1.876 persoas pasaron este pasado verán pola Oficina Municipal de Turismo da Alameda

4, Outubro 2017

A oficina municipal de turismo atendeu durante os meses de xullo, agosto e setembro pasados a 1.878 persoas, que acudiron a este servizo para demandar todo tipo de información. A maioría dos visitantes procedían de Galicia, pero destacan ademáis os procedentes de Madrid, Castela-León, Andalucía, Cataluña e Valencia. Concretamente, no mes de agosto, e por riba de Galicia, o maior número de turistas procedía da comunidade de Madrid. Asemade, un 7% do total reside no extranxeiro.

Entre as consultas realizadas polos turistas, hai que resaltar a información sobre os principais monumentos e lugares de interese da vila, así como os balnearios, hoteis e restauración, acadando un espazo preeminente as pulperías. No ranking de preferencias turísticas figuran, en primeiro lugar, o templo da Veracruz e os balnearios, e a continuación o Paseo do Arenteiro, Parque Etrnográfico e onde comer pulpo.

Tamén acada interese o patrimonio do románico na comarca, o Mosteiro de Oseira, Pazos de Arenteiro e Ribadavia, pero a nivel provincial é a Ribeira Sacra e a capital ourensá quen suscita máis demanda de información.

E en Galicia, as preferencias son Santiago e as Rías Baixas, en especial as illas Cíes, e a Praia das Catedráis, en Ribadeo.

Ademáis de polos monumentos e a natureza, os turistas amosaron moito interese polas principais festas do Carballiño, como a Festa do Pulpo, pero tamén está acadando un auxe informativo excepcional a Feira Medieval “A Liorta”, que celebrou en xullo a segunda edición. Outras festas de interese turístico fonron as do San Cibrao, así como en xeral festas gastronómicas da comarca.

Finalmente, no eido cultural destacan as solicitudes de información sobre rutas de senderismo e programación das Xociviga e do Fetega.