Éxito de participación no Cross Popular e Canicros de Boborás

18, Xaneiro 2015

Nunha mañá de duro e puro tempo invernal, preto de 400 atletas desafiaron á meteoroloxía para convertir nun novo éxito de particpación estas probas deportivas organizadas polo concello de Boborás na matinal deste domingo 18 de Xaneiro.

O cross popular de Boborás chegaba este ano a súa 15ª edición, e o gañador na categoria absoluta foi o atléta ourensano Javier Paredes.

O vencedor absoluto na competición senior de canicros foi Victor Conejo, do Club Deportivo San Paio, de Santiago de Compostela.