11 de Xaneiro: O coronavirus continúa a escalada no Carballiño e alcanza os 32 contaxios activos

11, Xaneiro 2021

Continúan aumentado os casos de coronavirus no Carballliño, sube en todos os indicadores. En canto a contaxios activos, aumenta en 7 casos na últimas 24 horas, pasado dos 25 de onte aos 32 que notifica hoxe o Sergas no municipio carballiñés. Evidentemente, tamén aumenta a incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 29 novos contaxios dende o pasado 28 de Decembro.

Nos demáis concellos, de momento, non hai variacións na situación epidemiolóxica, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan outro dias máis Maside, San Amaro e Beariz.