17 de Setembro: O Carballiño celebra o dia do Patrón San Cibrán, con procesión, concerto, charangas, festa infantil, concurso de chave e verbena coas orquestras Pontevedra e Panorama

16, Setembro 2019

Dia festivo de carácter local no municipio do Carballiño, como cada 17 de Setembro celebrando a festividade do patrón San Cibrán, que sairá en procesión ás 11:30 da mañá dende o Templo da Veracruz, co acompañamento da Banda-Escola de Música do Carballiño que despóis, á unha e media da tarde ofrecerá un concerto na Praza Emilia Pardo Bazán.

Antes, dende as 11 da mañá terémos animación de rúa coas Charangas Castro Bello e Doctor Anchoa.

Pola tarde, ás 5 actividades infantís e animación musical do D.J. Tibu na Praza Maior, e a mesma hora na explanada de entrada do parque municipal iniciaráse a XXXVII edición do Concurso de Chave das Festas do Setembro.

Pola noite, para a verbena, dúas orquestras. Na Praza Maior a orquestra Pontevedra ofrecerá dous pases en horarios de 20:30 a 22 horas e de 00:00 a 01:30 horas, mentres que a orquestra-espectáculo Panorama instalará o seu escerario móbil na rúa Evaristo Vaamonde cara a Praza da Veracruz, onde actuará nos seguintes horarios: de 22:15 a 23:45 horas e de 01:30 a 03:00 da madrugada.