As criticas socialistas achacan a situación "a outra das brillantes ideas" do Alcalde do Carballiño. Refirense a falta de seguridade vial no entorno da Alameda e na rúa Principal do Carballiño.
Os socialistas apuntan que "foron moitos os veciños e veciñas do Carballiño que se dirixiron ós membros deste grupo municipal para queixarse e amosar a súa fonda preocupación pola caótica situación creada pola presenza de vehículos en lugares nos que atá hai pouco tempo tiñan prohibido o acceso". Citan como exemplo a rúa Principal onde "a gran cantidade de coches e furgonetas de reparto desplazanse agora con total libertade e impunidade, tamén é constante o estacionamento de vehículos nos accesos á rúa peonil, anulando asi a suposta intención do Alcalde do Carballiño para a retirada de bolardos que antes impedian estas irregularidades", suliñan.
O outro exemplo que poñen de manifesto os socialistas e que ademáis consideran de consecuencias "graves e perigosas" é no entorno da Alameda, onde "a retirada dos pivotes sen xustificación nin explicación coñecida provoca o continuo estacionamento de coches no espazo destinado á circulación de peóns". Particularmente preocupante é esta situación "nas horas de saidas dos colexios, son moitos os nenos que so teñen a opción de camiñar pola calzada".
Finalmente, o grupo municipal socialista no Concello do Carballiño demanda da Alcaldia que "corrixa canto antes este grave problema e non teñamos que agardar a que aconteza algunha desgraza para tomar medidas que garanticen a seguridade dos nosos veciños e sobre todo dos principais usuarios da Alameda, os cativos".
O Arenteiro volve ocupar postos de ascenso despoiis de vencer 2-1 en Espiñedo ao Polígono San Cibrao e aproveitarse da derrota do Ramirás ante o Allariz, desta maneira os carballiñeses recuperan o segundo posto na clasificación a 7 puntos do líder Nogueira de Ramuín, que non fallou e venceu no seu partido ante a Ponte Ourense.
O Arenteiro, aliado co factor sorte, pudo sumar os 3 puntos ante o Poligono San Cibrao que enviou por dúas veces o balón ao traveseiro da portería carballiñesa, defendida nesta ocasión por Pachy. A sorte estivo de parte dos carballiñeses, e por dúas veces o longueiro repelou o balón, a última a 5 minutos do final cando o Poligono máis estaba apretando.
Os goles locais foron obra de Kennedy, que dun trallazo desde fora da área adiantou ao Arenteiro nos primeiros compases do partido, e o segundo obra de Marcos Sotelo ao transnformar un golpe franco sobre a portería visitante cando se consumía a media hora de partido. Antes, o Polígono empataría provisionalmente ao aproveitar un saque de esquina que colleu a defensa do Arenteiro dormida.
O Arenteiro xogou a maior parte do partido con 10 xogadores por expulsión de Iglesias, ao que o árbitro ensinou a vermella directa á instancias do línea, supostamente despóis de que o dianteiro recriminase a un defensor do Polígono unha fea entrada, que foi sancionada con falta pero que nin xiquera mereceu a amonestación do árbitro do encontro. Xa no tempo de desconto expulsaría a un xogador visitante. Non aplicou o mesmo criterio nas faltas para os dous equipos, favorecendo as máis das veces ao equipo visitante.
O Arenteiro volveu xogar outro cativeiro partido, certo é que gran parte do encontro xogou con 10, pero certo é tamén que un equipo que conta cun grupo de bós xogadores tén que dar moito máis de sí. O Arenteiro sigue carecendo de patrón de xogo, e con inmensas lagoas no centro do campo, practicamente inexistente. Asi é moi dificil que o equipo funcione.
A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro. A esta fase final acoden un total de 16 seleccións nas categorías de Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete, representando a 10 das 12 localidades que disputaron a primeira fase, a saber: A Mariña Lucense, Lugo Sur, Ferrol, A Coruña, Cambre, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, quedando ausentes Lambre-Mandeo e Deza.
A competición celebrarase o domingo, en xornada de mañá para disputar as semifinais, e xa pola tarde xogaranse as finais.
Os encontros xogaranse nos polideportivos de Cea e O Carballiño, no caso deste nas dúas pistas do Paco Chao.
O accidente produciuse a primeira hora da tarde na estrada N-541, a altura do Centro Comarcal do Carballiño, unhos metros máis adiante da fonte do Cornubal. O camión, que circulaba en dirección Pontevedra, saíuse da via pola marxe dereita e quedou envocardo sobre o talude, sen que se vise involucrado no accidente ningún outro vehículo. O conductor do camión, M.B.V, saíu ileso tralo accidente. O camión, con matrícula tractóra 6536FRS, propiedade dunha empresa pontevredesa, sufríu importantes desperfectos.
No operativo de emerxencia participaron efectivos do GRUMIR do Carballiño, asi como varias patrullas da Garda Civil e Policia Local, debido a incidencia no tráfico, xa que durante horas quedou só aberto a circulación un carril para poder levar a cabo as labores para o levantamento do camión, empregando grúas de gran tonelaxe. Os traballos prolongáronse áta pasadas as dez da noite, debido á complicada tarea, xa que o remolque do camión quedou encaixado entre a cuneta e o talude
O Alcalde do Irixo tivo que atender outra protesta contra a incineradora, desta vez por parte dun grupo de mulleres que acudiron atá a casa do Concello do Irixo para achegarlle ao Rexedor Municipal a súa preocupación "pola saúde e o porvir dos nosos fillos".
Trala entrevista deste grupo de mulleres con Manuel Penedo, o Alcalde do Irixo recoñeceu en COPE O Carballiño que "houbo un momento de tensión e sí recoñezo que non tiña que haber dito o que dixen", tras o enfrontamento verbal cunha das mulleres que participaban na protesta.
Preguntado o Alcalde do Irixo sobre algún posible cámbeo de emplazamento da incineradora, despois de que o Presidente da Xunta deixara aberta esa posiblidade nunhas manifestacións feitas esta semana, Penedo asegurou que "podo garantizar que aquí non temos coñecemento de nada, e creo que se houbese algún cámbeo tanto o Conselleiro como a empresa me terían comunicado algo, e polo coñecemento que teño da empresa é que siguen traballando na redacción do proxecto contanto coa ubicación que se apuntou desde os primeiros dias".
Afondando nesa mesma posiblidade, que trasladaría o emplazamento anunciado a outro ubicado en montes da parroquia de San Cosme de Cusanca, nunha zona próxima o linde do municipio do Irixo cos de Piñor e Dozón, Penedo dixo que "esa era unha das posiblidades que se apuntara inicialmente, pero despois chegouse xa a un acordo cos comuneiros para esta ubicación, e de momento non hai outra noticia, esto anunciouse o dia 5 de Decembro e durante todo este tempo nunca se plantexou ningún cámbeo de ubicación", asegurou.

O Alcalde do Carballiño contestou a través desta emisora de radio ás críticas dos socialistas por limitarse o pasado domingo a participar no acto institucional e non facelo posteriormente na manifestación contra a incineradora do Irixo polas rúas carballiñesas.
"Nunca me verán a min en ningunha manifestación na que estea Pachi Vázquez, eso é inconcebible, aínda para máis nunha manifestación na que pedíu a miña dimisión, e pretendian que fose con él nesa manifestación ? non home non, eu non entro en trampas políticas", dixo Marnotes, que tamén manifestou a súa extrañeza pola participación do líder do PSdG nos actos de protesta contra a incineradora "eu vexo na Praza Maior a Pachi Vázquez e o Alcalde de Carballeda de Avia Luis Milia, ónde estaban cando no 2007 se falaba de instalar unha planta en Carballeda de Avia, ónde estaban entón ".
Marnotes tamén ve detrás das advertencias do grupo socialista de abandonar a comisión de seguimento a man de Pachi Vázquez "se o PSOE quere facer bandeira polítca desto que o faga, e se queren irse da comisión de seguimento que se vaian, é un problema deles pero non do Partido Popular, o certo é que esto está sonando a chamada de atención desde arriba ao PSOE do Carballiño, esto foi cousa de Pachi Vázquez", asegurou.
O Rexedor Municipal constestou a Fumega, o Portavoz do grupo socialista, referíndose outra vez ao acto do pasado domingo "O Alcalde do Carballiño non se considera elitista, él estaba ao lado meu, considerase elitista ? nós estamos para servir, se él se cree elitista será él, pero que non nos poña aos demáis ao mesmo nivel". Marnotes tamén volveu referirse a posición institucional do concello carballiñés en relación á incineradora "Nós, a Corporación, asi o entendimos os 3 grupos, tiñamos que loitar pola non ubicación no emplazamento que se está manexando, e asi o puxemos de manifesto na pancarta que temos colgada no balcón, e asi llo comunicamos á Xunta o dia seguinte de tomar o acordo, e asi llo comunicamos tamén á Deputación, qué pretenden que faga eu a orden do dia dos plenos da Deputación", enfatizou.
Finalmente, O Alcalde do Carballiño adiantou que no transcurso da vindeira semana espera novamente poder entrrevistarse có Conselleiro de Medio Ambiente, para seguir manifestandolle a posición do pobo do Carballiño en relación a esta problemática. Marnotes amosouse esperanzado e tamén convencido en que Estéla Eólica veráse obrigada a cambear a ubicación inicialmente anunciada nos montes comunais da parroquia do Campo.
A iniciativa xurde tomando como base un documento elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, que foi presentado en sesión clínica ao persoal sanitario da Comarca do Carballiño.
Nos dias posteriores, un grupo de profesionais da saúde decidiron constituirse como "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos". Esta nova plataforma, integrada por médicos e enfermeiros da comarca, pretende implicar aos profesionais do sector no estudio da incineración e a saúde, involucrando aos colexios profesionais, asociacións científicas, xurístas, químicas, universidade e a sociedade en xeral, contra a incineración masiva de residuos sólidos urbanos, que sería o modelo para o tratamento do lixo na planta que pretende instalarse no Irixo.
Para todas as persoas interesadas nas actividades que vai desenvolver esta plataforma sanitaria contra a incineración de resíduos, e mesmo para recibir en formato dixital o documento básico elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, pode solicitarse remitindo un correo electrónico a este enderezo na rede: sanitariosantiincineracion@gmail.com
O grupo municipal socialista está disposto a abandonar a comisión de seguimento "se non se cumple o pacto no que se establecia claramente en 4 puntos a postura do concello en relación a incineradora, e concretamente nun deles no que se acordaba trasladar a postura da Corporación do Carballiño ao pleno da Deputación, e para eso non vale solo unha carta", asegurou o Portavoz dos socialistas, Paco Fumega.
"O xogo do rato e o gato, aquí sí e aquí non", asi define Fumega a postura do Alcalde do Carballiño e advierte que "na próxima comisión de seguimento vamos esixir que se cumpla o acordo ou senón terémos que abandonala, porque non podemos decir aquí unha cousa, na Diputación outra e na Xunta outra, ou sí ou non, que é o que quere o pobo, claridade".
O Portavoz socialista no Concello do Carballiño considera que o Alcalde Argimiro Marnotes móvese na ambigüidade "esa contradición que amosa O Alcalde de non asistir á manifestación e sí asistir ó acto elitista dos concelleiros e non estar cós veciños", en relación á xornada de protesta do pasado domingo.
Finalmente, Fumega considera que a manifestación celebrada este pasado dia 29 de xaneiro foi "unha das manifestacións populares maiores da historia do Carballiño, eso demostra a sensibiliade que existe entre a cidadanía neste tema", suliñou.
O Alcalde de Boborás considera que "nunha feira hai para todos os gustos, pero a porcentaxe de veciños que participaron foi ridículo e a manifestación foi un auténtico fracaso"
Cipriano Caamaño informaba da visita que esta semana farán a Boborás técnicos de XESTUR, para iniciar as xestións que deberán culminar có proxecto de urbanización da futura área industrial e a zona dotacional, na localidade da Almuzara, onde o concello de Boborás pretende promover a construcción de vivendas de promoción pública, e un tanatorio, entre outros servizos. Non obstante, Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para referirse á xornada de protesta do pasado domingo contra a incineradora "a xente é bastante intelixente e prudente na comarca, a maioria dos manifestantes era xente foránea, non había máis que ver o número de coches que había no momento da manifestación e cómo quedou O Carballiño media hora despóis, valeiro", afirmou.
Según o Alcalde de Boborás "eso quere decir que a maioria da xente veu de fora, eso quere decir que todo estaba manipulado para terxiversar unha situción na que abunda a intoxicación", e engadíu "cada vez estou máis convencido do que digo, e en contra daqueles que falan da miña condición de médico, e mira o que dí e é médico, pois precisamente por eso, a miña opinión será como mínimo tan respetable como outros que falan e tocan de oídas"
As charlas serán impartidas polo Tenente da Garda Civil Emilio Martínez Núñez Licenciado en Antropoloxía e cunha ampla experiencia profesional nos Servizos de Policía Xudicial e Información, estas versarán principalmente sobre os beneficios e perigos das Redes Sociais.
Instruirase alumnos e pais do Carballiño sobre o uso e abuso de Internet grazas a un acordo para impartir charlas nos colexios durante o presente curso. A iniciativa responde ao "incremento" no número de usuarios que se achegan aos servizos municipais "demandando información sobre ou uso e abuso dás novas tecnoloxías" e á disposición mostrada pola responsable da Área de educación do Concello do Carballiño Pilar Caride e o Tenente da Garda Civil.
As páxinas de xogos de pagamento, redes sociais ou compras a través da Rede son algunhas cuestións sobre as que se pretende incidir nunha serie de charlas dirixidas a profesores, educadores, pais, nais e alumnos. Mentres tanto, advírtese que en xeral, os nenos e nenas pasan demasiado tempo diante do ordenador, sobre todo facendo uso e de páxinas de xogos que, en moitas ocasións, empezan sendo gratuítas e acaban sendo de pagamento, xa que só permiten avanzar aboando diñeiro a través de mensaxes SMS ou tarxetas de pagamento que con frecuencia están ao alcance dos menores.
Outros dos problemas máis graves son as suplantacións de identidade, o Ciberbullying ou acoso psicolóxico ao que se ven sometidos algúns menores a través da rede. No lugar máis perigoso encontraríase o Grooming que se pode definir como o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza dos menores a través de Internet co fin último de obter concesións de índole sexual.
Sen lugar a dúbidas, as bondades e prestacións que as redes sociais ofrecen, superan de sobra os riscos e perigos puntuais que destas se derivan para a privacidade, protección de datos persoais, intimidade e demais dereitos dos usuarios.
Por este motivo, debe apoiarse e alentarse o seu uso responsable, procurando ao usuario a información e o coñecemento efectivo dos riscos que delas se derivan antes de que estes teñan lugar e as súas consecuencias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 696
- 697
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- 703
- 704
- …
- seguinte ›
- última »