2-0 ante o Gran Peña: tres meses despois o Arenteiro volve gañar en Espiñedo

3, Xaneiro 2010

Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro. Na primeira parte, un balón de ouro de Marcos Castro sobre a frontal da área foi aproveitado por Martín, deixando atrás a defensa e cruzando o balón de forma impecable ante a saída do porteiro visitante. Na reanudación, o segundo gol cos mesmos protagonistas, galopada de Martín atá atá o fondo e centro sobre a área pequena que cabecea Marcos Castro. E aínda tería o Arenteiro algunha ocasión maís para ampliar o resultado nunha xogada persoal de Nicol, o seu tiro saíu rozando a portería. Tras esta victoria, e tendo en conta o resto dos resultados da xornada, o Arenteiro sitúase quinto na clasificación, a catro puntos dos dous postos de ascenso que agora ocupan Estradense e Choco.