
O Instituto Galego da Vivenda e o Solo inicia o procedemento de adxudicación de seis vivendas protexidas de promoción privada no Carballiño, promovidas por Construcciones Joenfe S.L., baixo a modalidade de compravenda.
Para optar a estas vivendas é necesario estar inscrito e anotado na data da resolución de inicio do procedemento, no Rexistro ünco de Demandantes de Vivenda, no municipio do Carballiño. O modelo das solicitudes e información que se precise poden obterse na Área Provincial do IGVS, na rúa Sáenz Díez nº 1 de Ourense.
Das seis vivendas que se ofertan, cinco delas localízanse no número 147 da Avenida de Compostela do Carballiño, cunha superficie entre 46,60 e 81,79 m2 útiles, con garaxe e rocho incluidos, e unhos prezos que oscilan entre os 62.300 e os 68.400 euros. A outra vivenda localízase no número 115 desta mesma Avenida de Compostela, dunha superficie de 79,52 m2 útiles e un prezo de 70.000 euros.
O prazo de pesentación de solicitudes é de quince dias hábiles a contar desde a derradeira publicación deste anuncio por parte do IGVS.

A nova pediatra co que conta o centro de saúde do Carballiño tomou posesión este 19 de marzo da súa praza, que obtivo mediante concurso de méritos que con carácter de urxencia convocou o Sergas. Tras o seu nomenamento no DOG tiña un mes de prazo para a toma de posesión, aínda que quixo incoporarse no primeiro dia que podía facélo.
Desde a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño recoñecen que é un primeiro paso importante para a normalización do servizo de pediatría no centro sanitario carballiñés, pero apremian á Xunta para que proceda a axilizar o procedemento que debería finalizar coa adxudicación da outra praza que permanece vacante no servizo de pediatría que atende á comarca do Carballiño. Este próximo venres 22 trasladarán esta demanda a Valedora do Pobo.
No audio podes escoitar a entrevista a Rocio Valiñas, integrante da Plataforma Cidadán.

Comeza este luns, 18 de marzo, o ciclo de conferencias de Semana Santa programado pola Confraría da Veracruz e que leva por título xenérico o de “Ante a Semana Santa: un relato de Paixón”. A primeira conferencia correrá a cargo do frade franciscano e rector do Santuario de San María a Real do Cebreiro, Francisco Castro Miramontes. A súa conferencia, que terá lugar na Igrexa Parroquial de San Cibrao, a partir das 20,00 h, leva por título “Los santos lugares: El camino de la fe”.
Francisco Castro Miramontes, nado en Santiago de Compostela no ano 1971, é licenciado en Dereito civil e canónico e diplomado en Sagrada Escritura, e leva impartido numerosas conferencias e publicado diversas obras.
SANTUARIO DA VERA CRUZ
O ciclo continúa o mércores 20 de marzo, á mesma hora, 20,00h, e no mesmo lugar, vella igrexa parroquial, coa conferencia do historiador carballiñés e profesor da Facultade de Historia de Santiago de Compostela David Chao Castro, que disertará sobre o tema “Do San Sepulcro de Xerusalén ao Santuario da Vera Cruz de Antonio Palacios”.
David Chao, que é especialista en historia medieval, referirase a bo seguro, entre outros aspectos, á reliquia do “lignum crucis” existente no templo carballiñés, así como ao cento cincuenta aniversario do nacemento do arquitecto que ideou o santuario e emblema arquitectónico do Carballiño.
Esta denuncia vai dirixida a quen corresponda, que non sei moi ben se será responsablidade da Policia Local, Concellería de Tráfico ou Alcaldía, é para comunicarlles que na rúa Astureses temos un serio problema co exceso de velocidade co que circulan moitos vehículos a diario, co conseguinte perido para a seguridade das persoas que tamén a diario cruzamos os pasos de peóns. Compre poñer solución a este problema.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) en de publiciar a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas incorporadas na aldea modelo de Cortegazas, no concello de Avión.
Este proxecto de aldea modelo de Cortegazas-Avión terá como actividade principal o aproveitamento de gando en extensivo, compaxinándoo coas importantes masas de frondosas caducifolias existentes, cultivos complementarios ao gando e aproveitamento apícola. Como actividade secundaria, os cultivos leñosos como poden ser a plantación de árbores froiteiras, principalmente a plantación de castiñeiro para froito. Esta aldea modelo abrangue 17,88 hectáreas, distribuídas en 727 parcelas de 99 propietarios.
Cómpre engadir que poderán presentar propostas de aproveitamento as persoas físicas e xurídicas, as administracións públicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, os solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes, e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables. Canto ás propostas, deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e aos proxectos de ordenación produtiva aprobados para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240315/AnuncioO90-060324-000....
La señora alcaldesa de irixo y sus pupilos se dedican ahora a darle ala gente lo que se les ocurra como lo último una cama ortopedica y más cosas en esa misma casa y lo mejor de todo que se la instaló el propio ayuntamiento y con el coche allí y todo y así es como dicen que hai que mirar polos veciños. E carreteras mal e pueblos sin limpiar e pistas cheas de follas e polas, tic tac o tempo acabase alcaldesa.

A maxistrada carballiñesa María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, pronunciará o pregón de Semana Santa ás 12,00 h deste próximo domingo, 17 de marzo, no templo da Veracruz, antes do comezo da misa. Será o acto que marque o inicio do intenso programa relixioso e cultural realizado pola Confraría da Veracruz para esta Semana Santa. Fernández Galiño referirase na súa intervención ás súas vivencias durante esta celebración no Carballiño.
O mesmo domingo, pola tarde, ás 18,30 h, tras a misa no templo da Veracruz, a Banda de Música Nuestra Señora de la Misericordia de Viveiro ofrecerá un concerto cunha escolla de oito pezas creadas por diversos autores para estas datas de Semana Santa. “Sons cofrades” é o título deste concerto que abarcará creacións musicais de autores como Sergio Larrinaga, Daniel López, Juan Ignacio Busca, Alejandro Blanco, Alejandro Gómez, Francisco José Ortiz, José Manuel Lechuga, Agustín Moyá e Manuel Jesús Guerrero.

A Deputación de Ourense vén de aplicar un novo sistema dixital para xestionar e obter unha detallada información das características ou incidencias que se rexistran nos 1.850 quilómetros de estradas provincias.
Este novo programa de información xeográfica baséase en imaxes dixitais de 360 graos. Grazas a elas, o persoal da Área de Infraestruturas da Deputación pode recompilar en calquera momento todo tipo de características dunha estrada, como radios de curvatura, rasantes, peraltes, plataformas ou distancias de visibilidade.
Ao mesmo tempo ofrece a posibilidade de coñecer en detalle o entorno da propia estrada, como as condicións orográficas, desmontes, terrapléns, muros, cunetas, zonas de poda e tala, obras de fábrica, drenaxes, cruzamentos, enlaces ou travesías.
O sistema tamén é quen de dar datos concretos sobre os equipamentos que se atopan en cada punto da estrada, entre eles a sinalización vertical e horizontal, elementos de contención, balizas, redutores de velocidade e bandas transversais de alerta que producen sons e vibracións para advertir ao condutor que reduza a velocidade.
Os tramos urbanos das estradas provinciais, así como unha completa identificación do dominio público viario, zonas de protección e liñas de límite para as edificacións tamén están perfectamente rexistradas no programa.
Toda esta información proporciona un coñecemento exacto das características xeométricas, funcionais e estruturais das estradas, ofrecendo así datos de xeito claro, rápido e obxectivo para a súa análise e toma de decisións, optimizando a explotación da rede provincial.
Este traballo tradúcese na creación, edición e xestión de partes de traballo, vixilancia, emerxencias e labores de conservación, poñendo tamén a disposición dos técnicos informes periódicos das actividades realizadas.
Tralo de traballo de recoñecemento dos preto de dous mil quilómetros de vías provinciais realizado mediante un vehículo equipado con cámaras especiais, o sistema incorpora tamén unha aplicación informática para dispositivos móbiles na que o persoal de obra -vixilantes e capataces- poden rexistrar in situ calquera incidencia.

Escoita aquí a Tertulia de COPE O Carballiño, na que entre outros asuntos análízanse os últimos datos do INE sobre o cremenento vexetativo negativo na comarca ou a afluencia de turístas a O Carballiño no último ano, asi como as últimas polémicas na vida política local.
Participan nesta tertulía de venres 15 de marzo José Antonio Barge, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, con Xan Pinal como moderador, e as aportacións da audiencia de COPE O Carballiño.

DISQUE O SEÑOR FUMEGA É CUMPRIDOR. JA."NARANJAS DE LA CHINA". DISQUE ASFALTOU A RÚA MARGARITA TABOADA. NON ERA SEN HORAS.
PERO RESULTA QUE ESE SEÑOR DO QUE VOSTEDE FALA DIXO NUN PLENO QUE A RUA MARGARITA TABOADA SE IA ASFALTAR XUNTO COA RUA COLOMBIA PARA AFORRAR CUSTOS. "O QUE ENCARECE É MOVER A MAQUINARIA" FUMEGA DIXIT.
POIS BEN. A RÚA COLOMBIA SEGUE EN ESTADO CALAMITOSO, CON FOCHANCAS, SEN BEIRARUAS, SEN LUCES OU SEXA UNHA CONGOSTRA. E O QUE É PEOR COIDO QUE O SR. FUMEGA AÍNDA NON SABE ONDE ESTÁ ESTA RÚA, SEGUNDO DIXO ÉL MESMO NA COPE.
ESTO TEN SOLUCIÓN, BAIXE POLA RÚA PORTO RICO E A MAN ESQUERDA RUA COLOMBIA. NON HAI BARES, NIN RESTAURANTES, NIN SEQUERA UNHA TABERNA PERO VIVEN PERSOAS E PAGAMOS IBIS, LIXOS, VADOS...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- seguinte ›
- última »