámbio político e imparable no Carballiño, e so depende de que o Partido Popular baixe o dedo".
Estas manifestacións de Pachi Vázquez coinciden coas últimas críticas feitas esta mesma mañá polo grupo municipal de Espazo Común nas que culpan ao alcalde de ser o único responsable por "bloquear a recalificación dos terreos lindeiros con Espiñedo e asi impedir a súa reforma" co que elo representa como "perxuizo para o CD Arenteiro, para a economia local e para a imaxe do Carballiño".
Escoita no seguinte PODCAST de COPE O Carballiño, a intervención íntegra de Pachi Vázquez:

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, avaliaron o proxecto municipal para dotar de saneamento o núcleo de Ratel.
Durante unha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela, estudaron a actuación prevista, que ten como obxectivo recoller as augas residuais deste núcleo de poboación e tratalas nunha foxa séptica. A maiores, acordaron que Augas de Galicia avaliará unha proposta de actuación na rede de saneamento municipal que proximamente remitirá o Concello.
Deste xeito, a Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.
A maiores, no encontro tamén abordaron outras cuestións como a xestión de residuos ou a conservación do patrimonio natural. Nesa liña, cómpre lembrar que Beariz forma parte da ZEC Serra do Cando e Serra do Candán, incluída dentro da Rede Natura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »