A 1ª concentración de coches antigos Festas de San Cibrán este domingo no Carballiño, tamén visitarán Oseira e Cea.

14, Setembro 2023

O Club Galego de automobiles antigos, coa colaboración de Club Clásicos Arenteiro e o concello do Carballiño, presentaron o que será a 1ª concentración de coches antigos das Festas do Setembro, que terá lugar este domingo dia 17, con exposición e saída dos coches participantes ás 11:30 da ,mañá desde a rúa do paseo do Carballiño.

Veránse auténticas xoias rodantes, con automóbiles que nalgunhos casos datan dos anos 30 e 40 do século pasado. Os participantes achegaránse en horario matinal ata o mosteiro de Oseira, onde farán unha viista guiada tanto ao mosteiro cisterciense como o museo etnográfico Olimpio Liste. Tamén farán parada na praza maior de Cea.

Xa de volta no Carballiño, está organizado un xantar de confraternización no parque municipal. Esta concentración de coches antigos coincide co día da festividade do patrón do Carballiño, San Cibrán.