28, Setembro 2013

A convocatoria do BNG na casa da cultura do Carballiño reuníu a máis de 200 persoas, emigrantes retornados das comarcas do ribeiro e O Carballiño afectados por esta problemática.

Trala reunión, conducida pola deputada nacionalista Tareixa paz, quedou constituída a "Plataforma de Afectos do Carballiño-O Ribeiro", que coordenará unha comisión de 4 persoas de ambas comarcas.

A Axencia Tributaria ven comunicando nos últimos meses aos emigrantes retornados que reciben pensións do extraxeiro a obrigatoriedade de tributar por esas pagas, reclamandolles esas cantidades dende o ano 2008 e impoñendo sancións económicas. O BNG non entende "esta actitude do Partido Popular e do Sr. Montoro, tendo unha doble vara de medir, facendo amnistias fiscais para os grandes defraudadores e abusando deste xeito dos pensionistas", remarcou a deputada do Bloque Nacionalista Galego.

26, Setembro 2013

Tras 15 anos de concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no concelleiro de Leiro presentou un escrito de renuncia no rexistro Municipal. Ocupará o seu lugar na corporación muncipal Rebeca Paz.

Luis Pérez "Ficol" alude á"acumulación de traballo e a necesidade de renovación" para xustificar a súa decisión, e aclara que "de ningún xeito esta renuncia supón que me vaia apartar da vida política municipal nin a miña actividade dentro do BNG, formación na que levo 30 anos militando e na que seguiréi traballando na miña condición de responsable do consello comarcal do Ribeiro e membro do consello nacional", manifestou a esta emisora de radio o veterano militante nacionalista.

22, Setembro 2013

O equipo carballiñés xogou dende o minuto 67 con 10 xogadores por expulsión do defensa Lois, que víu doble amarela, dous minutos despois chegou o gol dos locais, a zaga verde quedase parada pedindo fora de xogo pero o árbitro concede o tanto no medio das protestas dos xogadores e dos seguidores do Arenteiro.

C.D. Arenteiro: Pachi, Escudero, Lois, Diego López, Dabarca ( Marcos Sotelo, m. 63 ), Alex, Canexón, Victor Gallego, Quiroga ( Cancelas, m.66 ), Bardelás ( Omar, m.63 ) e Oscar ( Núñez, m. 70 ).

O Partido: O Arenteiro pudo e debeu sentenciar na primeira parte do encontro, cando dispuxo das mellores ocasións do partido, sobre todo unha nas botas de Oscar, que enviou o balón fora cando estaba so ante a portería e outra nun potente tiro de Quiroga, que repeleu o meta local. Na reanudación, cando parecía que o Arenteiro acabaría facendose cos 3 puntos, chegou a expulsión de Lois e a continuación o polémico gol do Taboadela, e a partir de entón o Arenteiro xa non tivo capacidade de reacción.

20, Setembro 2013

O alcalde do Carballiño decide asumir a demanda da veciñanza da Avda. do Balneario e cara as festas do Setembro do ano que ven as atraccións estrearán nova ubicación.

Asi o confirmou Marnotes nesta emisora de radio tras reunirse cos empresarios das actraccións de feira que acudiron este ano ao San Cibrao carballiñés. O alcalde recordou como "cando se comezaron as obras de construcción do parking díxeranlle aos veciños que ía ser unha solución provisional mentres duraran as obras, xa o ano pasado me trasladaran a súa inquietude, e xa antes das festas adquirimos o compromiso que o deste ano sería o último, a verdade é que son enormes os perxuizos que se causan, e temos que buscar unha solución".

Son dúas as opcións que se barallan, unha -parece que a máis probable- ubicar as atraccións todas xuntas na Avenida do Arenteiro, ao lado do parque municipal, ou ben repartir as atraccións por varias zonas do centro urbano, "a ubicación final decidirémola antes de decembro, despois de escoitar a outros sectores, como os hosteleiros", subliñou Marnotes.

19, Setembro 2013

A convocatoria faise para o sábado dia 28 de Setembro ás 20,30 horas na Praza Maior do Carballiño.

A concentración está promovida polo grupo veciñal que se opón á ubicación deste proxecto de instalación dun tanatorio na rúa Evaristo Vaamonde.

A documentanción do proxecto e o procedemento administrativo pode consultuarse na páxina Web do concello do Carballiño.

15, Setembro 2013

Ata o minuto 88 non pudo cerrar o Arenteiro un partido no que se adiantou no marcador o equipo visitante por medio dun golazo de Benito, despois os carballiñeses deronlle a volta ao marcador, índose ao descanso xa con un 2-1 ao seu favor.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Oscar, Diego López, Dabarca ( Lois ), Alex, Canexón ( Prada ), V. Gallego, Martín ( D. Quiroga), A. Núñez ( M.Sotelo ) e Bardelás.

Goles

0-1. Minuto 16, Benito cun trallazo dende fora da área.

1-1. Minuto 28, Victor Gallego coa "colaboración" do meta visitante, Roi.

2-1. Minuto 44, Canexón tras un magnífico pase de Victor Gallego.

3-1. Minuto 88, Prada tras un centro dende a dereita de Diego Quiroga.

O Partido: Sufríu máis do que era de esperar o Arenteiro para sentenciar no marcador, tivo ocasión de facélo, sobre todo en ocasións bastante claras nas botas de Martín e V. Gallego, e non o fixo, polo que o partido estivo vivo atá os minutos finais, atá en dúas ocasións na segunda parte pudo empatar o AT. Vilariño, pero nunha delas o desacerto do dianteiro visitante e noutra unha gran intervención do meta local Pachi, evitarono. 

15, Setembro 2013
13, Setembro 2013

Os dianteiros Walter Martín e Diego Quiroga, éste último chegado  ao Arenteiro procedente do Club Lemos, adestraron xa con normalidade esta semana, polo que ambos poden entrar na convocatoria para o partido deste domingo -17,30 horas- en Espiñedo ante o AT. Vilariño.

A incorporación de ambos pode ser un alivio para o adestrador Miki López, xa que os outros dous dianteiros dos que dispón, Cancelas e Manu, non poideron adestradar durante toda a semana, o primeiro por motivos laborais e o segundo aqueixado de molestias, que xa lle impediron xogar o pasado domingo en Ramirás. O resto do plantel está dispoñible, incluido Alex, que comezou a semana con molestias.

Trala derrota do pasado domingo, ao Arenteiro so lle vale a victoria ante o AT. Vilariño para non perder de vista os primeiros postos da clasificación, onde debe estar o equipo carballliñés nesta competición da 1ª Autonómica.

11, Setembro 2013

O popular presentador da TVG pronunciará o pregon das festas de San Cibrao ás 9 da noite deste venres dia 13, na Praza Maior.

A comisión de festas desvelou a incognita, finalmente o presentador televisivo será o encargado de abrir o co seu pregón as festas patronais. Aínda que nun primeiro momento os compromisos profesionais do pregoneiro condicionaban a hora do pregón ás seis da tarde, finalmente esta circustancia foi solventada e o acto desenvolveráse á hora anunciada no programa, ás nove da noitiña.

Xosé Manuel Piñeiro, coñecido tamén como "Superpiñeiro" fará o pregón dende o escenario da orquestra "Metrópolis" que xa a esa hora da tarde estará instalado na Praza Maior carballiñesa.

11, Setembro 2013

A tempada rematou o pasado dia 8, recordan que "nunca na historia aconteceu esto, sempre se pechou a piscina coincidindo co inicio das festas".

O grupo socialista sospeita que o peche ten que ver "co mantemento totalmente nulo destas instalacións durante todo o ano , so a última hora e con presas, de aí as consecuencias, vasos en malas condicións, hixinene escasa e céspede calamitoso".

Non obstante felicitan "á empresa explotadora do bar, ao persoal de socorrismo e á empresa adxudicataria" e anuncian que solicitarán o contrato da concesión. Engaden dende o PSOE que "cando non queres traballar os servizos públicos pasan a mans privadas, ésta é a clara política dun partido e o seu afán privatizador".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS