18, Maio 2011

Antes, o Partido Popular trouxo á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, á que presentou o proxecto de construcción dun novo centro sanitario no Carballiño,  ubicaríase no solar que deixaría libre a estación de autobuses, ésta sería trasladada a estación de Renfe, ónde se concentrarían os servizos de transportes de viaxeiros, un dos proxectos estrela do programa electoral do Partido Popular. Agora, o PSOE, tamén facía a súa promesa electoral, traendo ó Ministro de Fomento Xosé Blanco, que chegaba anunciando un proxecto que consistiría na ampliación da área recreativa sobre o túnel de ferrocarril de Rapariz. Paco Fumega, e a súa candidatura recibiron a Blanco, ó que expuxeron esta actuación, que permitiía a ampliación desta zona de recreo, 4.000 m2 que contarían con zona de esparcemento e ocio, xardíns, e incluso espazos reservados para os autobuses escolares e prazas de aparcamento. Calculase que o investimento necesario será de máis dun millón de euros, según os socialistas. Este proxecto xa fora presentado fai 3 anos polo Alcalde Carlos Montes.

16, Maio 2011

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou o traballo que os socialistas galegos están a realizar no Carballiño e sinalou que o principal requisito para gañar as eleccións “é quererlle ao Carballiño e ir porta por porta a coñecer os problemas dos veciños”. Destacou que o candidato á alcaldía, Francisco Fumega “faino como ninguén e por elo vai acadar a maioría absoluta”, porque “o seu corazón é O Carballiño, e o coñece recuncho por recuncho”. Pola súa parte, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, comparou a España cun autobús “que o Goberno socialista leva adiante, co apoio de todos” mentres o PP dedícase a boicotealo: “Mayor Oreja pinchando o autobús, Aznar botando azucre  no deposito para logo dicir que non carbura, Trillo e Pons que insultan ao conductor a ver si se despista, e Camps, que cando lle pides os cartos do ticket di que llos ten que pagar ao seu xastre, sen olvidar a Rajoy, que está durmindo na estación”.

 Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Francisco Fumega, incidiu nos proxectos previstos para o desenvolvemento do Carballiño, así como dos investimentos realizados polo anterior goberno socialista, como a nova depuradora ou a autovía libre de peaxe”.

 Sinalou que o gran reto para os vindeiros anos é crear emprego, e avogou por modernizar o sector hosteleiro e potenciar o balneario para promocionar o turismo do Carballiño “porque temos un importante patrimonio histórico e artístico que temos que potenciar”. Salientou tamén a importancia de  potenciar o polígono industrial, o sector empresarial e o pequeno comercio “e iso só é posible cunha candidatura que quere ao Carballiño e que se compromete”.

 

 

15, Maio 2011

No auditorio municipal, e a xulgar polo "aplausómetro", un público fiel e entregado á causa nacionalista, que interrumpíu en varios ocasións as intervencións que acolleu este mitín da candidatura carballiñesa do BNG. Para animar o ambiente, poucos mitineros hai en Galicia como o veterano Alfredo Suárez Canal, ó que se presentou como "o mellor conselleiro do medio rural que tivo Galiza". O Deputado do BNG chamou á movilización nestas eleccións municipais "porque son as máis importantes desde as primeiras que se convocaron, fai agora 32 anos, porque o dia 22 xogámonos o modelo económico e de país que queremos para os nosos fillos e netos". Suarez-Canal repartíu críticas tanto a "Feijóo pola súa política privatizadora e de entreguismo ó PP de Madrid" como para Zapatero "polas súas políticas económicas", que considera totalmente erráticas ó cargar a crise sobre oss máis humildes, mentres o gran capital segue enriquecendose á costa dos traballadores, labregos, autónomos e os pequenos empresarios, por eso o BNG aposta "por unha economia productiva fronte a este sistema de economia especulativa".

Bernardo García recurríu á retranca para referirse ós rivais políticos nestas eleccións, dunha parte "as dinasticas do Partido Popular, ás dos Marnotes e os Baltares", e doutra, "ó pachismo, antes con Montes e agora con Pachi Fumega, máis do mesmo". Foi o actúal concelleiro de medio ambiente e obras o único que falou de posibles alianzas post-electorais, cando chegou a afirmar que "se é necesario polo ben do Concello nos pactamos con unhos...ou con outros".

Cerrou o acto a Candidata á Alcaldia do Carballiño. Aúrea Francisco Lorenzo recordou como o BNG dera o paso de pactar cós socialistas para reconducir un goberno municipal "inestable" e o que o BNG aportou honradez, lealtad e traballo, "cando entramos no Concello os nenos da Galescola tiñan que taparse cunha manta porque pasaban frio, tivemos que arranxar a calefacción, asi é como estaba o Concello". Durante o último ano e medio de co-goberno, Aúrea Francisco felicitouse de ter solventado graves problemas para o Concello "como o do hotel Rogelia, ou a nave de protección civil, que logo será trasladada á Uceira, e pedimos unha auditoria ó Consello de Contas de Galicia". Tamén destacou a candidata nacionalista a decidida aposta do BNG por sanear o Concello, "pagouselle ós proveedores, e deseñamos un plan E que creou emprego". Tampouco se esquceu dos investimentos feitos na etapa do bipartito e que partiron do BNG, como o campo de fútbol da Uceira ou "a ampliación da residencia de maiores do Cornuval, que agora eles teñen pechada".

13, Maio 2011

A Sondaxe electoral publicada no xornal "La Región" otorga ó Partido Popular a posibilidade de acadar a maioria absoluta no Concello do Carballiño ó concederlle entre 8 e 9 concelleiros, tén 5 na actualidade, o que convertiría a Argimiro Marnotes en futuro Alcalde do Carballiño. En todo caso, a sondaxe situaría  ó Partido Popular como claro gañador destas eleccións municipais, superando en número de votos ó PSOE, que con 6 ou 7 concelleiros sería a segunda forza política da futura Corporación. Finalmente, o BNG obtería entre 1 e 3 concelleiros. A enquisa foi valorada de moi distinta forma polos 3 aspirantes á Alcaldia do Carballiño. Para Argimiro Marnotes "confirma as sensacións que estamos tendo na rúa, a xente xa percibe o cámbeo político, é a primeira vez que nunhas eleccións municipais no Carballiño o PP xa está por adiante nas enquisas, o que nos dá unha motivación extra para seguir traballando". Paco Fumega, o nº 1 do PSOE, repara no dato de que a sondaxe "foi feita por teléfono fixo, que utiliza xa moi pouca xente nova, ademáis recolle un 40% de indecisos, en todo caso sirve para estimularnos para traballar aínda máis no que resta de campaña". Desde o BNG, a súa Candidata á Alcaldia Aúrea Francisco, manifesta a súa preocupación "`por ese alto número de indecisos que reflicte a sondaxe, polo que fago un chamamento á participación da cidadanía, é importante para O Carballiño que a xente vote". A nacionalista resta importancia a este tipo de enquisas "maís ou menos interesadas, a única enquisa válida é a do dia 22" 

12, Maio 2011

A víctima foi unha veciña da rúa Testeiro, de 82 anos de idade, recibíu no seu domicilio a dous descoñecidos que se presentaron ante a muller como Inpectores de Facenda e có pretexto de facer unhas medicións para o catastro. Mentres ún dos individuos entretiña á muller no patio da casa, o outro aproveitou para apoderarse no interior da vivenda de 375 euros en efectivo e varias xoias de ouro. Os feitos ocurriron sobre as 10 da mañá, e posteriormente a victima do roubo presentaba unha denuncia ante a Garda Civil. Os ladróns tamén se levaron diversa documentación, que horas despois foi atopada nunha leira de patacas, no entorno da casa.

11, Maio 2011

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de remitir ao Concello de Carballiño dúas propostas para retomar o proxecto de acondicionamento do contorno do Templo de Veracruz, co fin de que a analice e se pronuncie ao respecto para avanzar nas obras. Unha das opcións que se plantexan dende a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio resúmense en eliminar os muros perimetrais de contención de terras que delimitan o espazo libre con respecto ás rúas Evaristo Vaamonde e ao novo viario de enlace coa praza de San Ramón, resolvendo o encontro dos distintos niveis mediante noiros axardinados, escalinatas e ramplas de acceso; substituír o pavimento proxectado de pezas prefabricadas de formigón por lousados de pedra granítica; e reservar unha ampla zona libre destinada a actos públicos no extremo do ámbito que linda coa praza de San Ramón.

A segunda das opcións que plantexa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas baséase en conservar os actuais xardíns da zona sur do templo e das escaleiras de pedra existentes no encontro coa rúa Evaristo Vaamonde, cunha intervención mínima en substitución dos pavimentos de pedra rugosa por un lousado de pedra granítica.

En ambos os dous casos, a Consellería de Medio Ambiente aposta por reducir a masa de arborado proxectada, eliminando as especies de gran porte que impidan a visión do templo.

No escrito, solicítase o posicionamento do Concello do Carballiño respecto a estas propostas e, de estar conforme, a acreditación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a execución da obra.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou as obras de acondicionamento do entorno do Templo de Veracruz á empresa “Misturas Obras e Proxectos S.A.”, por un importe de máis de 1,1 M €.

9, Maio 2011

Parroquia a parroquia, e porta a porta, a candidatura carballiñesa do BNG levará o seu programa electoral ó rural carballiñés, con visitas e charlas programadas que se iniciaron este lúns dia 9 en Veiga, Madarnás e Longoseiros. Para o martes dia 10 a visita será a Arcos, e o mércores dia 11 a Seoane. O xoves dia 12 a cita será coa veciñanza de Señorín e O Torrón, e o domingo 15 estarán en Partovia. O lúns dia 16 achegáranse atá Mesego, mentres que o martes 17 farano atá ás localidades de Sagra, Cabanelas e Banga. Xa o mércores dia 18, os integrantes da candidatura nacionalista, e a súa candidata á Alcaldia do Carballiño, Aúrea Francisco, visitarán os pobos de Pol, A Piteira, Zafra e a parroquia de Santa Uxía de Lobás. E finalmente, completaráse este recorrido polo rural carballiñés o xoves dia 19, achegarándose ás localidades de Mudelos, Pacños e A Xesteira. Todas as visitas faránse polas tardes, a partir da 16,30 horas en adiante.

7, Maio 2011

Primeiro mitin de campaña e primeiro cheo a rebosar no auditorio do Carballiño, cun público de todas a idades e moi atento, case en silencio sepulcral cando subíu ó escenario o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que centrou gran parte da súa intervención en asuntos da política nacional e autonómica,  falou"dos case cinco millóns de parados de Zapatero" e "do despilfarro do bipartito, que fixo obras que non pagou", e como exemplo puxo Feijóo "as autovias que aínda temos que estar pagando durante oito anos". O Presidente autonómico propuxo neste mitin do Carballiño un "código de responsabilidade económica" no que prime a austeridade, a planificación e o equilibrio nas contas". Tamén se amosou partidario de que os Alcaldes se poñan límites "razonables" ós soldos que teñan en función dos seus cargos. Por suposto, que tivo aínda tempo para declarar o seu apoio a Argimiro Marnotes e Ó Carballiño "co que a Xunta está comprometida" e como exemplo dixo que " en plena crise estamos licitando o parque comarcal de bombeiros e distintas actuacións por importe de 34 millóns de euros". Marnotes avanzou algunhas das prioridades dentro do programa electoral do Partido Popular, entre as que se atopa un plan de emprego municipal, creación de máis solo industrial, a fundación dun patronato para a festa do polbo, medidas de apoio ó comercio local, ampliación e modernización do centro de maiores, apertura dun centro de dia, plan local de seguridade e mobilidade, actualización do PXOM, construcción dun novo centro sanitario e estación intermodal de transportes, entre outras. Finalmente, o Candidato dos Populares á Alcaldia do Carballiño, que augurou nestas eleccións "a defunción do bipartito", comprometeu a súa palabra para "ser un Alcalde que dirá sempre a verdade, que xestionará os recursos cos que conta, que non gastará o que non teña e que implicará a veciños e veciñas na toma de decisións".

7, Maio 2011

Paco Fumega presentou un novo proxecto incluido dentro do programa electoral que conta como protagonista un dos lugares máis emblemáticos do Carballiño, o barrio de Flores.

 Doutra parte, O Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Fernández Liñares, apoiou  a iniciativa de Paco Fumega despois de comprobar o estado do Carrás o seu paso polo Carballiño e comprometeuse a que os técnicos desta administración hidráulica visiten a zona e estuden a posibilidade de realizar unha limpeza das marxes  do río que se complementarían coa construcción dun paseo fluvial.  Este senda peonil, construiríase nas beiras do Carrás entre o centro de saúde e o vello matadoiro municipal e tería unha lonxitude aproximada de 500 metros cun ancho de 1,5 metros con pilotado de madeira naquelas zonas con perigo de inundación. 

Paco Fumega manifestou a súa satisfacción e lembrou que este proxecto de recuperación das beiras do Carrás é esencial para unha vila como o Carballiño que aposta polo   medio ambiente e polo turismo de calidade.

Fumega aposta pola creación dun Museo da Feira e dos Arrieiros no casco vello da vila, xa que considera que Flores é o lugar máis axeitado para levar adiante  esta iniciativa coa que se pretende facer unha homenaxe as feiras que deron lugar o nacemento do Carballiño. O candidato socialista é consciente de que  na actualidade, o nivel de deterioro que presentan algúns dos edificios do barrio é importante, ata o punto de que pode afirmarse que de non desenvolver un plano de actuacións de salvagarda a trama tradicional urbana da zona do Carballiño desaparecerá.  Por ese motivo, propón unha rehabilitación axeitada das vivendas e do casco urbán utilizando materiais nobres como a madeira ou a pedra. Para elo porase en funcionamento unha oficina de rehabilitación que permita por en marcha os estudios e a toma de decisións necesarias para levar a cabo a rehabilitación proposta, pero sempre integrando a veciños, propietarios e institucións no obxetivo cumún de recuperar o barrio de Flores preservando deste xeito a memoria histórica da vila. Paco Fumega anunciou o seu compromiso de mercar unha das vivendas do casco vello para levar adiante todas as actuacións de rehabilitación e deste xeito transformala na futura sede do Museo da Feira.

6, Maio 2011

Preto de 300 persoas asistian ó ritual da pegada do primeiro cartel na Praza Maior do Carballiño, ónde os Candidatos de PP, PSOE e BNG se rodeaban dos seus simpatizantes. O Partido Popular proxectaba un pequeno espectáculo de láser, os socilaistas apoiabanse nun vídeo a través dunha pantalla instalada no balcón da súa sede, e finalmente o BNG optaba por unha respresentación máis festiva, ó son da música dun gaiteiro. Os  comentarios que se deixaban oír apuntan a unhas eleccións municpais cós resultados máis incertos dos últimos tempos non só no Carballiño, senón tamén noutros Concellos da Comarca, como os casos de Boborás, Leiro  ou Maside, onde a aparición de candidaturas independientes son unha incognita que se despexará cós resultados do domingo 22 de maio. Xa para este primeiro dia de campaña temos os primeiros mítines programados, o do Partido Popular, ás 8 da tarde no auditorio, con Alberto Núñez Feijóo apoaindo ó Candidato dos populares á Alcaldia do Carballiño, Argimiro Marnotes. Ás 9 da noite, na pista polideportiva de Dacón, presentase ante ós seus conveciños  e como candidato do PP á Alcaldia de Maside,Casimiro Campo,nun mitin no que tamén participarán o Presidente da Deputación José Luis Baltar e a Conselleira de traballo e Benestar, Beatriz Mato.

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS