Si rehabilitase, os pobos do concello, camiños desfeitos, outros con maleza, falta de farolas, e servicios que fixen poboacion nas aldeas, no so na capitalidade municipal. Que para inventos como ese si hai cartos, ou iluminar unha ponte, logo para o resto ....tercermundistas. outro que xa leva moito no cargo, e xa e estar por estar.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinará 42.350 euros para, en colaboración co Concello de Leiro, a realización de actuacións encamiñadas á procura da rehabilitación socio-cultural da contorna de Pena Corneira, para poñer de relevo o seu valor patrimonial.
As accións a implementar estarán vencelladas co estudo da potencialidade arqueolóxica da zona, así como con obras de escavación na propia torre de Pena Corneira, que forma parte dos restos do Castelo de Pena Corneira. Os traballos que se levarán a cabo dentro desta iniciativa inclúen a limpeza e roza vexetación da zona de actuación e a súa contorna máis inmediata.
No marco deste convenio realizarase unha escavación que permitirá exhumar os restos arqueolóxicos e estruturais da fortificación. Esta actuación tamén facilitará a diagnose e consolidación das estruturas exhumadas; así como a documentación fotográfica e planimétrica das actuacións e a divulgación entre a comunidade local. Cabe sinalar que todas as accións se realizarán baixo un exhaustivo control arqueolóxico, co fin de protexer e preservar todas as achegas atopadas.
Pena Corneira
Cómpre lembrar que Pena Corneira é o monumento natural con maior extensión de toda a comunidade, xa que abrangue unha superficie dunhas 998 hectáreas e un cumio de 674 metros de altura. Trátase dun macizo granítico cun gran valor arqueolóxico, forestal e patrimonial.

Abrindo o arquivo adxunto podes comprobar o resultado electoral no colexio electoral no que depositaron o seu voto nestas eleccións 18F no concello do Carballiño, tanto nas 14 mesas do ámbito urbano, incluidas as dúas da Uceira, nas que ademáis votan os electores da parroquia de Seoane e parte da de Arcos, asi como nas mesas da zona rural, sitas en Costoia, Veiga, Mesego, Partovia e Señorín.

A Comarca do Carballiño deu a Alfonso Rueda un dos apoios porcentuais maís altos entre todas as comarcas do territorio galego, tan so igualado por A Baixa Limia, Xallas e Deza, superando o 60% dos votos escrutados nas eleccións deste 18F, según os datos provisionais.
O Partido Popular obtivo 9.038 votos na suma dos 9 concellos da comarca carballiñesa para Alfonso Rueda, son 400 votos máis que os que tivo o Partido Popular na comarca do Carballiño con Feijóo fai catro anos.
O BNG de Ana Pontón alcanzou, tamén na comarca, o mellor resultado histórico para a formación nacionalista nunhas eleccións, ao sumar un total de 2.904 votos, mentres que os socialistas tamén tiveron outro resultado histórico, o pior que recorda o PSOE, con apenas 1.484 votos no cómputo comarcal, sempre según os datos provisionais.
Democracia Ourensana, con 523 votos e Espazo Común Galeguista, con 357 sufraxios, completan o ranking comarcal nas cinco primeiras posicións nestas eleccións autonómicas de 2024.
Por concellos, os mellores resultados para os populares foron en Beariz co 83,86% do voto emitido e Boborás, onde sumaron o 73,44% das papeletas depositadas este dominto nas urnas. E onde menos apoio tiveron os populares, aínda que en ambos casos con maioria absoluta, fornon Maside co 55,88 e Punxín, co 53,43%.
No concello do Carballiño, o Partido Popular consigue máis votos que fai catro anos con Feijóo, xa que nestas eleccións os populares obtiveron 4.168 votos para sumar á maioria absoluta de Alfonso Rueda.
Tras o PP, que foi arrasou en todos os concellos, a segunda candidatura con máis votos en todos os municipios foi o BNG, cunha excepción, a de Maside, o único concello da comarca onde os socialistas foron segundos, aínda que podemos falar de empate técnico, xa que o PSOE tivo 293 votos por 291 do BNG, apenas 2 votos de diferencia.

O Arenteiro continúa metendo millo no cabaceiro para conseguir o seu obxetivo da permanencia na Primeira RFEF derrotando en Espiñedo a un bo Osasuna Promesas cunha gran xogada en ataque que culminou Álvaro Ramón cun "chupinazo" pola mesma escadra da portería pamplonica que puxo en pe ao graderío de Espiñedo.
Os verdes repetiron triunfo co mesmo resultado que sete dias antes coa Cultural Leonesa, mantendo a portería a cero e facendo de Espiñedo un fortín ante unha afección entregada cun equipo que continúa coa frecha cara arriba e durme nun colchón de 12 puntos sobre o descenso, e a tan so 3 puntos da promoción de ascenso.
Os navarros -que nos útimos tres partidos a domicilio viñan de empatan nos campos da Real Sociedad, Nastic de Tarragona e Lugo- demostraron o por qué son un equipo moi dificial de gañarlle, ben plantado, cunha defensa de 5 e un xogo moi vertical, complicaronlle ao Arenteiro un partido que, aínda asi, soubo madurar e tras dúas ocasións consecutivas, conseguir o gol do triunfo no minuto 83.
Resumen do partido na TVG e golazo de Álvaro Ramón:
https://www.g24.gal/-/alvaro-ramon-derruba-a-resistencia-do-osasuna-b-e-...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/18/arenteiro-derri...

Confirmarase o PP, con Alfonso Rueda á fronte, como a forza máis votada nas eleccións galegas deste domingo 18 de febreiro?
De ser así, perderá a maioría absoluta en Galicia, como auguran as últimas enquisas do CIS, ou a conservará, como aseguran outras?
Ata que punto chegará o auxe do Bloque Nacionalista Galego? Xogarán os pactos un papel crucial nestas eleccións autonómicas?
Este domingo, desde as 20.00 e ata as 23.30 h, COPE ofrece unha programación especial con motivo das eleccións galegas, dirixida por Ángel Expósito, con toda a información, as claves e a mellor análise para responder a estas e outras preguntas nunha xornada decisiva para os galegos. Protagonismo tamén para Fernando de Haro, que estará a seguir o minuto a minuto desde as rúas de Santiago de Compostela.
Ademais, COPE levará a cabo un despregamento nas sedes dos principais partidos en Galicia, con conexións desde as centrais do PP, BNG, PSOE, Sumar, Vox e Democracia Ourensá. Tamén desde o centro de datos con Alberto Varela, para seguir en directo o escrutinio, e desde as sedes nacionais do PSOE e PP en Madrid, con Ricardo Rodríguez e Maribel Sánchez que estarán pendentes das primeiras reaccións.
Ao longo do programa, Expósito contará coa participación de xornalistas como Antonio Arráez, Carmen Martínez Castro, Jorge Bustos, Julián Quirós, Ignacio Camacho ou José Manuel Estévez-Saá, analista político e profesor da Universidade da Coruña.
O programa especial eleccións poderase escoitar en antena, en COPE.es e a través da aplicación de COPE.
Ademais, emitirase en streaming de vídeo a través de Youtube e as redes sociais da emisora con contidos exclusivos.

A Praza Maior do Carballiño acolleu este venres 16 de febreiro unha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño, esta vez en forma de concentración e para seguir reclamando a reposición das dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño.
En representación da plataforma cidadán dirixíuse ás persoas concentradas Rocio Valiñas, que fixo un repaso polas accións reivindicativas que veñen desenvolvendo desde o pasado mes de setembro, manifestando que todas elas están sen atender a dia de hoxe e sendo moi pesimistas de que a situación vaia a mellorar nun futuro inmediato, tal como veñen esixindo, que se cubran as dúas prazas de pediatría que ten asignadas o centro de saúde do Carballiño, un servizo que non so é para O Carballiño senón que cubre a toda a poboación en idade pediátrica dos concellos da comarca, 2.312 nenos e nenas según os datos da propia plataforma.
A deste pasado venres, foi a terceira manifestación dos últimos meses no Carballiño, e desta vez de forma simultánea coas plataformas activas en Verín e A Limia, que tamán veñen demandando unha asistencia sanitarioa pública e de calidade nestas comarcas.

A Deputación de Ourense colabora coa Asociación de Pulpeiros Arcos-Carballiño para a súa nova imaxe. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Carballiño no acto de entrega das novas carpas aos asociados, que unifican a imaxe e promocionan o traballo dos pulpeiros. O deputado de Representación Institucional agradeceu o traballo que realizan os pulpeiros a prol da marca “Ourense Enogastronómica” afirmando que se trata dun “dos principais atractivos turísticos do noso territorio”. Desde a Deputación, que achega 50.000 euros, “continuaremos a apoiar aos nosos produtores locais e a proxectar a imaxe da nosa provincia como destino enogastronómico de calidade, xa que se trata dun dos pilares da nosa marca turística”, engadiu Rosendo Fernández. Co obxectivo de promover e dar publicidade á imaxe da Asociación de Pulpeiros Arcos–Carballiño, a entidade estrea 32 carpas para que os seus asociados as empreguen en todos os eventos e feiras nos que participen, ademais de dar visibilidade ao seu traballo e homoxeneizar a súa imaxe. Cada asociado recibirá unha carpa en cor negro coa imaxe corporativa, pero personalizada co seu nome, e tamén contarán con bolsas serigrafiadas co lema da entidade para repartir entre os seus clientes. A maiores, a Asociación conta con catro carpas de uso institucional na que a Deputación figura como entidade colaboradora. Ademáis, a asociación repartirá medio millón de bolsas entre os seus asociados, e tamén colabora coa rotulación dos vehículos cos que se desplazan os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño-Arcos por toda Galicia e o resto da xeografía española.
A quen non lle guste o cambio de día da festa da cachucha que llas dea o señor Rueda, que como e tan listo ocureselle poñer eleccions coincidindo cos carnavales, tanto que dicia que non iba haber adianto e plantounas nas festas, se tivese algo de xeito houbera esperado duas semanas mais e pondrias en marzo como debe ser
Que non nos queiran vender con duas horas de desfile o exito do entroido este ano , nin os concelleiros de turno de bar en bar dicindo que si, nin os medios de comunicacion, por un momento .
O certo e que menos xente , ningunha actividade, unha carpa estorbandolle a unha orquestra, e un enterro da sardiña que xa cansa, sempre o mesmo .
Ahora diran que o gordo e a festa da cachicha. Igual que nas festas do Setembro. Matan u has para ter outras.
E tan panchos e contentos . Que mais lles da, seguen ahi e teñen cayro que lle aplauden.
Son horas de empezar a esixir, a pedir contas e a saber decir que esta mal feito e non houbo xente.
Ahora xa non se engaña a nadie. Pero a oposicion que, dorme ou, e os medios de comunicacion que, tampouco son criticos e ven todo ben
Saudos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »