10, Febreiro 2024

Unha chaparrachada, eso dín as malas lenguas. Que na carroza do Anpa oíuse o imno do Pp, que catro ou cinco comparsas que nin unha charanga, que case non hai chocolate e que sabía a café. Que o concelleiro criticou o catering que curiosamente deu a señora Gloria cuanto con outra traballadora do Concello. Que o concelleiro non demostrou moita afinidade coa señora alcaldesa, que os do PSOE non estaban e que  ningún medio tiña constancia de dito evento só Badal Novas. Será que o Irixo se ven a menos. 

9, Febreiro 2024

Pois estás no teu dereito que che faga moita gracia que haxa xente que  crea no proxecto que representa o CD Arenteiro, que representa o proxecto de moita xente que cree no Carballiño, non entendo -ou si- como che pode molestar, a outros - e asegúroche que somos moitos,  máis que gracia o que nos da é moita pena outra serie de actitudes e comportamentos, que no fondo responden a pensamentos binómicos, e por suposto, os que sempre lles asiste a razón suprema. 

Non fagas  demagoxia para desacreditar un proxecto que fará maís grande O Carballiño, a educación e a sanidade non son de competencia municipal, ter unhas instalacións deportivas, culturais, recreativas, sociais, etc que non sexan unha vergonza para O Carballiño, si son de competencia do concello.

9, Febreiro 2024

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, ofreceu o primeiro mitin desta campaña na súa terra, O Carballiño, acompañado do número dous da candidatura Xosé Manuel Mosquera, tamén veciño da comarca, e de María Quintas.

Baixo o lema “Ourense, a chave de Galicia”, Vázquez defendeu ante os asistentes que encheron a Casa da Cultura, a importancia de que Ourense conte, afirmando que “hai espazo para unha formación galeguista e que defenda os intereses da provincia e que queira cambiar as cousas”.

Explicou que en Ourense “somos os primeiros en ter as pensións mais baixas, os salarios mais baixos, a taxa de natalidade mais baixa, e cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos”. “Esto é un desastre e hai que cambiar”, dixo, e ese é o obxectivo de Espazo Común Galeguista, ocupar o centro esquerda e, no caso da candidatura de Ourense, conseguir que a nosa provincia conte.

Para elo presenta un plan de choque demográfico con cinco medidas: Posta a disposición de solo industrial a custo cero durante dez anos, bonificación fiscal do 50% para as empresas que se instalen na provincia, bonificación fiscal do 50% para os autónomos domiciliados na provincia, conciliación laboral con guarderías gratuitas e un plan de axuda á vivenda”.

Indicou que “mentres outras formacións apostan por seguir facendo cada vez mais xeriátricos, nos queremos xerar oportunidades de emprego para que as familias queiran vivir en Ourense”.

Vázquez pediu o voto a todos aqueles que queren que a Galicia do interior teña voz na Xunta, destacando que un deputado de Espazo Común Galeguista no Parlamento galego pode definir un futuro de oportunidades para Ourense.

9, Febreiro 2024

Na tertulia de hoxe o señor Nogueira volveu crear desagrado a un ointe e seguidor de EsCo.

Resulta que EsCo emitía un comunicado no cal informaba que dirixiríase a RTVE para solicitar participar no debate que este medio realizará o 14 de febreiro.

Nogueira explicou claramente que o máis seguro era que desestimarían esa petición. É aquí cando un ointe recordoulle que EsCo ten máis concelleiros que Vox e que Podemos. Xa son ganas de buscarlle as cosquillas ao tertuliano Nogueira. A resposta foi moi clara: esto está na lei electoral, non o digo eu (explicou o tema dos partidos significativos).

Acabouse o tema.

Políticamente poderase estar en desacordo con Nogueira, pero a nivel argumentativo non da lugar a debate posible.

 

9, Febreiro 2024

Nova entrega da tertulia dos venres en COPE O Carballiño, no capítulo deste venres dia 9 de febreiro de 2023, coa participación de Sebastián Lamazares, María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez e Manuel Rodríguez, coordenada por Xan Pinal.

Podes escoitala no audio adxunto:

9, Febreiro 2024

FAIME GRACIA TODA ESA XENTE QUE PARECE QUE NO GRAN PROYECTO DO ARENTEIRO LLE VAI A VIDA.

QUE SI SE DENUNCIOU NO SEU MOMENTO A OBRA DA NOVA GRADA DE ESPIÑEDO.... POIS QUE A XENTE NON QUERE VER CRECER O EQUIPO... QUE E PERXUDICIAL PARA A VILA... ETC....

QUE HAY QUEIXAS POLO TEMA DOS TERRENOS E DO NOVO ESTADIO? MAIS DO MISMO DAS ANTERIORES EXCUSAS.

QUE RECLAMAMOS UN NOVO PAC E MELLORIAS? QUE SE SON DENUNCIAS ABSURDAS, QUE NON E NECESARIO, ETC....

SEÑORES!!! QUE O FUTBOL E UN NEGOCIO!! QUE A XENTE QUE SE ADICA A ESTO OS AFICCIONADOS DADESLLE IGUAL

QUE DENTRO DUNS ANOS O EQUIPO DA VILA PODE ESTAR NO FUTBOL PROFESIONAL, COMO NA PREFERENTE (CUN ESTADIO NOVO) OU DESAPARECIDO.

A SANIDAD, EDUCACION,ETC... E PRIMORDIAL E NECESARIA PARA SEMPRE

ESPERO QUE NUN FUTURO, SE SE CHEGA REALIZAR O NOVO ESTADIO E NON SE MELLORA O PAC DA VILA, TODA ESA XENTE FANATICA DO ARENTEIRO, NO CASO DE TER ALGUN PROBLEMA MEDICO, NON SE QUEIXE DA ATENCION, E SE NON IR AO ESTADIO, A VER SE VOS CURA OS MALES.

HAY QUE TER UN POUCO DE SENTIDIÑO E SABER O QUE SON PRIORIDADES E O QUE NON.

UN SAUDO

 

9, Febreiro 2024

 

Non lle dedes mais voltas. O solar ou parcela idóneo para o futuro centro de saude do Carballiño xa está pillado e era onde agora están o novo mercadona e os esqueletos eses abandonados. Unha gran extensión total a ceo aberto de mais de 10.000 metros cadrados para o centro de saude, o PAC, os aparcamentos e incluso para as ambulancias e o helipuerto se quisexen ter todo xunto. Terreos que eran de veciños do Carballiño que se cederon gratis a RENFE e que despois da sua desafectación do uso ferroviario en vez de voltar para o ben común do conxunto dos carballiñeses foron vendidos a mans privadas como consecuencia da especulación urbanística pura e dura. Os intereses privados prevaleceron sobre os públicos. Logo pasa o que pasa. Que cando nos fan falta terreos para un proxecto importante para O Carballiño atopamonos con que non hai. Así nos vai.

8, Febreiro 2024

Vaia, mira ti que non terás motivos e motivos polos que indignarte sen facélo por un dos contados, senón o único, proxecto ambicioso do que se fala no Carballiño desde fai moitos, moitos anos.

Ante a oportunidade de poñer O Carballiño no mapa deportivo galego e español indignamonos, porque seica non che gusta a solución para o centro de saúde, e que terá que ver unha cousa coa outra.

8, Febreiro 2024

É indignante que para o centro de saúde non encontren terreos para edificar pero para o estadio de fútbol para o Arenteiro sí. Para eso sí que son todos rápidos.

Xa se ve a prioridades que tienen algúns frente a saúde da xente.

8, Febreiro 2024

Como se di nestes casos unha imaxe vale máis que mil palabras, como pode observarse nas fotos, asi é como no concello do Irixo arranxaron ou pretenderon arranxar as fochancas no camiño de Coucieiro. Ver para creer a estas alturas. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS