28, Abril 2012

Unhos dias despois de facer pública a convocatoria a través da rede social Facebook e outros medios, os seus promotores deciden suspendela ao entender que a súa celebración contribuiría a aumentar a crispación social no Irixo.

A concentración estaba anunciada para o sábado 5 de Maio na Praza do Concello do Irixo. Non obstante, a mesma sunpendese según manifestan os propios convocantes porque "despois de reunirnos co Alcalde Manuel Penedo e atendendo a súa petición expresa, decidimos suspender a convocatoria do dia 5 de maio, en pos de non seguir fomentando a división e crispación social que está a vivirse no noso concello, e que cada dia vai a máis", manifestan.

Aclaran, ademáis, que "tan so se trata dun aplazamento, polo que en datas posteriores farémos a convocatoria". Finalmente, agradecen "todas as numerosas mostras de apoio recibidas durantes os últimos dias".

26, Abril 2012

O clima de crispación social que vive O Irixo púxose de manifesto no pleno da Corporación, entre o numeroso público que asistíu a sesión e que se repartía entre os partidarios do Sí e o Non á incineradora.

O Alcalde trasladou a celebración do pleno ao antigo salón de actos, na planta baixa da casa do concello, según o rexedor municipal "para facilitar a comodidade dos asistentes", unha decisión que foi criticada por algunhos dos veciños "polas reducidas dimensións da sala".

O grupo de goberno rexeitou a moción presentada polo concelleiro socialista na que se pedía "rexeitar a implantación do futuro complexo de Residuos Sólidos Urbanos do Sur de Galicia no concello do Irixo".  A moción foi rexeitada sen apenas entrar en debate, aínda que o Alcalde Manuel Penedo aproveitou o momento para dirixirse ao concelleiro socialista Javier Rodríguez e espetarlle ¿cántos anos traballou vostede en Cerceda? a sorpresiva pregunta foi acompañada con aplausos por unha parte do público. O socialista respondeulle decindo que "eu en Cerceda non traballei, eu dedicabame ao vidro e donde tiña o meu posto de traballo era en Verín, se estuven en Cerceda foi como un comerciante calquera". Penedo contestoulle entón " sí que traballaches e vendo o aspecto saudable que tes non che foi tan mal".

Diante da batería de preguntas presentada polo representante socialista en relación á polémica pola instalación da incineradora, que dixo trasladar ao pleno no  nome dos veciños, o Rexedor Municipal manifestou que "contestaréi por escrito ou no próximo pleno".

Ao rematar a sesión, vivironse momentos de tensión entre os veciños entre acudiron a este pleno, xa fora do salón de actos os enfrontamentos verbais entre unhos e outros a punto estiveron de xerar incidentes maiores. Algunos dos veciños tiveron que mediar para calmar os ánimos, e a tensión vivida provocou que alguna persoa abandonase a casa do concello con bágoas nos ollos.

25, Abril 2012

A concentración, promovida por un grupo de veciños, convocaráse para o vindeiro sábado dia 5 de maio na Praza do Concello do Irixo. Ademáis do apoio aos máximos responsables muncipais, os convocantes defenderán a instalación da incineradora no Irixo.

Os promotores do acto pretenden "que sexa unha protesta pacífica e respetuosa que os veciños do Irixo queremos facer ante as amenazas e insultos personais, ante as pintadas e ante a imposición de ideas que estamos a sufrir durante os últimos 4 meses, asi como tamén amosar o apoio ó Alcalde Manuel Penedo e ó Tenente Alcalde Manuel Cerdeira", afirman.

Por medio dunha nota remitida a esta emisora de radio, invitan a "todos os que defendedes o desenvolvemento do Irixo e pensades que a incineradora é unha boa oportunidade, a todos os que queredes decirlle a Lito e Penedo que non están sos, para berrar en silencio que non todo vale e que xa cruzaron o límite", para que acudan a esta concentración que se celebrará as 12 do mediodia do vindeiro dia 5 de maio diante a casa do concello do Irixo.

25, Abril 2012

O Grupo Municipal Socialista de Leiro censura "as mentiras do alcalde que afirma nos medios de comunicación o que nega por escrito á oposición".

 Neste caso se trata das irregularidades na instalación duns badéns no pobo de Gomariz, cuxa remodelación custa cartos aos veciños que a xuízo dos socialistas ben poderían ser utilizados noutra partida máis necesaria, especialmente nos momentos de crise que vivimos.

 O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, lembra que os socialistas xa presentaran unha moción en pleno, e pediran por activa e por pasiva, que se retiraran estos badéns porque non se axustan á normativa vixente e constitúen un perigo para a seguridade viaria.

Precisamente para a súa retirada mobilizáronse os veciños do pobo, que mesmo fixeron unha recollida de sinaturas contra un badéns que ninguén pediu e que custaron ao Concello 1.200 euros, aos que hai que sumar o que custe a súa remodelación. Rodríguez Vázquez, lembra que foi o PP quen votou en contra da moción socialista.

24, Abril 2012

Un carneiro morto e comido por cans foi encontrado no lugar de corzos, nas proximidades da localidade de Dacón. É o segundo suceso que se produce na Comarca nun intervalo de 4 dias, tras o acontecido na parroquia de Sagra, no que 20 ovellas resultaron mortas.

Despois de revisar os restos animais, púidose constatar que a morte non fora por asfixia como no caso do ataque da pasada semana en Sagra, xa que o colo non presentaba sinais de mordida, neste caso o ataque se produciu por enganche de varios cans, e despois de desfalecer, foi devorado vivo.

Os cans que atacaron son coñecidos por andar dende hai tempo libres pola zona de corzos, xa é a 2ª xeración que cría no monte, e pódeselles ver con relativa frecuencia polas inmediacións do ximnasio Olimpia. Antonio González, propietario do animal morto, tamén relata que " fai oito días estaba traballando a 3 km daquí, en Pousada e víuse como estes cans lle atacaban a uns becerros de José Luis, o veterinario, pero como éstes se defenden non lle deron feito nada", cabe recordar que estes tenreiros están protexidos por un cercado, a escasos metros das vivendas.

O dono do animal Antonio González  xa sufrira algún outro ataque había seis meses, neste caso eran cans destinados á caza do xabaril, o ataque saldouse cunha ovella morta.

24, Abril 2012

Os socialistas do Irixo presentarán unha moción contra a instalación dunha planta incineradora de lixo neste concello que será debatida  no pleno do vindeiro xoves 26 de abril ás 13.00 horas.

 O portavoz, Javier Rodríguez, critica os intentos do alcalde por non dar a cara ante os veciños no que sen dúbida foi o asunto municipal máis importante dos últimos anos. “Nesta ocasión traslada das 9.00 ás 13.00 horas a celebración dun pleno que ten 11 puntos de orden do día, co único obxectivo de baleirar o salón de plenos e evitar o que el chama posibles incidentes”, explica.

 Rodríguez apunta que “o Partido Popular ten que deixar de buscar escusas e asumir dunha vez a súa responsabilidade neste tema”.

“É indecente recortar os dereitos democráticos doutro grupo político escudándose en algo que non pasou, actitudes que recordan a outras épocas que deberían estar xa desterradas”, conclúe.

 

 

23, Abril 2012

Dende o Centro de Información á Muller, en colaboración cos Servizos Sociais Municipais, o Concello de Avión está a desenvolver un Obradoiro de "Benestar das persoas coidadoras" destinado a todas aquelas mulleres que exercen este labor dende os seus fogares.

Esta actividade, na que os contidos son traballados dende a perspectiva de xénero, teñen como obxectivo principal incidir na importancia do autocoidado para evitar a chamada síndrome da persoa coidadora, que supón unha patoloxía moi frecuente na que os síntomas se manifestan tanto a nivel físico como psíquico en forma de ansiedade, insomnio, dor muscular ou de estómago, etc.

Este Obradoiro impártese dende un enfoque multidisciplinar, no que interveñen dúas Psicólogas, unha Auxiliar de Enfermaría, unha Avogada e unha Axente de Igualdade, e entre todas elas intentarán abordar dunha forma integral a realidade deste colectivo, recoñecendo a súa importancia social e mellorando as súas capacidades como coidadoras, tanto a nivel físico como emocional.

Este Obradoiro estase a impartir na Aula Multiúsos da Casa Roxa de Avión todos os mércores, durante 5 sesións teórico-prácticas, rematando o luns 14 de Maio.

22, Abril 2012

Un ataúde negro co nome do Irixo abríu a marcha de protesta celebrada este domingo contra a incineradora, que reuníu a varios centos de persoas que percorreron as rúas da capital do Deza.

A convocatoria feita pola Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non contou co apoio das plataformas do Carballiño e O Irixo, organizacións ecoloxístas, e formacións políticas como o PSdG e BNG. Entre outras persoas, participaron nesta protesta o Secretario de Organización dos socialistas galegos Pablo Garcia, e o Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez.

Tamén tomaron parte activa na protesta numerosos veciños do Carballiño e O Irixo, organizados na Plataforma Incineradora Non e a Cordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non, asi como representantes da Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño.

Os manifestantes dirixiron boa parte das protestas contra o Presidente da Xunta e os Alcaldes do Partido Popular, ao considerar que impuxeron a lei do silencio e deseñaron unha estratexia política ante a proximidade das eleccións autonómicas, en relación á ubicación da planta incineradora. Non obstante, desde os distintos colectivos e asociacións que veñen pedindo un modelo alternativo á incineración para a xestión dos residuos, pensan que a Xunta sigue mantendo O Irixo ou Dozón como opcións preferentes para ubicar a planta incineradora.

Tras esta protesta, o próximo obxetivo será agora a tramitación dunha Iniciativa Lexislativa Popular que se presentará no Parlamento Galego.

22, Abril 2012

Os carballiñeses resolveron sen problemas a súa vistia ao campo do colista da categoria, e con goles de Iglesias, Tacón e Cancelas conseguiron unha victoria vital cara o obxetivo do ascenso de categoria.

O partido puxose moi pronto de cara para o Arenteiro, malia que as primeiras xogadas  de perigo foron ante a portería carballiñesa, logo chegaría o primeiro gol para os verdes. Foi nunha xogada de Kenndy que tras irse pola banda de dous contrarios puxo o balón á area pequena, alí tras dous rexeitamentos Iglesias conseguía enviar ao fondo da rede. E tampouco tardou en chegar o segundo gol carballiñés, no minuto 20 de partido, Tacón engancha desde preto da área unha volea sen que o balón tocase no solo, logrando un bonito gol.

Apenas comezar a segunda parte, outra xogada de Kennedy pola banda esquerda  da portería do AT. Vilariño,  o seu centro é rematado no segundo pau por Cancelas, subindo o 0-3 ano marcador do campo do Medo. No minuto 24 desta segunda parte marcaba o seu gol o AT. Vilariño. Despois, os locais aínda enviarían un balón ao longueiro da porteria defendida por Pachi, aínda que en ningún momento a victoria carballiñesa correu perigo. Kennedy e Bardelás tiveron inmellorables ocasións de ampliar a renta carballiñesa no marcador, pero fallaron ante a portería local.

Partido entretido e xogado con bastante intensidade por ambos equipos, sobre todo na primeira parte. Con esta nova victoria, o C.D. Arenteiro suma 3 puntos que o manteñen na segunda posición da clasficicación, agora a un so punto do líder Nogueira que non pasou do empate coa Velenzá. Non obstante, as victorias de Covadonga  e Allariz, que saldaron con éxito os seus respectivos partidos, obrigan ao Arenteiro a non fallar nos próximos partidos,  o máis inmediato, o domingo que ven en Espiñedo ante o Maside.

21, Abril 2012

A "Plataforma pola saúde" constituírase en 2010 para opoñerse a instalación dunha planta de compostaxe nos montes comunais do pobo de As Fontaiñas, e presentara  ese mesmo ano un recurso contra a licenza municipal outorgada polo Concello de San Cristovo de Cea.

Agora, dous anos despois, esta Plataforma na que se integraron veciños das parroquias de San Fagundo de Cea, Seoane, Garabás, e outras localidades, considera "un triunfo da veciñanza a sentencia do Xulgado do Contencioso Administratvo de Ourense, que declara nulo o acordo da Xunta de Goberno do Concello de Cea de 15 de setembro de 2010, que outorgaba a licenza para esta planta nas Fontaiñas".

Para a "Plataforma pola saúde" esta sentencia "fixo posible que se parase un proxecto tras unha decisión inxusta do Alcalde de Cea, que incumplíu os requisitos que marca a lei, como agora pon de manifesto a sentencia, que declarou nulo aquél acordo de concederl licenza para a instalación desta planta".

O proxecto estaba promovido pola empresa Compost Galicia S.A. para a maduración de compostaxe e almacén de envasado, e contra o mesmo tamén alegaran os concellos de Maside e O Carballiño, ao entender que non se cumplían as condicións e normativas medio ambientais.

A "Plataforma pola saúde" manifesta, ademáis que "o triunfo dos veciños é definitivo e completo", xa que asegura que nin por parte do Concello nin da empresa promotora recurriron esta sentencia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS