
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou as pasadas semanas unha moción para ser debatida no pleno instando ao Concello Á ADQUISICIÓN PARA A SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DAS CASAS REITORAIS ABANDONADAS NO CONCELLO DO IRIXO.
O concello do Irixo, do que forman parte doce parroquias, ten a meirande parte das súas casas reitorais en auténtica ruína como a de San Cosme ou a de Reádegos , Froufe ou Espiñeira; ou en semi-ruína, como a de Dadín, Cangues ou Corneda, esta última dun gran valor artístico e arquitectónico e en continua espoliación. Xa no ano 2002 o concello anunciou publicamente a adquisición da casa reitoral de San Cosme para turismo Rural e así fora reflectido nos medios de comunicación, pero pasados, máis, de 14 anos nada se sabe da compra de ningunha destas casas reitorais que forman parte do noso rico patrimonio, aínda que non sexan propiedade deste Concello.
O Grupo Municipal Socialista, indica que estas accións se poden realizar sen prexuízo de incluír outras casas reitorais, edificacións ou terreos que puideran quedar en desuso como a do Campo, ou en estado de abandono progresivo, pero actualmente de forma mais urxente centrándose claramente na Parroquia de Cangues (Santo Estevo), Parroquia de A Cidá (Santa Mariña), Parroquia de Corneda (Santiago), Parroquia de Dadín (San Pedro), Parroquia de Espiñeira (San Pedro), Parroquia de Froufe (San Xoan), Parroquia de Reádegos (Santa Baia) e Parroquia de San Cosmede de Cusanca (San Cosmede) As casas reitorais do Concello do Irixo, conforman, en gran parte, un conxunto artístico e arquitectónico que merece, sen lugar a dúbidas, a pena ser conservado e posto en valor e uso con múltiples posibilidades.
Debido ao estado destas propiedades, e a que a Igrexa hai xa uns anos que decidiu vender algunhas propiedades en desuso e especialmente as que están en estado ruinoso ou practicamente, como é o caso das anteriores sinaladas, sería moi asumible negociar coas autoridades eclesiásticas para que o Concello do Irixo adquirise a titularidade de todas estas antigas casas reitorais para recuperalas e poñelas en valor. Todas estas casas, algunhas situadas estratexicamente e outras con enormes posibilidades segundo o caso, poderían, despois dun laborioso proceso de restauración, non so albergar espléndidas vivendas de turismo rural ou albergues, que darían un pulo importante ó concello no ámbito laboral e turístico; senón tamén poderían ser convertidas en centros culturais, dotacionais ou municipais que darían servizo social para todos os veciños e veciñas do Irixo.
Xa que logo, poderían ser puntos de ocio e reunión dos veciños de cada unha das parroquias. É, ademais, unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos a este concello, porque non esquezamos que o patrimonio do concello é dos veciños e veciñas de todas as parroquias. Debido ao seu estado de deterioro á inversión inicial non debería ser moi elevada e perfectamente asumible por este concello, sempre e cando se axuste o seu presuposto, dotando unha partida orzamentaria, ou chegado o caso, unha modificación de crédito para acometer a compra despois dunha negociación coas autoridades eclesiásticas.
A rehabilitación de todas estas propiedades, que se iría prolongando no tempo, podería contar con diversas subvencións de distintas administracións e mesmo poderían dar lugar á creación dun obradoiro de emprego, xerado polo propio concello ou en colaboración con outros concellos veciños, o que xeraría traballo e riqueza no concello.
Os socialistas, queren destacar que a negociación para a adquisición destas casas reitorais coas autoridades eclesiásticas, debería incluír espazos ou metros de terreos da Igrexa que sexan necesarios para mellorar as comunicacións ou as infraestruturas do concello. Sirva como exemplo, que coa cesión duns dous ou tres metros na fachada do destro da parroquia do Campo se podería acometer o ancheamento e a urbanización do entorno con beirarrúas, que mellorarían considerablemente o entorno e garantirían a seguridade dos peóns que actualmente circulan pola estrada para desprazarse á igrexa; ao non dispoñer, no entorno da parroquia, de accesos axeitados.
O Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, presentou, hai semanas, para a súa consideración e dada a importancia da conservación e posta en valor deste patrimonio existente no concello, que ademais serviría conxuntamente con outras accións para dinamizar o turismo e a economía do concello, unha moción instado ó Pleno municipal á adopción do seguinte ACORDO: “Que o Concello do Irixo negocie coas autoridades eclesiásticas, sexa o Bispado ou quen ostente a representatividade deste para tales cuestións, a adquisición na fórmula máis vantaxosa, preferiblemente a compra, das casas reitorais existentes no Concello, deshabitadas e en estado de abandono para rehabilitalas coa solicitude das axudas das distintas administracións autonómicas, estatais ou europeas, aproveitando a rehabilitación das mesmas para a creación dun Obradoiro que xere emprego e dinamice a economía do municipio e finalmente destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais, etc. para todos os veciños e veciñas de O Irixo.”

Será ás 11:30 horas deste sábado dia 5 de xullo na Praza Emilia Pardo Bazán do Carballiño, un acto informativo organizado polas distintas plataformas veciñais que estánse mobilizando na comarca contra estes proxecto.
No mesmo acto, poderán asinarse alegacións individuais por parte das persoas que o desexen, e rematará cunha acción reivindicativa e artística na rúa.
Podes escoitar a entrevista a Zósimo Ayubo e Alba Villanueva no PODCAST de COPE O Carballiño, a partir do minuto 63:
https://copecarballino.es/content/mana-na-cope-20

O concelleiro do Partido Popular do concello de San Cristovo de Cea, José Paz Vázquez "O Trapela", de 76 anos de idade faleceu de forma repentina na tarde deste mércores 2 de xullo.
O concelleiro popular encontrábase nunha finca familiar na que estaba ensilando a herba, utilizando un tractor, e momentos antes do suceso declarárase un pequeno lume. José sufríu unha repentina indisposición e desplomouse o chan, e cando chegaron os sanitarios do 061 tan so poideron certificar o seu falecemento.
Os feitos tiveron lugar na localidade de Pobadura, na parroquia de Oseira, onde residía o concelleiro que formou parte da corporación do concello de San cristovo de Cea nos tres ultimos mandatos municipais.

O presidente provincial, Luis Menor, comprometeuse a impulsar a asociación Novo Rural de O Carballiño e O Ribeiro, formada por unha trintena de profesionais do sector dos aloxamentos turísticos nas dúas comarcas citadas. Este compromiso ratificouse durante o encontro no Pazo Provincial coa presidenta e secretaria da entidade, Elena García e Inma Rúa, no marco dos encontros de traballo que o presidente da Deputación mantén con sectores clave para a provincia.
Luis Menor puxo en valor o talento mozo e o relevo xeracional desta asociación, xa que maioritariamente está formada por profesionais novos que revitalizan o sector. Tras escoitar as demandas da asociación, que busca principalmente reforzar a oferta de produtos turísticos durante a tempada baixa, o presidente provincial puxo en valor as “potencialidades turísticas” e os valores “específicos e atractivos” das dúas comarcas, citando os paisaxísticos, gastronómicos, culturais e naturais. “Por iso, imos colaborar con ese desenvolvemento, para a Deputación o turismo é un sector estratéxico”, sinalou.
Pola súa banda, as representantes de Novo Rural valoraron como “moi satisfactoria” a reunión no Pazo Provincial e puxeron en valor a “ilusión” dos que se achegan a coñecer o proxecto e os valores desta asociación.
POR FAVOR, SEÑOR ALCALDE Y DEMÁS GOBERNANTES, PONGANSE LAS PILAS, DEJEN SUS DESPACHOS Y SALGAN A MIRAR COMO ESTÁN DEJANDO LAS ACERAS, ESPACIOS PÚBLICOS, ZONAS COMÚNES, LOS TRABAJADORES QUE USTEDES HAN CONTRATADO, PARA SER LIMPIADOS.
METAFORICAMENTE HABLANDO ESTÁN QUITANDO LA MIERDA Y DEJANDOLA DEBAJO DEL FELPUDO.
CARBALLIÑO Y ALDEAS DE LA COMARCA NUNCA HAN ESTADO TAN ABANDONADAS.

O presidente provincial, Luis Menor, subliñou hoxe a “determinación e a constancia” na posta en valor dun “recurso estratéxico” para a provincia de Ourense como é o termalismo, afirmación que realizou durante a inauguración da primeira piscina termal ao aire libre adaptada e accesible de España na área do Bañiño, proxecto executado a través do Plan de Sustentabilidade Ourense Termal, cofinanciado ademais da Deputación de Ourense pola Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
Menor puxo en valor a “cooperación” como clave para levar a cabo este proxecto termal, destacando a “estreita colaboración” coa Xunta de Galicia, sendo a Deputación de Ourense a que ten máis convenios co goberno autonómico das catro deputacións galegas.
“Non inauguraramos unicamente unha piscina, senón unhas melloras que supoñen un valor engadido para un concello como Punxín e para unha provincia termal como Ourense”, sinalou o presidente provincial, que puxo énfase en que a oferta termal é “grande e espallada, máis alá da capital”.
Ademais, invitou aos asistentes a desfrutar do “refuxio climático extraordinario” que supón a área do Bañiño, así como aproveitar a Alta Velocidade para seguir atraendo visitantes a esta e ao resto de riquezas termais da provincia.
Pola súa banda, o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez, destacou o “esforzo” feito desde o seu concello para poñer en marcha esta área termal durante décadas, desde que comezaron a facer as analíticas necesarias para certificar a zona como augas de aproveitamento lúdico mineromedicinal. “Grazas a cooperación temos as augas do Bañiño e isto seguirá medrando”, indicou.
Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas, destacou a Punxín como “un dos primeiros” de Galicia en adaptarse a lei de aproveitamento lúdico-termal e tamén dos primeiros en acceder ás axudas da Xunta de Galicia para que os concellos termais se adaptaran a esta nova normativa. “Este é un exemplo máis de cooperación institucional a nivel autonómico, provincial e local, a prol do termalismo que temos que explotar de xeito racional”, dixo Fernández Vila.
Visita á nova piscina termal
As autoridades visitaron as obras de mellora da área do Bañiño, nas que a Deputación de Ourense investiu desta volta preto de 37.000 euros, co fin de ofrecer servizos adaptados a persoas con mobilidade reducida e instalar un sistema de tratamento das augas residuais xeradas durante a limpeza das piscinas, mellorando así o compromiso co medio ambiente.
A actuación da piscina termal inclúe tamén a disposición dunha cadeira de rodas feita con materiais plásticos para meter na auga e evitar a súa oxidación, o que permite ao usuario acceder ás pozas con total seguridade.
Unha área con continuas melloras
Esta área, de titularidade municipal, sitúase ao aire libre e conta con autorización de uso lúdico por parte da Xunta de Galicia. Durante o ano 2022 realizáronse obras de acondicionamento, dotando á área termal de servizos e instalacións necesarios para a súa posta en marcha e modernización, melloras que tamén contaron con financiamento da Deputación.
O das raias amarelas funciona distinto de outros sitios. Se vos fixades en que vehículos aparcan veredes que sempre son os mesmos. Os que non estamos autorizados non podemos. Coñezo algún caso de xente que veu unha vez na súa vida, seguro que a primeira e a última, ó Carballiño e levaron receta, así, sen avisar.

Francisco José Fernández Pérez (Cortegada, 1959) revalidou a presidencia do Partido Popular de Leiro no congreso celebrado por esta agrupación local e que contou na clausura co presidente provincial, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas. Un conclave no que Luis Menor puxo ao tamén alcalde e senador popular como exemplo de estabilidade municipal e política, característica que pediulle “exportar” para recuperar en 2027 máis alcaldías e a maioría absoluta na Deputación.
O presidente provincial explicou que con este congreso Francisco José Fernández non só revalida a presidencia da agrupación local, senón que “dálle un novo pulo á unidade e solidez do PP de Leiro”.
O partido, engadiu Luis Menor, é un instrumento para alcanzar o Goberno e así mellorar a calidade de vida da cidadanía, cun programa de actuacións e un equipo de persoas “que leve a cabo o noso modelo de territorio”.
Con todo, dixo Menor, Leiro tamén pode servir de exemplo coa súa estabilidade para sumar máis apoio en calquera convocatoria electoral, “por iso é absolutamente necesario que o partido estea perfectamente organizado”.
Francisco José Fernández, con trinta anos á fronte da alcaldía, agradeceu o apoio dos populares de Leiro e da dirección do partido por seguir confiando na súa persoa para esta nova etapa da agrupación local.
A vida local “é a maior escola da política”, dixo, comprometéndose a continuar traballando polo partido, “o que tamén significa seguir procurando o progreso do concello”.
A recuperación do río Avia o seu paso polo municipio e cuxa presenza marca a paisaxe e a cultura de Leiro é un dos logros dos que máis orgullo sinte o presidente da agrupación local, en tanto significa “apostar polas fortalezas do concello, como tamén polo termalismo ou o sector do viño”. É dicir, engadiu Francisco José Fernández , “ter un programa de obxectivos ben definido, ser rigorosos na xestión, e tender sempre pontes á colaboración con outras administración para o ben da nosa veciñanza”.
Cómo ben di o refrán, as mentiras teñen as patas cortas e neste caso non pode ser mais certo, non hai citas ata o xoves,( por moito que alguns se empeñen en intentar ocultar a realidade, con capturas de pantallas de a saber onde ! Ou citas de enfermería, que adoitan ter maior disponibilidade ) como ben se pode observar na segunda imaxen, onde ben se pode apreciar que e en Boboras.
As cousas non son perfectas, nin en Boboras nin na maioría dos sitios.
E digo Eu se as raias amarelas neste pobo non significan o mesmo ca nos otros pocos, por q cando as poñen será por algún motivo, digo Eu, pero non se respetan coma en otros pocos.
Os coches aparcan igual, e claro, como no os multan fano cada día e volvo decir Eu q están pintadas por algún motivo...
A verdade è q chama monto a atención ver un coche o varios en raia amarela ... en fin así anda todo neste pobo..