28, Setembro 2010

Os datos corresponden o informe elaborado pola concellería de turismo do Carballiño, dos mesmos despréndese que o perfil do turista tipo que este verán estivo no Carballiño é aquél que se corresponde cunha persoa entre os 35 e os 45 anos de idade, procedente prefentemente de Andalucia, Cataluña ou Madrid, e que tivo unha estadía dentre os 7 e os 15 dias de duración. Por grupos de idades, estaría en segundo lugar a franxa entre 45 e 54 anos, e en terceira posición os menores de 35 anos. Chama a atención o descenso rexistrado entre os mariores de 65 anos. Entre as cinco e as seis mil persoas pasaron este verán de 2010 pola oficina de turismo, e entre os meses de maio e setembro, o camping municipal recadou 16.500 euros. Con difrencia, agosto foi o mellor mes en canto a ocupación na hostelería carballiñesa, "seguramente o mellor dos últimos anos" aseverou Manolo Dacal, o concelleiro de turismo, tamén dixo que "se batiron records non antes recordados, nos só nos hoteis e restaurantes, senón tamén en bares e cafeterias". Según os datos facilitados polos propios hosteleiros tiveron unha ocupación entre o 70% e o 80%, e nalgúns casos rondou o 100% da capacidade. En canto os recursos turísticos do Carballiño, os visitantes valoran de maneira especial a calidade de vida, o clima, a natureza, as comunicacións e sobre todo, a nosa gastronomia, con mención especial ó polbo á feira. Finalmente, en canto os factores que influiron neste excelente verán para a hostelería carballiñesa, Dacal citou a gran cantidade de actividades celebradas, tanto festivas como culturais, de ocio e deportivas, "sendo tamén un elemento destacado a climatoloxia e a celebración do Xacobeo"

26, Setembro 2010

O Arenteiro non da a talla e na súa visita o campo porriñés de Atios colleitaba a súa cuarta derrota consecutiva no actúal exercicio liguiero, e menos mal que no primeiro partido pasou por Espiñedo A Peroxa, ó que os carballiñeses gañaban por 2-0, porque senón moi probablemente o Arenteiro faría pleno de derrotas. En Atios, o equipo de Mindo ofreceu o mesmo guión que nos anteriores partidos e en tres erros de bulto -3 goles- e entregou o partido, especialmente siñificativo foi o terceiro encaiaxado cando comezaba a segunda parte, nun balón sen perigo entre o defensa Simón e o porteiro Samuel regalan o gol ós locais, de auténtica verbena. "Apaga e vámonos", asi será complicado volver gañar un partido. A partir de entón, curiosamente, víuse o mellor Arenteiro, é un decir, porque o Atios co 3-0 no marcador, xa estaba a outra cousa, e ahí foi entón cando o Arenteiro comezou a deixarse ver no campo, xa era tarde, aínda que Kennedy recortaría distancias no minuto 60 e máis tarde os carballiñeses reclamaron un penalti na área local, pero o árbitro desentendeuse e ademáis momentos despois deixaba o Arenteiro con 10 xogadores por doble amarela a Toño. A ahí morría definitivamente un partido no que podemos salvar a César e Kennedy, e pouco máis. Ou se reforza este equipo ou o Arenteiro vai en picado para a 1ª autonómica.

25, Setembro 2010

A Vila de Cea celebra durante esta derradeira fin de semana e atá o lúns 27 inclusive, as Festas da Saleta, sen dúbida que por tradición e tirón popular, o outro gran acontecemento festivo da comarca xunto as Festas do Setmbro no Carballiño. Durante catro dias, a vila de Cea volverá revivir o extraordinario ambiente de fai aínda unhos dias atrás, cando se celebraba o Festival Internacional de Orquestras, que según avanzou esta semana en Cope O Carballiño o Alcalde da localidade, José Luis Valladares, seguirá a celebrarse en Cea nos vindeiros anos. Se daquéla, una representación das mellores orquestras internacionais pasaron por Cea, non ten nada que desmerecer o extraordinario cartel que presentan estas Festas da Saleta, xa que volve contarse con afamadas orquestras para animar as verbenas, entre elas Paris de Noia e Panorama, que a bó seguro volverán levar atá cea a milleiros de persoas, Completan a programación musical as bandas de música de Muimenta e Celanova, e as Pandereiteiras de Cea. A Capela da Saleta acollerá as celebracións relixiosas, con misas ás 9,10,11 da mañá, e solemne con procesión, tanto o domingo 26 coma o lúns 27, que será festivo de carácter local no Concello de San Cristovo de Cea. Unha comisión integrada por veciños da vila encargase da organización do festexos, que se financian por medio das cuotas que pagan as familias de Cea, a recadación por publicidade e a aportación municipal. O orzamento deste ano supera os 50.000 euros.

21, Setembro 2010

Os traballadores en paro aumentaron no Concello do Carballiño un 2,45% según os datos oficiais relativos ó pasado mes de agosto, no que se rexistraron 28 novos demandantes de emprego. Desta maneira, o total de parados  ascende xa a 1.183 persoas no Concello do Carballiño, das que 557 son homes e 665 son mulleres. En relación cos datos de fai agora un ano, agosto de 2009, o paro incrementouse no concello carballíñés un 12,45%. Por sectores, algo máis da metade do total, rexístrase sos servizos, que contabilizan 605 parados, 241 na construcción, 174 na industria, e sen que tivesen aínda ningún emprego, 139 personas.

En relación a outros concellos, o segundo da comarca cun número máis alto de parados é  o de Maside, con 252 demandantes de emprego, cun aumento no pasado mes de agosto do 0,80%. Onde máís aumento o paro no último mes foi no Concello de Boborás, en termos relativos, un 5,75% de incremento, que se eleva atá o 18,71 no último ano, se collemos como referencia o mes de agosto de 2009. O caso contrario é o que representan os Concellos de Avión e Beariz, que van contra a tendencia maioritaria, e rexistron en ambos casos un descenso nas listas do paro, do 15,38% en Avión e do 13,33% en Beariz.

20, Setembro 2010

Terceira derrota cnsecutiva do Arenteiro nesta liga, un discreto Barbadás, eso sí, axudado pola parcialidade arbitral, que perxudicou notablemente ós carballiñeses, acaobou goleando por 3-0 no partido xogado no campo dos Carrís, que rexistrou unha aceptable entrada no graderío. O Arenteiro aguantou ben atá a recta final do primeiro tempo, cando o ex-carballiñés Martín gañaba a posición á defensa do Arenteiro e abría a senda da victoria para os locais, corria o m. 36. Un chisco despois, no m.40 o árbitro invéntase un penalti de Tractor sobre un dianteiro do Barbadás, que nin foi penalti, e además a suposta falta, se existira, foi fora da área, as protestas do adestrador Mindo motivaron a súa expulsión. Xa nas postrimerías do encontro, un xenial Outomuro cerraba a victoria local cun golazo por toda a escadra. O Arenteiro volveu poñer de manifesto as súas carencias, sobre todo en ataque, un único tiro a portería en 90 minutos foi toda a súa bagaxe ofensiva, asi é imposible poder sacar adiante un partido. Aínda se está a tempo para poñerlle remedio a esta problemática, a solución pasa evidentemente por reforzar o equipo.

17, Setembro 2010

O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez, considera un despilfarro gastar 26.000 euros nuns servizos públicos previstos na zona do Salgueiral porque non son necesarios nin unha prioridade para os cidadáns. Rodríguez explica que no pleno celebrado esta semana  aprobouse unha modificación de crédito de 60.520 euros, dos que máis de 5.000 son para estes servizos públicos e 34.000 para a remodelación do concello. “Esta non é a primeira modificación de crédito aprobada no que vai de ano; no mes de xullo aprobárase xa unha modificación de 40.000 euros”, dixo Rodríguez, quen atribúe as cifras “á falta de previsión orzamentaria do goberno e á súa afición a gastar sen mesura os cartos dos veciños”.

 

No caso dos servizos públicos que se ubicarán na zona do Salgueiral, o orzamento completarase, segundo dixo o alcalde, cunha subvención. Pero os socialistas consideran que este diñeiro ben podería ser empregado a cubrir outras necesidades, porque nesa zona de paseo terán pouco uso xa que tanto a pista polideportiva como o campo de fútbol que hai no mesmo contorno teñen aseos propios.

 

“Pola contra no centro de saúde non hai servizos adaptados a discapacitados físicos, algo que os socialistas consideramos que é máis necesario; pero neste caso o alcalde non asume as súas responsabilidades de esixir á Xunta un centro de saúde en condicións e cumprindo as normativas, e nos di que poñamos unha queixa a Sanidade”, agrega.

 

Remodelación do Concello

 

Ademais, o portavoz socialista sinala que o traslado dos servizos de atención á cidadanía e xestión á planta baixa previsto na remodelación é unha boa opción, porque antes as persoas maiores tiñan que subir unhas escaleiras. Pero critica que novamente os grupos políticos non terán un espazo propio para atender as demandas dos veciños.

 

“A falta de espazo era a razón esgrimida anteriormente polo alcalde para non facilitar unha oficiña aos grupos municipais”, di Rodríguez, algo que podería solucionarse coa ampliación prevista no segundo andar para a que se investirán 110.000 euros, dos que 74.000 euros se recibirán dunha subvención da Xunta e para os que houbo que facer unha modificación de crédito de 39.000 euros.

 

Por outro lado sinalou que resulta extraño que o alcalde alegue que a ampliación do salón de plenos servirá para a realización de actos de tipo cultural cando hai asinado un convenio co cine para a realización deste tipo de actos.

 

“A reivindicación dunha oficiña para os grupos municipais remóntase a 2007, e mesmo foi levada ao Valedor do Pobo; esta remodelación do consistorio é unha ocasión inmellorable para responder a esta necesidade, pero parece que o alcalde vai deixar pasar esta oportunidade”, conluiu.

 

 

15, Setembro 2010

Duás tensas reunións, una celebrada en Ourense entre os técnicos do Bispado e a Parroquia e os responsables municipais do Carballiño xunto ó Delegado Territorial da Xunta, e a outra coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, abriron o camiño do acordo que fará posible un modificado do proxecto para evitar a construcción do polémico muro, que según o proxecto en execución levantariase atá acadar unha altura de preto do catro metros, que restaría visibilidade ó monumento desde a rúa Evaristo Vaamonde, un aspecto do proxecto que se revelou como polémico e suscitou moitas críticas tanto entre a cidadanía como entre persoeiros da cultura e a arte, e mesmo motivou unha solicitude da Real Academia Galega de Belas Artes ante a Dirección Xeral de Patrimonio para que paralizase esta actuación. Finalmente, os responsables técnicos da obra buscarán outra solución que sexa alternativa á construcción do muro, que se desbota do proxecto tal como estaba concebido. Coñecida esta decisión, tanto a oposición municipal, representada polo portavoz do PP Argimiro Marnotes, que participou na reunión, como o Goberno municipal que estivo representado polo Alcalde Carlos Montes e o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manolo Amil, salientaron como positivas estas dúas reunións e o resultado acadado, que posibilitará a continuidade do proxecto, aínda que introducindo o correspondente modificado. Eso si, Amil advertíu que por parte da Consellería se puxera de manifesto de que "se aparecian novos problemas, rescindiríaselle o contrato á empresa adxudicataria e o quedaría en suspenso a exeución do proxecto"

15, Setembro 2010

Todos eles foron detidos como presuntos autores de diversos actos delictivos cometidos os pasados dias 28 e 29 de agosto nos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, entre eles, provocar o incendio que destruíu o edificio de primaria do colexio público de Cea. Tras varios dias de investigacións, a Garda Civil de Cea procedeu onte á detención de cinco mozos, tres deles menores de idade, que foron postos a disposición  do Xulgado número dous do Carballiño e da Fiscalía de Menores. Trátase, de P.G.V de 19 anos de idade e I.G.L. de 18 anos de idade, ambos veciños do Carballiño, e tres rapaces menores de idade, veciños de Covas (Cea) e Ourense.

Según o relato da Garda Civil, os cinco mozos apoderaronse o pasado 28 de agosto dun vehículo, nas inmediacións dun bar na localidade de Cotelas, nese vehículo trasladaronse atá o Colexio Público de Cea, ónde se apoderaron de tres ordenadores portátiles e provocaron o incendio que calcinou totalmente o edificio de primaria. O dia seguinte, entraron nas  piscinas municipais do Concello de Cea, causando diversos destrozos nos vestiarios e no mobiliario destas instalacións públicas. Pero non acabarían aquí as “aventuras”, xa que ese mesmo dia volvían trasladarse no vehículo roubado atá un camiño forestal na parroquia da Canda, no Concello de Piñor, e alí prenderon lume, que se propagou a un monte próximo, resultando afectada unhas 0, 2 hectáreas de monte baixo.

13, Setembro 2010

Un informe técnico elaborado polo arquitécto do Bispdo, ó que tivo acceso esta emisora de radio, pon de manifesto diversas anotacións que desaconsellan a execución do proxecto promovido pola Xunta na parte da praza da Veracruz que xa está acondicionada, e que -o parecer- é propiedade do Bispado, polo que o Concello do Carballiño tería posto á disposición da Consellería unhos terreos que non son públicos, ó que si esto se confirma podería supoñer un atranco importante para a execución deste proxecto, tal como está concebido. O informe é contrario á construcción de muros nesta parte da praza coa rúa Evaristo Vaamonde, e que acadarían unha altura próxima ós catro metros, ún dos aspéctos técnicos do proxecto que máis criticas ven levantando. Solicítase tamén expresamente neste informe do arquitécto Xan Rodríguez González, que non se proceda a anchear a rúa dos Canteiros xa que elo siñificaría restar espazo á praza, polo que debe manterse tal como está o actúal muro de pedra que delimita a praza coa rúa. Ademáis considerase innecesaria calquera actuación nesta zona xa axardinada, onde se ubica a estatua de D. Evaristo e as palmeras, únicamente se recomenda -se se considera- que se alise o empedrado actúal existente no solo. Polo demáis, tamén se incide na necesidade de manter a actúal rampa de acceso ó templo para persoas con discapacidade e vehículos fúnebrres, desde a rúa Evaristo Vaamonde, e finalmente cítanse algunas outras actuaciós relativas a diversas melloras de carácter estético. Pola súa parte, a Parroquia solicitou outros dous informes técnicos sobre esta obra, ún deles feito polo arquitécto Adolfo Otero -neto do constructor da Veracruz Adolfo Otero Landeira- que tamén é moi crítico con diversos aspéctos desta obra de urbanización do entorno da Veracruz, ún deles revela - como feito negativo- que máis do 50% do espazo resultante da nova praza vaise acometer con elementos ríxidos de formigón prefabricado.

10, Setembro 2010

Non houbo sorpresas no pleno muncipal da Corporación do Concello de Cea convocado para debatir o proxecto da planta de compostaxe de As Fontaiñas, todo se desenvolveu según o guión previsto, O Alcalde José Luis Valladares defendendo a actuación muncipal neste asunto  e anunciando que por parte do Concello se vai autorizar esta actividade industrial, mentres que desde a oposición, tanto PSOE como BNG solicitaron, sen éxito, a paralización deste proxecto. A convocatoria plenaria levantou certa expectación entre a veciñanza, e atá a Casa do Concello de Cea acudiron unas cen persoas, entre as que se deixaron oír algunhos comentarios favorables a ubicación desta planta de Compostaxe nas Fontaíñas, aínda que a maioria dos asistentes foron movilizados pola plataforma cidadán que se opón a este proxecto industrial no Concello de San Cristovo de Cea.

O Portavoz do PSOE, Guillermo Dopazo, que volveu demandar a paralizacíon das obras, dixo que "a única persoa que está a favor é o Alcalde de Leiro, que pretende pechar a planta de Lamas, para sacarse ós veciños de enriba e traernos o problema par Cea". Desde o grupo municipal do BNG, a concelleira Xosefa Gómez pedíu ó Alcalde que "escoite a todos os veciños que de ningunha maneria quereen esto ó lado das súas casas". O rexidor municipal inistíu en que a planta "só será para maduración e alcacenaxe, e nada máis que para eso", e citando a Castelao dixo aquelo de "neste país hai moitos caciques pra tan poucos indios" dirixindose ás bancadas da oposición e más expresamente ó concelleiro socialista.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS