19, Abril 2013

Asi o confirman os datos oficiais do Ministerio da Vivenda, no ano 2012 rexistraronse 112 transaccións fronte ás 129 do ano 2011.

As operacións de compra-venda recollen tanto as vivendas novas como as de segunda man. No resto dos concellos,  o maior número de transaccións durante o ano 2012 foi en Maside, onde se rexistraron 9, seguido de San Amaro, que contabilizou 7 vendas de vivendas. Nos concellos de Leiro e Avión, realizaronse -respectivamente- 6 operacións de compra venda de vivendas. Dúas en Beariz e Punxín, e unha en Piñor.

Finalmente, nos municipios de San Cristovo de Cea, Boborás e O Irixo, non se fixo ningunha transacción de vivenda durante o ano 2012, según os datos do Ministerio da Vivenda.

 

 

17, Abril 2013

Declaran a nulidade dos contratos e condenan á entidade bancaria á devolución íntegra do diñeiro.

Os afectados mantiveron que foron enganados facéndolles ver que "tratábase dunha imposición a prazo fixo, sen máis, e que poderían retirar o diñeiro cando quixeran", polo que investiron parte importante dos seus aforros en participacións preferentes e obrigacións subordinadas.

Con estas dúas sentenzas que agora veñen de coñecerse, e outra anterior no pasado mes de marzo, son xa tres as familias carballiñesas que recuperan o seu diñeiro por medio da vía xudicial.

15, Abril 2013

As actuacións feitas supuxeron un investimento de 64.000 euros que o goberno galego financia nun convenio coa Obra Social de "La Caixa".

O conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco Fernández,  visitou as inmediacións de do monumento natural de Pena Corneira, onde se están a executar unha serie de actuacións para mellorar os hábitats naturais e a prevención de incendios, así como o acondicionamento de rutas.

A finalidade é lograr uns sistemas ecoloxicamente máis valiosos e estables no territorio da comunidade autónoma galega. Así, en Pena Corneira se repara e conserva o mobiliario existente mediante a reposición de pezas e táboas rotas ou defectuosas, lixa e aplica lasur (imprimación protectora) sobre elementos de madeira, repara o peitoril do Miradoiro coa reposición de barrotes e os chanzos de acceso ao miradoiro, coloca e repara os indicadores de dirección e orientación e paneis informativos.

Outros dos traballos previstos consisten no acondicionamento de estanques na explanada de acceso á área de lecer: limpeza, baleirado e colocación de muro perimetral de protección con cachotes de pedra granito das canteiras da zona e a mellora e saneo da explanada, mediante a colocación de tubaxe de drenaxe de recollida de augas subterráneas que anegan a zona na época de chuvias.
 

15, Abril 2013

O consellerio de Medio Ambiente Agustín Hernández e o alcalde de Avión Antonio Montero inauguraron unhas obras que representaron un investimento de algo máis de 750.000 euros.

Esta actuación realizouse en base a un acordo entre a Administración autonómica e local, no que se determinaron as bases para a execución das obras precisas que permitirán mellorar o saneamento e depuración de varios núcleos do concello de Avión, mediante a demolición de fosas sépticas, unificando a rede de colectores e tratando as verteduras nunha estación depuradora de nova construción.

O conselleiro de Medio Ambiente recordou a necesidade de levar a cabo esta obra hidráulica xa que o Concello de Avión tiña un sistema de saneamento moi deteriorado, debido basicamente á súa antigüidade. A rede de saneamento, separativa, atopábase en moi mal estado de conservación, vertendo a tres fosas sépticas incapaces de cumprir os obxectivos de calidade esixidos pola Directiva 91/277 da Comunidade Europea.

Os traballos que se executaron foron, entre outros, a reposición dun colector de fecais ao que se conectaran tres ramais. Ademais, na localidade de Cendóns, colocouse un colector de 720 metros, unido á rede existente, e en Beresmo, levouse a cabo dous treitos de colectores de 166 e 272 metros en tubaxe.

Por outra parte, demoléronse as fosas sépticas que recollen as augas residuais dos veciños de Avión e dos núcleos de Beresemo, Portocarro e Cendóns e executouse un colector que transporta as augas por gravidade ata a nova estación depuradora. A nova EDAR de Avión dispón dun bombeo de auga bruta e peneira de compactación. Esta infraestrutura prefabricada con aireación, prolongada para 1.250 habitantes, posúe unha arqueta de toma de mostras, un colector de vertedura e un by-pass planta. Cómpre sinalar que o proxecto tamén incluíu a reposición de servizos e pavimentos afectados pola realización das obras hidráulicas necesarias. Os beneficiarios desta actuación son os máis de 2.600 habitantes do Concello de Avión.

14, Abril 2013

O Arenteiro deixou escapar unha magnífica oportunidade de levarse os tres puntos na súa visita ao José Arjiz ante un flouxo Verín, ao final o equipo carballiñés rematou con 9 xogadores o partido polas expulsións de Pablo Piñeiro e Tazos, e consigue un punto que non vale para moito.

C.D. Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago ( Tacón ), Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín ( Marcos Sotelo ) e David Soares ( Bardelás ) .

O Partido: O gardameta do Arenteiro Macía pasou completamente inédito durante todo o partido, o que da unha idea da escasa bagaxe ofensiva dos verinenses. Aos carballiñeses funcioaballe a presión que exercian sobre o rival e conforme ían pasando os minutos os locais amosabanse máis nerviosos e imprecisos, unha mágoa que o Arenteiro non soubese aproveitarse desta circustancia durante o tempo no que mantivo os 11 xogadores no campo atá o minuto 70 cando unha doble amarela a Pablo Piñeiro equilibrou un partido que ata ese momento dominaba o Arenteiro. A unhos minutos para o final o árbitro, que estivo moi mal, deixa ao Arenteiro con 9 xogadores no campo ao expulsar, tamén por doble amarela a Tazos, tras sancionalo cunha falta que non foi.  Aínda asi, o Arenteiro non se descompuxo e aguantou o resultado ata o final sen ningún perigo.

13, Abril 2013

Os dous acontecementos deportivos automobilísticos fan do Carballiño o punto de referencia do fin de semana para os afeccionados galegos ao mundo do motor.

O "V Rali do Lacón Historicos" está organizado polo Club Arenteiro clásicos e partíu na mañá do sábado dende a rúa principal, onde poideron verse auténticas xoias rodantes, iconos do automobilismo como os Mini ou os modelos deportivos Jaguar, entre outros moitos. O expiloto carballiñés José Maria Magdaleno, acompañado do alcalde Argimiro Marnotes e o concelleiro de deportes Rodrígo González, deron a saída aos participantes.

A "XX Subida á Saleta", organizada pola Escudería Motor Club Arenteiro e a Federación Galega de Automobilismo, recupera este ano a súa celebración tras a paréntese dunha década. Puntuable para o campionato galego de montaña desenvolvese no recorrido histórico desta proba, no tramo da estrada de Astureses próximo á capela da Saleta, durante a tarde do sábado e a matinal do domingo.

10, Abril 2013

Dos 70.000 euros de gasto medio dos últimos anos pasaráse a unha factura de 18.618 euros, unha vez que o concello carballiñés formalice o novo contrato.

Ao procedemento de adxudicación aberto polo concello carballiñés presentaronse tres empresas, resolvendose en favor de Vodafone. O contrato será por 2 anos, prorrogable por outros dous, atá un máximo de catro.

A maiores do imporante aforro económico, máis de 51.000 euros de aforro anual en relación ao gasto do últimos anos por este mesmo concepto, o novo adxudicatario introducirá melloras na prestación do servicio. O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou en COPE O Carballiño que "incluiráse no servizo a grabación de todas as chamadas que se efectúen á Policia Local, tal e como marca a lei, que antes non se realizaba, ademáis melloraráse a xestión tanto interna como externa, xa que se poderá chamar directamente o departamento municipal que se queira, axilizando desta maneira a atención".

Vodafone faráse cargo de todos os servizos de toda a  telefonía municipal, tanto fixa como móbil e datos. Outro punto de mellora do novo contrato é a facturación, que a partir do novo contrato faráse nunha única factura.

10, Abril 2013

Marcos Reboredo é o novo responsable local do BNG no Carballiño, trala asemblea local na que se procedeu á renovación do órgano local de dirección.

Como Vicerresponsable local do BNG carballiñés nomeouse a Xosé Manuel Codesido. Completan este novo consello local Manuel Chan Muñoz, Xosé Dobarro e Áurea Francisco, actúal concelleira do Bloque Nacionalista Galego na corporación municipal do Carballiño.

10, Abril 2013

O valor do material roubado ascende a 11.600 euros, según fixo constar o representante da empresa propietaria na súa denuncia ante a Garda Civil do Carballiño.

O roubo rexistrouse durante a noite deste pasado martes no lugar de Prado, na parroquia boborense de Xurenzás. O material, 387 metros de carril de vía férrea, estaba apilado ao lado da estrada.

9, Abril 2013

O concello de Maside debe elaborar un plan de seguridade para permitir a actividade industrial que se pretende iniciar no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril de Maside.

O proxecto industrial promovido por CEPSA contempla o envasado de gas licuado nestas instalacións nas inmediacións da localidade da Touza, nunha zona habitada.

O plan de emerxencia exterior, para cumplir coa directiva europea, asi como a lexislación autonómica e estatal, deberá ter en conta as medidas de información e protección da poboación no caso dun accidente ou calquera suceso incontrolado nas instalacións. Deberá fixarse a zona de intervención e de alerta, e as distancias de afectación. Tamén terán que acometerse medidas de prevención, como a limpeza constante da zona colindante e unha franxa de seguridade, asi como o control dos accesos.

Outro dos aspectos que recolle o plan que deberá aprobarse antes do inicio da actividade industrial é a coordenación das autoridades e os servizos de salvamento.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS