19, Setembro 2013

A convocatoria faise para o sábado dia 28 de Setembro ás 20,30 horas na Praza Maior do Carballiño.

A concentración está promovida polo grupo veciñal que se opón á ubicación deste proxecto de instalación dun tanatorio na rúa Evaristo Vaamonde.

A documentanción do proxecto e o procedemento administrativo pode consultuarse na páxina Web do concello do Carballiño.

15, Setembro 2013

Ata o minuto 88 non pudo cerrar o Arenteiro un partido no que se adiantou no marcador o equipo visitante por medio dun golazo de Benito, despois os carballiñeses deronlle a volta ao marcador, índose ao descanso xa con un 2-1 ao seu favor.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Oscar, Diego López, Dabarca ( Lois ), Alex, Canexón ( Prada ), V. Gallego, Martín ( D. Quiroga), A. Núñez ( M.Sotelo ) e Bardelás.

Goles

0-1. Minuto 16, Benito cun trallazo dende fora da área.

1-1. Minuto 28, Victor Gallego coa "colaboración" do meta visitante, Roi.

2-1. Minuto 44, Canexón tras un magnífico pase de Victor Gallego.

3-1. Minuto 88, Prada tras un centro dende a dereita de Diego Quiroga.

O Partido: Sufríu máis do que era de esperar o Arenteiro para sentenciar no marcador, tivo ocasión de facélo, sobre todo en ocasións bastante claras nas botas de Martín e V. Gallego, e non o fixo, polo que o partido estivo vivo atá os minutos finais, atá en dúas ocasións na segunda parte pudo empatar o AT. Vilariño, pero nunha delas o desacerto do dianteiro visitante e noutra unha gran intervención do meta local Pachi, evitarono. 

15, Setembro 2013
13, Setembro 2013

Os dianteiros Walter Martín e Diego Quiroga, éste último chegado  ao Arenteiro procedente do Club Lemos, adestraron xa con normalidade esta semana, polo que ambos poden entrar na convocatoria para o partido deste domingo -17,30 horas- en Espiñedo ante o AT. Vilariño.

A incorporación de ambos pode ser un alivio para o adestrador Miki López, xa que os outros dous dianteiros dos que dispón, Cancelas e Manu, non poideron adestradar durante toda a semana, o primeiro por motivos laborais e o segundo aqueixado de molestias, que xa lle impediron xogar o pasado domingo en Ramirás. O resto do plantel está dispoñible, incluido Alex, que comezou a semana con molestias.

Trala derrota do pasado domingo, ao Arenteiro so lle vale a victoria ante o AT. Vilariño para non perder de vista os primeiros postos da clasificación, onde debe estar o equipo carballliñés nesta competición da 1ª Autonómica.

11, Setembro 2013

O popular presentador da TVG pronunciará o pregon das festas de San Cibrao ás 9 da noite deste venres dia 13, na Praza Maior.

A comisión de festas desvelou a incognita, finalmente o presentador televisivo será o encargado de abrir o co seu pregón as festas patronais. Aínda que nun primeiro momento os compromisos profesionais do pregoneiro condicionaban a hora do pregón ás seis da tarde, finalmente esta circustancia foi solventada e o acto desenvolveráse á hora anunciada no programa, ás nove da noitiña.

Xosé Manuel Piñeiro, coñecido tamén como "Superpiñeiro" fará o pregón dende o escenario da orquestra "Metrópolis" que xa a esa hora da tarde estará instalado na Praza Maior carballiñesa.

11, Setembro 2013

A tempada rematou o pasado dia 8, recordan que "nunca na historia aconteceu esto, sempre se pechou a piscina coincidindo co inicio das festas".

O grupo socialista sospeita que o peche ten que ver "co mantemento totalmente nulo destas instalacións durante todo o ano , so a última hora e con presas, de aí as consecuencias, vasos en malas condicións, hixinene escasa e céspede calamitoso".

Non obstante felicitan "á empresa explotadora do bar, ao persoal de socorrismo e á empresa adxudicataria" e anuncian que solicitarán o contrato da concesión. Engaden dende o PSOE que "cando non queres traballar os servizos públicos pasan a mans privadas, ésta é a clara política dun partido e o seu afán privatizador".

10, Setembro 2013

A nova asociación nace cos obxetivos de conseguir que o concello autorice a instalación de barras na vía pública, que se cumpla a lexislación do botellón e lograr que "O Carballiño volva ser un referente na noite".

Aclaran dende o novo colectivo que se trata dunha entidade "que é independiente da Asociación de Hostelería do Carballiño". A nova asociación comezou a xestarse trala polémica da pasada festa do polbo en relación á decisión do concello "de non permitir as barras como noutros anos, o obxetivo é que todos os locais poidan traballar en igualdade de condicións podendo instalar barras no exterior en datas tan boas para a hostelería como son a festa do polbo ou as festas do setembro".

 

8, Setembro 2013

O de Santa Isabel de Ramirás sigue sendo un campo maldito para o Arenteiro, e tamén o foi desta vez, o equipo carballiñés non se adaptou ao terreo de xogo de terra e sufre unha derrota no segundo partido de liga na 1ª Autonómica.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Oscar Portos ( Omar, m. 70 ), Alex, Canexón ( Meji, m. 76 ), Victor Gallego, Marcos Sotelo ( Cancelas, m. 86 ), Adrián Núñez e Prada ( Bardelás, m. 60 ).

O Partido: Gañou o equipo que máis intensidade puxo, e éste foi o C.D. Ramirás. Dous tantos de Alberto en cada tempo, o segundo deles un golazo, chutando dende fora da área grande por toda a escadra, supuxeron unha derrota que debe servir ao Arenteiro para aprender ben a lección e saber que nesta competición vaise encontrar con este tipo de partido en máis dunha ocasión.

5, Setembro 2013

Durante 2013 a apertura reduciuse a tan so catro meses, agora a cámara autonómica acorda que a partir de 2014 sexan oito meses ao ano.

A comisión quinta do parlamento de Galicia adoptou este acordo tralo debate no que o PSdG defendeu a apertura os 12 meses do ano, finalmente aprobouse a proposta do Partido Popular que optaba pola apertura durante oito meses. O acordo parlamentar chega tras unha campaña dos traballadores, sindicatos e PSdG na que demandaban e defendian o funcionamento das instalacións, que son de titularidade autonómica.

Tras coñecer o acordo, o concello do Carballiño emitíu un comunicado no que anuncia que "o alcalde do Carballiño retomará agora o traballo de difusión destas instalacións dentro e fora do territorio galego, asi como a grupos e colectivos que poidan estar interesados, éstas accións xa se iniciaran a través de conversas dos responsables da Residencia, quedando pendientes ata que se debatise o futuro da mesma no parlamento".

5, Setembro 2013

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Boborás, Cipriano José Caamaño Castro, asinaron un convenio de colaboración para acondicionar e mellorar o camiño de acceso ao cemiterio da parroquia de Pazos de Arenteiro. O importe deste convenio, aportado ao 100% pola Xunta de Galicia, elévase a 51.512 euros.

Trátase dun conxunto histórico-artístico declarado ben de interese cultural, polo que debe acondicionarse o contorno no que se ubica, ao tempo que as obras deben producir o mínimo impacto posible.

As actuacións consistirán na mellora do trazado e no ensanche da vía en dous tramos diferenciados. No treito I (os 15 metros do camiño máis achegados ao núcleo de Pazos de Arenteiro) executarase un novo trazado para eliminar unha gran curva e diminuír a pendente. Será necesario trasladar e reconstruír noutra ubicación uns muros de contención existentes no paso do novo trazado.

No segundo treito II (nos restantes 85 metros do camiño teñen un ancho de entre 2,1 e 2,5 metros (salvo nos últimos 15 metros, que o ancho é de 6,5 metros por rematar en explanada de entrada ao cemiterio), procederase ao ensanche da vía, onde o pavimento do camiño realizarase en formigón, procederase ao soterramento de conducións e entúbarase unha canalización de auga aberta que discorre por un lateral.

Tamén se fará a instalación necesaria para alimentar nun futuro a un punto de luz no cemiterio e, por último, executarase uns muros de contención de pedra ao redor do cemiterio.

En relación coas obrigas, o departamento que dirixe Agustín Hernández encargarase de contratar, executar, dirixir, controlar e recibir as obras; mentres que a Administración local deberá redactar o documento técnico de definición da obra, obter os permisos, licencias e autorizacións, poñer a disposición da Xunta os terreos libres de cargas e asumir a explotación e conservación das obras.

O conselleiro manifestoulle ao alcalde de Boborás que non se trata dunha obra cun orzamento elevado, pero puxo en valor a importancia desta actuación xa que responde ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no media rural.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS