(Redacción. Belén González) A reunión entre o Presidente Provincial, José Luis Baltar, e a executiva local do Partido Popular para tratar a política dentro do partido e a política municipal no Carballiño chegou ata dúas horas. O congreso local deberá renovar a presidencia do Partido Popular no Carballiño, posto que algúns dos integrantes do executivo reclaman este cambio. Outro dos temas tratados foi a situación política vivida no Carballiño dende que PSOE e BNG iniciaron as negociacións para poder firmar un pacto de goberno. Baltar ratificou ante a xunta local que dende un principio autorizou a Argimiro Marnotes para apoiar a envestidura de Manuel Amil -actualmente voceiro do BNG- como alcalde do Carballiño. O Presidente Provincial tamén recoñeceu que o lugar do PP no Carballiño é estar na oposición para lograr a alcaldía nas eleccións municipais que terán lugar no 2011. O último congreso celebrado tivo lugar en 2003, ano no que accedeu a presidencia local do PP municipal Guillermo Fernández despois de someterse a unha votación con Jesús Rodríguez -candidato máis próximo ó aparato do partido que lideraba naquel momento a deputada María Dolores Seijas-. Este congreso local xa tivera que haberse celebrado no 2007, pero foi retrasado e convocaráse para o vindeiro mes de novembro ou decembro despois de que teña lugar o congreso provincial.
(Redacción. Belén González) Ás 13.00 horas daba comezo o pleno en sesión extraordinaria para tratar diferentes puntos que atañen ó Concello de O Carballiño. A orde do día foi a seguinte: 1. Aprobación da Acta da sesión anterior. 2. Dación de conta das resolucións de Alcaldía. 3. Dación de conta da liquidación do presuposto xeral do 2008. 4. Corrección de erros observados no expediente de aprobación de proveedores celebrado no Pleno do día 2 de xullo. 5. Proposta de alcaldía de participación do Concello de O Carballiño na agrupación europea de cooperación territorial AEDEA.
Despois de ler a orde do día, o alcalde daba paso ó pleno que se centrou nos puntos catro e cinco - corrección de erros e proposta de participación en AEDEA. O punto 4 de corrección de erros observados no expediente de aprobación de proveedores foi aprobado polo grupo do BNG ó afirmar que "a nosa prioridade é que os proveedores que están pendentes de cobrar poidan facelo". Aínda así, Manolo Amil -o seu voceiro- dixo que había que "tirarlle das orellas" a aquel que non fixo ben os seus deberes. Ademáis, o BNG contemplou que hai facturas que teñen erros graves como a duplicación destas, "feito co que hai que ter moita exquisitez", recalcou Amil. O grupo presidido por Argimiro Marnotes manifestou a súa abstención como no anterior pleno. Marnotes declarou que esta abstención serve para que se poida levar a cabo unha boa coordinación por parte do grupo de goberno local e pedíulle a Carlos Montes que explicase cómo está actualmente o pago ós proveedores (un pago que ascende a 1.160.523 euros). A esta cuestión, Montes dixo que as débedas están case pagadas e que está previsto que se salden na súa totalidade este vindeiro xoves 6 de agosto. Con respecto ó punto 5, sobre a proposta da alcaldía de participación do Concello do Carballiño na agrupación europea de cooperación territorial AEDEA, o BNG e o PP manifestaron o seu voto afirmativo. A pesar do seu voto a favor, Marnotes, líder do grupo popular, reclamou que se conte con eles para novos proxectos e que aqueles proxectos que se leven a cabo polos presupostos enviados repercutan no ben da sociedade carballiñesa. Para rematar este pleno, Montes declarou que actualmente están coparticipando no proxecto do Eixo Atlántico os concellos de Melide, Lalín, Monforte e O Carballiño para facer unha analítica da situación socioeconómica do concello e resaltou a participación do Carballiño nos pasados Xogos Atlánticos cun equipo de fútbol. Desta maneira dábase como finalizado o pleno extraordinario que deu como resultado o apoio do BNG ós dous puntos tratados e a abstención por parte do PP ó punto 4 no que se contemplaba a corrección de erros observados no expediente de aprobación de proveedores e a aprobación do punto 5 que recollía a proposta de alcaldía de participación do Concello de O Carballiño na agrupación europea de cooperación territorial AEDEA. .
(Redacción. Belén González) O Concello de O Carballiño e a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas ven de asinar un novo convenio sobre a obra do entorno da Veracruz. O convenio asinado fai dous anos, xa foi modificado en tres ocasións para establecer as pautas de financiamento e os prazos de remate das obras. Volve asinarse por cuarta vez unha nova modificación para poder cumplir os prazos de entrega das obras. Despois destes cambios, Carlos Montes espera que o proxecto poida comezar en outubro; o orzamento co que se conta para este ano é de 500.000 euros do millón que se tiña asinado nun principio para esta obra. No 2010 prevése un orzamento de 816.000 euros e para rematar o proxecto, no 2011 contaráse cun presuposto de 132.000 euros. A cantidade total ascende a 1.488.000 euros para poder acabar estas obras tan esperadas polo goberno municipal, según declarou Carlos Montes. Ademáis, Montes resaltou que a comisión de goberno levou un importante traballo a cabo coa expropiación dos terreos para poder poñelos a disposición da Xunta de Galicia. Con todo isto, o goberno municipal espera que con esta cuarta adenda se finalice completamente o proxecto e as obras do entorno da Veracruz.
Manuel Penedo falando para Cope O Carballiño
(Redacción. Belén González) No seu entorno pódense atopar numerosas arquitecturas que datan de diversos séculos como é a Ermita de San Bartolomeu e Virxe do Rosario, en Segade que data do século XVII; a igrexa de San Cosme de Cusanca do século XVIII e do pleno barroco e outras moitas máis decoran o Concello ó que esta semana se trasladou Cope O Carballiño. O Concello de O Irixo, que é o terceiro máis grande en extensión da provincia de Ourense, acolle un amplo abanico de posibilidades para non aburrirse. O seu alcalde corresponde co nome de Manuel Penedo Paradela, o cal está realizando proxectos para impulsar ó pobo. Entre as súas últimas obras está a ampliación da Casa Consistorial hacia o que foi a antiga Cámara Agraria e que hoxe en día funciona como Edificio Multiusos e almacén. Penedo tivo tempo para falar das obras do AVE, que tanto afectaron ó concello, do Plan E e de diversas actuacións que se farán nos diferentes pobos. Nestes momentos, o alcalde espera unha reclamación patrimonial pola auga de Cangues, ademáis de que a empresa concesionaria levará a cabo numerosas reparacións dos estragos causados no alcantarillado, a limpeza do cauce do río e o aglomerado das rúas. O Concello tamén se atopa pendente dunha reclamación feita no pleno que solicita o cambio do centro de transformación cara a zona norte do Outeiro. Os proxectos que aínda ten pendentes O Irixo son a base de montaxe que expropiará terreos ós veciños. A liña do AVE collerá uns 70.000 metros cadrados e esta base de montaxe vaille servir como unha liña de mantemento ó ADIF na estación do tren.
As obras que se van levar a cabo nos vindeiros meses son: o Plan E que está pendente da construcción dun muro de contención en Condomiña, asfaltar tódalas carreteras, executación da pista que vai dende A Ponte. Os plans provinciais realizarán un reforzamento da traída da auga a Parada de Laviote, entrada ó pobo por preto do Centro Social e a traída da auga a Casares. Un proxecto que aínda está no aire é a solicitude dunha gardería para o pobo, xa que nestes últimos anos tivo lugar un pequeno repunte demográfico.
Manuel Cerdeira -Lito- con Belén González nunha entrevista do programa
Outra das entrevistas foi a Manuel Cerdeira, o vicealcalde do Concello, que falou da IX Edición da Festa do Cabalo. Este ano, o programa ven repleto de actividades para esta xornada festiva o vindeiro 2 de agosto na Carballeira do Tellado. Esta festa está organizada pola Asociación de Cabaleiros do Irixo que está composta por 30 persoas. Ás 12.00 horas comezará o concurso de beleza e estampa pura raza española; ás 12.30 horas celebraráse o concurso de beleza e estampa de cabalos cruzados e ás 13.00 horas haberá o concurso de beleza e estampa de potros/as. Despois desta exhibición haberá o xantar popular na carballeira onde os asistentes poderán degustar pulpo, carne ó caldeiro, empanada... A xornada continuará a partir das 17.00 horas co concurso de andadura galega de dous tempos; ás 17.30 horas celebraráse o concurso de andadura galega de catro tempos. Ás 18.00 horas terá lugar o concurso de andadura de cabalos trotóns. Ás 18.30 horas serán repartidos os trofeos e para rematar a partir das 19.00 horas actuará un dúo musical. Nesta edición haberá cabaleiros do Carballiño, de Maside, da Asociación de Cabaleiros do Deza e da zona da Barrela. Este mesmo día haberá unha exposición dos traballos realizados nos distintos obradoiros a partir das 10.00 horas e que estará aberto todo o día. Ademáis, non podería faltar o Verán Cultural que terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto. Este campamento urbán celebraráse na Carballeira do Tellado, onde haberá monitores dende as 10.00 horas ata as 13.00 horas. Para que os máis novos sigan desfrutando da época estival, a IX Festa do Neno, o día 8, fará as delicias deles a partires das 16.30 horas no Colexio do Irixo. Haberá xogos populares, paiasos, xogos de escuma...
Outro dos convidados foi Antonio García Reinoso, Presidente da Asociación de Cazadores do Irixo (a esta asociación pertencen 252 socios), que manifestou as numerosas actuacións que está facendo o TECOR (Terreos Cinexéticamente Ordeados) para recuperar e protexer a biodiversidade que hai nos montes do Irixo. Despois dos incendios que tiveron lugar no ano 2006, Reinoso declarou "sempre tratamos de evitar lumes facendo cortalumes para a súa prevención". Ademáis, "cando arde máis dunha hectárea de monte, os cazadores non poden cazar durante un período de tres anos", según a nova lei de incendios. Dende o 2003, a Asociación traballa para ordear o terreo e aumentar as especies de caza menor, as cales se viron moi afectadas pola vaga de lumes. "Recuperamos moitas hectáreas de monte financiado polo programa AGADER"; tras varias reunións o programa foi aprobado no 2006 e que se levou a cabo entre o 2007 e o 2008. Dende o cumprimento deste proxecto, o Presidente da Asociación de Cazadores do Irixo confirmou que "estamos moi satisfeitos e témolo máis que cumprido. Hoxe pódese ir a pé polo monte sen ter que baixar a ningunha pista".
Un programa que abarcou diferentes puntos dende o acontencer na Casa Consistorial ata as actividades lúdicas que se van celebrar e os proxectos que está levando a cabo a Asociación de Cazadores do Irixo.
(Redacción.Belén González) Xa pasaron seis anos dende que se comezou a realizar o Festival Senuncan. Este venres día 31 e sábado 1 de agosto, Senuncan celebra o seu sexto aniversario que congregará a tódolos asistentes no Parque Muncipal. Despois da polémica xurdida ó coincidir con outro evento no mesmo lugar, o espectáculo comezará mañá venres e continuará o sábado; todos aqueles que queiran poderán acampar libremente. O cartel deste ano trae ó Parque Municipal ós grupos Gran Treboada, Rumborrachera, Muyayos de Raíz, Phantom Club, Os Chiquilicuatres, Kambotes, Fracasados de Antemano, Os Perqtores, Suzie Q´s, Banda Desarmada e Demetrius. Ademáis haberá obradoiros e xogos de sempre coa Asociación Cultural Os Serandeiros. A tan só un fin de semana da Festa do Pulpo, O Carballiño ofrece boa musica con acento xenuinamente galego e do entorno da comarca.
A Concelleira de Cultura do Carballiño, Inmaculada Ucha, deu a coñecer as dificultades coas que está a afrontar a organización das Xociviga na súa edición para este verán do 2009, xa que a estas alturas do ano está pendiente a finaciación para o certame cinematográfico carballiñés. Dunha banda, os cámbeos na Xunta de Galicia levaron a Dirección Xeral do Audiovisual a deixar sen efecto as convocatorias polas que se subvencionaban este tipo de festivais, e dentro da política de austeridade e recorte de gastos que veñen anunciando os novos responsables autonómicos. Asi e todo, a Concelleira asegurou que a Xunta está "en predisposición de contribuir a financiar as Xociviga´" a través de axudas que espera recibir por medio da Seretaría Xeral de Medios. O mesmo acontece coa petición de axuda tramitada polo Concello do Carballiño ante o Ministerio de Cultura, ón de o cámbeo do seu titular, tamén motivou a tardanza na resposta á solicitude presentada para as Xociviga. Asi as cousas, e de non concretarse estas axudas, as Xornadas de Cine que veñen celebrandose no Carballiño desde a década dos oitenta do século pasado terían moitos problemas para completar a súa financiación e poder levar a cabo a programación prevista. De todas as maneiras, a concelleira amosouse optimista e confia en que o programa cinematográfico poida desenvolverse a finais de agosto, tendo ademáis como aliciente a estrea das novas equipacións das que foi dotado o auditorio do Carballiño para acoller proxecións cinematográficas.
(Redacción. Belén González) A Asociación 8 Notas mostrou na "Mañá de Cope O Carballiño" o seu descontento cos organizadores das festas patroais deste ano por non contar no cartel de actuacións con ningún grupo musical carballiñés. Miguel, un dos integrantes da asociación musical composta por 80 persoas, pediu nos micrófonos do noso programa que se conte cos grupos locais, porque o que eles queren é tocar nun bo escenario e contar cun equipo de son axeitado; ademáis tamén afirman que lles gustaría ser teloeiros dalgún grupo importante e non ser reclamados soamente para tocar nunhas festas de menos envergadura que as do Setembro.
Outros dos reclamos dende a asociación é o local de ensaio, un proxecto que foi aprobado polos grupos políticos no Carballiño cando o BNG estaba na Xunta. Despois de varias reunións, os diferentes partidos políticos déronlle luz verde ó proxecto e o concello enviou tódolos papeis precisos, pero ata o día de hoxe non se voltou saber nada. Nun principio, o local íase ubicar no baixo do pavillón deportivo Paco Chao.
8 Notas bótalle en cara ó grupo de goberno municiapl que deixase de lado a idea do local de ensaio. A esperanza que lle queda é Argimiro Marnotes, o voceiro do Grupo Municipal Popular, que fará de intermediario para traer o proxecto para aquí.
(Redacción. Belén González) Doce rapaces desfrutarán durante unha semana no Campamento Xuvenil Espiñeira, en Boiro (A Coruña). A actividade terá lugar entre os días 2 e 9 de agosto; a saída terá lugar o día 2 dende o colexio Nosa Señora de Xuvencos despois do mediodía e coa chegada ás 18.00 horas. O día 9, será o día de volta e chegarán a Boborás ó redor das 20.00 horas. Tódolos rapces que asistan irán acompañados por dous monitores que posúen a titulación en materia de tempo libre. Eles serán os encargados de fomentar entre os rapaces a convivencia, o respeto e demáis actitudes que son imprescindibles para o desenrolo da persoa. Ademáis tamén realizarán actividades como obradoiros de artesanía, reciclaxe, xogos e moitas máis cousas que non deixarán que se aburran. O custe desta actividade é de 45 euros por asistente, dos cales o Concello subvencionará o 50%, mentres que o participante terá que por 22,5 euros.
Unha notificación remitida polo Concelleiro de Festexos Francisco Gómez ós polbeiros e polbeiras está motivando certo malestar no sector, xa que se considera como de excesivo o nivel de esixencias que se piden para autorizar os postos de venda de polbo no parque municipal, na festa a celebrar o vindeiro domingo 9 de agosto. Entre a documentación que se solicita, e que deberán presentar antes do dia 31 de xullo, figura o carné de venda ambulante do exercicio anterior expedido polo Concello, unha fotografía recente tamaño carné, e determinación do número de persoas habilitadas para a venda baixo a dependencia do titular da autorización, que incluirá unha relación tanto das persoas maiores de 16 anos que traballarán no posto, e as persoas vinculadas a él mediante contrato laboral, deberndo aportar aportar fotocopia do Nif e, de selo caso,do contrato laboral. Tamén se detallla a cuota a pagar de 40 euros e unha série de requisitos que serán de obrigado cumprimento, advertindoselle ademáis de diversas infraccións sancionables cunha multa económica. Algunhos polbeiros e polbeiras manifestaron a Cope O Carballiño o seu disgusto por esta misiva, xa que entenden que a súa participación na festa é algo tradicional e familiar, como a propia tradición polbeira da parroquia de Arcos, polo que non entenden "a que ven tanta esixencia" cando en realidade "fan un importante esforzo para estar no parque o dia da festa faltando incluso nalgunhos casos ós seus compromisos de todos os domingos". Na edición do pasado ano foron en total 28 os postos de polbo que se instalaron no parque municipal, bastantes menos dos 45 que chegaron a reunirse fai unhos cantos anos atrás.
Apertura da Escola Infantil no colexio Calvo Sotelo
(Redacción. Belén González) Esta mañá a conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato inaugurou en presenza do alcalde Carlos Montes, do Presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Martínez, e de Rogelio Martínez, Delegado Territorial da Xunta en Ourense a Escola Infantil no colexio Calvo Sotelo, unha inauguración na que non se fixo ningunha referencia ós promotores deste novo servizo, os antigos rectores do Consorcio e da Ex-Vicepresidencia de Anxo Quintana, o que molestou ós represntantes do BNG local, presentes neste acto.. Este proxecto sufriu un retraso dende que se producíu o cámbeo de goberno autonómico. O Bloque Nacionalista Galego foi acusado de "adoctrinamento" debido a implantación do galego como único idioma no centro infantil. O voceiro do BNG, Manuel Amil, explicou este feito e manifestou que en "ningún caso estaba previsto adoctrinar ós nenos e as nenas, porque é absurdo a nenos de meses adoctrinalos". Tamén declarou que "a xente debe ser consciente que as primeiras pedras que nas puxo foi o BNG a través da vicepresidencia que foi a impulsora deste proxecto."
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 765
- 766
- 767
- 768
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- …
- seguinte ›
- última »