14, Abril 2024

O novo aloxamento rural está ubicado na rúa España, no núcleo histórico da vila de Cea, e conta con catro apartamentos e seis habitacións dobles, con capacidade para trinta prazas, un novo equipamento que mellora os servizos turísticos do concello de San Cristovo de Cea, paso obrigado para os peregrinos do camiño xacobeo mozárabe.

Os seus promotores, veciños da propia vila de Cea, son os mesmos que o ano pasado abriron "A Casa dos Caretas", que ofrece servizos de restaurante, bar e cafetería, servizos aos que agora suma o de aloxamento. Tanto os apartamentos como as habitacións están decoradas con fotografias que mostran o patrimonio cultural local, e cada unha delas está dedicada ás parroquias do concello de Cea.

Para a construcción de todo o complexo hoteleiro aproveitouse unha edificación tradicional, que reformada respectando todos os seus elementos antigos. A inauguración do novo aloxamento "A Quinta de Cea" foi este pasado sábado e nos próximos dias iniciará a súa actividade de aloxamento.

Escoita no audio de COPE O Carballiño a entrevista con Iván Barrosa, promotor de "A Quinta de Cea".

 

 

14, Abril 2024

A igrexa parroquial de Santa María de Punxín quedouse pequena na tarde deste domingo, moitas persoas tiveron que quedar no exterior do templo, para participar na misa de funeral por D. Victor  Bernárdez, organizada polas parroquias na que o finado sacerdote exercía como párroco, as de Punxín, Ourantes, Freás, Lás, Sta. Comba, Armeses, Rañestres e Piñeiro.

A celebración relixiosa convertíuse nunha homenaxe póstuma a quen foi o seu párroco nos últimos anos, falecido de forma repentína aos 42 anos de idade esta pasada Semana Santa.

A masiva asistencia da mostra do cariño que a veciñanza destas parroquias sentían á persoa de D. Victor, foi unha xornada emotiva e de moito sentimento na lembranza do finado párroco.

13, Abril 2024

O DOGA ven de publicar a convocatoria para adxudicar estas 1.320 prazas para as vacacións das familias que as soliciten, o prazo abríase este pasado venres 12 de abril e permanecerá aberto na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ata o próximo dia 25.

En total, serán dez quendas, repartidas entre os meses de xullo e outubro, ambos incluídos, e con prezos moi asequibles para as familias. Como dada ano, as familias numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero, contarán con acceso prioritario.

As bases que regulan a convocatoria, e os modelos de solicitude e a súa tramitacíón, poden encontrarse no DOGA do pasado dia 11 deste mes de abril, asi como na Sede Electrónica da Xunta.

12, Abril 2024

Aquí tes a última Tertulia de COPE O Carballiño, a correspondente a este venres dia 24 de abril, na que se comenta algunhos dos feitos noticiables da semana, contando coa participación da audiencia, e alternando cos comentarios de José Antonio Barge, Manuel Nogueira, María Luisa Rodríguez e Sebas Lamazares. Con Xan Pinal como moderador.

12, Abril 2024

Así é como se atopa unha estrada próxima a N-541 e que mal que lle pese ó Concello, pertence ó Carballiño.

Cando alguén teña algún desperfecto no coche a causa deste ou dos outros 20 baches importantes que ten esta estrada, quén se vai facer cargo? 

Tercer mundista parece esto...

11, Abril 2024

O corpo do home, xa falecido, foi localizado polos bombeiros do distrito forestal, durante os traballos de extinción dun pequeno incendio forestal na parroquia de Nieva, no concello de Avión.

Os efectivos do distrito forestal encontráno morto sobre as seis da tarde deste xoves, comunicandolle de inmediato á Garda Civil. Unha vez identificado o cadáver, comprobouse que o mesmo correspóndese cun veciño do lugar que realizaba unha queima forestal, para a que contaba coa preceptiva autorización adminstrativa, nunha parcela da súa propiedade.

A Policia Xudicial abríu unha investigación para determinar as circustancias e causas da morte deste home.

11, Abril 2024

Unha muller resultou ferida esta mañá nunha vivenda da rúa Conde Vallellano do Carballiño, foi traslada en ambulancia ao Centro de Saúde do Carballiño, onde foi atendida de varias feridas en brazos e pernas provocadas por arma branca ou obxeto punzante.

O suceso tivo lugar minutos despóis das 11:30 horas desta mañá de xoves, e a Policia Local do Carballiño detivo momentos despóis a presunta agresora cando se dirixía a Ourense despóis de contratar o servizo dun taxista do Carballiño. A dotacion da Policia Local do Carballiño interceptou ao taxi na AG-54 á altura de Maside, procedendo a súa detención.

No audio podes escoitar o testimonio da veciña que foi a primeira en auxiliar á víctima.

11, Abril 2024

Visto o visto parece que no Carballiño novo centro de saúde vai ser un centro integral de saúde, cousa que ben merecemos e precisamos o ser o segundo municipio da provincia, haberá que estar vixiantes para que a Consellería de Sanidade o leve a cabo sen dilacións, e para que o dote de persoal suficiente, cuestión ista que xa non vexo tan clara

10, Abril 2024

Será en horario tarde-noite nos venres dias 12, 19 e 26 deste mes de abril no que andamos cando teñamos ocasión de participar nunha nova entrega da Ruta das tapas do Carballiño, desta vez edición primavera 2024.

Por 3 euros, seis locais da hostalaría local ofrecerán as súas creacións culinarias, unha iniciativa impulsada pola concellería de turismo do Carballiño, e na que ademáis poderémos gañar bos premios.

"Rollitos de primavera", ensalada templada de gulas con aguacate e fresas, salpicón de marisco , tallarines con langostinos e tostones de plátano, polbo en tempura con puré de patacas, ou unha tosta de queixo da Arzua con piquillo confitado e anchoa, son algunhas das exquisiteces que poderémos degustar nesta ruta gastrónomica da que participan O Pituxo, Soldado, O Caserío, Praza viños e tapas, Fuchela e Ernesto Patio Bar.

9, Abril 2024

A alcaldesa de Boborás repasou con Xan Pinal en COPE O Carballiño a actualidade municipal neste concello da comarca. 

Patricia Torres anunciou diversas obras e proxectos que se van executar próximamente, tanto de carácter municipal como en colaboración con outras administraccións.

Ademáis, na quenda de preguntas da audiencia de COPE O Carballiño, a alcaldesa sae ao paso unha vez máis dos rumores que sitúan o seu pòsible futuro politico fora do concello de Boborás.

Podes escoitar a entrevista no PODCAST adxunto.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS