15 de Novembro: A comarca rexistra 54 persoas enfermas de Covid, delas 32 no Carballiño. San Amaro queda libre de virus e Maside e Punxín están a un paso, con un único caso.

15, Novembro 2020

Os datos deste domingo 15 de Novembro continúan reflectindo o paulatino descenso de contaxios activos na comarca carballiñesa, na que o  concello de San Amaro consigue hoxe quedar libre de virus, tras a alta médica da única persoa que estaba pasando a enfermidade neste municipio. Ademáis, a un paso de quedar libre de virus están Maside (1) e Punxín (1).

Con 2 casos activos figura o concello de Beariz, e con 3 están O Irixo e San Cristovo de Cea. Con 5 casos encóntraxe Piñor e con 7 o concello de Boborás. Finalmente, a capitalidade comarcal, O Carballiño rexistra 32 contaxios activos según este último informe de Sanidade.