15 persoas son desaloxadas dun edificio no Carballiño tras rexistrarse un incendio no 3º piso

24, Novembro 2011

Os feitos ocurriron de madrugada no edificio Medela, sito no número 17 da Avenida de Pontevedra, dentro do casco urbano do Carballiño. As 04,26 horas recibíuse unha chamada na central de emerxencias e de inmediato ao lugar do sinistro acudiron os efectivos do GRUMIR do Carballiño, Policia Local e 061.

 Procedeuse ao desaloxo de 15 persoas, aínda que con algunhas dificultades debido a existencia de fume nas escaleiras, Afortunadamente, desta vez, non houbo que lamentar feridos e todas as persoas residentes no edificio poideron ser desaloxadas sen incidentes reseñables. Ás 04,46 o lume estaba controlado e as 06,28 horas da madrugada,  tras refrixerar con auga o piso afectado polo incendio, o operativo deuse por rematado. Os veciños poideron regresar ás súas vivendas e tán só foi necesario reubicar a 4 persoas.