16, Agosto 2009

Fina Mari López Gil, veciña do nº 44 da rúa Calvo Sotelo do Carballiño, resultou gañadora do coche que sorteou o centro comercial aberto do Carballiño, dentro da súa campaña de verán "o rali do comercio". Foron miles de puzzles que os clientes do comercio carballiñés completaron durante os dous últimos meses, reunindo as 10 pezas do puzzle nos 91 establecementos que na actualidade forman parte do Centgro Comercial Aberto do Carballiño. Tras o sorteo, celebrado na praza maior do Carballiño, e unha vez que pudo comprobarse que a gañadora do peugot 107 non se atopaba entre o pubíco asistente, foi entón o propio Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño, Adolfo Nogueira, quen comunicou a boa nova a través do teléfono á afortunada, ésta respondeu desde Canarias onde se atopa de vacións e nun primeiro momento amosouse incrédula, pensando que se trataba dunha broma a través do móbil. Fina Mari López Gil traballa como profesora no Colexio Sagrado Corazón do Carballiño e próximamente faráselle entrega do coche, nin xiquera terá que pagar os gastos de matriculalción, que tamén corren por conta do Centro Comercial Aberto. Enhoraboa.

14, Agosto 2009


Martín e Lolo Carril

Un ano máis, Lolo Carril, Director de Deportes de Cope O Carballiño, fixo entrega dos trofeos que levan o mesmo nome que o programa diario que emite esta misma emisora, "O Tirachinas". Deportivo diario que voltará á parrilla de emisión tralo descanso estival a partires do vindeiro un de setembro. Este ano os trofeos "Tirachinas" concedéronselle a Walter Martín (C.D. Arenteiro) e César Gallardo (Javiar Paz F.S.). Os trofeos recaen nos dous futbolistas, que a criterio deste programa, resultaron ser os xogadores máis destacados da comarca na pasada tempada 2008-2009 tanto en fútbol como na Liga Local de Fútbol Sala.

Méritos: Walter Martín, 25 goles. Máximo realizador da tempada na preferente autonómica do Grupo Sur e xogador con mellor valoración en doce das 38 xornadas das que contsta o campionato de liga.

Méritos: César Gallardo, 16 goles. Máximo realizador do seu equipo e xogador con mellor valoración personal na maior parte das xornadas das que consta o campionato de liga da primeira local de Fútbol Sala.

14, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) O líder do PP do Concello de Carballiño, Argimiro Marnotes, ven de contestarlle ó comunicado feito fai uns días pola Interventora do concello, María Fé González. "O grupo municipal do PP non comprende as palabras da interventora do concello contra este grupo e, máis en concreto, contra o seu portavoz. Foi o mesmo alcalde no pleno do catro de agosto quen falou de que foi o departamento o que detectara o erro e falou sempre do servizo de tesourería", aclara Argimiro Marnotes. Dende o PP do Carballiño afírmase que nese pleno o alcalde, Carlos Montes, falou da coordinación entre os departamentos. Así mesmo, entre as confusións ocasionadas xurden máis, posto que as explicacións ofrecidas pola Interventora contradicen ás palabras do alcalde e mesmo ós informes que aparecen no expediente do pleno. Ademáis, o grupo municipal do PP non entende porque María Fé González -interventora de O Carballiño- pensa que os populares están perseguindo a algún traballador para favorecer a outros. Marnotes manifesta que o que fan e seguirán facendo é denunciar tratos a favor do equipo de goberno con algún traballador, ben sexa por incumplimento de horario, falta de rigor no traballo... Segundo o representante do PP, "Intervención é o servizo mellor pagado do concello e xa dixemos e seguiremos dicindo que non é normal que o servizo funcione igual cando está a interventora titular que cando viña o interventor sustituto unhas horas á semana. Outras prazas como o técnico en urbanismo foron eliminadas por esa razón".  Do mesmo xeito, o PP entende que isto "é unha pataleta" da interventora porque non se entende con algúns membros do departamento do concello e pídelle á interventora que cada un faga o seu traballo, porque os veciños serán os beneficiados.

14, Agosto 2009

Casa Consistorial do Concello de Beade

(Redacción. Belén González) No programa deste venres 14 de agosto, emitido desde Beade, tivemos como invitados ó alcalde deste Concello, Senén Pousa; ó artista e membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Ridimoas, Pablo Oitavén, e a un dos representantes da Comisión de Festas deste ano, Germán. Tamén participou en directo no programa Camilo Bahamonde Rodríguez y Alonso, promotor da "Encomenda Templaria de Beade", pertecente a ONG Templarios del Mundo, unha nova ONG que pretende a recuperación e restauración dos castelos e encomendas templarias para darlle un uso social. Durante a entrevista co alcalde fíxose un percorrido polo concello abarcando numerosos temas como a vendima, obras e infraestructuras, subvencións… As previsións do alcalde -que ademáis deste cargo tamén é agricultor-  con respecto á vendima deste ano son optimistas ó afirmar que os viñedos de Beade están case o 80% no Xerez, mentres que na uva autóctona, o alcalde prevé que a colleita será inferior a outros anos. Beade é un dos concellos do Ribeiro que mantén unha actividade principalmente agrícola, xa que os seus viñedos marcan a identidade deste concello de pouco máis de 6 quilometros cadrados. Houbo tempo para lembrar os anos mozos do alcalde, posto que formou parte da Banda de Música de Beade durante anos. Unha banda que tivo moita importancia e que estivo composta por cincuenta persoas ata que no ano 1963 se desfixo. Pousa afirmou que dende sempre en Beade houbo unha verdadeira paixón pola música de banda e que se durante as festas hai tantas bandas é porque o pobo as reclama. Noutra orde de cousas, un dos proxectos pendentes deste concello é a reforma da Rectoral da Encomenda; unha reforma que foi paralizada polo bipartito ó afirmar que quedaban suprimidas tódalas subvencións para Beade. Senén Pousa mostrou a súa disconformidade co goberno galego bipartito, porque ademáis desta obra tamén paralizou e negou o orzamento de tres millóns de euros para  arranxar as beirarrúas e estradas.

Outro dos que pasou polos micrófonos do programa foi Pablo Oitavén, encargado de deseñar a alfombra floral que se fai co gallo das festas. Esta alfombra realízase dendo o ano 2000 e cada ano trata unha temática diferente. "Metamorfose" é o título da alfombra floral deste ano que fai alusión á rotura dos cruceiros por un acto vandálico. O debuxo mostra unha bolboreta coas ás que ten o corpo dun cruceiro; uns cruceiros que se puideron restaurar e que quedaron case como estaban inicialmente. Esta alfombra estará exposta durante a xornada de hoxe e mañá para o procesión; unha procesión que percorre todo o pobo no seu día grande. Ademáis de ser o deseñador da albombra floral, Pablo Oitavén é membro do bosque autóctono de Ridimoas. Este bosque require moitos coidados como herbicidas contra a maleza, coidado da fauna, controlar as parcelas que se adquiren cada certo tempo, comunicarse cos socios e un longo etcétera. En Ridimoas refúxiase todo o que é a flora e a fauna do que é esta subcunca do Avia. Hoxe en día, o bosque conta con socios de Mallorca, Sagunto e mesmo de fora de España. Este bosque caracterízase por poder pasear por el e ver especies como raposos, teixugos, aves... Hai 32 anos que Pablo comezou con este proxecto na Universidade Laboral de Ourense e no ano 1989 inicióuse como Asociación Cultural e Ecolóxica. Un dos proxectos que ten en mente a Asociación é un Centro de Interpretación e do posible aluguer do antigo Cine Principal de Ribadavia para situar este centro.

A Comisión de Festas tamén estivo representada no programa por Germán un dos dous integrantes de organizar este ano as festas. Unhas festas que declarou Germán que dan moito traballo e que contan que saian ben. O programa para os catro días de festa é o seguinte: hoxe venres actuará a Banda de Música "Vilanova dos Infantes" e ás 20.00 horas celebraráse a baixada da Virxen en procesión dende a Capela da Misericordia ata a Igrexa. A noite estará amenizada pola orquestra D´Noche e a partires das 00.30 horas actuará a famosa cantante galega Sabela. Mañá sábado día 15 tocará a Banda de Música "La Libra de Ribadavia"; ás 12.30 horas celebraráse a misa solemne con procesión e xa pola tarde ás 18.00 horas haberá a exhibición dun mago para os nenos no Campo da Festa. Despois de cear, a noite estará amenozada pola orquestra Verano Azul e a partir das 00.30 horas actuará o recoñecido fillo de Dyango, Marcos LLunas. Xa o día 16, a Banda de Música de Vilatuxe tocará pola mañá e a misa solemne con procesión celebraráse ás 12.30 horas. A festa e a verbena estará amenizada pola orquestra Ría de Betanzos. Para rematar estes catro días, o luns 17 ás 20.00 horas terá lugar a subida da Virxen en procesión dende a Igrexa ata a Capela da Misericordia. Despois da subida da Virxe haberá unha gran sardiñada para tódolos asistentes e a noite estará amenizada polo dúo Ases.

Así foi o percorrido polo Concello de Beade; un concello pequeno pero que ofrece infinitas posibilidades para que ninguén se aburra. Unha localidade enmarcada en pleno Ribeiro bañada polas augas do Avia e por un bosque autóctono que alberga especies da zona.

12, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) A interventora do Concello de Carballiño,María Fé González, mostra a súa discorformidade antes unhas declaracións verquidas polo líder dos populares, Argimiro Marnotes, na "Mañá de Cope O Carballiño".  Segundo ela,as declaracións dos integrantes políticos da corporación municipal cuestionan o traballo realizado polo departamento de Intervención do que é responsable en relación ó Pleno Extraordinario celebrado o pasado 4 de agosto -pleno no que se procedeu á corrección de erros nas facturas do concello-. No comunicado, a interventora recoñece o erro que existía na duplicidade de tres facturas e a non coincidencia de cifras noutras tres do total das 700 facturas pendentes que contiñan un importe de 1.160.583,05 euros. Así mesmo tamén informa que foi o Departamento de Intervención o que se deu conta de que os datos non coincidían; estes fallos foron detectados polo Axuliar Administrativo da Intervención e seguidamente a interventora informou tanto ó alcalde, Carlos Montes, como á Tesoureira Municipal para que non se produciran pagos duplicados ou por importes erróneos. A interventora afirma que ó día seguinte de suceder todo, ela foise de vacacións e que se enterou despois de que tivera lugar un pleno para correxir os erros ademáis das declaracións dos partidos políticos. Ante tal situación,a interventora aclara que "o expediente de erros estivo en mans do grupo de goberno e dos grupos da oposición antes da celebración do pleno e, nin antes nin despois, o detectaron e que probablemente nunca chegarían a ter coñecemento do mesmo se o Departamento de Intervención non o houbese detectado e posto en coñecemento do Alcalde e da Tesoureira". A interventora non considera xusto cuestionar o traballo do seu departamento tal e como o fixo o portavoz do PP. Con referencia ás declaracións feitas polo portavoz do PP na "Mañá de Cope O Carballiño", María Fé González aclara que o erro non foi detectado pola tesoureira senón que foi o Departamento de Intervención, do que ela é responsable, o que se deu conta disto. Por último, a interventora di que "non entende a actitude de ataque a determinados funcionarios que, neste concello, lévase a cabo polos representantes políticos. Parece que no lugar de facer oposición contra o grupo de goberno faise oposición contra determinados funcionarios mentres se trata de favorecer ós outros".  

11, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) Ás primeiras horas desta mañá unha particular daba a voz de alarma á Policía Local ó avistar dende o seu establecemento unha sospeitosa maleta. O feito tiña lugar na Rúa Xoán de León, máis coñecida por situarse alí o Bar Casablanca e Talleres Adolfo. Ás 12.00 horas chegaban numerosas brigadas da Policía Local e da Garda Civil ó lugar que foi acordoado na súa totalidade por motivos de seguridade e ó que non deixaron entrar en ningún momento a nadie, activandose o protocolo de seguridade previsto para estos casos. A Garda Civil asegurou dende un primeiro momento que se trataba dun acto sen trascendencia. Preto das 12.45 horas chegaban dende Vigo os especialistas en explosivos da garda civil para abrir a maleta e saber cal era o seu contido. Minutos máis tarde dábase por finalizado todo o despliegue ó confirmar que se trataba dunha maleta con roupa. O alcalde, Carlos Montes, confirmoulle ós veciños e traballadores da zona que podían voltar ó seu posto. En apenas uns minutos a zona foi desacordoada e recuperouse a normalidade na circulación e tamén nos establecementos que alí se atopan.

10, Agosto 2009

Os carballiñeses adiantabanse no marcador cun gol de Iago no primeiro tercio do partido e mediada a primeira parte empataba o Lalín. O marcador xa non se movería en toda a segunda parte, na que o Arenteiro tivo varias ocasións para resolver o partido ó seu favor, pero non pudo ser, xa que -igual que co Celanova-volveuse fallar nos últimos metros. De todas as maneiras, comezaron a verse cousas positivas, notandose a incorporación de xogadores como o autor do gol, Iago, ou José Juan, que deixaron destellos de calidade. A seguinte cita da pretemporada no Municipal de Espiñedo será este vindeiro domingo dia 16 de agosto a partir das seis da tarde, co triangular que xogarán os verdes cos dous equipos de primeira autonómica da Comarca. Maside F.C. e C.D. Cea.  Os partidos terán unha duración de 45 minutos.

10, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) Este vindeiro martes, 11 de agosto, inaugúrase na Sala de Exposicións do Concello de Beariz unha exposición cultural da pintora francesa Danielle Segalat. A inauguración da exposición terá lugar a partir das 19.00 horas e nela haberá un aperitivo e viño para tódolos asistentes. Esta actividade coincide coa semana das festas patroais da localidade e está organizada polo Concello de Beariz e a Casa Rural "Casa da Laxa". Esta artista procede de Francia e realiza esta exposición pola súa estadía por terras de Magros e Beariz. Esta viaxe foi decisiva á hora de pintar estas obras, tanto pola súa cor, como paisaxe e patrimonio arquitectónico. Segalat declara que "traballei segundo as fotos tomadas nas vacacións de agosto do 2004 e decembro do 2006. Xa tiven o orgullo de mostrar Galicia a través das miñas exposicións en Francia e alégrome de dispoñer desta oportunidade que me permite poder presentárvolas agora aquí". A exposición permanecerá entre o 10 e o 20 de agosto.

10, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) A vítima do accidente corresponde coa identidade de Abel García Gulías de 26 anos e veciño de O Carballiño. O mozo, que viaxaba só en dirección a Ribadavia, faleceu practicamente no acto do accidente despois de adiantar a varios coches nas inmediacións de Gomariz, á altura da pista de frenado. Pasadas as 22.00 horas tiña lugar o sinistro  na estrada OU-504, estrada que une Ribadavia con Cea -coñecida tamén como eixo de O Ribeiro-. Nun dos adiantamentos o mozo perdeu o control do vehículo, chocou contra o lateral dereito da estrada e envorcou varias veces. O automobil foi valorado como sinistro total. O funeral terá lugar mañá martes día 11, ás 19.00 horas no templo da Veracruz e logo recibirá sepultura no panteón familiar da Igrexa Parroquial de Arcos.

10, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) O domingo 23 de agosto, Avión celebra a súa primeira andaina popular coa que os participantes percorrerán as rutas de sendeirismo habitilitadas polo Concello de Avión.  Tódolos interesados poderánse inscribir por 10 euros ata o 20 de agosto na Casa do Concello, na Biblioteca Municipal ou no Pabillón Polideportivo; ademáis será habilitada unha páxina web para que se poida realizar a inscripción. A andaina comezará ás 08.30 horas da mañá e contará cun percorrido de 17´5 quilometros; os asistentes partirán dende a Praia Fluvial de Avión e o remate do traxecto será no mesmo punto de partida. Ó longo de todo o paseo haberá dous puntos de avituallamento que contará con auga, bebidas isotónicas e alimentos enerxéticos. Durante o traxecto, os asistentes poderán ver lugares curiosos desta localidade como eiras de canastros, a zona fluvial, o antigo castro celta e un longo etcétera. ó finalizar a andaina, os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, un bocadillo, froitas e bebidas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS