O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.
Neste contexto, o Sporting Carballiño, club de fútbol que milita na 3ª autonómica, traballa nunha proposta aos pais e nais de alumnos, que se presentará ó lúns dia 8 de Xullo ás 21 horas na Sala de Exposicións do Casino do Carballiño, na rúa Tomás Maria Mosquera.
"A Mañá de COPE O Carballiño" trasladou a emisión deste venres ata a vila de Cea, nun programa no que se repasou tanto a actividade para este domingo como para o resto do verán neste concello.
O presidente do Consello Regulador fixo fincapé nos agradecementos a todos os forneiros implicados na festa, así como no apoio prestado polas administracións públicas, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de San Cristovo de Cea, aos 23 Consellos Reguladores, que ceden os seus produtos para poder ofrecer as degustacións no Campo da Saleta e aos 20 expositores que estarán na carballeira da Saleta.
Segundo explicou Carlos Manuel Rodríguez nesta edición agardan seguir superando o número de persoas que ano a ano danse cita en Cea o primeiro domingo do mes de xullo. A previsión é mesmo chegar ás 20.000 posto que o ano pasado estiveron arredor das 17.000 persoas. Para iso a Festa de Exaltación conta cun completo de programa e cuns pregoeiros de luxo, as Cantareiras de Ardebullo, que seguro han facer as delicias dos asistentes. Ademais, os fornos amparados producirán para esa data 2.500 pezas que acompañán aos produtos que se poderán degustar durante toda a xornada.
Programa de actividades
A festa comezará ás 10:00 horas coa apertura dos postos na carballeira, seguido de pasarrúas a cargo de charangas e das pandereteiras de Cea. Ás 12:30 horas terá lugar a recepción de autoridades no campo da Saleta. Media hora máis tarde, ás 13:00 horas, as Cantareiras de Ardebullo tomarán o relevo co seu humor. Como ven sendo habitual, ás 14:30 terá lugar un xantar organizado a base destes productos acollidos a denominación de orixe. Xa pola tarde, ás 18:00 horas volverá a música da man das pandereteiras de Cea. Tampouco faltará a tradicional degustación de balde de Pan de Cea e chourizos ao viño, doados por Embutidos Tradicionais “Castro Bello” e por Señorío de Beade-A Portela. A festa rematará cun baile popular a partires das 20.30 horas.
O alcalde de Cea, José Luis Valladares, incidíu no transcurso da súa intervención radiofónica na importancia que ten para Cea a industria do pan e o gran acerto que tiveron fai 22 anos cando "acoardamos facer aquela primeira edición da festa do pan de Cea, porque 22 anos despois xa é data sinalada no calendario ceano, ademáis de ser un escaparate tanto para o noso pan como para o pobo de cea". Valladares convidou a toda a audiencia a achegarse a Cea "tanto este domingo como calquera outro dia do ano, que coñezan o noso casco vello, o mosteiro de Oseira ou a Serra da Martiñá, se veñen seguro que repiten".

As piscinas do Lodairo en Cea e A Rañoa en Maside acollen esta actividade que chegará ademáis a outras 14 localidades galegas.
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou esta mañá no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, “Augalingua”, a nova actividade estival que estrea o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”. A proposta chegará, desde hoxe e durante todo o mes, a 16 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para dinamizar a lingua galega en piscinas municipais e praias fluviais, por medio de xincanas centradas en xogos de lingua e habilidade, nas que a rapazada de 6 a 12 anos participará guiada por monitorado.
En palabras de García Gómez, “Augalingua incorpórase ao programa FalaRedes 2013 e chegará a concellos da RDL como unha actividade infantil, lúdica e participativa, propia do verán, e como oportunidade para promovermos o uso da lingua entre os máis novos ligando a imaxe do idioma á diversión e aos xogos”.
Á rolda de prensa na localidade ceesa asistiron, amais do secretario xeral, o alcalde, José Luis Valladares; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e a responsable da empresa xestora da actividade, Concepción Diéguez (Reverso Comunicación Cultura e Lingua).
16 localidades anfitrioas das xincanas lingüísticas da RDL
"Augalingua" enceta o seu percorrido pola RDL hoxe á tarde, cunha xincana na piscina municipal de Loairo ás 16:30 horas, na que poderán participar, de balde, rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. Ademais de en San Cristovo de Cea as xincanas lingüísticas farán parada nas localidades ourensás de Maside, Toén, Vilamarín, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola e Muíños; na provincia de Lugo chegarán a Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil e Parada de Sil e tamén recalarán en Ordes (A Coruña) e Lalín (Pontevedra) durante o mes de xullo.
‘FalaRedes 2013’
O programa “FalaRedes 2013” -dentro do que se enmarca a actividade “Augalingua”- é unha das iniciativas impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística destinada aos concellos da RDL para fomentar o uso social do idioma e complementar a programación que para ese fin está a poñer en marcha a propia RDL durante este ano.
Logo do éxito da primeira edición, “FalaRedes” desenvolverá durante 2013 máis dun cento de actividades noutros tantos concellos, qe contribuirán á creación de espazos de uso e de aprendizaxe en galego ligados ao lecer e á cultura moderna unindo a imaxe da lingua propia de Galicia aos valores positivos da sociedade moderna.
O cartel de “FalaRedes 2013” inclúe o concerto familiar “Rosalía Pequeniña”, que percorrerá 40 municipios para dinamizar a lingua por medio da música e da poesía cantada, da man Uxía e de Sérgio Tannus, no ano en que celebramos os 150.º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”.
A música tamén é o fío condutor das outras dúas propostas do programa: “As pombas de Carboeiro”, unha actividade multidisciplinar na que cobran protagonismo as bandas de música municipais e que volverá en outubro, e o musical “A nena e o grilo nun barquiño” que, a cargo de Magín Blanco e do Teatro dos Ghazafelhos, vén de concluír unha xira por 18 localidades da RDL. “FalaRedes 2013” incorporará unha quinta proposta despois do verán, que chegará a outra vintena de concellos.
Toda a información sobre o programa e o seu calendario de actividades estás accesibles no web www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013 e tamén nas redes sociais.
O obxetivo primordial da nova asociación é colaborar co Banco de Alimentos no ámbito municipal do concello de Boborás.
A Sociedade Solidaria de Boborás contará ademáis coa colaboración do concello, que cedeu a esta nova asociación un local no consistorio. O alcalde, Cipriano Caamaño, confirmou nesta emisora de radio "o compromiso do concello para colaborar con esta sociedade", aínda que aclarou "trátase dunha iniciativa que nace ao marxe do concello, pola nosa parte cedemos e acondicionamoslle un local e agora asinarémos un convenio para regular esa colaboración".
Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para "informar a todas as familias de Boborás que sintan que non poden atender necesidades básicas de alimentación, sobre todo a aquelas familias que teñan fillos menores e estean en dificultades, para que soliciten estas axudas".
A entrega de alimentos faráse con periodicidade mensual, e o primeiro reparto destes lotes procedentes do Banco de Alimentos faráse durante os próximos dias.
O grupo socialista anuncia a presentación dunha moción ante ao pleno da corporación municipal na expón "a gravidade desta problematica" e urxe medidas urxentes.
"Xa no mes de xullo e cunha climatoloxía propia deste tempo vemos como todas as zonas rurais están absorbidas pola vexetación, que inza estradas, camiños e zonas de ocio e esparcemento", afirman os socialistas.
Manifestan, ademáis, que "non e xa cuestión de estética ou de incomodidade para os veciños, senón que é unha custión de seguridade, está máis que claro que a xestión é nula e a insconsciencia do noso alcalde acada límites perigosos".
Dende o grupo socialista califican como de "despropósito" tanto a falla de prevención como a escasez de medios humanos para facer fronte aos incendios "coa selección de brigadistas para a extinción de lumes sen facer, coa situación laboral dos Grumir sen resolver e sabendo que o parque de bombeiros non ía estar rematado".
Os socialistas aseguran que os pagos foron aprobados mediante decreto do propio alcalde "pese ós informes de reparo expresados por Intervención".
Según a documentación que aportan os socialistas, en xaneiro deste ano abonouse unha factura en concepto de hotel para 3 persoas por importe de 3.864,50 euros. O gasto tería que ver coa organización dunha proba de motociclismo celebrada no Irixo.
Ademáis, no mes de abril, aboraronse outras tres facturas, por importe de 2.604,40 euros, duás desas facturas corresponden as presentadas por restaurantes en concepto de comidas pola celebración doutro evento deportivo.
O portavoz socialista, Xabier Rodríguez, considera que "mentres temos necesidades básicas sen atender e nos tempos que corren, parécenos unha falta de sensibilidade e respecto a todos os veciños que se gfaste diñeiro público en gastos de hotel e comidas".
Os novos responsables do club apostan por un adestrador moi xoven, 31 anos de idade, e con apenas dous anos de experiencia nos bancos nos que dirixíu ao C.D. Ramirás en 1ª autonómica.
A sala de trofeos do club, no municipal de Espiñedo, acolleu o acto de presentación de Miki López como técnico do C.D. Arenteiro para esta nova etapa que agora comeza, aínda sen saber en que competición participará, se en Preferente ou 1ª autonómica, a expensas do que fagan os equipos galegos na eliminatoria final de ascenso a 2ª B.
A elección de Miki López foi presentada polo Presidente Xan Pinal como "unha aposta decidida pola xente nova, e se nova é esta etapa, decidimonos por un adestrador xoven, con gañas de traballar e progresar, e comprometido con este novo proxecto que pasa por poñer en valor a identidade do Arenteiro e do Carballiño",
"Estou na miña casa, eu considerome do Carballiño" foron as primeiras palabras do novo adestrador do C.D Arenteiro, carballiñés pola súa familia materna, que comprometeu "traballo e máis traballo, son consciente que veño a un club histórico do fútbol galego e a un dos máis importantes da provincia, asi que esto para min é un reto persoal que espero superar con boa nota", suliñou.

Preto de 30 alumnas e alumnos da Escola de Danza, acompañados coas súas nais, protagonizaron unha protesta no consistorio que culminou cunha reunión co concelleiro de cultura e o alcalde carballiñés.
O colectivo mostrou o seu disgusto polo deficiente funcionamento do equipo de son do auditorio municipal, que motivou a suspensión do festival de fin de curso da Escola Municipal de Danza, programado para este pasado sábado dia 22.
A baixa afluencia de público no evento festivo celebrado o pasado sábado no parque municipal fai que goberno e oposición coincidan nas críticas á Xunta por deixar esmorecer unha xuntanza que se celebra no Carballiño dende finais dos anos setenta.
O alcalde do Carballiño xa trasladou no propio dia da festa a súa preocupación antes os responsables da Xunta "manifesteino públicamente no mesmo discurso do sábado no parque, que non se deixe morrer esta festa, éste non é o camiño a seguir, hai que manter a xuntanza porque é importante para O Carballiño, éste ano os participantes tiñan que pagar o autobús e só ese feito botou a moitos para atrás, dende o concello xa manifestamos a nosa preocupación e confiamos en que esta dinámica cambie cara o ano que ven", subliñou Marnotes.
Dende o PSdG poñen de manifesto o fracaso que a convocatoria supuxo para a hostelería local e apuntan "o perxuizo incalculable infrinxido a pulpeiros e hostaleiros instalados no parque municipal". Os socialistas culpan do fracaso á Xunta e o concello, que son "responsables desa estratexia conxunta que parecer ter orquestada a Xunta de Galicia e o noso señor alcalde Marnotes para afundir na miseria as poucas ilusións e esperanzas de sair adiante ou cando menos aforntan a actual situación de crise".
Como exemplo da falta de planificación e ausencia total de promoción, os socialistas poñen o feito "de que moitos veciños da vila descoñeceran por completo a actuación do grupo A Roda".
Pola súa parte, o BNG lamenta "que se deixe fundir unha festa que tanto representa para O Carballiño, e pola que tanto se traballou dende o BNG cando tivo responsabilidades de goberno".
Finalmente, dende A NOVA afirman que "a Xunta cargase a festa dos maiores, a edición deste ano foi con moito a pior dende a súa creación, constanos que hai demanda, o que falta é vontade política, de seguir asi e con esta ineficacia do grupo de goberno van conducir O Carballiño a un futuro moi oscuro, con istes gobernantes imos de mal en pior", proclaman dende a formación nacionalista.
A sesión plenaria corresponde celebrarse este xoves 27 de xuño, en vésperas das festas patronais de San Pedro na vila de Leiro.
O voceiro socialista no Concello , Manuel Rodriguez Vazquez , anuncia que a primeira das mocions esta relacionada a que se reconsidere a subida do IVE para Bens e Servizos Culturais polo Goberno de España, para que establezca o tipo reducido do IVE para as actividades culturais, como tamen propoñer e defender no seo das institucións da Union Europea, o establecemento dun IVE para a Cultura con tipo máximo por baixo do 10%. Proba de elo -manifesta Rodriguez- vese afectado por esta medida da suba do IVE "o referente das Comarcas do Carballiño e o Ribeiro no tocante o cinema como non pode ser de outra maneira o Novo Cine de Leiro, e por eso presentamos esta mocion xa que e o maximo exponente publicitario a todos os niveis do noso Concello, xa que despois da mala xestión levada a cabo polo goberno Municipal do Partido Popular tanto co Camping como tamen o Balneario de Beran, polo que eran os principáis motores economicos, e o Cine o que nos queda".
Tamen adiantan desde o Grupo Municipal Socialista, outra das mocions, relativa ás pensións no extranxeiro "xa que moitos veciños vironse na obriga, tras os requerimentos da Axencia Tributaria a fin de acreditar as cantidades percebidas desde o ano 2008 ata este mesmo ano 2013, en concepto de pensións do extranxeiro, os socialistas de Leiro, solicitamos da Axencia Tributaria, que se exima dos exptes sancionadores as persoas afectadas, como tamen instamos o Goberno da Xunta aclaración sobre a obrigatoriedade de cotizar polas pensións do extranxeiro".
Outra das mocions que traladan que propoñen trasladar ao debate plenario é a privatización do Rexistro Civil, "xa que suporía graves consecuencias tanto economicas como de outro tipo para os nosos veciños/as, xa que de pasar de ser gratuito unha partida de nacemento, matrimonio ou defunción, pasaria a costar como minimo entre 20 euros ou 30, e os máis grave e que desaparecería do noso Concello, e tendriamos que ir a capitalidade de Ourense, cos conseguintes gastos extras".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 658
- 659
- 660
- 661
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- …
- seguinte ›
- última »