
O Concelleiro Manolo Dacal lamentou que "se abandonen unhas instalacións polas que pasaron máis de 15.000 persoas cando nós estabamos no goberno".
Dacal puxo como exemplo desta situación "o derrubamento do pendello do muiño do Anxo" que forma parte deste Parque Etnográfico do Río Arenteiro "xa que fai dous meses que caeu o chan e desde entón permanece en tan lamentable estado, dando unha imaxe moi mala da zona e do abandono ó que está sometido por este goberno".
O concelleiro socialista salientou "o gran esforzo que se fixo nesta zona, que era un basureiro, recuperando e poñendo en valor unha zona que debería ser ún dos grandes activos para o turismo no Carballiño, todos sabemos como estaba aquelo e do traballo que se fixo nas sucesivas escolas taller, para agora deixar que se estrague todo", apuntou Dacal, que no anterior mandato dirixira a área municipal de turismo do concello carballiñés.
O episodio tivo lugar na tarde deste pasado domingo no Carballiño e o seu protagonista foi D.V.P. de 36 anos de idade, que intentou vender hachis a un Garda Civil.
Daquéla, o axente tras identificarse como tal, solicitou a documentación ao vendedor, éste respostou agredindo ao Garda Civil. Máis tarde, o agresor foi detido como "presunto autor dun delito de atentado contra un axente da autoridade", según a nota informativa difundida dende a Subdelegación do Goberno.
Os carballiñeses non levantan cabeza e caen novamente derrotados en Espiñedo, desta vez ante o Valadares Vigués, aínda que nesta ocasión o Arenteiro mereceu algo máis, pero non tivo sorte ante a portería visitante.
C.D. Arenteiro: Pachy; Cote, Escudero, Dabarca, Pana (Iago), Gabriel, Bardelás (Cristián), Dacosta, Kennedy, Soares e Marcos Sotelo (Tazos).
Goles:
0-1: Minuto 77. Corner sobre a portería local e os carballiñeses repiten o mesmo erro que no partido anterior ante a A.D. Atios, ninguén cubre o primeiro pau e por alí entra un dianteiro do Valladares que remata un balón que Pachy non pode evitar que entre na portería.
Comentario: Unha pena que outra xogada de estratexia se leve os 3 puntos de Espiñedo, unha derrota que non se mereceu esta tarde o Arenteiro. Na primeira metade o Valadares dominou territorialmente, aínda que a única ocasión de gol foi para o Arenteiro tras cabecear Soares dentro da área e salvar Adrián. Na segunda metade os carballiñeses xogaron máis que o rival, tras o gol do Valadares, Kennedy pudo empatar o partido, pero o seu remate de cabeza salvouno prodixiosamente o meta visitante Adrián.
O PARTIDO EN LALÍN XOGASE O XOVES ÁS 16:30 HORAS
O encontro de liga que dezanos e carballiñeses desputan correspondente á 11ª xornada de liga adiantase ao xoves dia 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, o partido xogaráse no Miguel Anxo Cortizo e comezará ás 4,30 da tarde.
Os carballiñeses recuperan para este partido aos sancionados polas expulsións de O Grove, Xurxo, Prada e Cancelas.
O partido de Lalín presentase como un importante test para os carballiñeses, necesitados con urxencia de sumar puntos para sair canto antes dos postos de descenso. Enfronte terá a un Lalín que vive tamén horas baixas, polo que será unha boa oportunidade para puntuar por parte dos carballiñeses.
Foi o único premio de primeira categoria rexistrado no sorteo da bonoloto deste pasado mércores dia 24, o boleto foi validado na Administracción de Loterias do Carballiño.A combinación gañadora, 6,8,10,11,15 e 21, levase un premio de 579.124 euros, foi o único boleto deste sorteo da boloto que acertou os seis números.
A xerente da Adiminstracción de Loterias do Carballiño, Ana Prada, comentou en COPE O Carballiño que "o boleto foi vendido o pasado lúns dia 22, trátase dun boleto semanal de 2 apostas polo que o seu posuidor- de identidade non coñecida- pagou 4 euros".
Noite electoral carballiñesa de euforia na sede do Partido Popular, emocións encontradas entre a militancia de AGE, e desolación entre BNG e socialistas.
O "efecto" Pachi non funcionou, e nin sendo Vázquez candidato á Presidencia da Xunta consiguen os socialistas gañar ao Partido Popular nunha eleccións autonómicas no Carballiño, tampouco en ningún concello da comarca, nin xiquera en Maside e Piñor, onde os socialistas obstentan o goberno do concello. Aínda que no PsdG carballiñés eran conscientes das adversas perpectivas electorais, non se esperaban un castigo tan grande como o que sufriron no ámbito galego, tampouco na comarca o resultado foi o esperado. En relación ás útlimas autonómicas o PSOE perde case catro puntos no Carballiño.
A outra cara da moeda estaba na sede do Partido Popular, onde a alegría se desbordaba por momentos tanto polos resultados a nivel autonómico como en clave local e comarcal. Os populares están especialmente satisfeitos do resultado no municipio do Carballiño, onde se extrapolamos o resultado destas eleccións a unhas teóricas municipais o Partido Popular mantería a maioría absoluta. Os populares melloran no Carballiño 5 puntos en relación ás autonómicas de 2009.
Alternativa Galega de Esquerdas situase como terceira forza política do municipio carballiñés tras estas eleccións autonómicas, aínda que superando tan só simbolicamente ao BNG por 7 votos.
No concello do Carballiño o Partido Popular acadou 3.735 votos, o PSdG 2.857, AGE 430, e BNG 423. A abstención foi do 30,06%, case 4 puntos máis en relación ás autonómicas de 2009.
O IRIXO
A polémica sobre a incineradora non parece pasar factura ao Partido Popular, que consigue neste municipio unha ampla maioria de votos, atá o 64,20%, fronte o 22,33% do PSdG e o 6,15 de AGE. En votos, 678 do PP, 233 de PSdG, e 85 de AGE.
MASIDE E PIÑOR
Nos dous concellos gobernados polos socialistas, éstes non consiguen parar a marea popular. EN PIñor os populares fanse co 50% do electorado (474 votos) e o PSdG obtén o respaldo do 39,(7% (378 votos). O BNG 41 e AGE 23.
En Maside, os populares quedanse co 47,91% do electorado (930 votos), e os socialistas có 40,59% (788 votos). AGE, con 76 sufraxios, tamén supera neste municipio ao BNG, que obtén 61.
AVIÓN E BEARIZ
O Partido Popular arrasa en ambos concellos outra convocatoria máis en ambos concellos. En Beariz consigue o 88% de votos (543) e o 87,54% en Avión (907). Os demaís partidos repartense o resto, os socialistas apenas representan o 4% do voto escrutado.
SAN AMARO
No concello onde reside Pachi Vázquez, o candidato socialista foi votado polo 28,75% dos electores fronte ao 60% que o fixeron ao Partido Popular.
BOBORÁS
Os populares superan neste concello os resultados das autonómicas de 2009 ao acadar atá o 66,84% dos votos, daquéla fora o 64%. Os socialistas quedanse no 18,96%, e tamén neste municipio AGE situase como a terceira forza co 5,57% foronte ao 5,03 do BNG.
CEA E LEIRO
Tamén con amplas maiorias para o Partido Popular en ambos concellos, os útltimos en escrutarse ao 100%. En San Cristovo de Cea os populares fanse co 63,35% do electorado, o PSdG co 21,34% e o BNG conserva a 3ª posición co 9,32 de apoios. En leiro, O PP obtén o 59,64% de voto válido, fronte ao 21,34% dos socialistas e o 9,32 do BNG, que tamén neste concello logra superar a AGE.
Atraco arbitral en toda regla ao Arenteiro no Grove, de onde regresa derrotado por 3-2, tras sufrir 3 expulsións, a derradeira de Xurxo no minuto 95, que supuxo o penalti da victoria grovense.
A arbitraxe foi determinante neste partido. O arenteiro quedouse moi pronto con 10 xogadores no campo, xa que no minuto 9 Prada víu a vermella directa. No 68 é cancelas quen ve a segunda amarela e ten que abandoar o terreo de xogo.
A traca final chegou no minuto 95, co 2-2 no marcador, un xogador local abalanzase sobre Xurxo e increiblemente o árbitro sanciona a xogada con penalti, que resulta transformado e birla un punto ao Arenteiro.
O Grove adiantouse no marcador xa no primeiro periodo con 2-0, que logo neutralizaron os goles de Roberto Dacosta e David Soares, atá que chegou a falcatruada arbitral.
Nesta oficina virtual poderán realizarse tramitacións online ante a administracción local carballiñesa.
Para acceder a este novo servizo que pon en marcha o concello carballiñés tan só será necesario dispoñer dun ordenador con conexión a internet. Poderán facélo as persoas interesadas a través da páxina web , www.carballino.org, e premendo na pestana da "oficina virtual".
Desta maneira, poden realizarse trámites relativos ao padrón municipal de habitantes ou procedementos administrativos ante o departamento de obras e urbanismo, sen necesidade de desplazamento físico ás dependencias municipais. Con esta nova ferramenta pretendese ofrecer a toda a veciñanza unha maior comodidade e axilidade na realización de xestións municipais no concello do Carballiño.
Calquera persoa que estea interesada en aclarar calquera dúbida sobre o funcionamento deste novo servizo será atendida na aula CEMIT do concello do Carballiño.
Asi o confirmaba a Deportes Cope O Carballiño o Presidente da entidade, José Antonio Cadavid, que sigue traballando na posible contratación doutros reforzos.
O C.D. Arenteiro está en postos de descenso directo, o equipo viña dando unha pobre imaxe e fixo saltar as alarmas. Os movementos non se fixeron esperar, Iglesias recibe a baixa por faltas reiteradas de comparecencia nas convocatorias, e optase por recuperar a Kennedy, do que se se prescindira despois de facer a pretempada co equipo. Estará xa a disposición de Dacosta o próximo domingo para o desplazamento ao Grove.
A Xunta Directiva sigue buscando posibles reforzos, e entre eles ven apuntandose o nome do ourensanista Rubén Arce, aínda que as reticencias do adestrador do C.D. Ourense, Luisito, están facendo que se complique a fichaxe, aínda que os responsable carballiñeses non renuncian aínda a súa incoporación.

A celebración da feira do 16 animou a campaña electoral no Carballiño, as distintas candidaturas instalaron os seus stands informativos e Compromiso por Galicia elixíu a residencia de maiores para ciriticar a política social do Partido Popular.
O Candidato nº 1 desta nova formación polítca Xosé Manuel Pérez Bouza acompañouse neste acto dos ex-concelleiros do BNG no Carballiño e Cea, Manuel Amil e Xosé Mosquera, e outros membros de CompromisoXGalicia como Xosé Carballido e Xosé A. Jardón.
Pérez Bouza puxo como exemplo da "nefasta política social de Feijóo esta residencia de maiores do Carballiño, que supuxo un investimento de 5 millóns de euros e permanece pecaha, a austeridade de Feijóo convertese no maltrato aos maiores, igual que acontece cos expedentes de dependentes sen resolver e a privatización do servizo de comida nestes centros públicos, unha persoa que maltrata aos seus maiores non é merecente de seguir sendo presidente da Xunta de Galicia", subliñou.
No transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio, Pérez Bouza referíuse á campaña electoral "como unha gran oportunidade de achegar o noso proxecto político á cidadanía, con apenas 3 meses de vida que ten este proxecto, para nós é importante aproveitar esta campaña para darnos a coñecer, porque independiente dos resultados do próximo domingo, Compromiso por Galicia chega para quedarse e artellar un proxecto político que vai máis alá destas eleccións", dixo.
A nova forza política aposta "pola defensa, a dignificación e posta en valor da identidade galega, e defender os intereses de Galicia no seu conxunto, promovendo ademáis a participación cidadá na política, asumindo como principios básicos a responsablidade, transparencia e esixencia ética para o desempeño dos cargos públicos" e engadíu que "calquera cargo de Compromiso por Galicia imputado nun procedemento xudicial, presentará de inmediato a súa demisión", manifestou o cabeza de cartel de Compromiso por Galicia.
Xosé Manuel Pérez Bouza tamén avanzou en COPE O Carballiño o modelo social que propugnan "nós non somos antisistema, estamos dentro do actúal sistema, desde logo que o noso modelo non é Cuba nin Corea, senón a socialdemocracia dos países nórdicos, pensamos que os empresarios teñen que gañar o seu diñeiro e os traballadores estar ben pagados e cos seus dereitos, un modelo económico e social que ofreza á sociedade en condicións de igualdade uns servizos básicos universais, públicos e de calidade", salientou.
Outra derrota dos carballiñeses ante a súa afección, desta vez coa atenuante da desastrosa actuación arbitral, que perxudicou ao Arenteiro, con dous xogadores locais expulsados no segundo periodo, ademáis de premiar aos visitantes cun moi dubidoso penalti.
C.D. Arenteiro: Macia; Escudero, Xurxo (Adrián), Dabarca, Pana, Iago, Gabriel (Tacón), Bardelás (Cristián), Cancelas (Manuel), Soares e Dacosta.
Goles
0-1. Minuto 22, a U.D. Atios bota un corner e o seu dianteiro centro, entrando no primeiro pau como perico pola súa casa, mete a cabeca e adianta aos visitantes.
0-2. Minuto 58, xogada sen ningún perigo ao borde da liña de portería do Arenteiro, o árbitro decreta penalti, que transforma o lanzador visitante.
1-2. Minuto 74, balón sobre David Soares, que acorta distancias no marcador.
Comentario: O Arenteiro desaproveitou por completo a primeira parte, non obstante tras o descanso os carballiñeses saíuron con máis decisión, exercendo unha presión directa sobre o rival, desta maneira o Arenteiro equilibrou un encontro antes e despois de que chegase a xogada do discutido penalti que puxo en franquicia o marcador ao equipo pontevedrés. Mención aparte merece a actuación do trio arbitral, que cargou de tarxetas aos xogadores do Arenteiro, expulsando do campo a Tacón e Dabarca, cando aínda faltaban 10 minutos para o final.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 677
- 678
- 679
- 680
- 681
- 682
- 683
- 684
- 685
- …
- seguinte ›
- última »