
Xosé Benito Siero, titular da parroquia de San Cibrán do Carballño durante 28 anos, entre 1992 e 2020, ven de falecer aos 87 anos de idade.
O 17 de setembro de 2020 -dia do patrón- aínda en plena pandemia, oficiou a súa ultima misa no Templo da Veracruz, ese mesmo día o concello do Carballiño rendéralle unha homenaxe pola súa entrega durante tantos anos á parroquia do Carballiño e a súa implicación e compromiso coas necesidades sociais da veciñanza carballiñesa, con él Cáritas Parroquial experimentou un gran impulso.
Xosé Benito Siero foi un dos sacerdotes pioneiros na utlilización da lingua galega na litúrxia nas parroquias nas que exerceu o sacerdocio, chegara a O Carballiño con polémica, xa que á algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.
No ano 2011, na súa condición de Arcipreste da comarca do Carballiño, tivo unha activa posición en contra do proxecto de incineradora que pretendía instalarse no concello do Irixo.
O funeral polo que foi Párroco e Arcipreste do Carballño terá lugar este lúns dia 29 de abril no Templo da Veracruz, posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar no cemiterio da súa parroquia natal, en Lebosende, no concello de Leiro.

Unha patrulla da Policia Local do Carballiño interceptou na tarde deste pasado xoves a un veciño do Carballiño, de 78 anos de idade, tras detectar que o vehículo constaba como roubado, según unha denuncia obrante na Garda Civil do Carballiño.
Unha vez requerida a documentación ao conductor, a Policia Local pudo comprobar que o vehículo carecia de seguro, coa ITV caducada, e ademais o conductor tiña o carné retirado pola perda de puntos. A intervención tivo lugar na rúa Castelao do Carballiño.
O conductor explicou á Policia Local do Carballiño que o vehiculo era da súa propiedade, que fai un tempo presentou denuncia por roubo ante a Garda Civil, pero que despóis él mesmo pudo recuperalo, sen comunicalo á Garda Civil, motivo polo que contínuaba figurando como roubado, asegurou.
Será ese o motivo por lo cual la señora alcaldesa no acude a informar a la radio?

Como cada vernes, a tertulia de COPE O Carballiño interectuou coa súa audiencia, e coa presenza nos estudos de Maria Luisa Rodrúgez, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal.
¿Porqué nunca oimos a alcaldesa do Irixo na radio?
¿Porque nunca acude?
¿E os nenos do colexio de O Irixo porque non foron?
Organizan na plaza do concello unha "pantomima" o día do libro ¿e non poden ir a Insua dos Poetas que está a volta da esquina?
Vaia por diante que nadie esta en contra de que se encha o campo de xente, e haxa aficion e bo ambiente no Espiñedo, o contrario penso que e unha cousa boa para o pobo.
Esto non quita que os veciños e usuariosdacarreteradonde se atopa o campo tamen teñan os seus dereitos cada dia quehai un partido e se corta o campo.
Penso que hai unhafalta de irganizacion e orden enorme, ata quehaxa un accidebte.
Si poñen en callesvallas prohibindo aparcar para facilitar acirculacion, debe cumplirse, e si aparcan pois facer que se cumplan , e o sentido de circulacion igual.
Non pide ser que se queirasairdese entorno e sea dificil por coches sin control nin orden.
Dito de paso que o autobus do clube non e "todopoderoso" para aparcar en plena curva pegado o campo , sen visibilidade igual que coches e furgonetas de mantenimiento. Cada un fai o que quere e non hai orden nin control .
Tan dificil e pensar nos veciños que viven e usan esas ruas .

O Alcalde de Maside repasou en COPE O Carballiño a actualidade municipal neste concello da comarca, entre as que destaca o proxecto de mellora do campo de fútbol do Outeiro Grande, ou os pasos que continúan dándose para avanzar na erradicación do chabolismo da Fontela.
Ademáis, nun nomento da intervención de José Manuel Iglesias nesta emisora de radio, o rexedor masidao desvelou que tanto él como outros alcaldes da comarca non comparten as razóns que levaron ao concello do Carballiño a emprender unha campaña para pedir a inscrición no padrón municipal de habitantes a aquelas persoas residentes no municipio que ainda non o estean.
Escoitao no PODCAST de COPE O Carballiño:

A inauguración será este venres ás 20:00 horas no local que Esther Carretero abre na rúa Julio Rodríguez Soto, cunha nova oferta comercial de moda e estilismo.
Noraboa os responsables do abastecemento de auga do concello de Maside. Cada día supéranse máis. Ocorréselle cortar a auga antes de mediodía para facer un traballo que se pode facer en calquera outra hora sen ocasionar transtornos os demáis. Vese que eles non comen a mediodía ou non usan auga a esas horas. Os do colexio teñen que estar moi contentos. Cos rapaces pra ir o baño e lavar as máns antes de comer. Uns cracks.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »