
O Xurado da XXXIX edición do Premio Antón Losada Diéguez, que se convoca dende os concellos de Boborás e O Carballiño cada ano e dotado con 12.000 euros, 6.000 euros por cada modalidade, reunido na casa consistorial boboronse esta maña, considerou e fallou que os gañadores desta edición fosen Rafael Otero Janeiro e Iria Morgade Válcarcel, ambos por maioría.
No caso do autor carballiñés Rafael Otero, a obra premiada na modalidade de Investigación e Ensaio é “A Vera Cruz de Antonio Palacios” editada polo Centro de Estudos Carballiñeses, na que o xurado considerou “unha creación que reflicte moitísimos anos de investigación, unha obra de síntese, divulgativa e que se centra moito nun dos mellores traballos de Antonio Palacios. Un texto moi ben escrito e pensado que valoriza a obra do arquitecto Palacios para que chegue a un público amplo”.
Na modalidade de Creación Literaria, o xurado premiou a obra “Quen escribirá a miña historia?” da pontevedresa Iria Morgade Valcárcel e da editorial Galaxia; valorando que se trata dunha obra dunha xoven creadora galega que afonda nunha historia ambientada no Mosteiro de Oia que intercala a Guerra Civil coa máis actual, cos campos de concentración como base da historia e do enigma a resolver. “
A entrega do premio será o vindeiro 15 de xuño deste ano, no Pazo de Moldes, casa natal do escritor e guieiro da Xeración Nós; Antón Losada Diéguez.

O grupo provincial socialista demandará que a Deputación de Ourense requira que a Xunta de Galicia asuma a financiación completa dos cinco conservatorios de grao profesional que hai na provincia, que son os de O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. “Hai anos que o noso grupo provincial demanda nos plenos da Deputación que sexa a Consellería de Educación, que ten a competencia na materia no territorio galego, quen se faga cargo do custo total da prestación deste servizo”, explica a deputada socialista Elvira Lama. Segundo esta, “é de xustiza que, independentemente do seu lugar de residencia, todas as nenas e nenos da nosa provincia teñan exactamente as mesmas oportunidades que os da capital para formarse musicalmente, de aí que os concellos, malia que se trate dunha competencia impropia, se vexan empuxados a sumir a financiación destes conservatorios, o cal supón unha enorme carga para as arcas municipais”.
Desde O Carballiño, onde os socialistas presentaron a moción, Lama fixo fincapé “no agravio comparativo que existe entre os conservatorios profesionais e o de Ourense capital, que si é completamente sufragado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia”. O grupo provincial socialista xa presentou en decembro de 2019 unha proposta un financiamento dos conservatorios entre Xunta, Deputación e concellos. “Pero daquel acordo, que contou co voto favorable de PP e DO, nada máis se soubo”, laméntase a deputada socialista. “Namentres, os concellos seguen a soportar os elevados gastos destes centros de ensino, no que supón unha clara discriminación entre a capital e municipios con moita menor capacidade económica”, sostén Lama. Unha carga económica para os municipios, considerando a propia Fegamp a importancia de garantir a continuidade destes centros que, situados nas cabeceiras de comarca e diante da carencia de prazas suficientes, logran cubrir case que toda a demanda formativa.
A iniciativa do grupo socialista, na modificación de crédito que a Deputación de Ourense aprobará no vindeiro pleno contémplase unha partida específica de 200.000 euros a repartir entre os cinco conservatorios profesionais da provincia. No particular caso do Carballiño, onde os socialistas presentaron a súa moción, o custo do conservatorio para o Concello ascende a uns 400.000 euros anuais, que ten que asumir con recursos propios. Deste xeito, a aportación da Deputación dista de cubrir os gastos reais dunhas instalacións que contan cun importante volume de profesorado, amais dos custes en bens, subministracións e instrumentos necesarios para cumprir coas necesidades do curso e co imperativos da lexislación. “Un paso que é de agradecer, pero que é insuficiente para cubrir os custos reais destes conservatorios”, declara Lama, quen avanza que, mentres a Consellería de Educación non asuma integramente a financiación, seguirán a traballar para que a axuda da Deputación se consolide e mesmo se incremente de xeito gradual.
En Galicia son máis de 30 os centros que imparten esta formación musical regrada, dos que tan só nove están sufragados pola administración autonómica. Os conservatorios profesionais de musica que están nas cabeceiras de comarca, e que son financiados exclusivamente por cada un dos concellos nos que se sitúa o centro, tamén reciben alumnas e alumnos das súas respectivas áreas de influencia. “No particular caso do Carballiño, até aquí chegan alumnas e alumnos de toda a comarca, pero tamén da propia cidade de Ourense e mesmo de áreas próximas das provincias de Pontevedra e de Lugo”, apunta Diego Fernández, deputado provincial socialista e concelleiro de cultura na Vila do Orcellón. Para Fernández, “temos que acabar coa discriminación actual para que non haxa concellos de primeira e de segunda, e que a Xunta se faga cargo dos conservatorios, avanzando cara un modelo onde os municipios non teñamos que asumir competencias impropias e podamos reforzar aqueles servizos que si son entran dentro das nosas competencias”.

Sebas Lamazares, Fátima Gómez e Manuel Nogueira protagonizan unha nova entrega da Tertulia dos Venres, xunto a audiencia de COPE O Carballiño. Con Xan Pinal como moderador da mesma neste venres dia 19 de abril de 2024.
E unha vergonza, que no Carballiño, non haxa bus nin a Santiaho, nin a Vigo e teñamos que levar a Ribadavia ou a ourense os mozos, ou a quen queira ir. Parece que todo ten que pasar por Ourense.
Vaise enchendo a boca de ser o segundo concello en habitantes e da afluencia de turismo mo pulpo.
E un concello deixado , abandonado, sen opcions, nin de transporte, nin de ocio, nin de infraestructuras, nin de nada.
Ahora hasta nin de oposicion.
Parece que volvemos o blanco e negro, procesions, orquestas de verbena, futbol e negocios que abren e pechan...ata o grupo de goberno tiñe de gris o pobo .
A seguir asi e so quedaran os gatos.

A Xunta adxudicou por 333.000€ as obras de instalación dunha nova iluminación da Ponte Esperela e a súa calzada, así como a renovación do pavimento deste tramo da estrada autonómica OU-209, ao paso polo concello de Leiro.
A intervención, adxudicada á empresa Construcciones y Montajes Eléctricos Santos-Hector, S.L., comezará a executarse na segunda quincena de maio e terá un prazo de 5 meses.
As actuacións comezarán pola desmontaxe e reparación dos peitorís que o precisen, previa a súa recolocación cunha ancoraxe mecánica á peza da cornixa, perfilado e nivelación. Unha vez colocados e aliñados os peitorís, executarase un corte mínimo horizontal baixo a albardilla para aloxar as luminarias lineais e un ensanche das xuntas verticais polas que discorrerá o cableado para a alimentación da iluminación. A continuación, procederase ao fresado do aglomerado da calzada e posterior escavación das gabias lonxitudinais e transversais para afastar as canalizacións do subministro eléctrico e das arquetas.
As gabias reporanse con formigón armado que sirva de base para o aglomerado en quente final que se acometerá na estrada. Nas marxes da vía disporanse canles de recollida de pluviais que se executarán en granito e que se conectarán puntualmente coas gárgolas das cornixas. Colocaranse lousas de granito transversalmente para aloxar as arquetas para as caixas de derivación estancas que coincidirán coas pilas da ponte. O aglomerado da ponte, entre xuntas de lousas de granito de 50 centímetros de ancho, terá un acabado pulido.
O acabado dos dous treitos coincidentes cos muros de acompañamento é o do aglomerado en quente. As xuntas entre os distintos pavimentos resolveranse cunha chapa de aceiro galvanizado de 1 cm de grosor. Baixo este contrato inclúense as actuacións para dotar á contorna de alumeado público. Neste caso, o adxudicatario deberá, primeiramente, proceder á execución da acometida e colocación dun cadro de mando nun poste de formigón da rede existente e despois levará a cabo a execución das gabias para as canalizacións.
Os tubos irán protexidos con formigón onde haxa tráfico rodado e executarase a subministración aos báculos cos proxectores para a iluminación da estrada na marxe dereita do río e dos alzados e os bañadores de parede do muro de acompañamento. A canalización protexerase cunha protección aérea-subterránea de cobre polo muro de cantaría ata a ponte.
Unha vez finalizadas as obras, a entidade local comprométese a asumir a conservación e mantemento das instalacións de iluminación.

A Agrupación Cultural Avantar fundouse naquél O Carballiño de 1974, son polo tanto 50 anos de presenza na vida cultural e social do Carballiño os que se conmemoran neste ano 2024.
Desde a súa actúal xunta directiva estáse a traballar nun programa de actividades conmemorativo deste 50 aniversario que iránse desenvolvendo no transcurso dos próximos meses e durante todo este ano no que andamos, unha programación que non avanzaron Nani Blanco e Reme Forneiro.
Podes escoitalo no audio adxunto:
O pasado luns o alcalde do Carballiño decía na Cope que os autobuses entre O Caballiño e Ourense ían todos por autovía. Supoño que sería un lapsus porque na actualidade van todos pola carretera nacional 541 a excepción dos dous autobuses de Monbus que levan aos funcionarios a traballar a Pontevedra. Pois ben a miña proposta ten que ver precisamente con isto. Coido que se foran por autovía todos os servizos podería revertir nun maior número de usuarios dos que hai actualmente. Son usuario frecuente do servizo e teño comprobado que entre O Carballiño e Maside raramente sube alguien e entre Maside e Santa Cruz de Arrabaldo directamente ninguén. A partir de Santa Cruz o servizo está cuberto polos urbanos de Ourense. Non é por ser insolidario coas demais persoas pero a realidade é así. Quizais deberan ir a metade por autovía e a outra metade por carretera nacional. Non o sei. Aínda que o aforro do tempo de viaxe sexa soamente entre 10 e 15 minutos estou seguro que irian moitas mais persoas xa que a viaxe sería máis cómoda.

O Presidente da asociación fotográfica Potiños achéganos ao último traballo deste colectivo de fotógraf@s, que realizaron máis de 250 fotografias da xoia arquitectonica do Carballño, das que fixeron unha selección de 28, que son as que podemos ver ata finais de maio expostas na escaleira da casa do concello.
"Detalles da Veracruz" é título desta mostra, que despóis do Carballiño tamén será exposta noutras localidades galegas, como O Porriño, localidade natal do arquitecto da Veracruz, Antonio Palacios.
Escóitao no audio adxunto:

A exconselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo presentou esta mañá a súa renuncia á acta ante a Mesa da Cámara, polo que non continuará ocupando o escaño que obtivo nas eleccións do pasado mes de febreiro, nas que o Partido Popular obtivera 8 escaños pola provincia de Ourense.
Esta renuncia fai que corra a lista, e polo tanto accederá ao Parlamento de Galicia como novo deputado o número 9 da candidatura do Partido Popular pola provincia de Ourense, que corresponde ao carballiñés Argimiro Marnotes, ex alcalde do Carballiño e na actualidade presidente do CD Arenteiro.
Desta maneira, o Partido Popular do Carballiño volve ter representación no Parlamento de Galicia, algo que non sucedía desde fai anos atrás, cando Aurelio Miras e Loli Seijas formaran parte da Cámara Galega.

A audiencia de COPE O Carballiño foi outro dia máis protagonista nesta nova intervención do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
O rexedor municipal contestou a todas as preguntas, entre as que estiveron as que fan referencia a algunhos dos grandes proxectos que ten plantexados O Carballiño para este actúal mandato, como son o futuro Centro Integraal de Saúde ou a contrucción dun novo estadio de fútbol. Podes escoitar íntegra a intervención do alcalde no seguinte PODCAST de COPE.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »