Moito se leva falado no Carballiño nestes últimos anos da importancia de destinar esforzos e recursos a fortalecer as políticas de apoio ás familias con cativos.
Un ano despois das eleccións municipais de maio de 2023, o que deberan ser dous eixos para a captación de novos habitantes e de axuda aos máis novos, seguen a ser a mesma chapuza de sempre.
Un bó servizo de conciliación con horarios adaptados ás necesidades laborais de pais e nais traballadores; gratuito; nunhas instalacións axeitadas e cunha planificación que permita aos potenciais usuarios organizarse e apuntarse coa antelación suficiente como para saber que facer dun curso para outro. Non parece tanto pedir nestes tempos. Non?
Non debe ser porque a case totalidade dos concellos desta comarca contan con estas características.
Excepto a capital O Carballiño ten que destacar en negativo e, coma sempre, por decisións ou ausencia delas, que perxudican seriamente á cidadanía.
O prezo de base para optar a un lugar no Bo día, familia é de 360 €/mes máis o importe do xantar aparte.
Non se entende que non haxa servizo máis alá das 18:30 nun horario irracional e absurdo.
As instalacións están obsoletas e adoecen de moitas das características imprescindibles para poder organizar actividades para nenos nestas franxas de idade.
Así, xa non é só que se dificulte que se empadroen novas familias aquí se non que moitas que viven na nosa vila, rematan por censarse en San Amaro, en Boborás ou en Cea para poder disfrutar destes servizos.
O das axudas para libros de texto xa é para nota.
Despois de propostas, mocións, ideas, acordos, trasacordos con luz e con sombra, o desgoberno de Fumega concedeu axudas por valor de 4.500 € dun total dos 45.000 € contemplados nos orzamentos.
Isto arroxa unha cifra escalofriante se a comparamos cos concellos de arredor que dan 100 € por neno en idade escolar. No Carballiño a media sae a 2.5 € por neno.
Dende Espazo Común, avisamos por activa e por pasiva de que sen mudar as bases que rixen as axudas, calquer anuncio de aumento de dotación orzamentaria era só un enganabobos e, por desgracia, o tempo voltounos a dar a razón.
Namentres o responsable da área de Política Social, Diego Fernández e o desalcalde Fumega seguen tan a gusto cobrando os seus xenerosos salarios e acordan continuar na vagancia condenando a O Carballiño a outro ano perdido.

O PSdeG-PSOE de Leiro propón unha batería de iniciativas para facilitar o desbroce de fincas e o control da biomasa ante a “masiva” chegada de notificacións á veciñanza para a limpeza das súas propiedades. As e os socialistas amosan o seu “malestar” debido a “falla” de previsión e aviso nas notificacións para a limpeza de fincas, xa que tal e como alegan “chegaron con moi pouco marxe para que a veciñanza poida proceder a adecualas en tempo e forma”.
Dende o grupo municipal socialista lembran que o 28 de outubro de 2019 o pleno da corporación municipal aprobaba, co voto favorable do PSOE, o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, que establecía as parcelas afectadas. Xa con anterioridade, o concello solicitara a adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta, a Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais. Tal e como explican os concelleiros socialistas “o tempo transcorreu, pero o concello non foi quen de desenvolver nin unha soa medida eficaz para informar á veciñanza da situación, nin facilitar o cumprimento da lei, tendo que pasar as elección para que se procedese o envío de cartas aos e ás afectadas”.
O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, afirma que nestes momentos estase a producir unha chegada masiva de cartas aos afectados e tal e como indica “non especifica que deben facer, polo que acoden masivamente ás dependencias municipais á procura de información ou solucións dunha situación que tiña que estar prevista”. Neste senso, o edil socialistas aféalle ao goberno municipal do Partido Popular que “deixase pasar o tempo sen actuar, esperando a que os propios veciños se denunciaran entre si para tomar cartas no asunto”. “Como resultado da falla de iniciativas municipais atopámonos con camiños intransitables e áreas públicas e privadas cubertas de matogueira, incluso nas zonas urbanas”, apunta Rodríguez Vázquez.
O voceiro socialista subliña que a situación provoca que a veciñanza “non poida acceder ás fincas, posto que as vías de acceso atópanse sen limpar” e esgrime que “é imposible que poida facerse todo este traballo en 15 días”. Propostas do PSdeG-PSOE de Leiro Ante esta situación, o PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar unha batería de iniciativas para buscar solución ante esta “desfeita”. Entre elas destaca a creación dunha brigada permanente, que traballe todo o ano desenvolvendo tarefas preventivas de desbroce e limpeza de montes e camiños públicos”.
Outras das propostas son:
•Actuar cun orde, coa debida planificación e informando aos afectados co tempo suficiente, facilitando os medios para que se cumpra a lei e pedindo subvencións as administracións competentes en lugar de perdelas.
•O concello debe encargarse da limpeza dos camiños, a través da creación da brigada permanente e aproveitando os convenios anteriormente citados, co fin de mantelos transitables para facilitar o acceso ás fincas.
•Recorrer ao Servizo Agrario Galego, órgano creado polo bipartito, que inicialmente prestaba estes servizos de balde, para ofrecer aos particulares uns prezos asumibles.
•Promover a concentracións de terras, así como a permuta das mesmas, que está dando resultados noutros lugares, fomentando a recuperación de terras para cultivo.
•Aproveitar os recursos propios do concello.

A alcaldesa Patricia Torres repasa nesta entrevista a actualidade no concello de Boborás, e contesta ás preguntas da audiencia de COPE O Carballiño.

O Refectorio Monumental de Santa María A Real de Oseira acollerá este próximo domingo dia 12 de maio ás 19:00 horas o concerto de clausura do "XVII Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso", que estará a cargo do cuarteto francés "Diabolus in Musica".
Máis información de "Diabolus in música": http://www.porticodoparaiso.com/diabolus-in-musica/
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Conchi Dasilva -Coordenadora do Festival- e Juan Enríque Miguéns -Director Artístico- en COPE O Carballiño.

Non é de recibo ter un animal morto ahí 2 días. Pero claro, como por este barrio ( carretera de ourense) non pasa ningún barrendeiro nin por casualidade.
Està todo que fede

Escoitando ó Xefe da Xefatura da Policía Local animeime a escribirvos.
Pode extraerse do que dixo como funcionan as cousas no Carballiño e supoño que no resto da provincia. Non me vou extender neste respecto, merecémonos o que temos. Entre que a xente é incívica e caciquil, temos uns políticos que van en sintonía cos cidadáns, todo se move por intereses e poder, etc. E a xente de a pé sen servir.
O pobre Xefe da Policía Local e os subordinados, moitos intentarán cumprir as súas obrigas con profesionalidade, pero con este panorama complicado. Só os animo a seguir facendo o correcto e a seguir pelexando, a non ser condescendente con un mesmo, que mo pareceu en algún momento por parte do Xefe da Policía, seguramente por resignación ou desmotivación, pero anímoo a seguir adiante.
Polo resto, se non valemos o que está claro é que non se pode poñer un policía por cada cidadán ou político. Se nos comportáramos como en Suíza, Alemania, etc., xa non existirían o 80% dos problemas, e nos que existisen cando o policía fixera o informe e llo mandase o político, arranxaríao sen excusas, pero vainos o mambo.
Para rematar poño un exemplo e demanda. Como dou a entender o intervinte, ata que morra alguén e saia na prensa, ó político e cidadán non se lle van remexer as entrañas.
Catro Camiños, os cidadáns cívicos como teñen presa en esperar no semáforo métense a dereita pola rúa da Fonte, é legal non digo o contrario, non tanto a velocidade, non vaia ser que se demoren. Outra cuestión é se a Rúa da Fonte é a máis idónea para asumir ese tráfico e a esas velocidades as que van (de momento varios accidentes de coches). Para rematala, a alguén (dudo que fose un técnico, apostaría que foi por orde de un político para contentar a algún veciño, así funcionamos…) ocurríuselle a brillante idea de mover os contedores xusto na esquina do paso de cebra. A visibilidade dos peatóns e moi reducida, nin querendoo se pode facer como dixo o Xefe da Policía. Os coches tamén ven a súa visibilidade reducida e contando con eses cidadáns que teñen tanto apuro un día pasará algo. A min case me pasa, parei, mirei, asomeime e o coche nin parou e eu xa levaba un tempo esperando, pero ainda así non me viu, levaba presa o taxista.

A lesión do fútbolista do Club Deportivo Cenlle produciuse nun partido do campionato de liga da terceira categoria autonómica no campo do Rante no pasado mes de xaneiro, nunha xogada fortuíta perdeu tres pezas dentais.
Os gastos da ciruxía e implantes ascenden a 5.000 euros, e o humilde club encontrouse con que a mútua da Federación de Fútbol para estes casos só contempla unha aportación de 500 euros. De ningunha maneira consideran no Club Deportivo Cenlle que van deixar desamparado ao xóven futbolista, aínda que para un club cun orzamento de apenas 8.000 euros para toda a tempada, resulta imposible cubrir os gastos da clinica dental.
Dentro da súa modestia, o CD Cenlle aportará 1.000 euros, polo que restaría reunir outros 3.500 eruos máis. Desta maneira, o club vai poñer en marcha algunhas actividades para recadar o diñeiro restante.
Os directivos do Club Deportivo Cenlle, José Veloso e Jose Requejo, dan detalles desta iniciativa nesta entrevista en COPE O Carballiño. Escóitaa aquí.
En relación a opinión do xefe da Policia Local, a xente que cruza co coche unha línea continua acompañada de unha señal de prohibición de giro hacia izquierda......esta cometendo unha infracción e como tal debe ser sancionada,que non entenda como se pode pasar nunhos sitios i noutros non, pois é problema de él. Pero as normas estan pa cumplir.
Non vale todo. Sinon eu voume parar no medio da carretera e poñer o intermitente pa cruzar a izquierda en calquera punto da carretera i póñome a falar por o móvil mentras o coches que veñan detras que esperen.
Si non se pode non se pode. E unha infraccion moi grave e como tal debe ser castigada i sancionada con 200 euros i 3 puntos( creo), sinon que quiten a señal i poñan linea discontinua.
Eu tamén estou farto de esperar detras de coches que se parar ali un minuto pa pasar o mercadona. Pitaslle a xemte pa que non paren ali, que non se pode i mandante a tomar por saco, calquera día a parte de accidente vai haber unha trifulca.
Arreglen ese asunto xa.
Gracias

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño repasou no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño diversos aspéctos relativos á seguridade vial e a mobilidade na zona urbana do Carballiño.
Francisco Valeiras tamén atendeu e contestou numerosas preguntas da audiencia desta emisora de radio, e mesmo pedíu a automobilistas, peóns e a cidadanía en xeral unhas boas prácticas para conseguir unha vila máis segura para todos.
Pode escoitar a intervención íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño.

Esta acción formativa estivo organizado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI-, e a ela asistiron persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral procedentes dos concellos do Carballiño, Ribadavia, O Irixo, Cenlle e Maside.
Con 60 horas lectivas neste curso de alfabetización dixital, abordáronse módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo para a mellora das competencias dixitais.
Ao acto de clausura, asistiron o concelleiro de Benestar Social do concello do Carballiño, Diego Fernández, xunto a Paco Abuín, coordenador da área de formaicón de COGAMI e David Ribada, o docente que impartíu o curso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »