Os feitos remontanse o paso mes de abril, cando a Policia Local do Carballiño denunciou ante a Subdelegación do Goberno ó representante de Matar por Matar Non e o Concelleiro do BNG Bernardo García, pola colocación dunha pancarta na Praza Maior do Carballiño e segundo se poñía de manifesto na denuncia remitida ó órgano gubernativo, por "impedir o tránsito habitual dos cidadáns". Na pancarta pedíase, daquéla, a convocatoria da comisión de investigación para aclarar a desaparición masiva de cans na canceira do Carballiño, nos primeiros meses do ano, e despois de que os ecoloxistas denunciasen diversas irregularidades no funcionamento desta instalacións municipais, que despois serían recollidas e ractificadas nun informe oficial do Seprona, que tras inspeccionar as instalacións constatou a desapariciòn de 73 cans e a existencia dunha fosa con ducias de animais mortos.
Tras a comunicación da Policia Local á subdelegación do Goberno, dando conta das protestas dos dous ecoloxistas na Praza Maior do Carballiño, abríuse un expediente sancionador por parte do órgano gubernativo cunha proposta de multa de 60 euros, tanto a Xulio Fernándeez como a Bernardo García. Éstos recurriron a resolución, e agora a Subdelegación do Goberno toma en consideración as alegaciós presentadas e resolve o arquivo da denuncia promovida pola Policia Loical do Carballiño, ó entender -como defendían os afectados- que os feitos denunciados non supuxeron alteración algunha para a seguridade cidadán.
Con dous goles de Martín, ún deles de penalti, e outro de Alfredo, o Arenteiro ganou en Ribadumia o seu primeiro partido de liga a domicilio. A victoria verde fraguouse na primeira media hora de partido, e tras quedarse o Ribadumia con dez xogadores no campo por vermella directa a ún dos seus futbollístas, se bastante rigurosa foi a expulsión do xogador local, non o foi menos a de José Juan polos carballiñeses, nunha clara "lei da compensación" do árbitro, que deixou ós dous equipos con dez xogadores sobre o campo da Senra. Ademáis, na parte negativa do partido, tiveron que abandoar o terreo de xogo Jorge e Nacho Currás, ambos con molestias. Tras esta victoria, o Arenteiro é o novo lider da categoria, con seis puntos, que tamén teñen Estradense e Tomiño, desputadas as dúas primeiras xornadas de liga, aínda que os carballiñéses son líderes polo seu mellor coeficiente, con seis goles a favor e cero en contra.
(Redacción. Lolo Carril) Atrás queda o 3-0 ante a A.D. Covadonga no partido que abríu a liga en Espiñedo. Este domingo, 6 de setembro, chega o primeiro desplazamento, que será tamén o primeira das dúas saídas consecutivas á comarca pontevedresa do Salnés, ónde haberá que volver cara a fin de semana seguinte atá Sanxenxo. De momento, para esta primeira cita da tempada a domicilio agárdanos un remozado Ribadamia, que moi kpouco tén que ver co equipo que coñecimos nas dúas úlltimas tempadas, con repecto ás que perdeu gran parte do seu potencial, como o goleador Vixo ou o adestrador Ricardo Fernández, agora no Arousa. O partido está fixado para as seis e media da tarde e atá o Novo Senra de Ribadumia viaxará un Arenteiro ó completo, unha vez que xa se recuperou a Nacho Currás tras sufrir un pequeno percance nun ollo, e tamén adestrou durante a semana Fran, tras reincorporarse ó equipo despois do seu casamento. Asi que Marquitos poderá presentar en Ribadumia un equipo competitivo e cun úncico obxetivo, regresar Ó Carballiño cos tres puntos.
A programación inclue este ano dúas estreas, un feito que demostra o actrativo que resulta para as compañias teatrais galegas o participar no certamen teatral carballiñés, que esta mañá foi presentado na casa do Concello do Carballiño, no transcurso dun acto no que ademáis dos organizadores, da Asociación Cultural FETEGA, participaron a Concelleira de Cultura Inmaculada Ucha, Vicente Montoto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e representantes da Deputación Provincial e o Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez. As estreas serán as de "Lagarta Lagarta" e "Teatro de Ningures", este último coa carballiñesa Josi Lage no reparto.
A programación ó completo é a seguinte:
luns 7/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “LAGARTA LAGARTA”
coa obra: O SEGREDO DOS HOFFMAN
Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnese co motivo
do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un
universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que esmiúza unha historia
intensa e envolvente.
Actores: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constela e Rebeca Montero.
Dramaturxia: Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas.
Dirección: Rosa Álvarez
martes 8/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “CHÉVERE”
coa obra: TESTOSTERONA
Tito e Fran son dous colegas que acaban de montar un grupete de punk-rock, Os Dildos. Hoxe
terán que tocar eles dous sós, guitarra e batería, porque Luismi, o baixista, deixou o grupo antes
de que puidesen dar o seu primeiro concerto. Tito é a figura carismática dos Dildos, un
guitarrista curtido en todo tipo de conflitos e disputas. Fran é o cerebro do grupo, un baterista
atípico que escribe coa mesma contundencia coa que golpea na caixa.
Actores: Natalia Outeiro e Patricia de Lorenzo.
Dramaturxia: Patricia de Lorenzo, Natalia Outeiro e Xesús Ron.
Dirección: Xesús Ron
mércores 9/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “TEATRO NU”
coa obra: COA PALABRA NA LINGUA
Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico Dous actores de diferentes
nacionalidades, diferentes linguas, aínda que unidos por moitas afinidades culturais,
constitúe un problema á hora de deseñar un proxecto? Nós cremos que non. Consideramos
que a convivencia do galego co portugués é posíbel. Por iso buscamos, nun xénero
límite, como é a poesía, o encontro teatral de dúas formas de falar distintas.
Actores: Mónica Camaño, Zé Paredes e Anxo Graña
Dramaturxia: Varios
Dirección: Zé Paredes
xoves 10/09/09_hora:22:30_entradas:5€
compañía: “TEATRO DE NINGURES”
coa obra: ATRABILIS
Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha grande casa dunha aldea calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio onde saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permaneceron alí, latexantes, durante cincuenta anos.
Actores: Casilda García, Sonia Rúa, Josi Lage e Fran Paredes.
Dramaturxia: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
venres 11/09/09_hora:22:30_
GALA ENTREGA DE PREMIOS FETEGA
Na Praza das Monxas
Con “San & San” e o cantautor “Roberto Sobrado”
Máis información: www.fetega.com
A Corporación Municipal do Concello de San Cristovo de Cea celebrou esta mañá una sesión plenaria na que procedeu á aprobación inicial do plan especial para a creación de solo insdustrial neste Municipio. A futura área industrial ubicaráse en montes veciñais nas inmediacións da localidade de Fondo de Cea, preto da estrada N-525, dunha superficie de cen mil metros cadrados que se completarán coa adquisición de terreos a particulares. De feito, nas últimas semanas xa se acometeron traballos de tala de árbores e inciouse incluso a explanación dos terreos nos que está previsto que se instale a empresa "Las Cinco Jotas", coa que o Concello de San Cirtovo de Cea asinou meses atrás un protocolo de colaboración polo que esta empresa se comprometía a ubicarse en Cea, ónde construirá unha nave de 50.000 metros cadrados, sería entón unha das máis grandes de Europa, para desenvolver a súa actividade de fabricación de vivendas modulares, que combinan a pedra e a madeira na súa construcción. As previsións anunciadas polo Alcalde de Cea apuntan a creación de 140 postos de traballo directos.
Jose Luis Valladares espera que nun prazo de dous meses se complete a tramitación prevista para a creación desta área industrial, que se está levando a cabo -remarcou o Rexidor Muncipal- baixo as pautas quemarca a Dirrección xeral de Urbanismo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a quen Valladares agradeceu a colaboración que ven prestando para axilizar na medida do posible os prazos previstos.
Valladares está convencido. Detrás do lume que arrasou 140 hectáreas de monte na parroquia de Covas estivo a man da intención pirómana dalgún desaprensivo. O Alcalde de Cea tamén destacou o operativo desplegado na zona e nas labores de control do lume por parte da Consellería do Medio Rural, e que incluíu oito motobombas, tres palas, catro hidroavións, seis avións de carga en terra e catro helicópteros, asi como nove brigadas e tres técnicos especialistas. Os fortes refachos de vento e os cámbeos de dirección dificultaron os traballos de extinción, que se prolongaron durante 36 horas, desde que se declarara o incendio na tarde do pasado lúns 31 de agosto. Por momentos, o lume aproximouse perigosamente á localidade de Ardesende, aínda que finalmente non foi precisa a evacuación da veciñanza.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do alcalde de Cea a Cope Carballiño
A Biblioteca Municipal do Carballiño abríu novamente as súas portas tras varias semanas pechada por motivo das obras de reforma executadas neste edificio municipal. As obras consistiron básicamente na reforma da cuberta do edificio, instalando novos canalóns para a recollida de augas así como as conexións ca baixante. Por outra banda tamén se executaron os traballos de revestimento do interior das estancias da Biblioteca, usando para elo pintura plástica dende a planta baixa ata a propia Biblioteca.
Tamén se executaron obras para dotar dun ascensor a estas instalacións, que permitan o acceso a todalas prantas. A capacidade deste ascensor será de 4 persoas. Por último procedeuse a instalaciòn do aire acondicionado, ofrecendo unha maior comodidade tanto os usuarios deste servicio público como os propios traballadores municipais.
Estas obras foron realizadas durante o pasado mes de agosto, e financiadas a través do Fondo Estatal de Inversión Local, no que tamén se incluiron outros proxectos como as pisicinas municipais, a avenida do Balneario ou a reforma do pabellón de deportes.
Dende a área de Cultura do concello do Carballiño sinalan que, pese a ter rematadas xa as obras antes citadas na Casa da Cultura e Biblioteca, ainda quedan algunos arranxos por executar nestas mesmas instalacións, que permitirán dotar o complexo de maior comodidade e utilidade.
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia ven de publicar a licitación de obras de acondicionamento do entorno do templo da Veracruz, tendo as empresas intermediarias un prazo de 26 días para presentar as súas ofertas. O orzamento base de licitación é de 1.101.141 euros, e a execución do proxecto será de 12 meses. A obra consistirá na urbanización da praza que rodea o templo da Veracruz, cunha extensión arredor dos 12.000 metros cadrados, que incluirá a apertura dun novo vial que comunicará a Praza do San Ramón coas rúas Evaristo Vaamonde e Florentino Cuevillas.
Fume que saía do inmoble logo de sofocar o lume
(Redacción. Belén González) Ó redor das 10.15 horas, os veciños das Galerías Ango, situadas na Avenida Julio Rodríguez Soto, alertaban ós membros de Protección Civil dun incendio orixinado no entrechán dun establecemento de telefonía móbil. O inmoble servía de almacén para este establecemento e, según os últimos datos, o lume orixinouse no cadro eléctrico do comercio. A rápida intervención de Protección Civil e dous coches bomba serviron para sofocar o fogo en apenas unha hora e só houbo que lamentar daños materiais como documentos, facturas e algúns materiais inflamables; tamén se desprazaron ata o lugar dos feitos a Policía Local e Garda Civil que acordoaron a zona para evitar posibles accidentes. Nun primeiro momento, as forzas de protección e seguridade mostráronse preocupadas polos veciños do edificio, sobre todo, porque no primeiro andar vive unha persoa recén operada e un minusválido. Ata o lugar dos feitos desprazouse o alcalde, Carlos Montes, que avaliou como zona sensible debido ó día de feira que se vive na vila, ó tránsito do lugar e ó perigo de explosión de cristais. Según o balance de Delfín Borrajo, responsable municipal de Grumir, "o incendio foi pequeno, pero ardeu case todo".
(Redacción. Belén González) A concelleira de Servizos Sociais, Asunción Rivero, presentou os actos que comezarán esta semana na Escola Infantil, situada no Colexio Calvo Sotelo. O vindeiro 2 de setembro, os pais e nais dos cativos matriculados están convocados a unha reunión informativa ás 19.00 horas sobre cómo vai ser o funcionamento desta escola. Os días 3 e 4, terán lugar unhas xornadas de portas abertas para todos aqueles pais que están interesados nesta escola e queiran coñecer as instalacións. Actualmente hai 47 nenos matriculados e 10 prazas vacantes que ata o día de hoxe aínda poden solicitar a preescripción. Esta Escola Infantil contará con dúas mestras e cinco educadoras, aínda que coa boa acollida que tivo e co horario tan amplo que vai ter estúdase a posibilidade de ampliar a plantilla. A Escola Infantil abrirá as súas portas ás 07.30 horas da mañá e pechará ó redor das 21.00 horas; estas instalacións están pensadas para todos aqueles pais que por cuestións laborais non poidan atender ós seus fillos. Este servizo non é temporal, senón que se prolonga ó longo de todo o ano para que os nenos estén coidados e ó mesmo tempo se relacionen con outros cativos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 759
- 760
- 761
- 762
- 763
- 764
- 765
- 766
- 767
- …
- seguinte ›
- última »