8, Marzo 2016

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou as pasadas semanas unha moción para ser debatida no pleno instando ao Concello Á ADQUISICIÓN PARA A SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DAS CASAS REITORAIS ABANDONADAS NO CONCELLO DO IRIXO.

O concello do Irixo, do que forman parte doce parroquias, ten a meirande parte das súas casas reitorais en auténtica ruína como a de San Cosme ou a de Reádegos , Froufe ou Espiñeira; ou en semi-ruína, como a de Dadín, Cangues ou Corneda, esta última dun gran valor artístico e arquitectónico e en continua espoliación. Xa no ano 2002 o concello anunciou publicamente a adquisición da casa reitoral de San Cosme para turismo Rural e así fora reflectido nos medios de comunicación, pero pasados, máis, de 14 anos nada se sabe da compra de ningunha destas casas reitorais que forman parte do noso rico patrimonio, aínda que non sexan propiedade deste Concello.

O Grupo Municipal Socialista, indica que estas accións se poden realizar sen prexuízo de incluír outras casas reitorais, edificacións ou terreos que puideran quedar en desuso como a do Campo, ou en estado de abandono progresivo, pero actualmente de forma mais urxente centrándose claramente na Parroquia de Cangues (Santo Estevo), Parroquia de A Cidá (Santa Mariña), Parroquia de Corneda (Santiago), Parroquia de Dadín (San Pedro), Parroquia de Espiñeira (San Pedro), Parroquia de Froufe (San Xoan), Parroquia de Reádegos (Santa Baia) e Parroquia de San Cosmede de Cusanca (San Cosmede) As casas reitorais do Concello do Irixo, conforman, en gran parte, un conxunto artístico e arquitectónico que merece, sen lugar a dúbidas, a pena ser conservado e posto en valor e uso con múltiples posibilidades.

Debido ao estado destas propiedades, e a que a Igrexa hai xa uns anos que decidiu vender algunhas propiedades en desuso e especialmente as que están en estado ruinoso ou practicamente, como é o caso das anteriores sinaladas, sería moi asumible negociar coas autoridades eclesiásticas para que o Concello do Irixo adquirise a titularidade de todas estas antigas casas reitorais para recuperalas e poñelas en valor. Todas estas casas, algunhas situadas estratexicamente e outras con enormes posibilidades segundo o caso, poderían, despois dun laborioso proceso de restauración, non so albergar espléndidas vivendas de turismo rural ou albergues, que darían un pulo importante ó concello no ámbito laboral e turístico; senón tamén poderían ser convertidas en centros culturais, dotacionais ou municipais que darían servizo social para todos os veciños e veciñas do Irixo.

Xa que logo, poderían ser puntos de ocio e reunión dos veciños de cada unha das parroquias. É, ademais, unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos a este concello, porque non esquezamos que o patrimonio do concello é dos veciños e veciñas de todas as parroquias. Debido ao seu estado de deterioro á inversión inicial non debería ser moi elevada e perfectamente asumible por este concello, sempre e cando se axuste o seu presuposto, dotando unha partida orzamentaria, ou chegado o caso, unha modificación de crédito para acometer a compra despois dunha negociación coas autoridades eclesiásticas.

A rehabilitación de todas estas propiedades, que se iría prolongando no tempo, podería contar con diversas subvencións de distintas administracións e mesmo poderían dar lugar á creación dun obradoiro de emprego, xerado polo propio concello ou en colaboración con outros concellos veciños, o que xeraría traballo e riqueza no concello.

Os socialistas, queren destacar que a negociación para a adquisición destas casas reitorais coas autoridades eclesiásticas, debería incluír espazos ou metros de terreos da Igrexa que sexan necesarios para mellorar as comunicacións ou as infraestruturas do concello. Sirva como exemplo, que coa cesión duns dous ou tres metros na fachada do destro da parroquia do Campo se podería acometer o ancheamento e a urbanización do entorno con beirarrúas, que mellorarían considerablemente o entorno e garantirían a seguridade dos peóns que actualmente circulan pola estrada para desprazarse á igrexa; ao non dispoñer, no entorno da parroquia, de accesos axeitados.

O Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, presentou, hai semanas, para a súa consideración e dada a importancia da conservación e posta en valor deste patrimonio existente no concello, que ademais serviría conxuntamente con outras accións para dinamizar o turismo e a economía do concello, unha moción instado ó Pleno municipal á adopción do seguinte ACORDO: “Que o Concello do Irixo negocie coas autoridades eclesiásticas, sexa o Bispado ou quen ostente a representatividade deste para tales cuestións, a adquisición na fórmula máis vantaxosa, preferiblemente a compra, das casas reitorais existentes no Concello, deshabitadas e en estado de abandono para rehabilitalas coa solicitude das axudas das distintas administracións autonómicas, estatais ou europeas, aproveitando a rehabilitación das mesmas para a creación dun Obradoiro que xere emprego e dinamice a economía do municipio e finalmente destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais, etc. para todos os veciños e veciñas de O Irixo.”

6, Xuño 2025

Na tertulia deste venres dia 6 de xuño participaban nos estudos de COPE O Carballiño Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e José Antonio Barge, xunto a Xan Pinal, e a participación da audiencia. Escóitaa aquí:

5, Xuño 2025

Saía estos días o das obras na 25 de xullo nos medios. Todo o que se faga benvido sexa. Pero non se entende facer a rua a cachos. Nos titulares liase que as obras ían da rotonda da Fontela a da casa Azul. Non é certo, algún medio si reflexaba o punto quilométrico exacto de comezo, que é o 25.450 (un pouco antes do paso de peóns do edificio Fraguas). Non se entende que non se faga dende a rotonda da Fontela, máis cando a estrada é de titularidade estatal e é o ministerio quen paga. Resulta que van elevar os pasos de peóns para gañar en seguridade, é non lles importa deixar o último paso de peóns sen elevar que moitisima xente emprega para ir o Gadis e por riba é onde máis rápido van os coches, tempo o tempo na vindeira desgraza. O Mercadona seica lle van facer un paso de peóns para cruzar, xa non había suficientes atrancos e retencións nese punto co que mondaron para entrar e sair da praza da estación e agora outro máis. De paso podían facer un muro de formigon a altura da entrada de vehículos do Mercadona, porque a liña continua seguese a pasar por onde lle peta a cadaquen. O enxeneiro ou a forma de pensar debe ser o mesmo ca rua Ourense, co tramo da vergonza entre a rotonda da Fontela e a minirotonda do Alcampo. Xa non dígo nada entre a rotonda do Recar e Otero Pedrayo. Aquí hai cidadans de primeira e outros de segundo. Non se explica doutro xeito. Saudos.

4, Xuño 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que se afondou nas vías de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas rurais.

En concreto, na reunión, que se celebrou na sede da Delegación Territorial en Ourense, abordáronse proxectos vinculados a mellorar os camiños rurais e á posta en valor de espazos públicos. Tamén se lembraron as actuacións, xa executadas, na aldea modelo de Penedo, situada neste municipio. Así mesmo, reforzouse a colaboración en materia de defensa do monte e loita contra os incendios forestais.

4, Xuño 2025

O alcalde de Piñor, José Luis González, confirmou en COPE O Carballiño que o cantante Julio Iglesias sería o comprador da casa que construíra no seu dia no lugar de Vilariño o exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas.

Escoita aquí a entrevista:

4, Xuño 2025

Eu votei ó PSOE nas pasadas eleccións e non foi para que lle regalen a alcaldía ó PP. 

 

3, Xuño 2025

Non, señor Adolfo Nogueira, á cidadanía do Carballiño non lle preocupa o mais mínimo ese presunto transfuguismo do señor alcalde, á cidadanía preocúpalle o emprego,  a calidade da sanidade pública e do ensino público, o transporte público, os servizos sociais , o medio ambiente....aqueloutro tema é teimosía súa e do seu partido "de agora"...Deixen traballar e traballen tamén vostedes, sexan constructivos, colaboren e deixen de intrigar.

3, Xuño 2025

José Luis González Rodríguez (Piñor, 1967) liderará unha nova etapa do Partido Popular de Piñor, logo de ser elixido presidente desta agrupación local nun congreso no que prometeu “levar o PP ao máis alto con moito traballo, ilusión e unidade”, palabras que celebrou o presidente provincial popular, Luis Menor, que tamén participou no congreso xunto á secretaria xeral, Sandra Quintas.

O tamén alcalde José Luis González destacou que para lograr “grandes vitorias” contará cun equipo de persoas moi válidas “e coas que traballarei coa máxima coordinación e colaboración”. O xa presidente da agrupación local apuntou que o labor político que van realizar desde Piñor ten unha repercusión aínda máis grande, pois “todo ese esforzo debe ter como fin achegar a forza popular de Piñor a todo o PP”, sexa en tanto en Galicia como en España e por suposto nas próximas municipais, “para que o Partido Popular goberne con maioría absoluta: sabémolo facer”.

Pola súa banda, o presidente provincial puxo en valor a celebración destes congresos locais, necesarios para “activar o partido e alcanzar as maiorías que nos permitan gobernar, desenvolvendo o nosos proxecto político”. Así, Luis Menor asegurou que confía en que Piñor “vai ser moi importante para conseguir a maioría absoluta na Deputación”. O líder dos populares ourensáns felicitou á militancia e simpatizantes do PP por ter un presidente local, e á veciñanza por ter un alcalde “que transmite ilusión e convicción á hora de formular proxectos para resolver as necesidades da veciñanza”. 

1, Xuño 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou este pasado sábado a praza de abastos do Carballiño no marco da celebración da campaña Quere o teu mercado, unha iniciativa internacional á que Galicia sumouse en máis de 60 mercados de toda a Comunidade como parte do compromiso estratéxico da Xunta co fortalecemento das prazas de abastos como espazos fundamentais do comercio de proximidade e elementos vertebradores do territorio.

José González destacou que a praza do Carballiño é un exemplo do potencial que teñen estes espazos cando contan co apoio e impulso necesarios de todas as administracións implicadas. Este mercado recibiu en 2024 unha axuda para a diagnose e, este ano, dispón dunha achega próxima aos 53.000 euros para avanzar no proxecto técnico e na execución das melloras estéticas e funcionais.

Durante a visita, o conselleiro puxo en valor a importancia desta campaña que contribúe a dar visibilidade aos mercados, atraer novo público consumidor e promover o produto galego de calidade. Destacou que as prazas de abastos non son só espazos de venda, senón tamén lugares de encontro e parte esencial da identidade dos municipios galegos. Nese sentido, salientou o traballo que está a realizar a Xunta a través do Plan estratéxico de comercio de Galicia, con actuacións específicas como o pulo ao selo Mercados Excelentes ou a futura iniciativa Prato de mercado que promoverá sinerxías cos mellores restaurantes das súas contornas.

A edición deste ano de Quere o teu mercado conta coa participación de 63 prazas de abastos localizadas en 52 concellos de toda Galicia, entre eles catro da provincia de Ourense —O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Ribadavia e Ourense—, que suman arredor de 2.550 praceiras e praceiros implicados. Ao longo desta xornada, a Xunta distribuirá máis de 4.300 mandís e 18.250 bolsas de algodón nos mercados participantes. Ademais, desenvolveranse diferentes actividades de dinamización como showcookings, actuacións musicais, sorteos de cestas de produtos, obradoiros infantís e concursos de debuxo, contribuíndo así a crear un ambiente atractivo e participativo.

1, Xuño 2025

Fernando Redondo (San Amaro, 1977) é o novo presidente do Partido Popular en San Amaro, como así referendou a militancia que participou no congreso desta agrupación local. Unha nova etapa, dixo o tamén alcalde, na que pretende que a agrupación popular “dun concello pequeno do rural como este contribúa a seguir facendo máis grande o PP”.

No congreso local, Fernando Redondo estivo acompañado polo presidente provincial, Luis Menor, e a vicepresidenta Marta Novoa, así como por un numeroso grupo de simpatizantes e alcaldes e portavoces de toda a comarca.

Redondo marcouse como obxectivos “seguir traballando para mellorar o concello e estar sempre a disposición da veciñanza”. Para este fin afirmou contar cun gran equipo ao que lle pediu “facer pobo, facer concello e facer provincia desde o partido para que a xente se sinta orgullosa de San Amaro”. O xa presidente local tamén tivo un emotivo recoñecemento público para o seu predecesor, Ernesto Pérez, ao que agradeceu que lle invitase a participar na vida política local e os seus consellos”.

“Ernesto Pérez fixo unha gran transición buscando a renovación e elixindo ao mellor sucesor”, dixo pola súa banda o presidente provincial, que puxo en valor o traballo de Fernando Redondo por unha política baseada en “ideas en positivo e poñendo moita ilusión na mellora do pobo”.

Os congresos locais, destacou Luis Menor, serven para “avaliar, organizar e proxectar o partido”, labor importante cando se cumpre o ecuador do mandato municipal”. Por esta mesma razón e comprobando o traballo feito, subliñou o líder dos populares ourensáns, “no 2027 Fernando Redondo revalidará a maioría que lle permite dar a San Amaro a estabilidade de goberno que merece”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS