17, Febreiro 2024

A Praza Maior do Carballiño acolleu este venres 16 de febreiro unha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño, esta vez en forma de concentración e para seguir reclamando a reposición das dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño.

En representación da plataforma cidadán dirixíuse ás persoas concentradas Rocio Valiñas, que fixo un repaso polas accións reivindicativas que veñen desenvolvendo desde o pasado mes de setembro, manifestando que todas elas están sen atender a dia de hoxe e sendo moi pesimistas de que a situación vaia a mellorar nun futuro inmediato, tal como veñen esixindo, que se cubran as dúas prazas de pediatría que ten asignadas o centro de saúde do Carballiño, un servizo que non so é para O Carballiño senón que cubre a toda a poboación en idade pediátrica dos concellos da comarca, 2.312 nenos e nenas según os datos da propia plataforma.

A deste pasado venres, foi a terceira manifestación dos últimos meses no Carballiño, e desta vez de forma simultánea coas plataformas activas en Verín e A Limia, que tamán veñen demandando unha asistencia sanitarioa pública e de calidade nestas comarcas.

15, Febreiro 2024

A Deputación de Ourense colabora coa Asociación de Pulpeiros Arcos-Carballiño para a súa nova imaxe. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Carballiño no acto de entrega das novas carpas aos asociados, que unifican a imaxe e promocionan o traballo dos pulpeiros. O deputado de Representación Institucional agradeceu o traballo que realizan os pulpeiros a prol da marca “Ourense Enogastronómica” afirmando que se trata dun “dos principais atractivos turísticos do noso territorio”. Desde a Deputación, que achega 50.000 euros, “continuaremos a apoiar aos nosos produtores locais e a proxectar a imaxe da nosa provincia como destino enogastronómico de calidade, xa que se trata dun dos pilares da nosa marca turística”, engadiu Rosendo Fernández. Co obxectivo de promover e dar publicidade á imaxe da Asociación de Pulpeiros Arcos–Carballiño, a entidade estrea 32 carpas para que os seus asociados as empreguen en todos os eventos e feiras nos que participen, ademais de dar visibilidade ao seu traballo e homoxeneizar a súa imaxe. Cada asociado recibirá unha carpa en cor negro coa imaxe corporativa, pero personalizada co seu nome, e tamén contarán con bolsas serigrafiadas co lema da entidade para repartir entre os seus clientes. A maiores, a Asociación conta con catro carpas de uso institucional na que a Deputación figura como entidade colaboradora. Ademáis, a asociación repartirá medio millón de bolsas entre os seus asociados, e tamén colabora coa rotulación dos vehículos cos que se desplazan os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño-Arcos por toda Galicia e o resto da xeografía española.

15, Febreiro 2024

A quen non lle guste o cambio de día da festa da cachucha que llas dea o señor Rueda, que como e tan listo ocureselle poñer eleccions coincidindo cos carnavales, tanto que dicia que non iba haber adianto e plantounas nas festas, se tivese algo de xeito houbera esperado duas semanas mais e pondrias en marzo como debe ser

15, Febreiro 2024

Que non nos queiran vender con duas horas de desfile o exito do entroido este ano , nin os concelleiros de turno de bar en bar dicindo que si, nin os medios de comunicacion, por un momento . 

O certo e que menos xente , ningunha actividade, unha carpa estorbandolle a unha orquestra, e un enterro da sardiña que xa cansa, sempre o mesmo . 

Ahora diran que o gordo e a festa da cachicha. Igual que nas festas do Setembro. Matan u has para ter outras. 

E tan panchos e contentos . Que mais lles da, seguen ahi e teñen cayro que lle aplauden. 

Son horas de empezar a esixir, a pedir contas e a saber decir que esta mal feito e non houbo xente. 

Ahora xa non se engaña a nadie. Pero a oposicion que, dorme ou, e os medios de comunicacion que, tampouco son criticos e ven todo ben 

Saudos.

15, Febreiro 2024

Noxento q os gobernantes do concello do Carballiño cambien de fecha a Festa da cachucha porque se celebran eleccións ISE día. Ise día celébranse varias festas por todo Galicia e en ningún  sitio as cambearon de fecha, sóo no Carballiño

 Agora q a Festa da cachuch empeza a funcionar istes gobernantes empeñanse en cargala o mesmo q a Festa do septembro. A Festa da filloa de Lestedo vaise a celebrar o día q toca coma todas menos no Carballiño. Ou en Lestedo e nós outros lugares de Galicia non hai eleccións o domingo?  Vergonzoso o q pasa no Carballiño, haber si non fóra naide o 25 a Festa da cachucha cambiada de fecha e deixan solos o concelleiro de cultura e o de turismo q disfruten Iles da festa na fecha q lle interesa a iles

 

 

 

 

13, Febreiro 2024

A agrupación "Os Parrandas" levouse para O Irixo o primeiro premio do concurso de comparsas do martes de entroido no Carballiño, dotado con 1300 euros, o xurado tivo en conta a orixinalidade e traballo artesanal dos traxes e a carroza "a leira de millo", integrada por veciños e veciñas relacionados ou residentes no concello do Irixo. Ademáis, esta mesma agrupción tamén gañou o premio especial concedido por votación das propias comparsas, polo que sumaron outros 300 euros.

O segundo premio, dotado con 1.000 euros foi para a comparsa dos Arrieriños de Dacón e o seu "carrusel", terceiro recoñecemento que consiguen neste entroido 2024, xa que o pasado sábado triunfaron no carnaval de Chantada e o pasado domingo conseguiron o segundo premio no desfile do entroido de Ourense. 

O resto dos premios deste concurso de comparsas do martes de entroido no Carballiño foron os seguintes:

3⁰ Premio (800€ : Asoc. Entroula. "Natureza Máxica".

4⁰ Premio (400€): Asoc. Os Azucarados de Maside.

5⁰ Premio (350€): Asoc. Amigos de Partovia. "Noite de estrelas".

6⁰ Premio (300€): Asoc. Lumareda. "Noites de cabaret".

7⁰ Premio (250€): Asoc. Cultural e carnavalesca Os Nevadiños. "O Imperio dos Amarenses".

8⁰ Premio (200€): O mundo de fantasía de Aspadisi.

Accésits a(120€): Os Vikingos da Costa e Asoc. Medrando Amoeiro.

O desfile, que abriron fora de concurso os históricos Liborianos e pechou -tamén fora de concurso- a comparsa-espectáculo Os 100 Tolos, foi seguido por numeroso público, abarrotando as rúas máis centricas do Carballiño.

 

 

12, Febreiro 2024

Finalmente, o tempo parece que non vai poñer impedimento e poderá celebrarse o gran desfile-concurso de comparsas deste martes de entroido no Carballiño, dia festivo local no municipio do Carballiño. Para esta tarde de martes 13 de febreiro prevese un dia con algunhas posibles chuviscadas pola mañá, e logo pola tarde nas horas do desfile, o seu inicio está programado para as cinco da tarde, os pronósticos apuntan a unha alternacia de nubes e sol no ceo do Carballiño.

A orde no que desfilarán as comparsas, tendo en conta que tanto Os liborianos como Os 100 tolos non entran no concurso, será a seguinte:

1.OS LIBORIANOS
2.ASOCIACIÓN ENTROULA E NATUREZA MÁXICA
3.O MUNDO DA FANTASÍA DE ASPADISI
4.NOITES DE CABARET DA ASOCIACIÓN LUMAREDA
5.OS AZUCARADOS DE MASIDE
6.A C. E CARNAVALESCA OS NEVADIÑOS – O IMPERIO DOS AMARENSES
7.ASOC. OS PARRANDAS DO IRIXO – A LEIRA DE MILLO
8.NOITE DE ESTRELAS DA ASOC. AMIGOS DE PARTOVIA
9.MEDRANDO AMOEIRO
10.VIKINGOS DA COSTA
11.OS ARRIEIRIÑOS DE DACÓN – CARRUSEL
12.OS 100TOLOS

Percorrido:
R/ Otero Pedraio/ Conde Vallellano/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Calvo Sotelo/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.

Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 1.300 euros
2º Premio: 1.000 euros
3º Premio: 800 euros
4º Premio: 400 euros
5º Premio: 350 euros
6º Premio: 300 euros
7º Premio: 250 euros
8º Premio: 200 euros

-Accesits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores.
-Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación. O xurado neste caso estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile, que deberán seleccionar cun voto á que consideren mellor comparsa.

A decisión do xurado farase pública durante a festa que terá lugar na Praza Maior amenizada pola ORQUESTRA ALKAR ao remate do desfile.

12, Febreiro 2024

So así poderemos ter moción de censura PP-Espazo Común.

Sen egos persoais O Carballiño tera un goberno de progreso e avanzará. 

Agora e cando se vai ver quen de verdade quere O Carballiño.

 

12, Febreiro 2024

Damos pena, O CARRBALLIÑO non levanta cabeza, en todos os lados, Ribadavia, Maside, ourense, Amoeiro, etc teñen un programa de entroido  entretido, tanto pa maiores como pos nenos, e aqui, que temos, unha charanga, parece que non hai eleccions o dia 18 señor Fumega e compañia.

Animo a todos os Carballiñeses e dos pobos de arredores que o 25 de Febreiro non veña ningèn a FESTA DA CACHUCHA.

O entroido non é só papar encher o bandullo.

 

 

 

12, Febreiro 2024

La congoja que tienen algunos (los que todos sabemos, ni hace falta poner la sigla) por la moción de censura en el concello do Carballiño parece que es tanta que ya se critica hasta el carnaval (que manía mezclar una fiesta popular con la política y los políticos) antes de que se celebre, la impaciencia en política en muy mala consejera. Me parece que vais mal.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS