17, Outubro 2012

Nesta oficina virtual poderán realizarse tramitacións online ante a administracción local carballiñesa.

Para acceder a este novo servizo que pon en marcha o concello carballiñés tan só será necesario dispoñer dun ordenador con conexión a internet. Poderán facélo as persoas interesadas a través da páxina web , www.carballino.org, e premendo na pestana da "oficina virtual".

Desta maneira, poden realizarse trámites relativos ao padrón municipal de habitantes ou  procedementos administrativos ante o departamento de obras e urbanismo, sen necesidade de desplazamento físico ás dependencias municipais. Con esta nova ferramenta pretendese ofrecer a toda a veciñanza unha maior comodidade e axilidade na realización de xestións municipais no concello do Carballiño.

Calquera persoa que estea interesada en aclarar calquera dúbida sobre o funcionamento deste novo servizo será atendida na aula CEMIT do concello do Carballiño.

17, Outubro 2012

Asi o confirmaba a Deportes Cope O Carballiño o Presidente da entidade, José Antonio Cadavid, que sigue traballando na posible contratación doutros reforzos.

O C.D. Arenteiro está en postos de descenso directo, o equipo viña dando unha pobre imaxe e fixo saltar as alarmas. Os movementos non se fixeron esperar, Iglesias recibe a baixa por faltas reiteradas de comparecencia nas convocatorias, e optase por recuperar a Kennedy, do que se se prescindira despois de facer a pretempada co equipo. Estará xa a disposición de Dacosta o próximo domingo para o desplazamento ao Grove.

A Xunta Directiva sigue buscando posibles reforzos, e entre eles ven apuntandose o nome do ourensanista Rubén Arce, aínda que as reticencias do adestrador do C.D. Ourense, Luisito, están facendo que se complique a fichaxe, aínda que os responsable carballiñeses non renuncian aínda a súa incoporación.

16, Outubro 2012

A celebración da feira do 16 animou a campaña electoral no Carballiño, as distintas candidaturas instalaron os seus stands informativos e Compromiso por Galicia elixíu a residencia de maiores para ciriticar a política social do Partido Popular.

O Candidato nº 1 desta nova formación polítca Xosé Manuel Pérez Bouza acompañouse neste acto dos ex-concelleiros do BNG no Carballiño e Cea, Manuel Amil e Xosé Mosquera, e outros membros de CompromisoXGalicia como Xosé Carballido e Xosé A. Jardón.

Pérez Bouza puxo como exemplo da "nefasta política social de Feijóo esta residencia de maiores do Carballiño, que supuxo un investimento de 5 millóns de euros e permanece pecaha, a austeridade de Feijóo convertese no maltrato aos maiores, igual que acontece cos expedentes de dependentes sen resolver e a privatización do servizo de comida nestes centros públicos, unha persoa que maltrata aos seus maiores non é merecente de seguir sendo presidente da Xunta de Galicia", subliñou.

No transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio, Pérez Bouza referíuse á campaña electoral "como unha gran oportunidade de achegar o noso proxecto político á cidadanía, con apenas 3 meses de vida que ten este proxecto, para nós é importante aproveitar esta campaña para darnos a coñecer, porque independiente dos resultados do próximo domingo, Compromiso por Galicia chega para quedarse e artellar un proxecto político que vai máis alá destas eleccións", dixo.

A nova forza política aposta "pola defensa, a dignificación e posta en valor da identidade galega, e defender os intereses de Galicia no seu conxunto, promovendo ademáis a participación cidadá na política, asumindo como principios básicos a responsablidade, transparencia e esixencia ética para o desempeño dos cargos públicos" e engadíu que "calquera cargo de Compromiso por Galicia imputado nun procedemento xudicial, presentará de inmediato a súa demisión", manifestou o cabeza de cartel de Compromiso por Galicia.

Xosé Manuel Pérez Bouza tamén avanzou en COPE O Carballiño o modelo social que propugnan "nós non somos antisistema, estamos dentro do actúal sistema, desde logo que o noso modelo non é Cuba nin Corea, senón a socialdemocracia dos países nórdicos, pensamos que os empresarios teñen que gañar o seu diñeiro  e os traballadores estar ben pagados e cos seus dereitos, un modelo económico e social que ofreza á sociedade en condicións de igualdade uns servizos básicos universais, públicos e de calidade", salientou.

 

 

 

14, Outubro 2012

Outra derrota dos carballiñeses ante a súa afección, desta vez coa atenuante da desastrosa actuación arbitral, que perxudicou ao Arenteiro, con dous xogadores locais expulsados no segundo periodo, ademáis de premiar aos visitantes cun moi dubidoso penalti.

C.D. Arenteiro: Macia; Escudero, Xurxo (Adrián), Dabarca, Pana, Iago, Gabriel (Tacón), Bardelás (Cristián), Cancelas (Manuel), Soares e Dacosta.

Goles

0-1. Minuto 22, a U.D. Atios bota un corner e o seu dianteiro centro, entrando no primeiro pau como perico pola súa casa, mete a cabeca e adianta aos visitantes.

0-2. Minuto 58, xogada sen ningún perigo ao borde da liña de portería do Arenteiro, o árbitro decreta penalti, que transforma o lanzador visitante.

1-2. Minuto 74, balón sobre David Soares, que acorta distancias no marcador.

Comentario: O Arenteiro desaproveitou por completo a primeira parte, non obstante tras o descanso os carballiñeses saíuron con máis decisión, exercendo unha presión directa sobre o rival, desta maneira o Arenteiro equilibrou un encontro antes e despois de que chegase a xogada do discutido penalti que puxo en franquicia o marcador ao equipo pontevedrés. Mención aparte merece a actuación do trio arbitral, que cargou de tarxetas aos xogadores do Arenteiro, expulsando do campo a Tacón e Dabarca, cando aínda faltaban 10 minutos para o final.

 

 

14, Outubro 2012

A casa da cultura do Carballiño quedouse pequena este pasado sábado, moitas persoas tiveron que seguir o mitin de AGE e pé e outras moitas tiveron que quedarse fora, ao completarse o aforo.

Os responables carballiñeses da Alternativa Galega de Esquerda, a candidatura que lidera Xosé Manuel Beiras, fixeron un mal cálculo da posible asistencia ao seu acto electoral no Carballiño, e ao final a asistencia de público desbordou as previsións da organización.

O Alcalde de Teo e membro de Anova, Martiño Noriega, non perdeu a ocasión para referirse a este éxito de convocatoria no Carballiño "cada vez enchense máis os auditorios e cada dia que pasa nesta campaña, AGE provoca máis ilusión e máis xente se vai sumando a este proxecto, esto é o que me estou encontrando por todo o país adiante en todas as vilas, aldeas e cidades ás que vou falar", subliñaba.

Antes da intervención do Alcalde de Teo, que pechou o acto, falaron os candidatos que abren a lista por Ourense, que explicaron as liñas fundamentais do programa electoral da Alternativa Galega de Esquerdas, que baixo o lema "hai que paralos" pretende converterse na clave da derrota electoral do Partido Popular.

O representante da comarca do Carballño na candidatura de AGE, Andrés Fernández, que actúou como presentador dos distintos oradores que tomaron a palabra, pedíu disculpas a "todos os que non poideron entrar na casa da cultura do Carballiño", para seguir este acto electoral.

13, Outubro 2012

"Aquí estamos comendo xuntos, pero cada ún paga o seu, como fai o PP sempre, non deixando nada a deber", remarcaba Feijóo ante os seus na comida-mitin deste sábado no Carballiño.

Os comensais pagaron 14 euros por asistir a este xantar-mitín que reuníu a 600 persoas, e que comezou con algún retraso sobre o horario previsto debido á tardanza en chegar por parte do candidato dos populares á presidencia da Xunta de Galicia. O menú, típico carballiñés, a base de polbo e carne ao caldeiro.

O Partido Popular non elixíu casualmente o parque do balneario do Carballiño para celebrar o seu acto electoral senón "porque con este escenario queremos simbolizar unha das nosas apostas para que O Carballiño volva a ocupar algún dia o lugar que por historia e tradición lle corresponde no termalismo galego, ese lugar que perdimos nas últimas decadas mentres outros falaban de expropiacións e outras fantasias, cando o que compre facer é apoiar e relanzar a nosa riqueza termal porque nela temos ún dos nosos grandes potenciais económicos", explicaba o Alcalde do Carballiño aos medios de comunicación, exercendo de anfitirión momentos antes de comezar o acto.

 Argimiro Marnotes dixo que "O Carballiño é un pobo de boa xente, pero sempre hai excepcións, por eso temos que pedir disculpas por exportar desde aquí ao gran cacique, no Carballiño xa o sacamos de enriba, e agora Galicia enteira vaille demostrar que non é o home que precisa".

Non foi a única referencia ao candidato dos socialistas, Manuel Baltar apostillou "o gran cacique Pachi, denunciado por unha traballadora á que tivo que defender a candidata do BNG".

Durante a súa intervención, Alberto Nuñez Feijóo, recalcou que "Galicia é hoxe un modelo para España, hai catro anos eramos o exemplo a evitar e hoxe somos o modelo a seguir". O candidato popular tamén se acordou de Pachi "aos do PSOE coñecemolos ben e aquí no Carballiño especialmente, síntome orgulloso de que no Carballiño haxa un alcalde do Partido Popular", enfatizou.

 

 

13, Outubro 2012

As vilas de Leiro e Ribadavia acolleron os actos centrais da campaña do BNG, nos que se incidíu "nas distintas problemáticas que afectan ao Ribeiro".

Os candidatos nacionalistas expuxeron aos asistentes as propostas do BNG para un cambio de rumbo nas políticas públicas "que leve ao goberno galego a traballar en favor da maioría social e non a prol dos intereses da elite económica como ven facendo o PP nos gobernos de Feijóo e Rajoy".

Especial fincapé fixeron os candidatos do BNG no sector vitivinícola. Alfredo Suárez Canal, ex-conselleiro do Medio Rural recordou os programas de investimento na reestruturación de viñas do Ribeiro, a mellora de accesos ás mesmas, así como os incentivos á incorporación de viticultores xoves, a mellora das adegas e a promoción dos viños da D.O. Ribeiro, durante a anterior lexislatura.

A candidata do BNG Tereixa Paz expuxo "a incompetencia do PP que paralizou os proxectos postos en marcha e voltou deixar aos viticultores do Ribeiro sen amparo legal ao seu labor". Puxo como exemplo os contratos homologados amparados oficialmente pola Xunta en 2006 e 2008 dende a Consellería de Medio Rural e que permitiron un marco estable de prezos ata a vendima de 2010 en que estiveron vixentes "situación que mudou radicalmente polo desleixo do PP, así, malia unha reducida colleita coma a de 2012, os prezos que van percibir os viticultores do Ribeiro van ser moi inferiores aos que fixou o contrato homologado de 2006 e 2008. Todo isto cun delegado territorial na provincia orixinario do Ribeiro e mentres si se asinou neste ano un acordo de contrato na D.O. das Rías Baixas", subliñou a candidata nº 1 por Ourense.

A nacionalista asegurou que, avalado pola súa traxectoria de goberno, se o BNG ten responsabilidades de goberno en materia de medio rural despois do 21 de outubro, promoverá a aprobación dun novo contrato homologado para o Ribeiro.     

JORQUERA EN CASTRELO DE MIÑO

Este domingo, dia 14, o Candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera participará nun mitin ás 5 da tarde no Parque Náutico de Castrelo de Miño, no que tamén intervirán o Alcalde da localidade Xurxo Rodríguez Méndez.

 

12, Outubro 2012

Dous goles conseguidos polo Verín C.F. no segundo periodo liquidaron ao Arenteiro da segunda ronda da Copa Deputación, en partido a eliminatoria única xogado no campo do José Argiz de Verín.

Os carballiñeses volveron amosar a súa pior cara e quedan apeados da competición copeira, na que so lograron superar a primeira ronda ante A Peroxa.

No partido desta tarde ante outro dos equipos de Preferente, o Verín C.F., os verdes non deron a talla e caeron eliminados con toda xustiza. O Arenteiro xogou un partido que podemos calificar de "desastroso", o pior non é quedar fora do torneo copeiro, que podía entrar dentro do posible, senón a paupérrima imaxe que ofreceu o equipo carbaliñés.

10, Outubro 2012

O auditorio do Carballiño encheuse de afiliados e simpatizantes socialistas -800 segundo o PSdG-  para escoitar a Pachi Vázquez no mitin central da campaña electoral nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro.

O candidato socialista chamou a votar aos indecisos que non queren un goberno da dereita para “sacar a Galicia da crise pola esquerda” garantindo a educación, a sanidade e a atención á dependencia de carácter público. Chamou así a saír da crise facendo política “para as persoas”, a través dun camiño “duro e difícil” pero xusto cos mais prexudicados mentres a dereita “exprime aos enfermos, estudantes e pensionistas”.

 Puntualizou que “si os que dubidan a día de hoxe nos apoian, a partir do día 21, en vez dun goberno e un presidente que só pensan en si mesmos haberá un goberno e un presidente socialista que pensan na xente que os necesitan”. Dixo que “cando a xente non vota gaña a dereita, pero canda a xente ponse de pé e non se resigna gaña a esquerda”.

 Ademais, comprometeuse a gobernar sen despedir ningún empregado público porque “cada vez que despiden a un médico ou un profesor están prexudicando a calidade dos servizos públicos”. Dixo que “nesta crise non entramos por culpa da educación, dos pensionistas, dos parados nin dos estudantes, entramos por culpa dos bancos que crearon un sistema especulativo e que cando se afundiu todo desapareceron”.

 Pachi Vázquez subliñou que “están os tempos para axudarlle ás familias que o están pasando mal”, polo que comprometeu 25.000 bolsas contrato para outros tantos mozos e mozas no paro a través dun Plan de Emprego Xuvenil. Tamén comprometeuse a eliminar as axudas aos centros concertados que segregan por sexos para destinar eses cartos a pagar os libros de texto gratuítos.

 Comprometeuse tamén a que os pensionistas galegos non teñan que pagar polos seus  medicamentos co copago imposto por Rajoy e Feijóo. Tamén apostou polo investimento en políticas de igualdade e na equiparación salarial entre homes e mulleres mentres o PP, dixo, “cando hai problemas, caladiño empeza por botar ás mulleres do mundo do traballo”

Advertiu que “votar ao PP é votar por pagar polos medicamentos, polo transporte escolar ou polos libros de texto, é votar contra ti mesmo” e apostou por “cobrar mais aos mais ricos e investir en universidades e ensino”, seguindo o modelo de Francia “e non o de Grecia e Portugal, como segue a dereita”.

 

10, Outubro 2012

Tereixa Paz e a carballiñesa Áurea Francisco protagonizaron o mitin do BNG celebrado no salón de actos do concello do Carballiño, que completou o seu aforo.

A concelleira da corporación  do Carballiño confesou a "soedade" que vive na vida municipal "cando teño que defender O Carballiño dos ataques que sufre continuamente por parte dos gobernos do Partido Popular". Áurea Francisco referíuse aos 9 concelleiros carballiñeses do PP como "soldadiños de plomo de eses capataces do capital, que moven as políticas do Partido Popular".

Tereixa Paz, nº 1 na candidatura do BNG por Ourense solicitou o voto propoñendo "autogoberno para conquistar a soberania, crear emprego apostando por desenvolver todo o potencial económico de Galiza, e fomentando unha economía productiva e impulsando o papel da iniciativa pública para promover unha política industrial". A candidata do BNG foi moi crítica con todas a políticas de Rajoy e Feijóo, e a este último fixoo responsabel "das listas de espera, da reducción do persoal sanitario e paralizar a construcción de novos hospitais".

O representante comarcal na candidatura do BNG, Marco Antonio Reboredo, aproveitou a celebración deste acto electoral para trasladar "a solidariedade do BNG cos traballadores de Aplicarmetal - a empresa punteira do parque empresarial do Carballiño- que está nun proceso de ERE por falta de carga de traballo, consecuencia da nefasta política de Feijóo no sector eólico".

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS