26, Marzo 2024

A Comunidade Cisterciense de Oseira daba conta esta mañá do pasamento dun dos seus monxes, o irmán Rafael Manzano García-Triviño, falecido neste martes santo 26 de marzo en Oseira á idade de 96 anos.

Levaba residindo en  Oseira desde 1976, e durante boa parte destes últimos 48 anos foi o encargado da portería do mosteiro. A Comunidade recordao coma "un monxe alegre  e entregado aos diversos servizos que prestou", entre os que tamén estivo o de mestre de novicios. 

A misa de "corpore insepulto" terá lugar este mércores dia 27 de marzo ás 11:30 horas na igrexa monacal de Santa María A Real de Oseira.

25, Marzo 2024

O concello do Carballiño comunica que os horarios diarios de atención ao público ata o próximo domingo dia 31 de marzo tanto no museo do Parque Etnográfico do río Arenteiro como na oficina municipal de turismo sita na Alameda será de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 19:30 horas.

Nestas datas, o concello "agarda a chegada dun importante numero de visitantes a O Carballiño" e tamén recorda a toda a veciñanza "a importancia de apostar tamén nestas datas polo comercio e a hostalaría da vila, sectores que forman tamén parte do reclamo turístico do Carballiño". 

Asemade, recordan que ao coincidir o dia 31 a domingo, adiántase a feira ao sábado 30, "animando a facer as reservas para comer con debida antelación", ao considerar que ao coincidir esta feira de final de mes en plena Semana Santa e no medio de dous festivos, espérase un cheo nos comedores da hostalaría carballiñesa.

24, Marzo 2024

O bo tempo acompañou e favoreceu a afluencia de público nas dúas primeiras procesións da Semana Santa do Carballño xa celebradas, as do Traslado da Dolorosa o pasado venres de Dores e a do domingo de Ramos, que contou co acompañamento musical da Banda da Brilat Galicia VII.

En contraste co inicio desta Semana Santa, para o resto da semana as previsións meteorolóxicas apuntan a un empeoramento do tempo, con baixada de temperaturas e choivas a diario, o que sen dúbida podería condicionar a celebracións das grandes procesións da Cofradía da Veracruz, nese caso, os actos programados desenvolveríanse no interior do Templo da Veracruz, segundo os protocolos previstos.

Procesión Penitencial de la Sentencia y la Misericordia. Fecha: 28 de marzo, Jueves Santo. Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Cena). Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rosalía de Castro – Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Nuestro Padre Jesús de la Sentencia y la Misericordia. Participan: Legio VII Civitas Limicorum, con su tercio de tambores. Destacado: Abre filas la Cruz Franciscana de Santa María de Mesego, custodiada por nazarenos de la Cofradía.

Procesión del Cristo de la Salud. Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo. Hora: 12:00 horas. Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Rúa de Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa de Tomás Mª Mosquera – Rúa de Rosalía de Castro – Rúa de Curros Enríquez – Rúa de Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Cristo de la Salud. Banda: Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.

Procesión Solemne del Santo Entierro o «dos Caladiños». Fecha: 29 de marzo, Viernes Santo. Hora: 21:00 horas. Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Conde Vallellano – Rúa Aldara – Rúa Cesáreo Tizón – Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Praza Maior – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz. Pasos: Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores. Bandas: Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe. Destacado: Abren filas la Cruz Procesional, el Estandarte de la Cofradía y el Lignum Crucis custodiado por las secciones de nazarenos, prometidos descalzos y mantillas.

Procesión Gloriosa de la Resurrección. Fecha: 31 de marzo, Domingo de Pascua. Hora: 13:00 horas (al finalizar la Santa Misa). Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Conde Vallellano – Rúa Rosalía de Castro – Praza Maior – Rúa Tomás Mª Mosquera – Iglesia Parroquial de San Cibrao. Pasos: Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria. Banda: Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.

22, Marzo 2024

Dende a semana pasada hai un tubo, de 1cm de diámetro e 2cm de altura, que sobresae do solo na parte de arriba da praza maior. Se provoca algún accidente, quén será o responsable?

22, Marzo 2024

O Grupo Provincial Socialista obtivo o compromiso do Pleno da Deputación para adoptar “as medidas oportunas para que se garanta no curto prazo a implantación real e efectiva do transporte de viaxeiros que inclúa a todos os concellos da área metropolitana de Ourense”. A moción socialista recolle a “creación inminente dun comité técnico e político no que se acorde a mellor fórmula de implantación do transporte metropolitano no menor tempo posible”.

Esta táboa de traballo estará composta por representantes da Deputación de Ourense, que incluiría a participación dos grupos políticos do mandato actual, da Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e cada un dos concellos da área metropolitana da capital provincial. O voceiro socialista, Álvaro Vila, fixo fincapé na “eiva” que supón a actual situación, da que derivan “limitacións” e “prexuízos” para a comarca de Ourense e os seus habitantes. “A implantación do transporte metropolitano é unha demanda histórica do PSdeG-PSOE que o PP, que representa o principal factor de bloqueo até hoxe, ven de subscribir durante a máis recente campaña das autonómicas, polo cal queremos aproveitar a ocasión para arrincar o compromiso do Pleno para a posta en marcha sen demora do transporte metropolitano”, destacou Vila.

Para éste, “a determinación exhibida polo PP en campaña é unha moi boa nova sempre que se vexa concretada e non sexa só resultado dunha estratexia electoralista”. Do proxecto de crear áreas metropolitanas para o transporte na entorna das cidades galegas fálase desde 1995, facéndose realidade paseniñamente na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e Lugo. O bloqueo do transporte urbano metropolitano suscita polémica en Ourense cada certo tempo, pero sen que a situación avance. Segundo Vila, “as áreas metropolitanas de transporte son unha realidade nas principais cidades galegas, quedando relegado Ourense, co agravio comparativo que este feito supón”. Para Vila, “é o momento de impulsar o transporte metropolitano a través da acción coordinada dos grupos da Deputación, Xunta e os concellos” de Ourense, Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Barbadás, Amoeiro, Coles, Toén e Punxín, e mesmo A Peroxa, Cenlle, Taboadela, Paderne de Allariz e Vilamarín

21, Marzo 2024

A Ínsua dos Poetas acolleu este xoves 21 de marzo o seu tradicional acto con motivo do “Día do Árbore, a Auga e a Poesía”, unha conmemoración múltiple que contou coa presenza de rapaces e rapazas de todos os centros educativos da comarca do Carballiño, así como do colexio invitado este ano, o Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar.

Esta actividade cultural organizada pola Fundación “Insua dos Poetas” pretende promocionar a natureza e a lingua galega, con diversas actividades que se sucederon no transcurso da mañá e na que a rapazada da comarca carballiñesa foi a protagonista, con música, poesía e a prantación de árbores.

Este acto contou cunha ampla representación institucional na que figuraban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Cultura en funcións da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal en funcións da Xunta de Galicia, José Luis Chan; en represenación da Deputación estivo o deputado de Medio Ambiente José María Lago, asi como os alcaldes do Carballiño e O Irixo, Francisco Fumega e Susana Iglesias, respectivamente; e o deputado provincial socialista Diego Fernández.

A Fundación "Insua dos Poetas", presidida por Luis González Tosar, está declarada de Interese Galego e ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura.

21, Marzo 2024

O confrade maior da Confraría da Veracruz, Rafa Melero, repasa nesta entrevista toda a programación para esta Semana Santa do Carballiño.

21, Marzo 2024

A Xunta culminou as obras de humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, no concello de Piñor, tras un investimento autonómico global de 460.000 €.

A intervención que se vén de rematar correspóndese coa segunda fase dos traballos da humanización desta travesía. Concretamente actuouse en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.

As obras acometidas supuxeron un investimento de preto de 300.000 euros. Centráronse na humanización destes treitos da estrada, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.

Os traballos desta segunda fase incluíron as demolicións da beirarrúa e de parte da calzada, que se repuxo mellorando a accesibilidade e a sección do firme. Tamén se realizou unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.

No treito entre os quilómetros 1+686 e 1+723 elevouse a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.

Ademais, entre os puntos quilométricos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, dispúxose unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.

Tamén se dispuxo unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.

Os traballos completáronse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e coa colocación de nova sinalización.

Esta intervención completa a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 desta estrada. Tratouse dunha primeira fase de actuación co fin de protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.

20, Marzo 2024

Na súa última intervención en COPE O Carballño o rexedor municipal masidao avanzou as actuacións que este concello vai levar a cabo a través dos dous Obradoiros de Emprego promovidos conxuntamente cos concellos do Carballiño e Boborás. 

José Manuel Iglesias tamén repasou outros proxectos nos que traballa o concello de Maside, entre eles o de erradicación do chabolismo na Fontela, as obras de mellora da rede viaria na zona de Corzos, a reforma da rúa Principal de Maside, ou as actuacións que quere acometer no Outeiro Grande e a contorna do colexio Terras de Maside, onde non descarta a construcción de vivendas de promoción pública.

Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao alcalde de Maside.

 

 

20, Marzo 2024

A deputada provincial de Políticas Sociais e alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, deu a coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no IES Chamoso Lamas do Carballiño, os detalles da iniciativa "A Deputación Escoita", pensada como canle directa de participación da xente nova coa administración provincial.

Afirmou que para o goberno provincial é "importante a vosa achega para deseñar políticas para a mocidade". A primeira edición do certame "A Deputación Escoita" está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto "A Deputación Escoita", e a titulada "un futuro para Ourense", consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS