16, Novembro 2012

Ambos poderán estar o domingo ás órdes de Romero para o partido ante o C.D. Choco en Redondela.

O dianteiro Walter Martín regresa asi ao Arenteiro dúas tempadas despois desde que abandonara o club con destino ao Barbadás, chega a piques de cumplir os 37 anos de idade para reforzar o ataque carbaliñés, no que causaba baixa Iglesias fai unhas semanas.

Pablo Piñeiro Taboadela, de 27 anos, é un medio centro polivalente, xogou na pasada tempada no Ordes, da 3ª división.

Causan baixa no equipo Cristian Dacosta e Javi López, que non estaban cumplindo as expectativas que o club tiña fixadas para ambos xogadores.

Ademáis, para o partido en Redondela serán baixa Xurxo -ten para un mes-, Tacón -2 semanas para recuperarse dunha lesión-, Iago- por motivos personais- e Adrián Cancelas, que arrastra molestias.

15, Novembro 2012

Presentaron unha serie de medidas no plen da corporaicón municipal "para que a veciñanza non se vexa perxudicada  pola suba de taxas  de agua, lixo e alcantarillado". O Grupo socialista propuxo o grupo de goberno, que fora o Concello o que se fixera cargo de abonar a suba do IPC 3,4 % das diferentes taxas, para que asi non repercutira tanto nos bolsillos das familias.

 Os socialistas , a través do seu portavoz Manuel Rodríguez, explican que "os cidadáns de Leiro teñen que soportar a suba do IVE, asi como o novo canon de auga aprobado pola Xunta de Galicia o 22 de xuño de 2012, e o  coeficiente de verquido que lle vai a supoñer pagar máis dun 140%, sendo os da empresa concesionaria os únicos que van a sacar tallada deste asunto".

Rodríguez continua decindo que ademais das medidas mencionadas anteriormente se lle propuxeron outras tales como as de lineas de bonificación dun 30% para discapacitados, pensionistas, xubilados e familias numerosas que non poideran sobrepasar os 680 € de renda , e 916€ o que é o nucleo familiar, e un 10% de bonificación para os desempregados do concello.

Por último o portavoz dí que "todas estas medidas foron rexeitadas polo grupo popular e denuncia a falta de sensibilidade ante as situacións de necesidade que están a padecer os cidadáns neste momento de crise económica , invirtindo os cartos na mancomunidade do Ribeiro que é o verdadeiro cancro que está levando a ruina o concello, xa que o goberno municipal aprobou unha modificación de crédito de 68.000€ para a mesma facendo un total de 226.000 € máis do 30% do presuposto municipal".

 

 

14, Novembro 2012

Na adminstracción local carballiñesa a folga foi secundada por 3 traballadores, no concello do Carballiño dun total de 145 traballadores, tan só 3 apoiaron a protesta dos sindicatos.

Na adiminstracción autonómica, o coordenador do centro de saúde do carballiño informou a esta emisora de radio que "o seguimento da folga entre o persoal foi anecdótico" e a afluencia de pacientes a dun dia calquera. Na ensinanza, a maior participación rexistrouse nos institutos carbaliñeseses, aínda que de forma bastante desigual, mentres no IES nº 1 apoiaron a folga 25 dos 44 profesores que ten o centro, no IES Chamoso Lamas tan só secundaron o paro 17 dos 62 profesores que forman o claustro.

No comercio, salvo algún caso puntual, e na hostelería carballiñesa a actividade desenvolveuse con total normalidade. No parque empresarial e a zona industrial da Uceira, a folga tivo unha incidencia minoritaria.

13, Novembro 2012

Aseguran que foi o tenente-alcalde Manuel Cerdeira o encargado de convidar desde o teléfono da casa do concello a esta festa na que os asistentes degustaron chourizos, empanada, panceta, pan, viño, chocolate e licór café.

O menú era de balde "convidaba o concello" e á convocatoria celebrada o pasado sábado asistiron arredor das 300 persoas "a maioria delas afíns o grupo de goberno", según poñen de manifesto veciños críticos con esta festa de magosto na que tampouco faltou a actuación de grupos musicais e incluso unha sesión de fogos artificiais.

"O Alcalde perdeu a confianza e pretende recuperala dando pan e circo como se estivese na Roma dos emperadores, quere ser emperador pero non ten imperio" comentou no programa "A mañá de COPE" Luis González Tosar, veciño do Irixo, e apostilou "foi unha chourizada impresentable nestes momentos de crise e recortes, é unha provocación que un alcalde organice e convide a unha paparota, porque pensa que asi compra as vontades, e as vontades das persoas non se mercan no bandullo".

"Ao alcalde, ao que tanto lle preocupaban os postos de traballo dos seus veciños, gasta os fondos municipais en paparotas, e segue mantendo a exclusividade súa e do tenente alcalde cobrando entgre ambos aproximadamente 50.000 euros ao ano", comentaba José Castro.

Pola súa parte, desde a "Coordenadora veciñal Incineradora no Irixo Non", que organizou un magosto na carballeira do Campo no que cada asistente pagou 20 euros, lamentan "que o alcalde siga dividindo aos veciños con este tipo de actitudes".

 

12, Novembro 2012

Os datos do mes de outubro rompen unha racha de cinco meses e volven ser negativos, tras sumar 99 novos parados no ámbito comarcal.

No municipio do Carballiño a lista de traballadores en situación de desemprego aumentou en 64 persoas durante o mes de Outubro, o que supón un 4,44% de incremento, o que deixa a actualización da cifra en 1.505 parados, dos que 700 son homes e 805, mulleres.

En  Maside, Outubro deixa 11 novos parados, e son xa 284 neste municipio. En San Cristovo de Cea, engrosan as listas do paro 8 persoas, outras 10 fano no municipio de San Amaro, 4 nos municipios do Irixo e Punxín, e 2 en Beariz.

Finalmente, en Boborás e Piñor producese un simbólico descenso do paro no mes de Outubro, en cada ún destes municipios atoparon traballo 2 persoas.

11, Novembro 2012

O lider da categoria deixou o partido visto para sentencia na primeira parte, con 0-3 ao descanso, os ponteareáns deixaron patente a súa superiorade no municipal de Espiñedo ante un Arenteiro que non mellora malia o cámbeo de adestrador.

C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo (Pachi), Dabarca,Pana (C. Escudero), Iago (Gabriel), Tacón (Bardelás), R. Dacosta, Kennedy, D. Soares, e Marcos Sotelo (Javi López).

O novo adestrador local, Romero, debutou con derrota nun Arenteiro que non sae da súa depresión, os visitantes foron moi superiores desde o inicio do partido, donos desde o minuto 1 do centro do campo, ben asentados na súa cobertura e descaradamente lanzados pola victoria.

 Moi pronto se lles puxo en franquicia o partido aos ponteareáns, no minuto 8 Tacón perde un balón na liña de 40 metros e o dianteiro visitante Carlitos aproveita para batir a Macia cun tiro desde fora da área axustado ao pau dereito. Aos 23 minutos, chegaba o segundo gol para a C. Areas nunha bonita xogada combinativa dos visitantes, que sentencian no minuto 41 co 0-3, tras outra xenialidade do seu dianteiro Carlitos.

Xa no segundo periodo, a Cultural Areas baixou o acelerador e propiciou que o partido estivese máis equilibrado. Co tempo cumplido, escapaselle das mans un balón a Macia, que siñifica o 0-4 definitivo.

 

9, Novembro 2012

Medio centenar de veciños acudiron a esta convocatoria de pleno extraordinario no que a corporación municipal debía aprobar as propostas da alcaldia para a modificación das ordenanzas fiscais relativas ao abastecemento de auga e saneamento, que fixaban un incremento dacorde ao establecido polo IPC.

Non obstante, o Alcalde da localidade Manuel Vázquez, ante a numerosa presenza veciñal, optou por deixar en suspenso a proposta e finalmente accedeu a reunirse cos representantes da plataforma veciñal que ven demandando a revisión do contrato con Aquagest, ao considerar que os prezos que pagan pola auga "son altamente abusivos e desproporcioandos", tal como veñen manifestando. O rexedor municipal reuniráse ao longo da vindeira semana cos veciños para escoitar os seus plantexamentos e estudar unha posible fronte común entre concello e veciños para presionar á empresa concesionaria.

Antes e durante o desenvolvento da sesión plenaria, producironse momentos de moita  tensión entre veciños presentes no concello, entre os partidarios do Alcalde e os que criticaban a súa xestión. O momento máis álxido chegou cando un veciño recriminou aos concelleiros socialistas -agora na oposición- por asinar durante o anterior mandato municipal o polémico convenio con Aquagest, o que provocou un forte enfrontamento verbal entre o público e o concelleiro socialista Amadeo Vázquez.

8, Novembro 2012

Para elo instalará un sistema de placas solares fotovoltaicas que abastecerá as necesidades enerxéticas do edificio municipal.

O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, avanzou nesta emisora de radio que "con este sistema de aforro enerxético non só conseguirémos o custo cero para a electricidade que necesita o consistorio, senón que servirá para cambear o sistema de calefacción, que na actualidade é de gasoleo por outro eléctrico". O rexedor municipal explicou tamén que "o coste de mantemento do sistema é minimo, polo que o aforro vai ser importante".

A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto, que representa un invstimento de 40.000 euros, dos que o concello de San Amaro tan só aportará o 20%, xa que o 80% do custo cubrese por medio dunha subvención autonómica do fondo de cooperación medio-ambiental.

7, Novembro 2012

Os datos son os que figuran no proxecto presentado pola sociedade "Aerogeneración Galicia",  280 persoas terán traballo na construcción do complexo enerxético que se ubicará en montes do municipio do Irixo.

A Consellería de Industria somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a execución do proxecto, que ocupará unha superficie total de 254 hectáreas, das que 175 están localizadas no ámbito xeografico do Irixo, e as 79 restantes no concello de Lalín. No caso da superficie que abrangue ao municipio do Irixo, as 175 hectáreas que serán ocupadas ubicanse nas parroquias de San Cosme de Cusanca e Espiñeira. A relación de propietarios afectados pode consultarse na delegación provincial da Consellería de Industria.

O investimento previsto por Aerogenación Galicia, sociedade promovida pola constructora lalinense Taboada e Ramos, é de 27,3 millóns de euros. As características técnicas do proxecto contemplan a instalación de 8 aeroxeradores de 3.000 kilovatios de potencia nominal unitaria, cunha altura de 94 metros e  e un diámetro de rotor de 112, asi como unha estructura meteoróloxica de 100 metros de alto. O proxecto industrial obtivera en novembro de 2010 unha das puntuacións máis altas no concurso eólico da Xunta.

 

 

6, Novembro 2012

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comeza esta semana as "Obras de acondicionamento dos ríos Avia e Arenteiro", nos municipios do Carballiño, Leiro e Ribadavia.O obxecto destas actuacións é a limpeza das ribeiras de ambos os dous ríos procedendo á curta e retirada de árbores secas afectadas pola "praga dos ameneiros" que apareceu na primavera de 2009 e que afectou a soamente a esta especie. Ademais, levaranse a cabo actuacións de restauración ambiental, procedendo á estabilización dos noiros que se esborrallasen por caída das árbores enfermas.

Para levar a cabo estas actuacións de restauración utilizaranse técnicas de bioingeniería colocando estacas de salgueiro verde cravadas ao firme e atadas entre se e aos biorrollos para completar a estacada. Por último taparanse e acondicionarán os noiros coa mesma terra extraida, colocarase malla de coco para suxeitar o terreo e se estaquillará con brotes de salgueiro recollidos na zona para consolidar a estabilización.

Co ánimo de minimizar os impactos das actuacións a realizar, daranse as instrucións oportunas para que os traballos respecten ao máximo a vexetación e a fauna autóctonas. Por outra parte, a madeira extraida torarase e preparará para o seu posterior amoreado e transporte un xestor de residuos vexetais apropiado.

No Concello do Carballiño actuarase en ambas as dúas marxes do río Arenteiro e incidirase no tramo comprendido entre a ponte medieval de Veiga e a entrada á piscifactoría do Carballiño. En Leiro actuarase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por esta localidade e incidirase no tramo comprendido ente a ponte da Esperela e a ponte románica de San Clodio. No Concello de Ribadavia a actuación desenvolverase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por este Concello e sobre todo no tramo comprendido entre o regato Eigón e a ponte de Ribadavia, tramo no que encontramos maior incidencia de afección de Phythophthora Alni.  As actuacións teñen un orzamento de 169.459 euros.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS