20 de Outubro: outro dia negro para O Carballiño que alcanza os 188 casos activos de Covid-19(+13) e Boborás que chega aos 30 (+3)

20, Outubro 2020

A comarca do Carballiño continúa incrementando o número de contaxios activos, según os datos deste martes 20 de Outubro, son xa 248.

Continúa sendo moi preocupante a evolución epidemiolóxica do Carballiño, que rexistra un aumento e 13 contaxios activos e alcanza os 188. Tamén preocupa Boborás, que notifica 3 casos máis ca onte e chega aos 30 contaxios activos no dia de hoxe.

No resto dos concellos a pandemia parece estar moito máis controlada, aínda que son siñificativos os casos de O Irixo (10) e Beariz (7). Maside ten un caso máis ca onte, e rexistra 4,e permacen inalterables os datos de San Cristovo de Cea (6) Piñor (1) Punxín (1) e San Amaro (1)