19, Xaneiro 2024

A Deputación de Ourense fai posible a reforma da cuberta e o acondicionamento das fachadas do edificio que alberga a Casa de Cultura de Maside. Así o salientou o presidente da Deputación, Luis Menor, durante o encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, para repasar as actuacións levadas a cabo en colaboración coa institución provincial.

Durante a xuntanza, Luis Menor lembrou que o Concello de Maside percibirá máis de 800.000 euros ao longo do mandato 2023-2027 a través do Plan CooperOU. Tamén analizaron posibles liñas de cooperación para futuras actuacións en materia de infraestruturas deportivas e viarias do municipio.

18, Xaneiro 2024

O PSdeG-PSOE de Punxín alerta sobre o servizo “desastroso” que están a prestar os servizos sociais municipais, que lonxe de mellorar co novo goberno municipal “non fan máis que ir a peor”. Os e as socialistas advirten que hai veciños e veciñas que levan máis de dúas semanas agardando por unha consulta coa traballadora social, xa que esta non acude ao concello os días estipulados e nos que debería atoparse exercendo a súa labor.

Dende o grupo municipal socialista de Punxín sinalan que os servizos sociais atópanse nunha situación “calamitosa, penosa e desoladora”, por mor da “inacción” do goberno municipal e do “desleixo” que amosan cara un servizo “fundamental”, nun concello do rural e cunha poboación moi envellecida. “Punxín precisa duns servizos sociais que se vexan reforzados e que presten a atención necesaria á veciñanza, cousa que a día de hoxe non sucede”, critican os e as socialistas.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, alerta de “continuas queixas” por parte dos veciños e veciñas que teñen que acudir aos servizos sociais municipais, “algo que nunca soe acontecer por cuestións agradables”. A edil socialista afirma que nas últimas dúas semanas a veciñanza “leva agardando unicamente para ser atendidos pola traballadora social, xa que esta non está acudindo ás citas, nin tampouco se suple a súa ausencia nos poucos días que xa realiza esta atención no concello”.

O PSdeG-PSOE de Punxín esixe a “urxente” mellora deste servizo, así coma unha atención de “calidade” e lémbranlle ao goberno municipal bipartito do PP e CxG que “hai trámites que teñen uns prazos determinados e a veciñanza non pode estar agardando dúas semanas para que os atendan”.

Lorena Peleteiro denuncia un novo “deja vu” no “abandono” do bigoberno a veciñanza e fai fincapé en que “estamos ante unha mostra máis de que o acordo de goberno do PP e CxG asinouse, única e exclusivamente, para atender a intereses persoais e partidistas e non os interese de Punxín e da veciñanza”. A voceira socialista urxe ao equipo de goberno que “se poña a traballar xa por Punxín, ou que dimitan, dean un paso a un lado e deixen gobernar a aqueles que de verdade queren traballar e mellorar o noso municipio”.

Cabe destacar ademais que a traballadora social é empregada da Deputación Provincial de Ourense, motivo polo que os e as socialistas “urxen” ao ente provincial que tome as medidas “oportunas” para que o servizo se preste en condicións “dignas e cunha atención personalizada á veciñanza”.

18, Xaneiro 2024

O concelleiro de Turismo Manolo Dacal avanzou en COPE  O Carballiño a programación prevista tanto para o festa do entroido como para a festa da cachucha, que este ano excepcionalmente cambia a data da súa celebración, pasando do domingo de piñata ao domingo 25 de febreiro, para que non coincida coas eleccións autonomicas.

Dacal congratulouse dos bos datos da evolución do número de turistas que visitan O Carballiño, xa que según o informe do INE do último mes contabilizado, o de novembro de 2023, o número de turistas que visitaron O Carballiño foi de 3.892, un 13% mais que en novembro de 2022. O número total de turistas que pasaron polo Carballiño entre xaneiro e novembro de 2023 suman 51.642 persoas.

Asemade, na súa condición de concelleiro de industria e promoción do emprego, Manolo Dacal tamén repasa os bos datos da evolución do mercado laboral no municipio, co desemprego no nvel máis baixo das últimas décadas no municipio carballiñés.

No audio adxunto podes escoitar íntegra a entrevista a Manolo Dacal en COPE O Carballiño.

17, Xaneiro 2024

Pachi Vázquez presentou en COPE O Carballiño o seu novo proxecto político para estas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia "vou tentar aportar o meu gran de area neste gran equipo de homes e mulleres que desde Espazo Común Galeguista queren loitar por un Ourense mellor".

O candidato nº 1 nesta candidatura pola provincia de Ourense dixo que "estamos a sementar o que será o gran proxecto político de centro que falta e necesita Galicia" e lamentou o que considera é "falta de peso político que ten a dia de hoxe O Carballiño" no taboleiro político provincial e galego", e como exemplo desta afirmación puxo a escasa representación que ten O Carballiño e comarca nas candidaturas que concurren a estas eleccíons galegas do 18 de febreiro.

No audio adxunto podes escoitar íntegra a entrevista de Xan Pinal a Pachi Vázquez.
 

 

17, Xaneiro 2024

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio CEIP Beariz deste municipio para coñecer en primeira persoa as novas dotacións coas que conta esta escola rural tras a última inversión duns 10.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

O centro xa dispón dos novos recursos tecnolóxicos e do mobiliario adecuado para adaptar o centro ás características do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para, así, poder proporcionar unha educación adecuada aos seus alumnos.

Ademais, o representante de Educación da Xunta aproveitou a visita para poñer en valor a educación rural e recordar que o próximo día 1 de marzo abrirá o prazo para solicitar praza para os estudantes que queiran matricularse.

16, Xaneiro 2024

Pachi Vázquez volve á palestra electoral dunhas autonómicas, desta vez como nº 1 na candidatura do Espazo Común Galeguista, unha coalición electoral integrada por pequenos partidos nucleados ao redor da figura do político carballiñés, que nestas mesmas eleccións ao Parlamento de Galicia no ano 2013 chegara a selo candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. 

Tamén sorprendeu o Partido Popular na súa candidatura para estas eleccións autonómicas do próximo dia 18 de febreiro, xa que recuperou para a primeira liña política ao carballiñés Argimiro Marnotes, que levaba anos retirado da vida política activa e centrado nas súas responsabilidades como presidente do Club Deportivo Arenteiro. Figura no posto número 9 da candidatura popular.

No PSdeG-PSOE, trala defenestración da carballiñesa Marina Ortega, incluíu no número 2 da súa candidatura a un representante do Ribeiro, en concreto ao ribadaviense Ignacio Gómez.

A representación comarcal complétase coa presenza de Manuel Nogueira, como número 3 na candidatura provincial de Podemos Galicia. 

14, Xaneiro 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo este domingo unha xuntanza co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e empresarios do concello e da súa contorna na que abordaron as necesidades en materia de emprego da zona e os programas que se desenvolven neste eido neste municipio a través da colaboración que manteñen a Xunta e a Administración local.

Un dos temas principais que se abordaron na xuntanza foron as ferramentas coas que conta a Xunta para facer fronte ás 15.000 vacantes laborais que existen na actualidade no mercado de traballo de Galicia. Así, a conselleira e o alcalde acordaron seguir a avanzar na importancia de ofrecer ás persoas sen emprego unha formación axustada ás demandas do tecido empresarial.

Rivo explicou que a Consellería está nun proceso de escoita para poder reforzar a colaboración entre as administracións para que as persoas que xa están traballando, como as que buscan emprego, continúen formándose para o seu perfecto encaixe no mercado laboral.

14, Xaneiro 2024

Quiero quejarme del ruido de musica y terrazas que hacen las cafeterias de los soportales hasta muy de madrugada, no dejando descansar, entre la musica alta, los gritos y el ruido de las terrazas. Descansar es un derecho y creo quue deberian tomar medidas porque no es ocasional. No todo vale . Gracias .

14, Xaneiro 2024

A chuvia que caía nesta mañá de domingo sobre O Carballiño non impedíu que a mobilización convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño e comarca consiguíse un notable éxito de participación, unha das máis numerosas que nos últimos tempos se recordan na capitalidade comarcal.

Os datos aportados a COPE O Carballiño pola Policia Local do Carballiño eleva a participación nesta manifestación a unhas 1.500 persoas, a maioría delas fixo o percorrido marcado pola organización desde a Praza do Emigrante ata o Centro de Saúde, onde concluíu a protesta, na que tomaron parte familias enteiras nun ambiente reinvindicativo e festivo, facendo soar instrumentos musicais e utensilios ruidosos ao seu paso polas rúas carballiñesas.

A convocatoria contou cunha numerosa representación política, detrás das súas súas pancartas participaron nesta marcha polas rúas do Carballiño cargos dos grupos políticos, os que mais socialistas, BNG e Espazo Común. A protesta tamén foi apoiada polo concello do Carballiño.

A Plataforma reuníu en apenas mes e medio un total de 8541 sinaturas á súa causa, esixir da Consellería de Sanidade que se recupere o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño, que se repoñan as dúas prazas de pediatría a xornada completa, nun servizo que atende a máis de 2.300 nenos e nenas da comarca en idade pediátrica, e ven sendo atendido por médicos puericultores nos últimos meses.

Ademáis, xa solicitaron unha entrevista co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, co que se reunirán no transcurso da semana que ven, según avanzaron deste o gabinete do propio conselleiro, para demandarlle unha solución inmediata a esta situación de precariedade na atención pediátrica no Carballiño.

14, Xaneiro 2024

https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/concello-carballino-recal...

A raíz del titular de esta noticia que ha salido publicada este fin de semana en el diario La Región, quería preguntar por si alguien sabe la respuesta si eso significa que tendremos que esperar 18 meses para ver empezar las obras del nuevo centro de salud?  Lo pregunto porque como en una de las últimas tertulias de Cope Carballiño, el tertuliano Manuel Nogueira afirmó en respuesta a uno de los whatsapps recibidos que el proceso de cambio de suelo dotacional de transporte a sanitario era muy rápido y que llevaba 1 mes máximo. 

Por si alguien sabe algo más al respecto que nos pueda aclarar.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS