8, Febreiro 2024

A Deputación de Ourense colaborou cunha achega de 300.000 euros para a construción do edificio da residencia-centro da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño (Aspadisi)

Nunha visita ás instalacións, a deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, dixo que o goberno provincial é consciente de que “a maior preocupación para os familiares de persoas con diversidade funcional é pensar no seu futuro cando non esteamos. Sabemos do esforzo que supuxo construír un centro no que poidan vivir minguando, dalgún modo, esa preocupación”.

Desde a Deputación “estaremos sempre ao carón destas necesidades reais e tan importantes para a nosa sociedade”, salientou Patricia Torres, quen puxo en valor “o traballo e o esforzo de todas as persoas que forman parte de Aspadisi porque lograron aglutinar esforzos públicos e privados para levar a cabo esta infraestrutura”.

Termalismo inclusivo

A deputada de Políticas Sociais aproveitou a súa visita para lembrar que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social que este ano inclúe unha nova modalidade: o Termalismo Inclusivo, orientado principalmente ás persoas con diversidade funcional e do sector da economía dos coidados.

O Termalismo Inclusivo permitirá deseñar programas personalizados para todo tipo de entidades sociais sen ánimo de lucro. Deste modo, as asociación poderán deseñar un programa termal grupal personalizado en función das circunstancias que afecten ao seu colectivo, elixindo así os balnearios, actividades e duración en meses e sesións mensuais.

8, Febreiro 2024

Carballiño CCA se complace en anunciar su emocionante campaña de San Valentín, que se llevará a cabo del 7 al 14 de febrero. Bajo el lema "Merca co Corazón", la asociación invita a la vecindad a celebrar el amor y apoyar el comercio local participando en esta semana especial dedicada al amor y la amistad.

Durante toda la semana de San Valentín, los establecimientos asociados de Carballiño CCA ofrecerán una amplia variedad de productos y servicios para que los clientes encuentren el regalo perfecto para sus seres queridos. Desde detalles encantadores hasta experiencias únicas, hay algo para todos los gustos y presupuestos.

Una de las principales atracciones de esta campaña es el sorteo de una experiencia termal en pareja que disfrutarán en el balneario Caldas de Partovia. Los participantes pueden entrar en el sorteo registrando sus tickets de compra en el sitio web oficial de Carballiño CCA (https://comerciocarballino.com/san-valentin-2024/). El premio incluye un baño en la bañera ying yang, acompañado de frutas frescas y cava, para una experiencia relajante y romántica.

Julián Garriga, presidente de Carballiño CCA, compartió su entusiasmo por la campaña, afirmando: “Estamos encantados de presentar una nueva edición de nuestra campaña de San Valentín, justo a tiempo para esta ocasión tan especial. Después del éxito de la campaña navideña y en medio de las rebajas, creemos que esta iniciativa es esencial, ya que muchas parejas aprovechan para hacerse regalos y celebrar el amor. Este año, con la coincidencia del San Valentín y el Entroido Carballiñés, esperamos que la campaña tenga aún más impacto y anime a más personas a realizar sus compras en nuestros establecimientos locales”.

La gerente de la asociación, Noelia Mares, añadió: “"Queremos invitar a nuestros vecinos y visitantes a celebrar el amor en Carballiño. Nuestros restaurantes han elaborado menús especiales para estas fechas, disponibles tanto durante los fines de semana como el propio 14 de febrero. Además, en los comercios locales, encontraremos todo lo necesario para sorprender o tener un detalle especial con nuestra pareja".

El sorteo se llevará a cabo el día 15 a las 12:00h y será transmitido en directo a través de las redes sociales de Carballiño CCA, brindando transparencia y emoción a la selección del ganador.

Carballiño CCA anima a unirse a esta celebración del amor y el comercio local, demostrando que el corazón de Carballiño late con fuerza en cada una de sus tiendas y establecimientos.

E

7, Febreiro 2024

A Deputación de Ourense estudará a proposta formulada polo Concello do Carballiño para a cesión dunha parcela de titularidade provincial, necesaria para desenvolver o proxecto de construción dun complexo deportivo na zona da Uceira, que tamén incluiría un novo campo de fútbol para o C.D. Arenteiro.

Así o vén de comunicar o presidente da Deputación, Luis Menor ao goberno municipal do Carballiño, que solicitou por escrito a colaboración da institución provincial para levar a cabo este proxecto.

O concello carballiñés quere construír neste complexo deportivo un campo que cumpra cos requisitos esixidos pola Federación española de Fútbol para a categoría Primeira RFEF, na que actualmente compite o Club Deportivo Arenteiro. Entre este requisitos figura unha capacidade para 4.000 persoas sentadas, grada perimetral e iluminación axeitada. Ademais, a nova área deportiva daría servizo a máis de 400 persoas que xogan ao fútbol no Carballiño, ofrecendo unhas instalacións máis adecuadas.

O Concello do Carballiño deberá presentar á Deputación un proxecto do complexo deportivo para que se poida comprobar á posibilidade de cesión desta parcela, xa que na actualidade dá servizo á institución provincial cunha nave que habería que reubicar.

6, Febreiro 2024

2,7 millóns de galegos están chamados ás urnas o vindeiro domingo, 18 de febreiro. Deles, medio millón son residentes no estranxeiro. Ademais, hai 79.000 persoas que van poder votar por primeira vez porque acaban de cumprir os 18 anos desde as últimas eleccións, as xerais de xullo do ano 2023.

Na anterior lexislatura autonómica, o PP con Alberto Núñez Feijóo á fronte conseguiu 42 deputados, o BNG 19 e o PSOE 14. Vox e Podemos non conseguiron ningún representante. Neste 2024 o escenario está máis aberto, segundo as sondaxes. Podería entrar na Cámara Autonómica un partido que nace en clave local, Democracia Ourensá, e que goberna na cidade de Ourense. Tamén Sumar, a marca de Yolanda Díaz, quere abrirse un oco no Pazo do Hórreo, aproveitando o tirón e a popularidade da galega. Vox segue tentando ser clave nun futuro goberno na Xunta e Santiago Abascal anuncia unha forte presenza na campaña da comunidade para lembrar as mensaxes e as medidas que o seu partido quere implantar na comunidade.

Mentres que a nacionalista, Ana Pontón candidata do BNG, segue á alza; fronte ao candidato socialista Besteiro que non consegue, polo menos nas enquisas, arrebatar ao Bloque a segunda posición.

Ademáis, entre a oferta electoral deste próximo 18 de febreiro encontramos a Espazo Común Galeguista, a coalición electoral nucleada a redor desta formación política impulsada desde O Carballiño por Pachi Vázquez, él mesmo é o candidato á presidencia á Xunta de Galicia encabezando a candidatura da provincia de Ourense baixo o lema "Ourense, a chave de Galicia".

Neste 2024 ábrense moitas posibilidades sobre o futuro goberno en Galicia e as últimas sondaxes sinalan a que aínda hai unha bolsa importante de electores indecisos. Entre os estudos demoscópicos privados publicados e o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), a porcentaxe de indecisos en Galicia oscila entre o 20% e o 27% dos electores. Estás entre eles?, aínda non sabes que partido represéntache mellor? O test de voto de COPE axúdache a aclarar dúbidas. 

CON QUE PARTIDO POLÍTICO TES MÁS AFINIDADE PARA  AS ELECCIÓNS DO 18-F

COPE exponche un test de voto de dez preguntas. Cada cuestión presenta varias respostas para escoller a que mellor se adecúe á túa forma de pensar e a túa opinión.

Para facer o teu test de voto sigue a ligazón:

https://participa.cope.es/p/973293

5, Febreiro 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo, no Pazo Provincial, a primeira reunión de traballo deste mandato coa directiva da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe - Vía de la Plata, encabezada polo seu presidente na provincia, José Luis Rodríguez Cid, a quen agradeceu “o gran traballo” realizado por esta entidade na posta en valor e promoción deste itinerario xacobeo, o de maior extensión dentro de Galicia.

A Vía da Prata percorre a comarca do Carballiño a través dos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, e ademáis da ruta principal ofrece unha variante que achega a ruta ata o mosteiro de Santa María A Real de Oseira.

Luis Menor destacou a importancia da Vía de la Plata que “percorre 28 concellos da provincia de Ourense, é dicir, un terzo de todos os concellos que a conforman”. Este itinerario xacobeo actúa como elemento vertebrador do territorio e permite aos turistas coñecer a riqueza patrimonial, natural e enogastronómica da provincia de Ourense. Neste sentido, o presidente provincial dixo que ofrece “numerosas oportunidades para rexistrar un importante crecemento turístico en Ourense, e tamén nas cifras de peregrinos do Camiño de Santiago”.

Durante a xuntanza acordaron reforzar a colaboración entre ambas institucións para traballar na vinculación da chegada da Alta Velocidade a Ourense coa Vía de la Plata destacando dous hitos importantes: a posibilidade de realizalo en bicicleta desde A Gudiña cunha distancia de 200 km que permite conseguir a compostelana na modalidade ciclista; ou a oportunidade de facelo chegando en AVE á capital de Ourense para realizar as cinco etapas que conforman o Camiño ata Santiago. Unha actuación que propoñen levar a cabo baixo o lema “Facer o Camiño desde o Pórtico do Paraíso ao Pórtico da Gloria”.

Ambas entidades acordaron promocionar tamén este itinerario xacobeo vinculándoo á riqueza termal da provincia para aglutinar atractivos: Camiño de Santiago, chegada da Alta Velocidade e o termalismo. “Ábrese un futuro ilusionante para este Camiño que está chamado a converterse nun dos itinerarios xacobeos por excelencia”, afirmou Luis Menor.

5, Febreiro 2024

"Boom é o meu primero sencillo, o nacemento, o volver a comezar, onde se reinventan os sons tradicionais galegos para ir máis alá do folk tradicional, achegándonos a sons máis experimentais, onde a gaita convive cos aspectotecnolóxicos máis punteiros, fundindo técnicas de interpretación de vangarda co uso de delays e outros moduladores de onda",asi define o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal o seu primeiro traballo discográfico.

Foi gravado por Suso Feixón nos estudios SonFeixón e producido por Carlos Mariño. Editado polo selo Clipper´s Sounds, e nunhos dias poderémos compralo a través da venda online e nas tendas especializadas, como na tenda "OZOCOgz", na rúa Curros Enríquez do Carballiño.

No audio adxunto podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Isidro Vidal en COPE O Carballiño, asi como "Boom", o seu primeiro "sencillo".

4, Febreiro 2024

Recenetemente vimos a dimision de Lino, a cal xa se via vir nos últimos tempos, pero a Xunta de Galicia sigue discrminando os veciños do Carballiño sen pediatras, sen apoio, sen cartos para as instalacions deportivas, o PP presenta mocion no pleno para a mellora de instalacions deportivas e despois votan en contra no Parlamento de Galicia, menuda coherencia que ten o Partido Popular

4, Febreiro 2024

Punto e final á curta traxectoria de Lino González como portavoz do grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño, nunha decisión persoal que daba a coñecer esta fin de semana, e na que ademáis de comunicar ao PP a súa renuncia como concelleiro, tamén avanzaba a súa decisión de abandonar toda a actividade política que viña desenvolvendo, tanto a nivel municipal como do Partido Popular, do que formaba parte do seu grupo de asesores na Deputación de Ourense.

A decisión, que se viña barruntando desde fai varios dias, non colleu de sorpresa aos seus compañeiros do grupo municipal nin tampouco ao grupo de persoas máis próximas ao Partido Popular do Carballiño. O pasado martes, nunha entrevista en COPE O Carballiño, Lino González confesaba que botaba de menos a súa vida profesional na entidade bancaria na que traballou ata que iniciou a súa etapa como portavoz do grupo popular no concello carballiñés, "estou fora do banco momentáneamente, pero eu era feliz no meu traballo", declaraba a pasada semana. Dous días despóis, no pleno do concello chamou a atención da corporación a súa actitude pasiva, ata o punto de que actúase como portavoz do grupo popular o concelleiro José Castro-Gil. E tamén resultou moi chamativa a súa ausencia na pegada de carteis coa que se iniciaba a campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, desculpouse de asistir a ese acto por un motivo de saúde. 

Non obstante, o momento elixido para oficializar esta marcha non parece o máis oportuno e asi o manifestan desde o entorno do Partido Popular do Carballiño, e tamén desde a dirección provincial dos populares,, ao coincidir co inicio da campaña das eleccións autonómicas, non se entenden as presas repentínas.

A súa nominación como candidato do Partido Popular á alcaldía do Carballiño nas últimas eleccións municipais resultara moi controvertida entre os populares carballiñeses, polo pasado politico de Lino González ligado ao PSOE e a Pachi Vázquez, do que fora asesor no concello do Carballiño. Neses comicios municipais, o Partido Popular con Lino González como número 1 salvou os mobles, conseguíu cinco concelleiros, un máis que no mandato anterior, pero non pudo evitar que Espazo Común -que pasou de 3 a 5- obtivese o mesmo número de concelleiros, incapaces ambos de articular unha alternativa de goberno ao socialista Paco Fumega. Tras tomar posesión da súa acta de concelleiro, estivo despóis varias convocatorias sen acudir ás sesións da corporación.

Coa elección do deputado provincial que lle correspondía ao Partido Popular pola comarca do Carballiño chegou o primeiro sonado desencontro de Lino González co seu partido, desde a dirección provincial apostouse pola alcaldesa de Boborás Patricia Torres para ese cargo, e a decisión levou ao grupo do PP do Carballiño a retirar os avais á candidata proposta polo partido. Posteriormente, o Partido Popular nomeouno asesor do grupo provincial da Deputación.

Agora, tras coñecerse a súa renuncia e o anuncio que abandona toda actividade política, o Partido Popular do Carballiño transmitíu nas súas RRSS un comunicado no que manifesta que " respectamos as razóns de índole persoal de Lino González García, desexámoslle a maior das sortes. Ademáis, agradecémoslle a súa laboura desenvolvida durante estes meses, e especialmente a incorporación de xente con ilusión ao mundo da políltica local".

 

 

3, Febreiro 2024

Érache visto Evaristo.

Unha cronica anunciada, lamentable que un partido político como o PP non tivese un mínimo filtro para evitar un espento asi, como o que ven protagonizando este señor Lino desde o primeiro dia que entrou como concelleiro e suposto portavoz municipal no concello do Carballiño. Nunca é tarde se a dita é boa. 

 

2, Febreiro 2024

Os Magos do Ribeiro, Chaves-Portugal e do Círculo Auriense xúntanse no Carballiño esta fin de semana para conmemorar a festvidade de S. Xoán Bosco, o patrón da maxia cun gran festival que incluirá talleres de maxia para nenos e nenas de 6 a 12 anos e de iniciación á cartomaxia para maiores, o sábado dia 3 a partir das 4 da tarde en adiante no Hotel-Restaurante O Xardín.

Ademáis, 3 grandes espectáculos: Infantil cos magos Fernando Moreno, Cris e Deime o sábado 3 ás 18:30 h. no Café-Bar Estatequieto. Ás 12 da noite do sábado, no Café-Bar O Caserio, cos magos Ninou, Guto e José Rivera. E finalmente, o domingo dia 4 ás 17:00 horas no Hotel-Restaurante O Xardín, cos magos David Méndez e Camilo Vázquez.  Todos eles gratuítos.

Alfonso Medela e Trio regresa á noite carballiñesa dos sábados, e faino coma sempre a ritmo de jazz ás 23:00 h. na Cafetería-Cerveixería Fass.

O Novocine de Leiro estrea "ARGYLLE", a película que proxecta sábado e domingo en pases ás 17:00 e 20:00 horas.

A empresa Rutea organiza a ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", con saída ás 10:30 horas do domingo desde o bar Barqueiro de Avión, e con finalización ás 16:00 horas e despóis de facer un percorrido de 14,5 kilómetros de dificultade media. O prezo da inscripción é de 12 euros a través de contacto@rutea.es e no teléfono 636085133

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS