10 de Xaneiro: O Carballiño acumula 25 casos de coronavirus, o resto dos concellos suman 12 contaxios activos

10, Xaneiro 2021

O Carballiño continúa a perigosa tendencia á alza dende que comezou o ano e chega hoxe domingo dia 10 d Xaneiro aos 25 contaxios activos de Covid-19, son 2 máis que onte.

Nos demáis municipios da comarca non se producen variacións nas últimas 24 horas, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan Beariz, Maside e San Amaro.