O Arenteiro deixou escapar unha magnífica oportunidade de levarse os tres puntos na súa visita ao José Arjiz ante un flouxo Verín, ao final o equipo carballiñés rematou con 9 xogadores o partido polas expulsións de Pablo Piñeiro e Tazos, e consigue un punto que non vale para moito.
C.D. Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago ( Tacón ), Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín ( Marcos Sotelo ) e David Soares ( Bardelás ) .
O Partido: O gardameta do Arenteiro Macía pasou completamente inédito durante todo o partido, o que da unha idea da escasa bagaxe ofensiva dos verinenses. Aos carballiñeses funcioaballe a presión que exercian sobre o rival e conforme ían pasando os minutos os locais amosabanse máis nerviosos e imprecisos, unha mágoa que o Arenteiro non soubese aproveitarse desta circustancia durante o tempo no que mantivo os 11 xogadores no campo atá o minuto 70 cando unha doble amarela a Pablo Piñeiro equilibrou un partido que ata ese momento dominaba o Arenteiro. A unhos minutos para o final o árbitro, que estivo moi mal, deixa ao Arenteiro con 9 xogadores no campo ao expulsar, tamén por doble amarela a Tazos, tras sancionalo cunha falta que non foi. Aínda asi, o Arenteiro non se descompuxo e aguantou o resultado ata o final sen ningún perigo.

Os dous acontecementos deportivos automobilísticos fan do Carballiño o punto de referencia do fin de semana para os afeccionados galegos ao mundo do motor.
O "V Rali do Lacón Historicos" está organizado polo Club Arenteiro clásicos e partíu na mañá do sábado dende a rúa principal, onde poideron verse auténticas xoias rodantes, iconos do automobilismo como os Mini ou os modelos deportivos Jaguar, entre outros moitos. O expiloto carballiñés José Maria Magdaleno, acompañado do alcalde Argimiro Marnotes e o concelleiro de deportes Rodrígo González, deron a saída aos participantes.
A "XX Subida á Saleta", organizada pola Escudería Motor Club Arenteiro e a Federación Galega de Automobilismo, recupera este ano a súa celebración tras a paréntese dunha década. Puntuable para o campionato galego de montaña desenvolvese no recorrido histórico desta proba, no tramo da estrada de Astureses próximo á capela da Saleta, durante a tarde do sábado e a matinal do domingo.
Dos 70.000 euros de gasto medio dos últimos anos pasaráse a unha factura de 18.618 euros, unha vez que o concello carballiñés formalice o novo contrato.
Ao procedemento de adxudicación aberto polo concello carballiñés presentaronse tres empresas, resolvendose en favor de Vodafone. O contrato será por 2 anos, prorrogable por outros dous, atá un máximo de catro.
A maiores do imporante aforro económico, máis de 51.000 euros de aforro anual en relación ao gasto do últimos anos por este mesmo concepto, o novo adxudicatario introducirá melloras na prestación do servicio. O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou en COPE O Carballiño que "incluiráse no servizo a grabación de todas as chamadas que se efectúen á Policia Local, tal e como marca a lei, que antes non se realizaba, ademáis melloraráse a xestión tanto interna como externa, xa que se poderá chamar directamente o departamento municipal que se queira, axilizando desta maneira a atención".
Vodafone faráse cargo de todos os servizos de toda a telefonía municipal, tanto fixa como móbil e datos. Outro punto de mellora do novo contrato é a facturación, que a partir do novo contrato faráse nunha única factura.
Marcos Reboredo é o novo responsable local do BNG no Carballiño, trala asemblea local na que se procedeu á renovación do órgano local de dirección.
Como Vicerresponsable local do BNG carballiñés nomeouse a Xosé Manuel Codesido. Completan este novo consello local Manuel Chan Muñoz, Xosé Dobarro e Áurea Francisco, actúal concelleira do Bloque Nacionalista Galego na corporación municipal do Carballiño.
O valor do material roubado ascende a 11.600 euros, según fixo constar o representante da empresa propietaria na súa denuncia ante a Garda Civil do Carballiño.
O roubo rexistrouse durante a noite deste pasado martes no lugar de Prado, na parroquia boborense de Xurenzás. O material, 387 metros de carril de vía férrea, estaba apilado ao lado da estrada.
O concello de Maside debe elaborar un plan de seguridade para permitir a actividade industrial que se pretende iniciar no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril de Maside.
O proxecto industrial promovido por CEPSA contempla o envasado de gas licuado nestas instalacións nas inmediacións da localidade da Touza, nunha zona habitada.
O plan de emerxencia exterior, para cumplir coa directiva europea, asi como a lexislación autonómica e estatal, deberá ter en conta as medidas de información e protección da poboación no caso dun accidente ou calquera suceso incontrolado nas instalacións. Deberá fixarse a zona de intervención e de alerta, e as distancias de afectación. Tamén terán que acometerse medidas de prevención, como a limpeza constante da zona colindante e unha franxa de seguridade, asi como o control dos accesos.
Outro dos aspectos que recolle o plan que deberá aprobarse antes do inicio da actividade industrial é a coordenación das autoridades e os servizos de salvamento.
Reparto de puntos entre dous equipos que necesitaban da victoria, aínda que por motivos ben diferentes, os de Redondela para entrar en postos de ascenso e os carballiñeses para escapar do descenso directo, ao final un punto que deixa tan insatisfeitos a unhos como a outros.
C, D, Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Tazos, Gabriel, Alex (Iago), Kennedy (Prada), Martín (Marcos Sotelo), David Soares (Bardelás) e Pablo Piñeiro.
O Partido: Malia que por Espiñedo pasou un dos equipos máis en forma do campionato nos últimos meses e aos 8 minutos mandou un balón ao poste da portería de Pachi, Choco e Arenteiro desputaron un encontro bastante equilibrado e no que ambos -pero máis os verdes- desperdiciaron boas ocasións para levarse os tres puntos. Pero igual que o pasado domingo en Ponteareas, ao Arenteiro fáltalle pólvora nos metros finais, de feito tivo que ser un defensa -Xurxo- quen adiantase aos carballiñeses no marcador no minuto 51. Eso sí, xusto é recoñecer que o equipo loita ata o último minuto de partido.

O corredor do Porriño non tivo rival e gañou con facilidade, Santiago López completou os 21.097 metros nun tempo de 1:10:45.
A chuvia acopañou a celebración desta "1ª Maratón do Carballiño-Festa do Pulpo" que organizou na matinal deste domingo o Club Atletismo Carballiño, malia que o tempo non acompañou a carreira foi seguida por numeroso público. Dende a organización, que estivo a un excelente nivel, destacan o éxito de convocatoria, xa que 360 corredores tomaron a saída, unha participación que anima ao club carballiñés a pensar xa na segunda edición, cara o ano que ven.

Os grupos da oposición xustificaron a súa ausencia "porque non fumos invitados a todos os actos, o alcalde ninguneanos". Caamaño lamenta a actitude da oposición e asegura que cada concelleiro paga a comida do seu peto.
A senadora irlandesa Fidelma Healy, que preside a delegación irlandesa desplazada para avanzar nun proxecto de intercámbeo educativo e cultural do que participa o concello de Boborás, asistiu a varios actos organizados pola institución municipal e aos que non acudíu ningún representante da oposición.
"Decidimos non acudir en sinal de protesta polo desprecio do que fumos obxeto os grupos da oposición, non se nos invita nin a misa en Moldes nin o paseo por Pazos de Arenteiro porque o alcalde non quere que a xente non vexa, e tan so recibimos a invitación para o acto do concello, por eso decimos non participar, ademáis consideramos que non é de recibo que nos tempos actuais se gaste diñeiro público nunha comida", manifestou a esta emisora de radio Dolores Cachafeiro, concelleira do BNG "e falo nste caso no nome de toda a oposición". Non obstante, aclarou que "a iniciativa de intercámbeo cultural parécelles ben, pero non asi "as formas que o alcalde emprega coa oposición".
O alcalde de Boborás suliñou que "estamos ante outra proba máis da oposición que temos, de terceira división e moi mala calidade, foron invitados formalmente ó acto institucional no concello que é onde o protocolo indica que teñen que estar, e tamén di o protocolo que o alcalde é o que recibe que para eso é o Presidente da Corporación e ten ese rango". Cipriano Caamaño asegurou que demostrá que "cada ún de nos paga a comida, por eso que non teñan problema".
Xa en canto o acto institucional, o alcalde de Boborás deulle as grazas de maneira especial a Healy Eames por levar a cabo este irmandade entre os concellos de Oranmore e Maree en Irlanda e o de Boborás e O Carballiño en Galicia precisando que se trata "dun reecontro de verdadeiros irmáns".
Explicoulle que "Boborás é unha terra acolledora, con unha paisaxe privilexiada e unha historia fecunda que perduran no tempo con numerosos exemplos como son os seus pazos, igrexas, cruceiros...que o convirten nun lugar ideal para vivir". Ademais fíxolle especial fincapé á senadora irlandesa de que "Boborás dende agora será a túa segunda casa, aquí sempre serás benvida e atoparás as portas abertas para o que precises".
Caamaño quixo recoñecer o papel de Miguel Losada Campa, neto do escritor e intelectual galeguista Antón Losada Diéguez, actor fundamental e principal impulsor deste proxecto de irmandade e intercambio cultural.
A senadora Fidelma Healy Eames precisou que o concello de Boborás lle recordaba a súa localidade natal "Maree" recoñecendo que ela é unha "muller rural".
Esta recepeción englobase dentro do programa de actividades programada a raíz da visita da delegación irlandesa coa fin do Irmanamento dos concellos de Boborás e O Carballiño en Galicia e os de Oranmore e Maree en Irlanda e o proxecto de intercambio cultural de 60 nenos e nenas para aprender tanto o inglés como o gaélico así como o castelán e o galego.
A senadora visitou tamén a sede da Fundación, o Pazo Losada en Moldes, onde a familia celebrou unha misa na capela privada e tamén a localidade de Pazos de Arenteiro.
A solicitude presentada no rexistro municipal está acompañada dunha moción do grupo socialista, que será o único punto da orde do dia da convocatoria extrarordinaria da corporación carballiñesa.
O grupo socialista entende que "non procede" a solicitude dun pleno extraordinario -tal como demandaba a Concelleira do BNG- para tratar sobre a imputación do alcalde "porque enrocaríase apelando ó segredo de sumario e non serviría para nada", manifestou en COPE O Carballiño o concelleiro Adolfo Nogueira. Non obstante, defenden os socialistas a necesidade dun debate no que propoñen diversas medidas para mellorar a transparerencia na xestión municipal no concello carballiñés.
Prema no arquivo adxunto para ver a moción socialista:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 663
- 664
- 665
- 666
- 667
- 668
- 669
- 670
- 671
- …
- seguinte ›
- última »