Asi o adiantou a través desta emisora de radio o candidato do Partido Popular á Alcaldia do Carballiño, Marnotes confirmou que "de nº 2 vaime acompañar Martín, o pediátra, está moi ilusionado con este proxecto do Partido Popular, porque él tamén pensa que é o momento do cámbeo político no Carballiño". Martín Nogueira Martínez ocupará, pois, o segundo posto na candidatura dos populares, da que Marnotes non quixo desvelar outros nomes, xa que "quedan aínda algunhos flecos por cerrar nas próximas horas". Sen embargo, dase por feito que a renovación será importante no primeiro tramo da lista, xa que do actúal grupo do PP no concello carballiñés tan só repetirá a concelleira Pilar Caride, caendose dos postos de saída Roberto Ameijeiras,Emilio García "Riobóo" e Anayansi Rodríguez.
O propietario da vivenda, J.C.G, presentou denuncia ante a Garda Civil, facendo constar que os ladróns entraron no domicilio tras forzar a porta de entrada, durante a mañá do pasado venres dia 1 de abril, apoderandose de 1.500 euros en efectivo, asi como de xoias por valor de 14.000 euros. Tamén se levaron un ordenador portátil, unha cámara de fotos e outra cámara de vídeo, que o denunciante valorou en 2.600 euros. Instrúe dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño.
A empresa Cepsa instalará no municipio de Maside unha planta de envasado de botellas GLP, botellas de gases licuados do petróleo. O GLP é unha mestura de butano e propano e outros hidrocarburos. Esta nova planta ubicaráse no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril da Estación de Maside, nunha parcela adquirida por Cepsa Gas Licuado ó Adif. Precisamente, o transporte deste tipo de gas faise fundamentalmente a través do ferrocarril.
O proxecto atópase en periodo de exposición pública no Concello de Maside, dando cumprimento ao decreto que regula a avaliación de incidencia ambiental, e ós efectos de presentación de posibles reclamacións ou observacións que se consideren oportunas. O expediente pode examinarse no Concello de Maside atá mediados do vindeiro mes de abril.
O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, asinará nos próximos dias un convenio coa Consellería de Cultura, que posibilitará o acondicionamento dun inmoble anexo ó mosteiro de San Clodio, e que albergará un museo do viño denominado "Espazo dos sentidos do viño". Con dita actuación, cun orzamento superior a 1 millón de euros e prazo de execución de pouco máis de 1 ano, preténdese a rehabilitación dunha edificación singular recuperando o seu estado orixinal e incorporando á vez elementos novos, de forma que non compita coa importancia da cuberta cerámica do mosteiro. Contará con planta soto, vestíbulo, planta alta e zona de viñedo, na que se atopará: unha sala de catas, aseos, sala de reunións, sala de conferencias, zona de degustación para épocas estivais, zona de colleita personalizada por grupos, que integra un lagar e espazo de prensado, zona de exposición e venda de productos autóctonos, un salón dos sentidos e un taller orientado a catas non profesionais.
Dita área pretende ser un espazo das emocións que produce o viño, e no que se trata de mergullar ós visitantes no fascinante mundo das percepcións sensitivas que ofrece esta bebida, froito dun proceso de elaboración moi laborioso e coidado, para poder acadar a máxima calidade. Artéllase como un percorrido conceptual e de aproximación sensorial ao mundo do viño, con distintas etapas e complementándose con outras zonas, como poden ser a zona de desgustación ou a viña donde se aprecien as distintas variedades autóctonas.
Compleméntase a apreciación dos demais sentidos no artellamento multimedia coa inundación do espazo, con sons identificables vencellados ó mundo dos viños, dende gravacións efectuadas en adegas, o son de descortezar unha botella, o rumor do vento movendo as follas, o pisado da uva, o son da fermentación, etc…
Na zona de catas, desenvolverase o achegamento á textura das uvas e do viño, como complemento do sentido do sabor.
Este singular espazo museístico cumpre tamén co obxectivo de promover o coñecemento, a través do mundo do viño, da comarca do Ribeiro nos seus aspectos culturais e xeográficos, pois o enoturismo ten a virtude de vertebrar todos os recursos dunha zona: paisaxe, natureza, patrimonio, artesanía, ocio e deporte, festas e tradición e, por suposto, gastronomía.
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, presentou os candidatos socialistas da comarca do Ribeiro, acto no que afirmou que “o PSdeG vai incrementar o apoio cidadán nesta comarca o próximo 22 de maio, especialmente na capital, porque a xestión de Marcos Blanco e todo o seu grupo de goberno nesta lexislatura foi unha das máis fructíferas do período democrático”. Na súa intervención, o líder dos socialistas galegos, sinalou ás débedas da Xunta de Feijóo con Ribadavia e a comarca, “de onde parece mentira que sexa o superdelegado da Xunta en Ourense, xa que ten paralizado todos os proxectos que están pendentes de ser executados”, dixo.
Así, lembrou que o parque empresarial de San Cristovo segue empantanado na 3ª fase de execución, e que despois de prometer incluír a dotación para esta obra nos orzamentos do 2011, non destinaron un só euro, poñendo en perigo a implantación de tres empresas e a creación de 100 postos de traballo. Tamén denunciou a falla de apoio ao sector vinícola, que é a principal fonte de riqueza destas terras, e que non hai o máis mínimo interese en establecer un sistema de presos estables para os viticultores, con “contratos homologados” que garantan unha rendibilidade mínima da viticultura. Neste sentido indicou tamén a falta de interese por poñer en marcha o Museo do Viño, xa construido, e que está chamado a ser un dos reclamos turísticos da comarca. O secretario Xeral dos socialistas galegos lembrou ademais que as políticas de Feijóo, despois de dous anos de goberno e de desmantelamento de servizos públicos como a sanidade e a educación, van dirixidas á suba de impostos e taxas. Vázquez puxo como exemplo o intento de querer introducir o copago nos servizos públicos e a suba da auga. Explicou que a nova Lei de Augas só persigue recaudar máis, elevando o prezo da auga ata un 140%, pero non resolve ningún dos problemas de abastecemento nin de saneamento.
O secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, destacou a unidade dos socialistas do Ribeiro fronte ás prácticas habituais do PP para colocar candidatos, “utilizando a Deputación como a súa sede electoral”. Fernández lembrou a importantísima suba en votos e alcaldías que houbo entre as eleccións municipais de 2003 e as de 2007, tendencia que está seguro continuará nos vindeiros comicios do mes de maio, e axudarán a gañar a Deputación provincial. “Estamos en condicións de que o Ribeiro erradique o caciquismo do PP, as políticas de alcaldes que chegaron ao poder durante o franquismo, de exalcaldes imputados e condenados como Rogelio Martínez, e de alcaldes inhabilitados como o de Melón”, dixo
O alcalde de Ribadavia e candidato á reelección, Marcos Blanco, tamén salientou o consenso á hora de elixir os candidatos socialistas da comarca do Ribeiro, fronte á división interna do Partido Popular, que presenta uns candidatos que teñen como único obxectivo “axudarse a eles mesmos e conseguir un traballo na CEO o una Deputación provincial”, en vez de mirar polo interese xeral. Blanco considera que os candidatos que hoxe se presentaron supoñen “un soplo de aire fresco” fronte ao caciquismo e clientelismo do Partido Popular da comarca e aos recortes da Xunta de Feijóo.
Así, lembrou o recorte de máis dun 30% na subvención para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, e do 75% da subvención para a rehabilitación de cascos históricos, que supuxo a redución de 29 expedientes de rehabilitación abertos en 2009 a 6 expedientes en 2010 no casco histórico de Ribadavia. Neste sentido lembrou que Galicia era exemplo en toda España da recuperación das nosas zonas monumentais, e Feijóo dun plumazo condena a deixar morrer as zonas históricas das nosas vilas, que tamén forman parte do noso patrimonio. Sobre o patrimonio natural do Ribeiro, recordou que o PP quixo “comprando vontades, castigar á comarca do Ribeiro” coa ubicación dunha planta incineradora de lixo, cando no seu día se opuxeron á instalación dun parque medioambiental en Carballeda de Avia dedicado fundamentalmente á reciclaxe de residuos.
O acto foi presentado pola candidata no concello de Cenlle, Silvia Álvarez, quen afirmou “ser a cabeza visible dun novo equipo que está traballando con moitas ganas ilusión” porque “os veciños de Cenlle merecen un cambio profundo despois de máis de 40 años nos que o amiguismo e os intereses partidistas foron as constantes da acción de goberno municipal”.
“Nós somos o futuro de Cenlle”, dixo, e reivindicou as políticas de reequilibrio territorial porque “o rural tamén existe, e os socialistas apostamos por el”, engadiu. Así sinalou que “a riqueza natural do Ribeiro é a súa seña de identidade”, polo que “potenciar unha economía sostible para protexer o noso territorio significa dicir non á incineradora” que o PP quere instalar na provincia de Ourense. Aludindo á importancia dun cambio na Deputación provincial, Álvarez apuntou que “Ourense merece outros líderes que teñan as personas no centro das súas políticas e os dereitos sociais como unha prioridade, algo que está moi lonxe do caciquismo imperante no clan Baltar e no Partido Popular"
CANDIDATOS COMARCA DO RIBEIRO
ARNOIA |
JORGE RODRÍGUEZ GARCÍA |
AVIÓN |
ANA ISABEL DOMÍNGUEZ GAVIÁN |
BEADE |
MIGUEL ÁNGEL CARREIRO ESTÉVEZ |
CARBALEDA DE AVIA |
LUIS MILIA MÉNDEZ |
CASTRELO DE MIÑO |
ÓSCAR LÓPEZ MARTÍNEZ
|
CENLLE |
SILVIA ÁLVAREZ ESTEBAN
|
LEIRO |
MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ |
RIBADAVIA |
MARCOS BLANCO JORGE |
Un veciño do lugar de Valfrio, na parroquia carballiiñesa de Santa Uxía de Lobás, faleceu onte pola tarde, aplastado polo tractor co que traballaba nunha leira preto da localidade de Dornela, nesta mesma parroquia de Lobás. Etelvino Villanueva Lorenzo, de 66 anos de idade, foi atopado morto minutos despois das 2 da tarde polos efectivos do Grumir que se desplazaron atá o lugar do sinistro, asi como unha médica do centro de saúde do Carballiño, que non conseguiron reanimalo. A hora do xantar, Etelvino non regresou á súa casa, polo que a súa muller pediu a un veciño que fora a ver qué pasaba, encontrandose coa víctima debaixo do tractor, ó parecer o accidente produciuse cando estaba tratando de retirar unhas pedras, entón, o tractor envorcou sobre a víctima, provocandolle a morte. Trátase do segundo veciño do municipio do Carballiño que falece en idénticas circustancias nun intervalo de tempo de apenas mes e medio, xa que o pasado dia 6 de febrreiro un home de Barro de Madarnás morreu, tamén ó envorcarlle o seu tractor.
O portavoz, Javier Rodríguez, sinala que dende hai un ano o Concello convoca os plenos ás 9.30 horas, obstaculizando a presencia da oposición nos mesmos, e incumprindo a legalidade. Lembra que ao inicio desta lexislatura aprobouse en pleno a celebración dos plenos o cuarto xoves cada dous meses ás 20.30 horas, pero o último pleno que tivo lugar a esta hora foi o do 28 de decembro de 2009. Rodríguez sinala que de forma reiterada pediu nos plenos que se cumprira o acordado, e mesmo presentou un escrito no Concello solicitando que se cumprira a lei, xa que se está vulnerando un dereito fundamental dos concelleiros da oposición e pode ser constitutivo de delicto.
O edil socialista manifesta que con esta forma de actuar o Partido Popular pon dificultades á oposición para acudir aos plenos e exercer o control da acción de goberno, xa que excepto no caso de funcionarios públicos os empregados de empresas privadas non poden faltar ao seu traballo cada vez que hai un pleno. Rodríguez critica esta actitude que amosa unha falta de respecto á democracia, e lamenta que o Irixo se una á estratexia do Partido Popular de Galicia de non convocar as sesión plenarias cando corresponde, vulnerando os dereitos dos cidadáns aos que representa a oposición.
O Presidente Provincial do PP, Manuel Baltar, presentou no auditorio do Carballiño ante máis de 400 persoas, a Argrimiro Marnotes como "un candidato sobradamente preparado para dirixir un Concello chamado a convertirse nun dos motores da provincia". Nun acto que contou coa presenza do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, o Presidente dos Populares na provincia avanzou todos os cabezas de lista do Partido Popular nos Concellos da Comarca "que nos darán esa gran victoria electoral", entre os que se atopan os cinco Alcaldes que gobernan na actualidade os Concellos de San Cristovo de Cea, San Amaro, Beariz, Boborás e O Irixo. As novidades para estas vindeiras elecciós municipais estarán en Piñor, ónde o candidato será Luis González Rodríguez e en Punxín, onde se estreará como cabeza de lista Manuel Vázquez Fernández. Mentres, en Maside, o Partido Popular confia en Casimiro Campo para recuperar a Alcaldia da localidade. Xa na interveción de Argimiro Marnotes, éste asegou que "faltan poucos dias para que se produza o cámbeo que necesita O Carballiño, ónde os actúais gobernantes contan os dias para escapar do Concello". Marnotes prometeu facer as reformas necesarias e os cámbeos que necesita o Concello do Carballiño "xestionarémos os recursos con sentido común, non gastarémos máis do que temos, e pagrarémos o que debemos". Tampouco escatimou críticas o actúal goberno municipal bipartito, ó que se referíu decindo que "demostrou que o PSOE non estaba capacitado para gobernar en solitario, e e tampouco souberon facélo xuntos cando perderon a Xunta". A gran aposta do Partido Popular para o vindeiro mandato municipal será "a creación de emprego no noso pobo, cada concelleria que dependa do Partido Popular fomentará o emprego e a creación de novas oporunidades"
Na xornada 27 do campionato, o Arenteiro consigue forzar un empate na súa visita ó Morrazo, no campo de Aldán, fronte ó equipo local do Rápido de Bahía, con resultado final de empate a un gol no marcador. O Arenteiro volveu a dar a cara neste partido, aínda que un punto non sirve para moito na crítica situación na que se atopa o equipo, no penúltimo posto da táboa clasificatoria, e con tan so 17 puntos a esta altura da competición, só un milagro salvaría o Arenteiro do descenso de categoria. Neste partido en Aldán, o empate final non fixo xustiza ós méritos do Arenteiro, que foi superior ós locais durante os 90 minutos, desaprovietando numerosas ocasións para acadar unha victoria incluso cómoda, sen embargo a falta de definicicón condenou o Arenteiro a este inxusto empate. Iago Csas marocou o gol carballiés no minuto 21, empantando os locais no 78, con gol de Hugo.
O historiador, museólogo e estudioso da Veracruz, Felipe-Senén López Gómez, é un dos promotores da nova asociación, e moi probablemente, podería ser tamén o seu primeiro Presidente. A nova asociación cultural nace no entorno da "plataforma cidadán pola defensa do legado de Evaristo Vaamonde", cosntituída no mes de outubro do ano pasado, para esixir a reforma do proxecto de acondicionamento da praza que rodea o Templo da Veracruz, opoñendose á obra que se està executando por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia. Agora, un grupo de persoas vencelladas a esta plataforma, entre as que se atopan varios membros da familia Otero, descendentes de Adolfo Otero, constructor da Veracruz, apostan pola fundación dunha asociación cultural aberta ó cunxunto da veciñanza e que terá como finalidade primordial a defensa da obra de Palacios, tanto do monumento coma do seu entorno. Ademáis, tamèn promoverá todo tipo de iniciativas de defensa do patrimonio histórico-arttístico do Carballiño, asi como todo tipo de actividades que contribuian á dinamización cultural do Carballiño. Entre esas iniciativas inmediatas, estarán os actos conmemorativos do 50 cabodano do pasamento de D. Evaristo Vaamonde, o párroco do Carballiño finado en 1962, promotor da construcción da Veracruz.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 720
- 721
- 722
- 723
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- …
- seguinte ›
- última »