21, Novembro 2023

Con la que está cayendo, con el PSOE poniendo al país a los pies de los caballos.

Con el PSOE más vendido y comunista de la historia , ahora va el PP y vende la diputación. Vergüenza da este PP , si pactan con ellos es que son como ellos. No tienen vergüenza.

Nada que esperar de estos mercenarios de la política. Que se venden al mejor postor.

Ya no queda decencia.

21, Novembro 2023

Imposible moverse polas calles do Carballiño. Tes que ir apartando das cacas dos cansa que hai cada metro, das folla molladas que resvalan para non te matar, cando vas costa abaixo peor. 
E xa non falamos de bindós e mesas postas en aceras de medio metro.

Andar pola calle é entre asqueroso e paligroso. 
De paso tamen hai que apartar dos arboles non che vaian a sacar un ollo.

Unha autentica aventura, e como ir pola selva solo que con cagadas e merda e cheiro dos contenedores por todos os sitio

20, Novembro 2023

Un plan que “dará estabilidade e seguridade financeira a todos os concellos, que saberán con exactitude as cantidades que van percibir desde o 1 de xaneiro de 2024”, dixo o presidente congratulándose do acordo alcanzado esta mañá. “Un cambio radical no sistema de cooperación cos concellos e no que traballamos desde o primeiro momento, por iso este é un día moi importante”, dixo Luis Menor, presidente da Deputación nunha comparecencia posterior a este anuncio

Na práctica, este segundo aumento supón pasar de 7 a 8 millóns de euros a parte variable do novo modelo de financiamento da Deputación. O próximo ano alcanzaríanse os 17 millóns de euros fronte aos 14 millóns iniciais, xunto cun aumento de 1 millón de euros en 2025. O Plan CooperOU chegaría deste xeito á metade do mandato cunha partida de 18 millóns de euros, mantendo o compromiso dunha revisión á alza nas seguintes dúas anualidades.

Tamén permanecen inalterables os criterios homoxéneos de repartición, cunha parte fixa segundo o número de habitantes de cada concello, e outra parte variable na que se aplicaría o incremento e que se distribúe en base á poboación (50 %); núcleos de poboación (20 %); índice de envellecemento (15 %); e superficie do concello (15 %). Cómpre lembrar tamén outras dúas claves do plan, como son a flexibilidade no destino dos recursos e a simplificación administrativa.

Pola súa parte, o PSOE valora moi positivamente este no plan de reparto de fondos da entidade provincial. O seu portavoz, Alavaro Vila xustificou a discreción seguida pola súa formación durante as negociacións na importancia de “adoptar un plan único máis xusto, dotado de recursos suficientes para garantir unha meirande autonomía dos concellos, que a partir de agora disporán dunhas bases certas sobre as que planificar e organizar os seus proxectos”.

“Alguén se pensa que o PP, que inicialmente puxo sobre a táboa un plan único de financiamento dos concellos de apenas 12 millóns de euros, subiu até algo máis de 17 millóns por iniciativa propia?”, lanzou o portavoz socialista poñendo en valor a estratexia despregada polo seu grupo, que inclúe numerosos encontros, interaccións, propostas e contrapropostas, e “un traballo incesante xa desde o inicio da lexislatura, en pleno verán, que ao final deu os seus froitos”. O plan que se adoptará na sesión plenaria do vindeiro venres, 24 de novembro, “sen ser aínda o ideal, é o que máis se parece á nosa achega inicial, reflectindo actualizacións anuais, que esperamos se no final da lexislatura se sitúan no 22% do total orzamentario”, clarificou Vila.

No arquivo adxunto podes ver a contía económica que recibirá cada concello, o que maís de toda a provincia será O Carballiño, e que menos o concello ribeirán de Beade.

20, Novembro 2023

O concelleiro de persoal, seguridade, emerxencias, mobilidade, administración xeral, rexime interior e obras do concello do Carballiño, Alberto Otero repasa en COPE O Carballiño a actividade das súas áreas, respondendo ás preguntas dos e das ointes desta emisora de radio.

Entre outros asuntos, o concelleiro atendeu queixas sobre o deficiente estado de varias rúas, e mesmo anunciou que o concello xa traballa nun plan de mobilidade para mellorar o tráfico e a seguridade no casco urbano do Carballiño. Tamén asegurou que antes de rematar o ano comezarán as obras de reforma integral da rúa Ourense.

No audio adxunto podes escoitar a intervención radiofónica do concelleiro carballiñés.

20, Novembro 2023

Q sería o q lle faría tanta gracia oxe o concelleiro novo de obras, tráfico e non sei de cantas cousas mais. Pasouse a entrevista na Cope reinado ante as múltiples Queizas dos veciños, non sin razón q Xan Pinal lle Trasalba. Iste concelleiro non o quixeron en Boborás e empaquetado no no Carballiño e agora en vez de poñerse a traballar e resolver os problemas da cidadanía adícase a ir a radio a reírse das preguntas e queixas q fai a xente. Sr concelleiro céntrese no seu traballo pa resolver os problemas do Carballiño  q o teñen totalmente abandonado e déixese de reírse da xente e insultar os compañeiros de corporación da oposición e senón o millor será q Po la porta q entrou volva a saír. Un respeto 

por favor

20, Novembro 2023

O outro día nas declaracións que fixo a cope da renuncia de Juan Manuel, estaría ben que falare él, xa que solo se sabe todo de parte do que contan algún dos seus compañeros de partido. Para moitos Juan Manuel está a facer ben o seu traballo , como para presiónalo para que dimita, porque non creo que sea cousa de él. Gustaríamos saber o porque se quiere ir. 

Un saúdo, espero unha entrevista a Juan.

 

19, Novembro 2023

A estrada N-541 continúa acumulando percances automobilísticos. O último accidente dentro do tramo urbano do Carballiño rexistrábase unhos minutos despóis das sete da tarde deste domingo e no mesmo víronse involucrados 3 vehículos, resultando ferida unha persoa que foi trasladada polos servizos sanitarios a urxencias.

Según o relato da Policía Local do Carballiño este accidente de tráfico consistíu "nunha colisión en cadea, na travesia 25 de Xullo ( N-541) cando os vehículos circulaban en sentido Pontevedra, a consecuencia do accidente, estivo cortado un carril de circulación, por espazo de dúas horas, sendo restablecida dúas horas despóis".

A mesma información da Policía Local indica que "ao parecer o primeiro vehículo da cadea se desvia na traxectoria para a súa dereita, e nese preciso intre, foi alcanzado polos outros dous vehículos implicados". Tamén manifesta que "segundo as primeiras investigacións, todo apunta a un despiste dun dos condutores da secuencia, que non se percatou da manobra do primeiro dos vehículos involucrados".

Os danos materiais son de bastante consideración, tendo que ser retirados polos guindastres das compañías de seguros, mentres que o servizo de Grupo municipal de emerxencias do concello do Carballiño fíxose cargo da limpeza da vía.

19, Novembro 2023

Un numeroso grupo de colleiteiros das parroquias de Eiras, San Fiz, Beariz e Anllo, dentro da zona vitivinícola ribeirán do concello de San Amaro ofreceron os seus viños, que os asistentes a esta 2ª Festa do Viño e magosto poideron degustar acompañados de panceta asada e castañas.

Entre os asistentes, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que participou na inauguración desta II Festa do Viño de San Amaro, antes de que tomase a palabra como pregoeiro a Xosé Lois " O Carrabouxo", O presidente provincial, acompañado polo alcalde, Fernando Redondo, felicitou á veciñanza e ao propio equipo de goberno por recuperar unha arraigada tradición de vello como eran as festas organizadas para probar o viño novo, á que se sumou nesta ocasión un magosto popular.

A recadación do evento, descontados os gastos de organización, será destinada por parte do concello de San Amaro á comunidade educativa do colexio de San Amaro, para axudar a financiar actividades escolares.

A celebración desta 2ª Festa do Viño de San Amaro foi motivo para que colleiteiros e o propio alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, recordase que "San Amaro é Ribeiro e quere máis Ribeiro", unha mensaxe directa á Denominación de Orixe Ribeiro, na que reivindican integrarse.

Da animación musical encargouse a discotéca A Gramola no que foi a fin de festa, antes oa asistentes escoitaran e aplaudiran a actuación do cantante galego Antonio Barros.

18, Novembro 2023

O Servicio de Educación e Apoio Familiar da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño informa da posta en marcha da quinta edición do Contacontos Familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres ), e que terá lugar o vindeiro fin de semana.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación dun contacontos da man de Erica González e David Castro: El mismo zapato; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Servizo de Educación e Apoio Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar. A programación dos contacontos levarase a cabo no mes de novembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación:

O Irixo: SALÓN MULTIUSOS DO CONCELLO, Sábado 25 de novembro, ás 16:30H

San Amaro: C.E.I.P EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA,Sábado 25 de novembro, ás 18:30H

Beariz: CENTRO SOCIAL A FORXA (ANTIGA REITORAL)Domingo 26 de novembro, ás 16:30H

Boborás: CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL CHAMOSO LAMAS,Domingo 26 de novembro, ás 18:30H

17, Novembro 2023

A Xunta adxudica por preto de 98.000 euros a obra de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez, tal e como recolle o convenio de cooperación asinado no marco do plan Hurbe o pasado mes de xullo entre a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do concello ribeirán, Francisco Fernández.

O espazo no que se realizará a actuación urbanística está situado preto do Mosteiro de San Clodio, declarado no ano 1981 monumento histórico-artístico, e consistirá, fundamentalmente, na pavimentación das zonas oeste e centro da área. Do mesmo xeito, tamén se renovará o mobiliario urbano por medio da colocación de bancos e papeleiras e, ademais, tamén se establecerá unha zona axardinada co fin de crear un espazo de alameda.

Así mesmo, entre os traballos previstos no proxecto tamén está a eliminación dos contedores soterrados existentes para substituílos por outros convencionais, os cales serán recolocados pretendendo a mellor integración posible na contorna. De igual xeito, co fin de humanizar máis o espazo, transformarase a rampla actual nunha escaleira co obxectivo de evitar o paso de vehículos e executarase un pequeno muro de mampostería. Cómpre lembrar que esta actuación, que conta cun prazo de execución de 2 meses, é a quinta comprometida no Concello de Leiro ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS