1, Decembro 2023

Onde está a xente da comarca do Carballiño? Realmente temos sangue na veas?  por qué a xente só se xunta para as festas ou para o  fútbol? Levamos máis de dous anos sen médico de cabecira e seguimos na mesma situación e agora sen Pediatras.   O Lúns tiven vez co Oncologo en Ourense e dixome que lle mandaria os resultados das probas o meu medico, cando lle dixen que non tiña, non o creia, quedou alucinado, dixome , sabia que o Carballiño andaba mal pero non pensei que tanto.

 

Por favor Señor Alcande Paco Fumenga ; súplicolle, Rogolle, axeonllome ante vostede e sobre quen faga falta pa que miren por nós e loiten por os nosos dereitos básicos, solo pedimos MEDICOS PA ADULTOS E POS NENOS.

 

Non deixemos morrer ó Carballiño nin a súa Xente.  O Carballiño  é moito másis ca Festa Do Pulpo.

 

 

1, Decembro 2023

Na tertulia semanal de COPE O Carballiño deste venres dia 1 de decembro participaron Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, moderados por Lolo Carril.

Podes escoitala íntegra no audio adxunto:

1, Decembro 2023

Estos días salió una plataforma supuestamente vecianal y apolítica para defender los pediatras.

Y en la primera aparición en público en la foto de la cope lo primero que se ve es un señor de la lista del PSOE y otro de la lista del BNG. 
Parece clara la posición y contra quien van.

Lo que està claro es que de apolítica tiene poco

29, Novembro 2023

O vindeiro ano será clave no impulso e consolidación dos diferentes instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, ao longo do 2024 poranse en funcionamento os primeiros polígonos agroforestais e verán a luz as primeiras agrupacións de xestión conxunta, fundamentalmente ligadas ao sector forestal, así como os novidosos espazos agrarios de experimentación. Ademais, seguiranse fomentando permutas de especial interese agrario -como as xa realizadas no concello lugués de Friol- e afondarase no desenvolvemento dos proxectos de aldeas modelo.

Estas figuras teñen un carácter dinamizador do territorio e innovador e para a súa posta en marcha e desenvolvemento estanse captando fondos europeos destinados á innovación e cooperación e orientados cara a dixitalización, a rastrexabilidade e valoración dos produtos agroalimentarios ou a mellora enerxética, entre outros aspectos. Todo este esforzo suporá un investimento de máis de 10,5 millóns de euros por parte da Xunta, dos que máis da metade se destinarán á execución de polígonos e aldeas modelo.

Estes son varios dos anuncios realizados polo conselleiro do Medio Rural, José González, na clausura dunha xornada sobre esta materia celebrada na localidade o de Boborás e que estivo centrada na mobilización de terreos agrarios nesta provincia. Neste acto, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Ademais, tamén estivo presente o director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez.

Polígonos agroforestais
Así, neste contexto, o titular de Medio Rural avanzou que o vindeiro ano licitaranse os primeiros polígonos agroforestais de Galicia, procurando mobilizar terra nun período de non máis de tres anos desde que se decreten. Isto supón que se ofertarán as terras en arrendamento ou en venda aos produtores interesados sempre, engadiu o conselleiro, co máximo respecto ao territorio e aos seus elementos. Ademais, José González destacou que os primeiros serán os polígonos de Oímbra e Cualedro, ambos en Ourense.

O conselleiro sinalou tamén que no 2024 arrancarán as primeiras agrupacións de xestión conxunta, fundamentalmente ligadas ao sector forestal, e darase un impulso importante ás permutas de especial interese agrario, que facilitan moito o incremento do tamaño dos predios, salientou. Precisamente, as devanditas agrupacións de xestión conxunta favorecerán, segundo explicou González, o desenvolvemento do Programa de recuperación de soutos tradicionais, que tamén contribuirá a mobilizar terras. Así, o conselleiro destacou que no vindeiro ano se porán en marcha as obras de restauración dos pilotos de soutos en Parada de Sil, O Bolo, a Veiga -na provincia de Ourense- e O Incio e Paradela -na de Lugo-.

En relación coas aldeas modelo, o titular de Medio Rural explicou que xa se remataron os proxectos de ordenación produtiva destas figuras e que no 2024 xa estarán en funcionamento a totalidade das 21 declaradas ata o momento. Ademais, continuarase cos pilotos dos plans de dinamización dos núcleos de Trascastro (O Inicio), Osmo (Cenlle), O Penedo (Boborás) e Muimenta (Carballeda de Avia). Estes plans, indicou González, serán un instrumento urbanístico que permitirá rehabilitar estas aldeas do xeito máis áxil posible.

A maiores, outro anuncio feito hoxe polo conselleiro foi o da próxima posta en marcha dos primeiros espazos agrarios de experimentación de Galicia, empezando precisamente pola aldea de Muimenta. Nestes espazos, sinalou González, mozos emprendedores poderán desenvolver unha actividade hortícola e de gandaría en extensivo, así como de transformación dos produtos obtidos nas súas explotacións -con todas as garantías-.

Neste sentido, José González puxo en valor que en conxunto, todos estes instrumentos da Lei de recuperación fixeron posible a mobilización de arredor de 10.000 hectáreas de superficie en toda Galicia. Delas, subliñou, máis de 5.700 hectáreas na provincia de Ourense. Engadiu que estas ferramentas da lei, xunto coas parcelarias, teñen permitido mobilizar desde 2020 máis de 35.000 hectáreas en toda a comunidade galega, algo que cualificou como “un éxito absoluto”.

Ademais, o conselleiro falou da importancia de planificar o territorio con criterios de prevención de incendios. Neste eido, puxo tamén en valor a colaboración público-privada e máis concretamente a creación do fondo para a recuperación de terreos afectados por lumes ao que xa se sumou Inditex cunha achega de 9 millóns de euros. Engadiu que o obxectivo cara o futuro é mobilizar mediante esta iniciativa ata 18 millóns de euros, coa incorporación de novas empresas.

O conselleiro rematou a súa intervención reiterando a demanda ao Goberno do Estado para que poña en marcha unha lei que discrimine positivamente, dende o punto de vista fiscal, a todos os agricultores, gandeiros e silvicultores que coa súa xestión do territorio contribúen a defendelo fronte os incendios forestais.

Mesas redondas
Antes deste acto de clausura, nesta xornada de Boborás tiveron lugar varias mesas redondas sobre os polígonos agroforestais -coa participación do propio conselleiro e dos alcaldes de Leiro, Crecente, Cualedro e Oímbra- e arredor das aldeas modelo -coa intervención de Inés Santé e de gandeiros produtores de varios núcleos-. Tamén, sobre agrupacións de xestión conxunta e recuperación de soutos, coa intervención de José Luis Chan e de representantes do sector forestal. O programa da xornada completarase esta tarde cunha visita á explotación de porco silleiro na aldea modelo de O Penedo, no mesmo concello de Boborás.

29, Novembro 2023

Oxe no pleno do concello do Carballiño, o novo concelleiro do grupo de goberno pasouse medio pleno reindose nas intervencións de os voceiros de outras formacións. O outro dia na rádio en unha entrevista cando interviñan os veciños con queixas de rúas, prazas ezt iste concelleiro non facía mais ca reírse. Q seray o q lle causa tanta gracia a este concelleiro? De q se ríe?Haber si un día nos explica q é o q lle fai tanta gracia.. Se non cambia de aptitude os grupos da oposicion teñen a chave pa mandalo pa casa e q se vaia reír a súa casa. Porque paréceme unha falta de respeto reírse no pleno na intervencións do compañeiros de corporación e reírse das queixas dos veciños q somos os q lle pagamos o soldo. O mínimo ter respeto a cidadanía.

 

29, Novembro 2023

Por vez primeira na súa historia o Festival de Teatro Galego celebraráse este ano fora das súas datas tradionais no mes de setembro, pra esta edición de 2023 será do 13 ao 16 de decembro e abrirá as funcións unha obra infantil, de balde para o alumnado dos centros educativos do Carballiño.

Na presentación oficial na Deputación de Ourense estiveron presentes Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.

O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda "Antón un neno diferente". Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo "O pequeno poni". O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con "As damas de Ferrol", ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra "Testosterona" de Malasombra, ás 20.30 horas, sempre no auditorio do Carballiño.

O prezo da entrada para cada xornada será de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono.

A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.

No marco do festival entregaránse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra.

29, Novembro 2023

Bo día a tod@s,

Vendo as datas parece que lamentablemente non se vai celebrar a XIV carreira do Arenteiro. O ano pasado foi o 11 de decembro. ¿Vai quedar unha vila do tamaño de o Carballiño sen unha carreira de correr no 2023? A min entristéceme moito. Hai máis vida fora do fútbol….Antes tamén se facía unha BTT moi bonita por parte dos Mosqueteiros, ahora fanse algunas probas de  voltas circulares como o dia da bicicleta para os nenos pero nada  que ver co de antes. Carreiras de correr chegou mínimo a haber  3 o ano nesta vila. Non temos piscina pública climatizada na vila como en outras vilas máis pequenas. En definitiva a sensación e que sò se axuda ó fútbol, que non se axudan os clubes e asociacións dos particulares que poñen cartos, tempo e responsabilidade do seu bolsillo para  levar estas actividades adiante. Creo que habería que reflexionar o por qué está ocorrendo isto. Unha gran pena!!

28, Novembro 2023

No audio adxunto podes escoitar a entrevista de Xan Pinal  a Carlos Nemesio e Rocio Valiñas, integrantes desta Plataforma Cidadán, que leva recollidas máis de 3.000 sinaturas de apoio nunhos poucos dias, en demanda de que se repoña o servizo de pediatría que atende no centro de saúde do Carballiño a preto de 2.000 nenos e nenas da comarca en idade pediátrica. Tamén demandan servizo de pediatría en horario de tarde.

28, Novembro 2023

Nin no concello mais miserento vin eu tal cousa. Tapar un bache na zona de adoquin , onda igrexa vella, na rua cesareo tizon con BARRO, e tan anchos, . Choveu e burato a vista outra vez. O carballiño esta a parecer tercermundista xa en todo. Pensan que co mes de Agosto, solucionado. 

Pois, ide, ide ver o "parche"  que e para sair na tv . Si o centro esta asi os pobos nin quero pensalo. . 

Tranquilos, xa ven o nadal e a programacion estelar que fara que se esqueza todo. 

 

27, Novembro 2023

O Grupo municipal do BNG no concello de San Cristovo de Cea lamenta que a maioria do Partido Popular rexeitase no pleno da corporación deste concello as súas inciativas, en concreto para a contratación dun novo conserxe para o colexio de Cea. O grupo nacionalista posicionouse en contra do orzamento presentado polo grupo de goberno, e presentou varias preguntas e un rogo á alcaldía, que agarda sexa atendido.

1-Proposta do PP: orzamentos para 2024 (por un total de 2.100.000 €)
O portavoz do BNG sinalou que no propio informe de intervención sobre do cumprimento da estabilidade orzamentaria se indica que o concello non cumpre as condicións de endebedamento para 2023, así como que nas bases de execución non se aclaran as condicións para a concesión de axudas, subvencións e premios ás distintas organizacións, asociacións ou clubes (orzamentadas en 6.000 €). Reducen a 2.400 € as axudas á natalidade, que a 600 € por neno só cubrirían ata 4 nenos.
O BNG resalta a cantidade destinada a persoal (1.136.000 €) que supón más do 54% do orzamento, mentres para inversións reais só se prevén 254.000 €. Todas as inversións obedecen a criterio exclusivo da alcaldía. Contemplan ademais outros 248.500 € para amortización de débeda.
Considera tamén desacertado que se manteña o continuísmo de anos pasados, sen buscar perspectivas de mellora, cando a situación vai a peor. Inclúen un salario elevado para un concelleiro do grupo de goberno, pero non a posible contratación dun conserxe para o grupo escolar. Seguen orientado os orzamentos a manter a inmensa estrutura que se foi creando entorno ao concello, sen novidades sobre o necesario desenvolvemento do polígono. Para a alcaldía, son uns orzamentos realistas e axeitados para o concello. Aprobada cos votos do PP (8) e voto en contra do BNG (3).

2- Moción do BNG para a contratación dun conserxe para o grupo escolar.
O grupo escolar está sen conserxe desde fai tempo, polo que non serven escusas, nin mirar para outro lado. Sobre todo se queremos manter a actual consideración dde “excelencia” para o grupo, se pensamos nas persoas que dirixirán o futuro inmediato ou nos beneficios dunha educación de calidade. A proposta solicitaba que o concello asuma a súa responsabilidade, xunto con Piñor, para contratar xa unha persoa, sexa con medios propios, sexa con axudas da Xunta.
A alcaldía para nada quixo saber deste asunto, manifestando que os custes do grupo son moi elevados para o concello e que non ía asumilos en ningún caso.
Rexeitada cos voto dos PP (8) e favorables do BNG (3)

ROGO do BNG para a modificación das bandas redutoras de velocidade instaladas en Cea.
Instaladas recentemente, sen sinalización axeitada, provocan impacto brusco nos automóviles. O BNG, estando sempre de acordo en mellorar a seguridade dos peóns, roga que se modifiquen para facer algo similar ao que vemos noutros concellos: elevacións sinaladas nos pasos de peóns, etc., que incrementan a seguridade peonil, sen provocar danos nos vehículos.

PREGUNTAS do BNG
Sobre as rozas solicitadas en Viduedo (Eira dos Ferreños) e Vilaseco (Os Carrís), recuperación da fonte da Lama, futuro paso dos vehículos sobre a Ponte Mandrás, restauración do seu forno, se ten pensado arranxar o problema das inundacións na casa sita na rúa Santo Cristo de Cea, actualización da páxina web do concello e apertura dese espazo á publicación dos plenos, propostas, acordos e máis información de interese para a veciñanza.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS