150 décimos do 92.202, un dos quintos premios da loteria do nadal, repartidos entre clientes do Bar Pascuas de Cea

22, Decembro 2011

A loteria do nadal repartiu 900.000 euros entre os clientes do Bar Pascuas de Cea, no que se venderon 150 décimos do número 92.202, un dos quintos premios da tradicional loteria de nadal.

 Os décimos foron adquiridos na admistracción de loterias de O Barco de Valdeorras, e posteriormente vendidos entre a clientela do Bar, na súa gran maioria veciños do Concello de San Cristovo de Cea. Cada décimo obtén un premio de 6.000 euros, nada máis coñecerse a noticia xa comezou a celebración entre moitos dos afortunados no Bar Pascuas.