24, Abril 2024

Xa está ben cos de Maside co tema da auga. Onte chego a casa a tardiña de traballar e tópome co lavavaixelas bloqueado e ca louza sucia e o mesmo ca lavadora. Imposible darse unha ducha ca cantidade de aire que teñen as cañerias. Os que traballamos temos que programar senón non dan as horas. Para calquera carallada que pasa na rede cortan na chave que hai en Fonteboa. Que poñan unha dunha vez a entrada de Corzos. Por certo, moitos cortes pero as fugas seguen sen arranxarse. Outra cousa, a auga inda hoxe non vale pra beber, un noxo.

24, Abril 2024

Loa tertulianos Lamazares, Manolo Nogueira y Fátima hablaron sobre una posible moción de censura.

Sus comentarios fueron esclarecedores. Parece ser que estaban en sintonía y de acuerdo en que el presidente del PP de Carballiño está mejor situado que nunca y que no le interesa un pacto. Que los concejales del PP no tiene liderazgo ni poder de decisión. y que Tanto a PP como a PSOE les interesa que Fumega siga en la alcaldía. Ya que según los tertulianos un pacto debilitaría al PP, ese que ahora no tiene liderazgo y que habrá que esperar a que Argimiro vuelva para ver si esta vez sique se quiere presentar a las elecciones. 

Lo más asombroso de todo es que en toda la tertulia solo hablaron de los intereses de PP y PSOE y en ningún momento, ninguno de los 3 fue capaz de hacer mención  a la cuestión de ¿que es lo mejor para CArballiño? ¿ que le interesa a Carballiño? ¿ que es lo mejor para sus vecinos?

En todo caso, los tertulianos representativos de diversos partidos dejan claro que pensar en CArballiño, no se les pasa por la cabeza. 

24, Abril 2024

Imposible facer un bo centro de saude e menos integral ahí nese buraco. Non hai espacio nin accesibiliade. podeslle preguntar a calquera sanitario do carballiño, que hain unhos poucos. 

pero consultar ós que saben non interesa

Ben se ve que aquí tanto o Alcalde como o poderoso do PP van ó seu, que parece que é o mismo e importalle un pito o que lle pase o Carballiño. Eles 2 a medrar e a engordar o seu.

24, Abril 2024

A insólita situación que vive o Arenteiro está sendo protagonista no mundo do fútbol español, incluso medios extranxeiros están facendose eco da noticia.

Dos tres porteiros que ten na plantilla, dous deles -Diego García e Manu Figueroa- están lesionados, e o único dipoñible -Pablo Brea- está cedido polo Deportivo da Coruña, pero no contrato de cesión está incluída a coñecida como a claúsula do medo, polo que o Arenteiro tería que abonar unha elevada penalización económica no caso de alinealo o próximo domingo en Riazor.

Como solución de emerxencia, o Arenteiro decidíu tramitar a ficha federativa do actúal preparador de porteiros e analista, Diego Rivas, para que poida estar en disposición de defender a portería do Arenteiro no seu partido de liga ante o Deportivo este próximo domingo ás 7 da tarde, como último recurso

O "Partidazo de COPE", o programa que presenta nas noites de COPE Juanma Castaño, entre os medios de cobertura nacional, que se fixeron eco da noticia, entrevistando ao protagonista Diego Rivas. Escoitao no audio no seguinte enlace:

https://www.cope.es/programas/el-partidazo-de-cope/noticias/curioso-caso...

23, Abril 2024

O novo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia realizou este 23 de abril, coincidindo coa celebración do Dia do Libro, a súa primeira visita á comarca do Carballiño, asistindo ao acto organizado pola Fundación Insua dos Poetas.

O novo máximo responsable de Cultura da Xunta, Lingua e Xuventude José López Campos participou na programación cultural que levouse a cabo coa participación de estudantes de centros educativos da comarca do Carballliño, e outros do resto da provincia, como o IES Ferro Couselo, CEIP de Maceda, CEIO de Seixalvo, CEIP Terras de Maside, Colexio Luis Vives e Colexio Vila do Arenteiro.

O acto incluíu música, lecturas de poemas, posta en escena e outras actuacións creativas para salientar a importancia do libro en calquera dos seus formatos para o desenvolvemento da humanidade. O conselleiro fixo un chamamento a gozar de todas estas accións ao redor do libro e a lectura que erixiu como “vía de expansión da identidade e cultura de Galicia” e lembrou que o Día Internacional do Libro é un data que a Unesco estableceu para incentivar a lectura, promover a industria editorial e defender os dereitos dos escritores e escritoras de todo o mundo.

Neste senso, considerou unha efeméride máis que axeitada para que, a través da ampla programación cultural ao redor desta data, poder achegarse ou afondar na figura á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, á poeta, á ensaísta, á música e á dramaturga, Luísa Villalta.

23, Abril 2024

A Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense veñen de asinar un convenio de colaboración no que, cun orzamento de 3,8 millóns de euros, vai poñor en marcha un programa piloto de prevención e extinción de incendidos forestais en varias comarcas da provincia, entre elas as do Carballiño e O Ribeiro.

O programa será xestionado polas Mancomunidades dos Concellos de ambas comarcas, que contarán con 8 brigadas -4 en cada comarca- que desenvolverán a súa actividade durante un periodo de 6 meses neste ano 2024.

No caso da comarca carballiñesa, este programa piloto chegará aos 9 concellos do terrritorio comarcal. Asi o anuncio en COPE O Carballiño, o presidente da entidade intermunicipal, Fernando Redondo.

22, Abril 2024

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal de maio no que insta ao concello á creación dun plan de desbroce e prevención de lumes, previo á tempada de altas temperaturas. As e os socialistas tamén esixen que se mellore a seguridade nesta materia nos núcleos de poboación para que a veciñanza poida sentirse segura.

Dende o grupo municipal socialista de Punxín explican que a veciñanza “ten unha gran preocupación nestes momentos, debido a situación de abandono na que se atopa o municipio en materia de prevención de lumes”. Tal e como explican as concelleiras e os concelleiros do PSdeG-PSOE “a situación é límite, ante a falta de prevención, o que supón un grave perigo e risco para as vivendas e as persoas en caso de incendio e coincidindo co aumento das temperaturas”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que os e as socialistas “non nos resignamos ante a situación de abandono e temos claro que o concello debe apostar por un plan de prevención, tendo un papel fundamental na loita contra os lumes”. A concelleira socialista pon de manifesto que “a día de hoxe, a pouco de comezar a tempada de verán e con ela o aumento do risco de incendios, o noso concello non se atopa en condicións de afrontar dita situación”. Tal e como relata “a maleza está presente tanto en espazos públicos como en propiedades privadas, o que supón un grave risco en caso de incendio”.

Peleteiro Vázquez amósase “moi crítica” coas declaracións feitas pola nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, que afirmou fai uns días que a intencionalidade dos incendios forestais “vai no ADN dos galegos e das galegas”. A voceira do PSOE en Punxín considera “inaceptables” estas declaracións e afirma que “denotan resignación e acomodamento, ademais de provocar unha fonda preocupación entre a veciñanza”.

Dende o Grupo Municipal Socialista de Punxín destacan que “nós non nos resignamos, nin pensamos que os incendios estean ligados ao ADN de Galicia”. As concelleiras e concelleiros do PSOE afirman que “temos claro que hai solución para reducir os incendios forestais e esta pasa pola prevención e porque o concello teña unha papel chave”. Esixen que se remate con 15 anos de recortes en materia de prevención e extinción contra os lumes e se establece un modelo de loita “único, con persoal profesional, formado e equipado”.

22, Abril 2024

Ola compañeir@, eu referíame o que van facer, non a ubicación, que a min tampouco che me gusta nada, pero alguen moi poderoso no Carballiño, quixo que ali fose, e non me refiero o alcalde, senon do lado popular, por diversos intereses empresariais, por desgracia para a veciñanza, o centro pode ser bo, pero a ubicación non e a mais axeitada non

22, Abril 2024

Onde???

Compañeiro, onde dis que o van facer? Porque no carballiño alí enterrado no río e baixo terra vai ser un cutrecentro de salud. Pasalo dunha veira do río a outra, hai q ser ven listos? Que centro nos van facer alí enterrados onda o conservatorio e onda unha antenaza de telefonía, moi sano todo. O que non vaia enfermo ponse. A parte de acabar reventado de subir costas.

Merecemos algo decente e fàcil de chegar. E non un niño de abellas.

21, Abril 2024

Domingo 21, frente o número 79 da rúa Xulio Rodríguez Soto, entre as 10,20 e as 11,20 horas. Sobran os comentarios.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS