23, Abril 2014

O Equipo Redactor xa entregou aos responsables municipais as modificacións que adaptan o PXOM a Lei do Solo de Galicia.

Para acceder aos documentos prema no enlace: http://www.carballino.org/contenido.asp?idseccion=179

22, Abril 2014

Entregaron un escrito no rexistro municipal con 41 sinaturas dos profesionais do sector no Carballiño e comarca no que piden a reapertura das instalacións.

O matadoiro permanece sen actividade dende finais de 2012, daquela xestionado aínda pola empresa "Carnes de Carballiño" por medio dunha concesión administrativa que xa non estaba en vigor. Unha avería na caldeira foi o detonante que motivou o cerre das instalacións.

Os extraballadores do matadoiro recordan que "fai catro meses que se presentaba o proxecto co Clúster da Carne de Galicia, era o enésimo proxecto que se nos presentaba e asegurandonos que o 15 de Xaneiro estaríamos traballando, pero a realidade é que o próximo dia 3 de Maio cumpliranse 20 meses co matadoiro pechado, queremos unha solución xa".

21, Abril 2014

Comparando con anos anteriores "os datos son moito mellores no que a afluencia de turístas se refíre", apuntan.

Dende este departamento municipal fan un balance positivo da afluencia de turistas e salientan o éxito das actividades da Cofradía da Veracruz.

"Os restaurantes do Carballiño rexistraron un gran movemento de clientes durante esta pasada semana santa, rozando en moitos casos o cheo completo tanto en ceas como en comidas, destacando ademáis que a procedencia dos comensais eran maiormente de fora do Carballiño, en canto a aloxamentos, algúns dos hoteis e hostais rondaron o 70% de ocupación, que foi do 100% no camping municipal", afirman.

En canto á procedencia dos turistas, os que chegaron dende Galicia fixerono dende As Rías Baixas e A Coruña, mentres que entre os visitantes de fora de Galicia, os maioritarios soron os vacos, madrileños e andaluces, aínda que tamén se rexistraron turistas doutros territorios, como Murcia ou Castela-León.

A responsable municipal de Turismo, Pilar Caride, subliña que "a vista dos datos, podemos concluir que estamos traballando na boa dirección, apostando nestas datas por un turismo familiar, de estancias curtas e apoiando iniciativas como a da Cofradía da Veracruz, que son un atractivo máis para atraer a moitos visitantes".

19, Abril 2014

Poñen como exemplo da "nula preocupacion do goberno municipal" o estado no que se atopa o parque.

“Para unha vila con proxección turística e que conta cunha infraestrutura hoteleira e hostaleira considerable, a imaxe que se ofrece nesta Semana Santa non se corresponde nin moito menos coa que se debería dar, e isto só ten un responsable: o goberno municipal presidido por Argimiro Marnotes, que leva tempo dedicándose ao seus asuntos xudiciais en vez de preocuparse polos veciños e o seu pobo”, afirman os socialistas.

 Apuntan que o Concello debería esforzarse por atraer ao turismo en épocas como a Semana Santa,  e como mínimo manter en bo estado as zonas de maior interese.  “É unha mágoa que un patrimonio tan salientable como os case 500.000 metros cadrados do parque municipal, da piscifactoría e do parque etnográfico estean esquecidos e abandonados polo goberno municipal”, engaden.

Sinalan que no parque “a herba e a maleza medran ao seu antollo, hai troncos e ramas rotas por todas partes, e os camiños e sendeiros están intransitables”.

Insisten en que a despreocupación do goberno municipal chega ata tal extremo que incluso as fontes do casco urbano, así como a da explanada do parque, presentan un estado deplorable,  cheas de cristais, botellas rotas, latas, pedras e suciedade.

Tamén critican o mal estado do mobiliario, fundamentalmente do da zona de xogos infantís do parque “que están tan deteriorados e sucios que os pais e nais xa non poden utilizar esta zona de esparcimento para levar aos cativos”.

A mala conservación das zonas verdes e espazos públicos non só afecta aos cidadáns, senón que calquera turista que nestes días visitase O Carballiño “levaría unha imaxe desastrosa, con rúas cheas de fochancas e espazos naturais invadidos pola maleza, sucios e deteriorados, e todo pola desidia e desinterese do goberno municipal do PP”.

Por elo, esixen a Marnotes “que en lugar de ocuparse de cousas que só a el lle interesan, se preocupe polo que é patrimonio de todos os cidadáns e proceda a limpar e acondicionar o parque e o seu entorno, algo que xa tiña que ter feito antes da Semana Santa”.

“Non é lóxico que coa situación económica actual, coa taxa de desemprego máis elevada dende que hai rexistro do paro, o goberno municipal non se preocupe por reforzar o atractivo turístico do Carballiño e dinamizar así a economía, a hostalería e o comercio cando tanta falla fai”, rematan.

17, Abril 2014

Seguramente que a maioria dos afeccionados que acudiron ao campo de Calabagueiros non houbesen extrañado que o Arenteiro gañase este partido, pero ás veces o fútbol é inxusto, e desta vez foino cos carballiñeses. Por xogo e ocasións, o Arenteiro non mereceu esta derrota. Os valdeorreses cobran asi ventaxa cara o partido de volta a xogar en Espiñedo o vindeiro dia 1 de Maio.

C. D. Arenteiro: Pachi, Prada, Carlos, Diego López, Óscar, Alex. V. Gallego, Bardeás, Quiroga, Martín e Manu. Tamén xogaron Breo, Caneiro, M. Sotelo e Canexón.

Goles:

1-0. Minuto 84. Marca o camerunés Steve Ekedi adiantandose á defensa do Arenteiro.

O Partido: Primeira parte equilibrada na que os carballiñeses poideron adiantarse nunha xogada na que Quiroga asiste a Martín que, tras gañarlle a posición ao seu par plantase ante o meta local, que envia a corner. Na reanudación, o Arenteiro minimizou ao equipo da preferente, os carballiñeses superaron aos locais e gozaron de boas ocasións para marcar, a máis clara un trallazo de M. Sotelo que se foi á cruceta.  Na recta final do partido, cando máis e mellor xogaba o Arenteiro, chegou o gol local, practicamente na única oportunidade da que dispuxeron. Asi é o fútbol.

15, Abril 2014

A representación veciñal e o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, acordaron que a partir do vindeiro lúns reuniránse para buscar una solución a este conflicto.

Tras o acordo, os vecinos decidiron poner fin ao encerro que viñan protagonizando na casa do concello dende o pasado 28 de Marzo, en demanda dunha negociación para tratar a súa reivindicación sobre a rebaixa no prezo da auga e mellora nas condicións da prestación do servizo de abastecemento de auga no municipio.

Este pasado martes, os veciños encerrados no consistorio impediron a entrada ás dependencias dos traballadores municipais, feito polo que o tenente alcalde presentou una denuncia ante  a Garda Civil.

O reprsentante da Comisión da Auga lamentou en COPE O Carballiño "que nin o alcalde, que está de vacacións en Tenerife, nin o teniente alcalde se achegasen polo concello para interesarse pola situación dos veciños, por aquí non tiveron tempo para aparecer, pero sí para ir denunciarnos á Garda Civil".

14, Abril 2014

Desenvolveráse do 16 ao 18 do vindeiro mes de Maio. Nesta novena edición baixo o titulo " O home e o medio: verbo conxugado, pasado, presente e futuro na investigación". 

Miguel García, Secretario da asociación destacou que o congreso orientase, cada vez máis, á investigación sobre temáticas do ámbito comarcal.

Asi, nesta novena convocatoria do congreso, presentaránse relatorios como o de Óscar Gonfer sobre "O plan Poché aplicado á Veracruz e demáis espazos públicos". "Sobre novos descubrimentos de vellos xacementos arqueolóxicos" falarán Juan José Álvarez e Jorge Lamas.

Noutro relatorio abordaránse "As referencias medievais á actúal vila do Carballiño", que presentará neste congreso o historiador Xosé Luis Sobrado.

O tamén historiador local Juan Manuel Rodríguez relatará sobre "Conflicto, poder e privilexio:  o mosteiro de Oseira no Outono da idade media".

Juan Ignacio García participará no congreso co relatorio "Imaxes, elementos decorativos e simbólicos da comarca do Carballiño". E xa finalmente, en canto a relatorios que tratarán temáticas locais, estará o de Francisco Fumega, sobre "Factores ambientais e construcción do territorio: o caso do val do Arenteiro".

14, Abril 2014

Tratase dun convenio que foi presentado como "pioneiro" e que pretende que tanto os centros educativos como o concello, ou o que é o mesmo  a veciñanza en xeral, aproveiten da mellor maneira posible os recursos públicos.

O alcalde Argimiro Marnotes, e os directos do IES nº 1 e do IES Chamoso Lamas, Manuel Amil e José Manuel Vázquez, asinaron este acordo que nace con vocación de continuidade en vindeiros cursos.

Os centros educativos poñen a disposición do concello unha parte das súas instalacións, fora do horario lectivo, para actividades de carácter cultural, educativo, ou mesmo deportivo, que se promovan dende a institución municipal.

Pola súa parte, o concello pon a disposición dos institutos persoal municipal, fundamentalmente do departamento de obras, para mantemento e pequenas actuacións que se acometan nos dous centros educativos carballiñeses.

13, Abril 2014

A S.D. Nogueira de Ramuín acabou coa prolongada racha de partidos consecutivos sen perder dos verdes. Tras 25 xornadas invictos na competición da 1ª autonómica o Arenteiro perdeu ante o peor rival posible nun partido no que Espiñedo volveu rexistrar un gran ambiente de afeccionados.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos ( Canexón ), Oscar, Diego López, Dabarca, Tomás ( Martín ), Manu, V. Gallego, D. Quiroga, Bardelás ( Oli ) e Prada ( M. Sotelo ).

Goles:

0-1. Minuto 3. Fantástico pase de Bruno para Guille, que supera a defensa do Arenteiro e chuta cruzado fora do alcance de Pachi.

O Partido: Outra xornada máis non pode negarselle coraxe e pundonor a este Arenteiro, pero o gol volvía ser a asignatura pendiente dos verdes. O Nogueira, que se encontrou cun gol no inicio do partido soubo nadar e gardar a roupa, levandose 3 puntos de ouro para encarar a recta final de liga.

12, Abril 2014

Unha representación da Conderación Veciñal Galega achegouse ata a casa do concello de Punxín,  para mostrar a solidariedade deste colectivo coa veciñanza de Punxín, que sigue demandando do concello e das institucións provinciais e autonómicas unha "via de diálogo" para negociar a xestión do servizo de abastecemento de auga no municipio.

De momento, a demanda veciñal sigue sen resposta por parte do alcalde da localidade, que dias atrás mostrou a súa disposición para reunirse coa comisión da auga, aínda que aplazando esa negociación para o mes de outubro ata "que se vexa como evolucionan os costes do servizo", manifestou nesta emisora de radio Manuel Vázquez, que cifrou o coste do servizo "nunhos 78 mil euros ó ano, esa é a previsión, pero pode subir ou baixar", dixo.

Precisamente, neste acto criticouse a ausencia do alcalde "que nunha flagante falta de respecto e desprezo polos veciños e o cargo que ocupa vaise de vacacións ás Illas Canarias, e non está aquí a pesar de que tiña coñecemento desta concentración dende fai dias".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS