8, Marzo 2016

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou as pasadas semanas unha moción para ser debatida no pleno instando ao Concello Á ADQUISICIÓN PARA A SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DAS CASAS REITORAIS ABANDONADAS NO CONCELLO DO IRIXO.

O concello do Irixo, do que forman parte doce parroquias, ten a meirande parte das súas casas reitorais en auténtica ruína como a de San Cosme ou a de Reádegos , Froufe ou Espiñeira; ou en semi-ruína, como a de Dadín, Cangues ou Corneda, esta última dun gran valor artístico e arquitectónico e en continua espoliación. Xa no ano 2002 o concello anunciou publicamente a adquisición da casa reitoral de San Cosme para turismo Rural e así fora reflectido nos medios de comunicación, pero pasados, máis, de 14 anos nada se sabe da compra de ningunha destas casas reitorais que forman parte do noso rico patrimonio, aínda que non sexan propiedade deste Concello.

O Grupo Municipal Socialista, indica que estas accións se poden realizar sen prexuízo de incluír outras casas reitorais, edificacións ou terreos que puideran quedar en desuso como a do Campo, ou en estado de abandono progresivo, pero actualmente de forma mais urxente centrándose claramente na Parroquia de Cangues (Santo Estevo), Parroquia de A Cidá (Santa Mariña), Parroquia de Corneda (Santiago), Parroquia de Dadín (San Pedro), Parroquia de Espiñeira (San Pedro), Parroquia de Froufe (San Xoan), Parroquia de Reádegos (Santa Baia) e Parroquia de San Cosmede de Cusanca (San Cosmede) As casas reitorais do Concello do Irixo, conforman, en gran parte, un conxunto artístico e arquitectónico que merece, sen lugar a dúbidas, a pena ser conservado e posto en valor e uso con múltiples posibilidades.

Debido ao estado destas propiedades, e a que a Igrexa hai xa uns anos que decidiu vender algunhas propiedades en desuso e especialmente as que están en estado ruinoso ou practicamente, como é o caso das anteriores sinaladas, sería moi asumible negociar coas autoridades eclesiásticas para que o Concello do Irixo adquirise a titularidade de todas estas antigas casas reitorais para recuperalas e poñelas en valor. Todas estas casas, algunhas situadas estratexicamente e outras con enormes posibilidades segundo o caso, poderían, despois dun laborioso proceso de restauración, non so albergar espléndidas vivendas de turismo rural ou albergues, que darían un pulo importante ó concello no ámbito laboral e turístico; senón tamén poderían ser convertidas en centros culturais, dotacionais ou municipais que darían servizo social para todos os veciños e veciñas do Irixo.

Xa que logo, poderían ser puntos de ocio e reunión dos veciños de cada unha das parroquias. É, ademais, unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos a este concello, porque non esquezamos que o patrimonio do concello é dos veciños e veciñas de todas as parroquias. Debido ao seu estado de deterioro á inversión inicial non debería ser moi elevada e perfectamente asumible por este concello, sempre e cando se axuste o seu presuposto, dotando unha partida orzamentaria, ou chegado o caso, unha modificación de crédito para acometer a compra despois dunha negociación coas autoridades eclesiásticas.

A rehabilitación de todas estas propiedades, que se iría prolongando no tempo, podería contar con diversas subvencións de distintas administracións e mesmo poderían dar lugar á creación dun obradoiro de emprego, xerado polo propio concello ou en colaboración con outros concellos veciños, o que xeraría traballo e riqueza no concello.

Os socialistas, queren destacar que a negociación para a adquisición destas casas reitorais coas autoridades eclesiásticas, debería incluír espazos ou metros de terreos da Igrexa que sexan necesarios para mellorar as comunicacións ou as infraestruturas do concello. Sirva como exemplo, que coa cesión duns dous ou tres metros na fachada do destro da parroquia do Campo se podería acometer o ancheamento e a urbanización do entorno con beirarrúas, que mellorarían considerablemente o entorno e garantirían a seguridade dos peóns que actualmente circulan pola estrada para desprazarse á igrexa; ao non dispoñer, no entorno da parroquia, de accesos axeitados.

O Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, presentou, hai semanas, para a súa consideración e dada a importancia da conservación e posta en valor deste patrimonio existente no concello, que ademais serviría conxuntamente con outras accións para dinamizar o turismo e a economía do concello, unha moción instado ó Pleno municipal á adopción do seguinte ACORDO: “Que o Concello do Irixo negocie coas autoridades eclesiásticas, sexa o Bispado ou quen ostente a representatividade deste para tales cuestións, a adquisición na fórmula máis vantaxosa, preferiblemente a compra, das casas reitorais existentes no Concello, deshabitadas e en estado de abandono para rehabilitalas coa solicitude das axudas das distintas administracións autonómicas, estatais ou europeas, aproveitando a rehabilitación das mesmas para a creación dun Obradoiro que xere emprego e dinamice a economía do municipio e finalmente destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais, etc. para todos os veciños e veciñas de O Irixo.”

4, Setembro 2025

Para cuando vais arreglar el campo de futbol? Para cuando alguna subvención para que puedan jugar en condiciones,es vergonzoso la chapuza que hay en ese campo,tanto que apoyan al equipo femenino porque no al masculino que os pasean el escudo del concello y no les ayudáis absolutamente nada,está bien que se hable de ellos porque es una tremenda vergüenza lo mal cuidado que está el campo,y lo olvidados que están….

Haber si esto lo ve quien tiene que verlo porque ya son horas de que por lo menos hagan algo porque me da a mi que solo miráis para un lado y estáis más pendientes de derrochar dinero en excursiones y tonterías en vez de hacer lo que tenéis que hacer,no os pedimos una piscina como hizo la señora Patricia torres en Boborás pero por lo menos unas instalaciones como dios manda.

Mucho os pasean el escudito del concello y vosotros ni una mano les echáis. ESTE CONCELLO SE VA AL PIQUE Y NO FUE TODO CULPA DE SUSANA IGLESIAS POR LO VISTO !!!!!

4, Setembro 2025

Este cruceiro, situado ao lado da casa dos veciños de Señorín, leva xa máis de dous anos neste estado. A anterior concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, indicara nunha entrevista na radio que pediran permisos a Patrimonio, máis non se volveu saber deste tema e o cruceiro continúa neste lamentable estado.
Sería desexable a súa limpeza no menor tempo posible, a fin de mostrar unha imaxe decente do patrimonio etnográfico do noso concello.

3, Setembro 2025

O Carballiño prepárase para celebrar as festas na honra do seu patrón, San Cibrao. A celebración, como é habitual, porá o broche de ouro á extensa programación lúdica e cultural do verán carballiñés. Os festexos na honra de San Cibrao comezan o venres 12 de setembro, ata o venres 19, e inclúen citas musicais, lúdicas, deportivas e culturais.

A comisión de festas destaca a variedade de propostas, pensadas para poboación “de todas as idades”. Neste sentido, os organizadores convidan á veciñanza a asistir e colaborar coa celebración coa compra do libro festivo. De feito, será posible adquirir exemplares na oficina de recadación do Concello e na oficina de Turismo. Ademais, a comisión percorrerá diversos puntos da vila nos próximos días, como este domingo na Praza Maior.

O libro de man das festas inclúe un artigo do xornalista, escritor e presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez Calvo, ilustrado con fotografías de José Luis Diz representativas do patrimonio cultural, termal, natural e gastronómico do Carballiño. Trátase de poñer en valor, a través de imaxes simbólicas, diversos aspectos deste legado que é preciso preservar. Esta publicación permite reivindicar estas partes esenciais da historia da vila e serve como modelo de proxección de cara ao futuro, sobre todo no referido ao desenvolvemento turístico. Así, nesta galería de imaxes comentadas con textos breves recóllese o Templo da Veracruz, o Gran Balneario, o Parque Municipal, o Museo das Lousas, Emilia Pardo Bazán, a fonte do Concello ou a elaboración da tapa xigante de polbo, entre outras fotografías. O libro tamén inclúe un texto do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández sobre a fotógrafa Lola Veleiro e a súas numerosas imaxes sobre a vila. O fotógrafo José Luis Diz foi o encargado de realizar o cartel das festas patronais.

Música para todos os gustos: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e grandes orquestras como Panorama ou Combo Dominicano

Os festexos comezan o venres 12 coa inauguración do alumeado e coa última cita do ciclo musical “Feito no Carballiño”. Sobre o escenario da Praza Maior actuarán a partir das 20,00 horas Five Pipers, Susi Q’s e Os Kambotes. Ás 00,00 horas arrancará a Festa da Xuventude na rúa Faustino Santalices, coa participación de Malenne e de DJ Valeiras.

O sábado 13, a oferta inclúe Festa Infantil de Olimpíadas con DJ Tibu, ás 17,00 horas na Praza Emilia Pardo Bazán. A continuación actuará a Charanga CLK, quen deixará paso a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, unha das agrupacións galegas máis importantes no panorama nacional e internacional. O concerto, no que presentarán o seu último álbum, “Axúdame a sentir”, arranca ás 20,30 horas na Praza Maior. Festicultores Troupe ambientarán a noite co seu espectáculo, que terá dous pases, o primeiro ás 23,00 horas e o segundo, ás 00,30 horas. A Praza da Veracruz acollerá un espectáculo piromusical ás 00,00 horas.

Xa o domingo 14, a Banda de Música A Lira de Ribadavia actuará na Praza da Veracruz ás 13,15 horas. Os concertos proseguen coa Charanga Dr.Anchoa, que ambientará a Praza Juan Corral Paxariño desde ás 19,00 horas. Xa pola noite, actuará a Orquestra Florida, con dous pases na Praza Maior, o primeiro ás 20,30 horas e o segundo, ás 23,00 horas.

O luns15, a veciñanza desfrutará da Orquestra Nueva Fuerza (Praza Maior, ás 19,30 horas) e do espectáculo da Orquestra Panorama, unha das máis recoñecidas en Galicia e no resto de España. O seu concerto comezará ás 00,00 horas, na Praza da Veracruz.

O martes 16, os festexos continúan con música para todos os gustos. Arranca a xornada o grupo “Os serandeiros” na feira e continúa a orquestra Combo Dominicano co seu espectáculo na Veracruz. Haberá dous pases, o primeiro ás 21,00 horas e o segundo, ás 01,00 horas. O martes tamén haberá a gran tirada de fogo fixo e voador (a entrada no Parque Municipal é a partir das 23,00 horas). Ademais, na Praza Maior actuará Broken Peach a partir das 23,30 horas.

O mércores 17, dia festivo de carácter local no municipio do Carballiño, a Charanga Castrobello porá a nota musical matutina. Ás 11,00 horas terá lugar no Templo da Veracruz a misa solemne na honra de San Cibrán, patrón do Carballiño. A agrupación musical de Boborás actuará ás 13,15 horas na Praza da Veracruz; pola tarde será o espectáculo da Escola de Música Pulpo Beats na Praza Maior, ás 18,00 horas, e ás 19,30 horas a Orquestra Galilea dará un concerto na Praza Maior.

O xoves 18 celebrarase o Día do neno nas atraccións, con descontos especiais para as familias.

Xa o venres 19 levarase a cabo a gran romaría da Saleta. 

A comisión tamén destaca o resto de actividades durante o mes de setembro.

Así, a poboación tamén poderá desfrutar de citas como o partido de fútbol Arenteiro-Unionistas de Salamanca (domingo 7); a Feira-Festa da Pepa Loba (días 5,6 e 7 de setembro); o tradicional Memorial José Luis Blanco Concentración de Coches Históricos (sábado 13); o Arenteiro Fotográfico impulsado pola asociación O Potiños (13 de setembro-26 de outubro); cine co Cineclube Carballiño (días 18 e 19), e a 42º edición do Festival Galaico Portugués de Música (día 27).

3, Setembro 2025

Últimamente vemos cómo desde las redes sociales de Xuntos Polo Irixo se dedican a mostrar una especie de agradecimiento público hacia los vecinos del Concello, que para mí es únicamente propaganda barata. 

Me voy a centrar en las dos últimas publicaciones y analizar por encima sus propias contradicciones ya que me parece que ya está bien y se les ve el plumero.

En su penultima publicación (subiré una captura para que lo leais), pero resumiendo ell@s demandan a las instituciones municipales (Concello): "un trato imparcial, transparente e equitativo, que faga posible que todas as asociacións, colectivos e persoas poidan desenvolver iniciativas para dinamizar a vida social do irixo". 

En su última publicación dan las gracias al equipo de los Toxos D´ouro por todo el trabajo que realizan en el concello que yo también soy consciente de ello y valoro las actividades deportivas que realizan en O Irixo. Tanto como para en futbol femenino, como para los niñ@s. Puedo criticar que el equipo no lleva el escudo de O Irixo en sus camisetas.....

Sin embargo, existen otros dos equipos en O Irixo que son:  

  • CD. O Irixo masculino, federado en tercera regional.
  • CD. O Irixo veteranos, que también participa activamente en competiciones.

Ambos equipos realizan actividades deportivas en O Irixo, llevan el escudo de O Irixo por toda la provincia. Y, sin embargo, son completamente ignorados en sus publicaciones!!

Entonces, donde queda ese "trato imparcial, transparente y equitativo" del que tanto hablan? hay alguna razón por las que no cuentan ustedes con estes dos equipos? no son igual de importantes o acaso hay algún motivo ajeno a lo que es el propio deporte para dejarlos fuera?

Luego hablan de parcial y equitativo. ¡¡Pues aplíquenlo ustedes mismos!!

Esto es una crítica al partido de xuntos y por lo tanto a su portavoz (no a asociaiciones u equipos) , ya que un partido político tiene que velar e impulsar una y cada una de las asociaciones, equipos etc del concello y no solo a unos pocos o a los que a estes les interesan. Si hablan así desde la oposición, no lo quiero ver desde el gobierno (los datos estan ahí)...

2, Setembro 2025

O Concello do Carballiño colabora na oitava edición do Arenteiro Fotográfico, un dos festivais de imaxe imprescindibles do panorama cultural galego. A mostra, impulsada desde a asociación fotográfica O Potiños, comeza o próximo sábado 13 de setembro e inclúe 17 exposicións colectivas e individuais.

O público poderá desfrutar das exhibicións ata o 26 de outubro, día de clausura do festival. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, pon en valor o papel da asociación O Potiños na súa defensa da cultura e do arte desde O Carballiño.

“Co esforzo de todos e todas, o que un día comezou como un evento dun colectivo do Carballiño converteuse nun dos grandes referentes de fotografía a nivel nacional”, apuntou o edil durante a presentación desta mañá do festival. Nesa liña, recordou o apoio constante do Concello ao Arenteiro Fotográfico, algo que o propio presidente de O Potiños, Manuel Blanco, lle agradeceu. “Este ano quedámonos sen o local no que realizábamos as exposicións, buscamos moito e Diego axudounos moito para atopar unha solución, que foi trasladarnos ao Auditorio Manuel María”, detallou o presidente.

Manuel Blanco detallou a programación do festival, que este ano inclúe unha cita moi especial: a masterclass do fotoxornalista Gervasio Sánchez, recoñecido a nivel mundial e gañador, entre outros galardóns, do Premio Nacional de Fotografía en 2008. As súas fotografías da guerra dos Balcáns, da realidade de países en conflito en América Latina, África ou Asia forman parte do imaxinario colectivo. O fotoxornalista impartirá a clase o 11 de outubro ás 17,00 horas, na Casa da Cultura. “Ía vir o ano da pandemia e non foi posible, pero conseguimos que viñese este año, creo que vai ser un punto cenital do Arenteiro Fotográfico esta masterclass”, explicou Blanco.

O acceso é libre ata completar aforo, polo que O Potiños abrirá un listado de inscrición nas próximas semanas para aquelas persoas interesadas. O día 13, na inauguración da mostra, levarase a cabo a entrega de premios do Concurso Libre 2025, no que participaron preto de 200 fotografías de toda España, o que dá conta da proxección nacional crecente do Arenteiro Fotográfico. O primeiro premio é para Luis María Barrio, o segundo para Javier Arcenillas, e o terceiro para Mario Matías Pereda. “O fallo do xurado xa o dimos a coñecer, pero agora faremos o acto de entrega e, ademais, as fotografías estarán expostas para que o público as vexa”, avanzou Blanco.

Ao acto de presentación tamén acudiron Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional, e Noelia Mares, xerente do Carballiño CCA. Ambas entidades tamén colaboran nesta oitava edición do Arenteiro Fotográfico. O concelleiro de Cultura aproveitou a ocasión para lanzar unha invitación aberta á toda a poboación: “Convidamos á veciñanza do resto da provincia e de Galicia a que veña ao Carballiño a desfrutar da fotografía e da nosa vila”.

2, Setembro 2025

Logo dirán os de RENFE que non hai trens para aumentar as frecuencias entre O Carballiño e Ourense pero ahí deixan abandonados catro trens que ven podían ser utilizados para o servizo. O resultado despois de so un mes sen vixilancia salta á vista. Totalmente grafiteados e vandalizados. Outra forma de precarizar o servizo ata a súa desaparición. Moi mal por parte de RENFE.

1, Setembro 2025

Ari Quintas, Clara Vázquez e Victor Tato, presentan a 29ª edición da Feira-Festa da Pepa Loba, a celebrarse dos próximos venres 5 ao domingo 7 deste mes de setembro no que andamos.

Este ano está dedicada ás queixeiras e queixeiros, baixo a organización da asociación cultural Pepa Loba, con sede no barrio de Flores, que será tamén como acontece cada ano o escenario para a súa celebración.

No audio podes escoitar a programación de actividades prevista para os 3 dias.

31, Agosto 2025

Festas vai haber. A Panorama seica ven o luns, e o Combo o martes. Todavia non se anunciou porque os que o teñen que facer me parece que estan de vacacions.

31, Agosto 2025

Si o que pretendía o alcalde de Leiro era a publicidade a Festa da Vendima, conseguíuna con creces. Están as redes sociais que botan fume, pero para boicotealas, pola vergoña, por indignidade para o pobo de Leiro, por este pregoeiro, sr. Tellado,  mamporrero político e moral, anunciado no cartel como único mérito ser secretario xeral do Partido Popular. Unha apropiación política escandalosa do PP desta festa.

Quedamos á espera do show, e, ao final, supoño que pedirá unhas xestas para ir a acabar de apagar o lume de Carballeda e darnos outra lección maxistral ao estilo "manguerita" de Feijoo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS